Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2015

CORES DE CAMBADOS CHEGA AS 300.000 VISITAS






Ao longo do dia de onte CORES DE CAMBADOS chegaba as 300.000 visitas. 
Cando arrancamos hai 3 anos e medio non imaxinábamos chegar ata aquí. Queridos e odiados os tantos por cento de cada cousa non os sabemos pero eso é síntoma de que existimos. 
Que te paren pola rúa para preguntarte por certas cousas creemos que é síntoma de que a xente lle interesa o que escribimos. 
Que recibas ameazas de querelas, ou doutra índole é sinal de que fas dano a certa xente que ata agora se creían "os reis do mambo". 
Que o PP se preocupe e nos chame cousas a nos e ao outros blogs por publicar as vergonzas que non quere que se destapen aparte de desenmascarar a sua polítca significa que nos estamos errados.
Cometemos erros, por suposto, mesmamente onte cando puxemos que un dos furtivos que colleran no Saco tiña so 10 anos e pronto nos advertiron de que no era así e correxímolo. E moitos máis pero son moitos máis os acertos que nos levan a ter superado esta cifra de visitas.

O que nos chama a atención é que case 50.000 desas visitas sexan dos EE.UU. ou 5.000 de Alemña ou as máis de 1000 de Francia e Reino Unido. Por suposto é en España onde temos máis visitas.
Hai dous meses plantxámonos cerrar o blog ou cando menos deixar un periodo de tempo de pausa. Sin descartalo de todo imos seguir, durante un tempo máis.
Non pretendemos bater récords pero é gratificante sentir o apoio das persoas.

A todos vos, lectores, seguidores, colaboradores e amigos grazas por estar aí!!!



30 de mayo de 2015

O PSOE DESMONTA AS MENTIRAS DO PP







ARAGUNDE MINTE UNHA VEZ MÁIS, ESTA VEZ DESDE TODOS OS PERFILES DO CONCELLO DE CAMBADOS E DO PP



Imaxe da Páxina de Facebook
de Fátima Abal


Segundo afirma o Alcalde en funcións de Cambados, Luis Aragunde, desde todos os perfís do Concello, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra ven de desestimar as demandas presentadas pola voceira do PSdeG-PSOE e un grupo de traballadores contra a modificación da RPT do Concello de Cambados. Luis Aragunde minte unha vez máis na medida en que polo Xulgado xa foron sinaladas as datas dos xuizos, estando previstos para o vindeiro día 3 de novembro de 2015 ás 10:00 o correspondente á demanda dos traballadores e para o vindeiro día 17 de decembro de 2015 ás 9:30 o correspondente á demanda da voceira do PSdeG-PSOE. Do mesmo xeito, xa foron citadas as testemuñas propostas polas partes para declarar no acto do xuízo.


Probablemente, o Alcalde en funcións confunde, unha vez más, a inadmisión e arquivo das demandas contra a RPT coa decisión adoptada pola xuíza en relación coa solicitude de suspensión dos efectos da RPT mentres non se celebre o xuízo, suspensión que fora solicitada polas partes a pesares de que o habitual é que se manteñan os efectos do acto recorrido ata que se celebre o xuízo e se entre no fondo das cuestións suscitadas, o que sucederá ao longo do presente ano.
Este modo de actuar, que ven sendo habitual na traxectoria de Aragunde, estase a incrementar nos últimos días ante unha máis que probable perda da Alcaldía como consecuencia do resultado das últimas eleccións.
Non existen moitas dúbidas acerca da prosperabilidade das accións interpostas na medida en que o Concello de Cambados incumpriu de modo flagrante as leis aprobadas polo propio Goberno do seu propio partido. Ademáis, non debemos esquecer que o contido da RPT podería incluso ser constitutivo dun ilícito penal tendo en conta que o devandito documento  foi aprobado a pesares de terse emitido pola Interventora Municipal un demoledor informe advertindo da ilegalidade dos acordos adoptados e na medida en que a través do devandito instrumento trata de darse cobertura ao insólito feito de que algún dos traballadores está desempeñando funcións dunha categoría moi superior á que lle corresponde, sen terse celebrado o obrigatorio proceso selectivo. Este feito lémbranos o acontecido recentemente nos concellos de Ribeira de Piquín e Carnota, que orixinaron a intervención da xurisdición penal.


As imaxes son das diferentes redes onde o PP, twitter e facebook publica as suas mentiras.




29 de mayo de 2015

DETIDOS 5 XÓVENES POR FURTIVISMO NO SACO DE FEFIÑÁNS





A Garda Civil imputou a cinco xóvenes de Vilanova de Arousa, YS.C.L., , JM.D.S.,  de 21, I.L.F., de 21, M.P.P., de 22 e A.P.P., de 24,  como supostos autores dun delito contra a saúde pública con produtos alimenticios. Na madrugada do pasado día 26 do actual, compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cambados en colaboración con vixiantes da Confraría de Pescadores de devandita localidade,que foron os que retiveron aos presuntos furtivos, sorprenderon a cinco xóvenes que extraeran 7 quilogramos de ameixa xapónica na zona de O Saco de Fefiñans (Cambados), a cal está declarada clase C por toxina.
Os imputados ao verse sorprendidos pola Garda Civil abandonaron o marisco e déronse á fuga, sendo localizados pouco despois e conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias, que serán remitidas ao Xulgado de Instrución número CATRO de Cambados.




UN CONCELLEIRO DE CAMBADOS UTILIZABA A LUZ PÚBLICA PARA O SEU NEGOCIO







PSOE  de Meis acusaba hai dias ao grupo de goberno do PP dese concello de malgastar diñeiro público no xuízo -e eventual derrubamento- dun establecemento de hostelería situado no Paraxe Dos Muíños de "Serén" (da Ruta da Agua e da Pedra na Armenteira)  por non chegar antes a un acordo coa propietaria. Así mesmo, acusa José Luis Pérez e o seu equipo de trato de favor cara ao empresario que ten a concesión porque segundo os socialistas é unha persoa vinculada ao PP de Cambados (concelleiro en funcións nestes intres). A voceira do PSOE de MeisMarta Giráldez alude ao feito de que o empresario se "enganchase" a iluminación pública, co que aforraría o custo da electricidade no seu bar. Giráldez atacou o PP porque ademais nesta campaña fixo o seu mitin de San Martiño nese bar "así que leva alí a xente a darlles ganancias".

Sobre isto, o concesionario dixo que "xa non estamos enganchados á iluminación pública, porque reforzamos a liña ata alí con diñeiro noso, e iso é algo do que se beneficiaron algunhas casas do ámbito". 


Tamén resulta estrano que a concesión definitiva fora por catro anos e case seis despois siga a concesión nas mesmas mans. Este prazo terá carácter improrrogable, polo que unha vez cumprido o mesmo, cesará o uso.




CONCERTO O VINDEIRO DOMINGO NA PARROQUIAL DE CAMBADOS








Ano da Música: X Aniversario do Conservatorio e Escola de Música e 125 Aniversario da Banda de Música de Castrelo. As 21.00 h. do Domingo 31 de Maio na igrexa Parroquial de Santa Mariña, concerto Lírico do Coro de Cámara de Vigo, Gli Appassionati. Composto por 24 voces extraordinarias que interpretarán un repertorio clásico e variado.







UN ANO MÁIS OS XOVES EN MARTÍN CÓDAX, MÚSICA!!







Un verán máis, chegan " Os Xoves de Códax", un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que, por cuarto ano consecutivo, permitirán descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño terán lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Adegas Martín Códax a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

A  terraza-lounge encóntrase no outeiro de Burgáns, dende a cal se divisa o Val do Salnés así como a Ría de Arousa, tendo un enclave privilexiado para gozar das postas de sol estivais.

Seguindo o funcionamento da pasada edición, para poder asistir ao ciclo de concertos será necesario adquirir as entradas dende a tenda online de Adegas Martín Códax. Terán un custo de tan só 5 euros e os beneficios obtidos destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona, como parte do compromiso e a responsabilidade social da adega para coa comunidade galega. Estarán dispoñibles á venda a partir do 1 de xuño ás 12.00 horas.

Os asistentes, ademais da obra destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

Nesta cuarta edición o ciclo Os Xoves de Códax alcanza a súa madureza pero máis vivo e novo que nunca, con vontade de experimentar e mesturando proxectos musicais de diversas procedencias pero con marcado carácter galego. O obxectivo: que o público viva unha experiencia intensa.

O calendario de concertos previsto é o seguinte:


DATASARTISTAS
2 de JulioRosa Cedrón y Emilio Rúa
9 de JulioCarmen París y Xabier Díaz
16 de JulioBanda Crebinsky
23 de JulioOs Modernos
6 de agostoGuadi Galego y Pachi García
13 de agostoRadio Pesquera
20 de agostoEliseo Parra y Marcelo Dobode
27 de agostoMartirio y Uxía.




SOMOS CAMBADOS FACILITARÁ UN GOBERNO DIFERENTE AO DO PP







SOMOS CAMBADOS reuniu na tarde de onte aos membros da súa candidatura coa finalidade de fixar a súa posición en relación ao novo escenario político que se abre en Cambados.

SOMOS CAMBADOS acordou non establecer ningún tipo de negociación co Partido Popular, e facilitar o máximo posible un cambio de goberno sen establecer ningunha esixencia previa relacionada co reparto de cargos no organigrama do goberno.

A única esixencia de SOMOS CAMBADOS para formalizar o pacto será exclusivamente programática, entendendo que o novo goberno debe priorizar o gasto social, apostar pola creación de emprego e xestionar con honradez e transparencia, para o que promoverá un estrito código ético que deberán asinar e cumprir todos os membros do goberno.

SOMOS CAMBADOS someterá o resultado das negociacións ao referendo da súa asemblea.

Por último, SOMOS CAMBADOS fai unha chamada á responsabiliade e á lealtade do resto de forzas políticas co obxecto de que as negociacións sexan o máis transparentes posible e de que os intereses e ambicións persoais non impidan a formalización do pacto de goberno.






DE PACTOS NATURAIS E ANTI-NATURA





Rafael  Louzán  deixa unha porta aberta  a  un posible  pacto co BNG  co obxectivo de gobernar a Institución Provincial.  Sería, di, o pacto natural por Pontevedra, cando lles convén á xente do PP certos pactos son naturais e cando non son "anti-natura. Di Louzán que sempre se demostrou o entendemento por enriba de todo. Supoñemos que o dirá polas trifulcas sobre Pasarón, a diferencia en tratar o tema do lixo ou a o ben que está ENCE en Pontevedra.

Louzán tampouco negou a posibilidade de  agasallar ao partido nacionalista cun bo posto na Institución. Claro o "carameliño" para que piquen.
Si hai dous dias Louzán deixaba a porta aberta a sua saída da Deputación ao non acadar a maioría absoluta e non poder ser Presidente, accederá  a abandonala si o "carameliño" se converte en Caramelo e o BNG pide a presidencia?.
E todo esto porque? Porque non quere ao PSOE gobernando a Deputación. Fale con Esperanza Aguirre que en Madrid si lles vale o PSOE. 
Mentras tanto non deixa de eloxiar ao BNG, ese mesmo BNG ao que J. Moreira líder dos populares na capital tanto criticou. 
Estamos ante a debacle do PP? donde cada un fai a guerra pola sua conta tentando salvar os seus mobles sen importarlle os mobles do veciño, por moito que sexa da "familia" popular.

COUSAS VEREDES!!!!!



SEGUNDA EDICIÓN DA MINI BTT EN CAMBADOS







O primeiro tenente de alcalde en funcións, Antonio Iglesias Pombo, acompañou á xove promesa Jesús Duarte na presentación da segunda edición da Mini BTT Concello de Cambados que se disputa este domingo, a partir das 10.30 horas, puntuable para o campionato galego e trofeo da Deputación de Pontevedra.
 A organización calcula en máis de 250 os participantes nesta proba que se vai disputar nas categorías prebenxamìns, promesas, principiantes, alevíns, infantís e cadetes, de entre 5 e 14 anos de idade, que se achegarán ó circuito do monte da Pastora procedentes de toda Galicia.
A inscrición ábrese ás 9 horas, e os ciclistas interesados en participar que non estén federados poderán anotarse abonando 5 euros. O comezo da proba está previsto para as 10.30 horas a través do circuito da Pastora, con lixeiras modificacións con respecto á primeira edición.
Jesús Duarte Trigo, en principio, podería ser o único cambadés que compita, e farao na categoría promesas. Ocupa o número 2 do ránking do campionato galego que se iniciou en Arteixo, continuando en Vigo, Dumbría, Coruxo e agora Cambados, polo tanto a quinta proba dun calendario que consta de vinte carreiras.
        
FONTE: CONCELLO DE CAMBADOS


3ª EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN CAMBADOS 2015







O Campus de Verán Cambados 2015, dá resposta a unha recorrente demanda, nunha época vacacional con gran cantidade de tempo libre para os nenos e con grandes necesidades de actividade lúdica e formativa.

O enfoque deste campus, unha vez máis apóiase nos piares básicos de todos os proxectos da Escola Deportiva A Merced: Calidade, persoal altamente cualificado e educación en valores a través do deporte. Un cóctel plenamente contrastado que será a estrutura dun campus cargado de diversión, de fútbol e como sempre, de moito entretemento.

Este campus abre as súas portas a todos os nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2010

(ambos os dous inclusive), que desexen mellorar significativamente no coñecemento e a práctica do fútbol e introducirse na realidade doutros deportes a través do xogo e o traballo cooperativo.

Terá ademais a oportunidade de vivir unha experiencia de convivencia cos seus iguais nun ámbito natural, no que gozarán dunha variada oferta de actividades lúdico-deportivas.

A escola de Verán Cambados 2015 desenvolverase dende o día 1 de Xullo ata o 31 de Agosto de 2015, ambos os dous inclusive nas instalacións do Complexo Deportivo do Pombal.

Pode formalizar a súa inscrición no seguinte  enlace:  www.escoladeportivaamerced.wordpress.com/inscripcion/





28 de mayo de 2015

CONCERTO BENÉFICO DE *NOITE FECHADA*






O VINDEIRO VENRES 12 DE XUÑO N0 "FLOR DE LOTO" EN CAMBADOS HABERÁ UN CONCERTO A CARGO DA BANDA CAMBADESA *NOITE FECHADA* A BENEFICIO DO "REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS"
O CONCERTO EMPEZARÁ AS 23:30 
AS ENTRADAS DO CONCERTO A 3 € PARA QUE TODOS PODADES IR A VELO...E POIDADES AXUDAR...!!!
DE TODOS OS XEITOS OS QUE  QUEIRADES  COLABORAR AÍNDA QUE NON POIDADES IR AO CONCERTO   PODEDES DEIXAR A DOAZÓN.

NO LOCAL....!!!!





POINT BREAK CO "CAMBADÉS" MATÍAS VARELA NOS CINES EN DECEMBRO











O actor "cambadés" Matías Varela protagoniza esta versión. Desta vez métese no papel de Grommet o irmán pequeno do protagonista principal e que na versión orixinal interpretara Bojesse Christopher.



Un novo axente do FBI infíltrase nun extraordinario equipo de atletas de deportes extremos dos que sospeita que planean unha serie de atracos, corporativos e sofisticados sen precedentes.
Este é o trálier de Point Break, a nostalxia e os deportes extremos mestúranse.

O remake da película de 1991 que fora dirixida por Kathryn Bigelow, acaba de estrear tráiler. Nel podemos ver que os deportes extremos están a tope e que o personaxe de Bodhi, interpretado por Édgar Ramírez (a.k.a. Simón Bolivar) é o líder do grupo de amigos maleantes e "cool" que van por un golpe maior.

O outro personaxe, Johnny Utah, o infiltrado ao que daría vida na versión dos noventa Keanu Reeves, dálle vida Luke Bracey. Este film estrearase en decembro deste ano. Moita acción e unha versión deste século será posta na pantalla por Ericson Core, director.





O B.N.G. ACORDOU NON PERDER TEMPO EN CONFECCIONAR UN NOVO GOBERNO EN CAMBADOS







Na noite de onte celebrouse en Cambados a primeira asemblea de valoración dos resultados das eleccións municipais do domingo 24 de maio, unha asemblea na que se respiraba un ambiente de claro optimismo dadas as posibilidades que abre a decisión da maioría dos veciños e veciñas de Cambados de retirar a maioría absoluta ao Partido Popular despois de 28 anos.
Nese sentido considerouse como fundamental a constitución dun novo goberno que dea resposta ao desexo de cambio mostrado polo electorado. E para dar a resposta axeitada a ese desexo a asemblea urxiu  ao portavoz Víctor Caamaño para que as conversas mantidas estes días dean paso sen perda de tempo a reunións formais entre as distintas organizacións  políticas para a elaboración dunha proposta de programa e estrutura de goberno que dea resposta ao mandato expresado polas urnas.
Na mesma asemblea manifestouse a preocupación diante de diversas informacións e rumores que circulan pola vila desde a noite do domingo no sentido de que o PP está poñendo trabas e incluso presionando a persoas para tentar evitar que se articule un novo goberno que os obrigaría a ser oposición.
Despois de tantos anos de actuación anti-democrática e caciquil non nos estraña que o PP use todas as artimañas ao seu alcance para manterse nun poder que os veciños e veciñas dixeron claramente que xa non debe ocupar; e como a militancia e colaboradores do nacionalismo en Cambados vimos sufrindo esas actuacións desde hai 28 anos é polo que foi unánime esa petición de formalización canto antes das reunións entre as catro organizacións políticas, celebrando as que sexan precisas para acordar o programa e articular o goberno; pois ese será o mellor camiño para evitar rumoroloxías e disipar dúbidas que a dereita cambadesa quere crear nos nosos veciños e veciñas.

Nesta  primeira asemblea por parte do Consello Local do BNG recolléronse moitas  aportacións feitas polos asistentes, aportacións que xunto coas propostas programáticas están seguros de que serán moi útiles na elaboración do programa conxunto para gobernar Cambados nos vindeiros catro anos.




ALUMNOS DO ASOREY VISITARÁN O RIO ARMENTEIRA







O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do I.E.S. Asorey organiza para mañán venres 29 de maio unha saída a visitar o río Armenteira en Ribadumia dentro do Programa "Proxecto Ríos".
"PROXECTO RÍOS" é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.





27 de mayo de 2015

ABREN MÁIS POLÍGONOS BATEEIROS







A presenza de toxina segue remitindo e posibilitou que se reabran seis polígonos de bateas nas rías de Arousa e Vigo, co que xa son 16 os que se encontran operativos. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) decretou hoxe reabrir á extracción na ría de Arousa os polígonos de: A Pobra C e D, así como o de Vilagarcía Cambados D, os catro se encontraban pechados dende abril.

No tocante á ría de Vigo reabriu para a extracción de mexillón os polígonos de Cangas E e Redondela A, que estaban clausurados dende o 25 de abril. Deste modo, encóntranse abertos 16 polígonos de mexillón en Galicia (oito na ría de Arousa, dous en Ares-Betanzos e seis na ría de Vigo) dos 51 existentes. Pola súa banda, tamén foron reabertas dúas zonas de marisqueo de moluscos infaunales (ameixa, berberecho e navalla) na ría de Vigo (zona I) e na de Ferrol (zona I).





DATOS DISPARES DA PROBA DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS







A Confederación de ANPAS de centros públicos asegura que tan só o 40 por cento dos alumnos de Terceiro de Primaria realizaron hoxe a proba de avaliación de competencias. 
Helena Gómez, presidenta de CONFAPA Galicia, situou a maior abstención nas zonas rurais e na provincia de Ourense.
Mañá rematan as probas ás que están convocados 22.000 alumnos de 800 colexios galegos. 

Para a Xunta os datos son ben diferentes e sitúa nun oitenta por cento do alumnado galego que realizou hoxe a avaliación de competencias de terceiro de primaria. Así o subliñou o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que considera "unha porcentaxe pequena" a que non acudiu aos centros escolares.






A GARDA CIVIL DETIVO A 4 PRESUNTOS TIMADORES





A Garda Civil detivo catro persoas en Vilanova de Arousa como os presuntos autores dun intento de timo a unha veciña da vila. Os detidos querían venderlle un billete de lotaría supostamente premiado. 
A detención tivo lugar no centro da vila. Ata tres patrullas chegaron para deter os supostos timadores. Son tres homes e unha muller. Dous deles ían andando mentres os outros dous esperaban nun BMW aos seus cómplices.

Ao parecer ían cunha muller á que pretendían enganar vendéndolle un billete de lotaría supostamente premiado e que aínda non cobraran por un valor inferior ao premio.
Segundo algunhas testemuñas, supostamente a muller xa fora ao banco e estaban a esperala. Foi daquela cando os axentes se lles botaron enriba.
Os detidos, que teñen acento do centro da península, acabaron no cuartel de Cambados onde investigan o caso. Despois quedaron en liberdade á espera que de os cite o xulgado para declarar, debido a que non cometeron delito ningún, tan só o intentaron.
Horas antes xa o intentaran en Vilagarcía, onde a pretendida vítima non caeu no engano e foi capaz de anotar a matrícula do coche en que ían e denunciar os feitos. Isto permitiu localizar e deter os presuntos delincuentes.



O JUVENTUD DE CAMBADOS INICIA O PERIODO ELECTORAL







O pasado domingo aparte das eleccións locais e as Primeiras comunións do primeiro grupo de rapaces celebrouse a Asemblea na que Sergio González, presidente do C.J. de Cambados anunciaba de forma oficial a convocatoria de eleccións á presidencia do clube cambadés que este anos baixou a 2ª Autonómica.
Corenta persoas asistiron a Asemblea dos que menos da metade eran socios.

O grupo de socios do Xuventude Cambados organizados entorno a varios técnicos e ex adestradores da canteira do club, deberán agardar polo menos ata as 21 horas do 5 de xuño para coñecer se, finalmente, poderán asumir as rendas da entidade. O presidente saínte, Sergio González "Millán", explicou na asemblea na que formalizou a súa dimisión e a da súa directiva que, conforme aos estatutos do Cambados, é necesario abrir un período de presentación de candidaturas por se algún outro socio desexa presentar unha candidatura á presidencia. O prazo finalizará ás 21 horas do 5 de xuño, con asemblea dous días despois para a ratificación oficial en asemblea do novo mandatario ou eleccións de haber máis dunha candidatura.

Os socios presentes na reunión do domingo coñeceron de primeira man o proxecto de rexeneración do grupo , que inclúe unha forte aposta, pola base. E tamén a versión de Millán sobre a débeda co equipo 2012/13, que este fixa nuns 8.200 euros de perder o litixio xudicial en marcha.





RESULTADOS ELECTORAIS EN CAMBADOS MESA A MESA







Cos resultados do 24M, en Cambados quedou claro que os votantes pedían un cambio de goberno ou polo menos castigar o goberno do PP dos últimos catro anos.
Nas 8 mesas de Cambados o PP obtivo 1654 votos por 1911, gañando tan so nas duas mesas de San Tomé e por escaso marxen. No que se supoñía bastión de PODE, non para gañar pero si para ter un bo viveiro de votos, Vilariño e Cobas quedou coma cuarta forza so por riba de SOMOS e con escaso marxen, 94 a 81.
No resto das mesas o PP sacou 2050 votos máis por 2410 das candidaturas contrarias, para facer un total de máis de 600 de diferencia. Demostrando que o cambio foi pedido por máis xente da que quería manter ao PP no poder. Nas mesas de Oubiña, A Modia, Castrelo A e B e Cobas foron nas que o PP venceu cun amplo marxe con respecto as outras forzas de forma individual pero non colectivamente.

Con todo esto as posibilidades son moitas e variadas desde un goberno de esquerdas apoiado por PODE a un goberno do PP en minoría. Haberá que agardar acontecementos.

Comparativa 2011-2015


























J.R. ABAL PIDE DESCULPAS MES E MEDIO TARDE





Imaxen do Diario de Arousa
José Ramón Abal foi xulgado onte, acusado dunha falta de desobediencia leve á autoridade por saltarse un control da Garda Civil. Os feitos aconteceron o 10 de abril cando circulaba nun Mercedes á altura da rotonda de Cabanelas. Tres axentes declararon ante o titular do xulgado número 1 de Cambados que Abal se saltou un control da Garda Civil en pleno operativo. Segundo os seus testemuños, en primeira instancia Abal colaborou coa autoridade, entregándolles a documentación que lle pediron e abrindo o capó. Pero en canto un dos axentes se afastou para coller unha mangueira coa que tomar mostras do combustible -tratábase dun punto de verificación fiscal de loita contra o uso fraudulento de gasóleo-, Abal arrancou o motor e foise.
Ata aquí coincidiron as versións.


O acusado alegou que, como queira que lle devolveran a documentación, pensou que rematara o control e que podía irse.
José Ramón Abal, que sempre negou os feitos que este blog destapara no seu momento en exclusiva, negou a existencia de ningún incidente coa Garda Civil, atribuíu o sucedido a un «malentendido». «Sinto que pasase isto», engadiu. Algo tarde para arrepentirse dun feito que se tivera solucionado aos poucos dias si hubera dado as suas explicacións e cando menos non quedaría tan mal diante dos potenciais votantes.

A defensa pediu a libre absolución fronte á petición do fiscal, consistente no pagamento dunha multa de 6 euros diarios durante 60 días por unha falta de desobediencia á autoridade. O caso quedou visto para sentenza.





ARAGUNDE SIGUE A DESOBEDECER AOS XUICES






No día de onte, Fátima Abal recibiu unha notificación do Xuzgado na que se lle informa de que o Xuzgado lle da un prazo de 5 días a Luis Aragunde para ser oído e a imposición dunha multa persoal por negarse tras varios requerimentos a remitir ó Xuzgado do Contencioso Administrativo número Tres de Pontevedra, o Expediente relativo ó Proceso de Selección de Persoal do Concello.
Pasado o prazo establecido na Lei, e tras varios requerimentos do Xuzgado, agora a xuíza notifica xa a imposición dunha multa persoal reiterable cada vinte días, segundo establece a LRJCA no artigo 48.7, de 300,52€ pola súa desobediencia. A semana pasada notificouse tamén outra multa ó negarse o Concello de Cambados a trasladar ó Xuzgado o Expediente da huella dixital, na que o propio Aragunde, designou como responsable ó seu teniente Alcalde, debendo ser éste o que se faga cargo da multa imposta.
"Ésta é a forma que ten de facer política Luis Aragunde, negar todo tipo de información que se lle solicite desde a oposición, ou desde o Xuzgado. Luis Aragunde pensa que é intocable e que pode facer sempre o que lle dé a gana como fixo sempre  no Concello. Pensou que mareándome e non facendo caso eu me ía desanimar e deixar de pedir o expediente, e despois pensou que podería facer o mesmo coa xuíza, pero ela tamén lle está demostrando que ou entrega a documentación tal e como sinala a Lei ou finalmente as multas acabarán derivando nun delito de desobediencia. Unha vez máis Aragunde segue menospreciando ás mulleres, xa sexan portavoces da oposición ou xuizas. Pensa que él está por enriba de todo e que pode seguir saltándose a Lei cando lle peta, máis aínda se quen lla quere facer cumprir é unha muller".
   
Segundo a propia Lei, no artigo 48.10, unha vez sexan impostas as tres primeiras multas coercitivas sen lograr que se remita o expediente completo, o Xuiz  deberá poñer os feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal, sen perxuicio de seguir impoñendo novas multas. O requerimiento  desatendido que dea  lugar á terceira multa coercitiva contendrá o oportuno apercibimento.                                     
                                                                
              

26 de mayo de 2015

DATOS DEMOLEDORAMENTE NEGATIVOS DA GALICIA DE FEIJÓO






A pobreza infantil en España sobe un 3,5%.
Case un 35,5% dos menores de 16 anos que residen en España están en risco de pobreza ou de exclusión. Unha cifra que leva tres ano en alza, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística.
Na enquisa reflíctese tamén que aumenta o número de fogares nos que non se pode afrontar un gasto imprevisto ou que se atrasa nos pagamentos dos recibos da vivenda.
Galicia é a cuarta comunidade pola cola en risco de pobreza, pero a terceira con máis fogares que pasan moitas dificultades. 



Outro dato tremendamente negativo é o relativo as pensións.
A pensión media aumenta en Galicia en maio case un 2% respecto ao mes anterior e sitúase nos 747 euros.
É a segunda máis baixa de toda España.
A Seguridade Social destinou en maio máis de 8.000 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas en Galicia. En canto á contía económica, a pensión media máis alta en Galicia cóbrase na Coruña.