Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta EDUCACION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDUCACION. Amosar todas as publicacións

14 de xuño de 2018

UN ALUMNO DO COLEXIO DE CASTRELO RECIBE UN PREMIO A NIVEL GALEGO



Un estudante de 3º de Primaria do CEIP de Castrelo (Cambados) e unha alumna de 4º do CEIP Santa María do Castro (Boiro) gañaron o primeiro premio do I Concurso de Pequenos relatos Agaca. O Premio foi convocado no marco do programa ' Almorz@ con Beizos Brancos', impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) e Obra Social 'a Caixa' para fomentar a nutrición sa entre escolares. Así, o luns, día 18, terán lugar as dúas cerimonias de entrega de premios: ás 10,00 horas no colexio Santa María do Castro (Cabo de Cruz- Boiro) e ás 11,30 horas no Colexio de Castrelo (Cambados). O premio para os gañadores consiste nunha tablet e nun lote de libros. Os colexios, pola súa banda, recibirán, cada un, un premio económico e un recoñecemento pola súa participación. O concurso foi promovido entre os 20 colexios que este curso tomaron parte na iniciativa ' Almorz@ con Beizos Brancos', que ofrece ao alumnado de segundo ciclo de Primaria diversas opcións e consellos para almorzar de forma saudable.




22 de maio de 2018

DOUS CENTROS PÚBLICOS DO SALNÉS BENEFÍCIANSE DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO COA UE EDUEXCHANGES




A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva do programa EduExchanges, de intercambio de alumnado entre centros escolares galegos e centros do estranxeiro, co fin de que os rapaces melloren as súas competencias lingüísticas noutro idioma – a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno–, nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.
Esta iniciativa, que se enmarca dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, dirixiuse a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela puideron participar todos os centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa deste tipo –ou teñan previsto facelo– entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño deste ano.
En total resultaron beneficiarios 15 centros públicos, un total de 235 alumnos e alumnas e máis de 30 profesores e profesoras. Dos 15 centros beneficiarios cinco son da provincia da Coruña (IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, de Oleiros; IES Plurilingüe A Cachada, de Boiro; IES de Catabois, de Ferrol; IES Nº 1 de Ribeira e IES Afonso X O Sabio, de Cambre), tres de Lugo (IES Monte Castelo e IES Perdouro, ambos de Burela, e IES Río Cabe, de Monforte de Lemos), seis de Pontevedra (IES Plurilingüe Terra de Turonio e IES Auga da Laxe, ambos de Gondomar; IES Plurilingüe A Paralaia, de Moaña; IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín; IES Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa; e IES Ramón Cabanillas, de Cambados) e un de Ourense (IES As Lagoas, da cidade das Burgas)

Estadías en Alemaña, República Checa e Francia

No referido aos países de destino, un dos centros viaxou a Alemaña (IES As Lagoas) para mellorar o alemán e outros dous realizaron senllos intercambios para mellorar o inglés en Alemaña (IES Nº1 Ribeira) e á República Checa (IES de Catabois). Os 12 centros restantes realizaron unha viaxe de intercambio a Francia coa lingua francesa como lingua vehicular do intercambio.
A Consellería de Educación financia esta iniciativa, que se convoca por primeira vez este ano, cun total de 105.000 euros que se distribuirán entre os 15 centros seleccionados. Cada un deles recibirá unha cantidade de 300 € por alumno participante e outros 1000 € para o profesorado acompañante.
Os centros educativos deben ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador. Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.

Aprendizaxe activa nun contexto real

Dentro das accións da Consellería para acadar o obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras por parte dos alumnos, está a de favorecer a internacionalización dos centros educativos e a mobilidade a nivel europeo e internacional. Nesta liña, os intercambios escolares son un importante recurso para a aprendizaxe activa de linguas estranxeiras, xa que favorecen a convivencia e a comunicación nun contexto real e dun xeito natural.
Nesta mesma liña, cómpre lembrar que a Consellería tamén ten en marcha o programa Galimiens, de intercambio con centros educativos franceses dependentes da Académie d’Amiens, tamén dirixido a alumnos de 3º e 4º ESO que cursa a materia lingua francesa como primeira ou segunda lingua estranxeira.



24 de abril de 2018

CAMPAÑA DE EDUCACIÓN VIAL PARA PEÓNS DO CONCELLO DE CAMBADOS



Camiñar pola rúa é unha actividade necesaria e saudable pero require coidados. Os malos hábitos do peón desembocan en ocasións en atropelos ou en accidentes de tráfico. Os compartimentos de espazos nas vías entre os peóns e os condutores de vehículos son motivo de reflexión. O papel da educación viaria é fundamental para a mudar hábitos. Valores como a solidariedade, o respecto mutuo, a tolerancia e a convivencia son imprescindibles. Debe introducirse un debate na sociedade cambadesa que poña de manifesto a importancia de desprazarse de forma segura polas rúas do noso municipio. Diferentes factores adquiren importancia: as persoas maiores por naturaliza humana perdemos mobilidade, psicomotrocidade, e incluso audición; os vehículos son cada vez mais rápidos e silenciosos; somos un exemplo de imitación para nosos fillos, netos e veciñas. En resumo, que a educación viaria é moi importante para convivir pacificamente entre os distintos usuarios de las vías.
Abordar o problema dos accidentes de tráfico nunha Vila como Cambados significa aproximarse ao conxunto de factores e elementos que interveñen nel, e que a cotío se simplifica na agrupación vía, vehículo e sobre todo nas persoas.
Nos últimos anos observouse un aumento importante de persoas que camiñan por diferentes zonas urbanas e interurbanas realizando una actividade saudable de ocio ao camiñar. É habitual atoparse vehículos e peóns en zoas insuficientemente iluminadas, sen beirarrúas, vestidos de cores escuros, etc. Estas e outras circunstancias son máis comúns do desexable.
Mentres, no centro da Vila, a pesares de existir pasos sinalizados e semáforos os peóns cruzan en ocasións por lugares inadecuados, xerando un risco totalmente evitable. Na sociedade actual ás veces vivimos con presa, demasiado rápido… Pacificar a mobilidade, calmar o tráfico, educar e respectar as normas son solucións pretas e doadas.
Velar pola seguridade é unha das competencias da policía local de Cambados, un servizo público ao dispor das veciñas e veciños. Facéndonos eco do Plan Estratéxico de Seguridad Vial da Dirección General de Tráfico 2011-2020 búscase como principal obxectivo diminuír os accidentes así como a gravidade dos mesmos. Unha das medidas especiais do Plan Estratéxico é a de disuadir as condutas perigosas con formación e información a través de campañas por grupos de risco.
A Xefatura da Policía Local de Cambados xunto cas Concellarías de Educación, Mobilidade, Seguridade e Participación Cidadá e ca colaboración e da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e da Asociación de comerciantes Zona Centro, levará a cabo durante los meses abril e maio de 2018 unha serie de actividades de educación viaria en diferentes centros escolares e asociacións de veciños. Tamén se levará a cabo de forma paralela unha campaña informativa de sensibilización e protección ao peón a pe de rúa en diferentes vías.
DESTINATARIOS:
Os destinatarios serán peóns/conductor@s de diferentes idades e sexos.
CONTIDOS:
Nos derradeiros anos as novas tecnoloxías aplicadas ao deseño dos vehículos sufriron un espectacular avance en canto á fabricación, elementos de seguridade tanto pasiva como activa e comportamento dos elementos, por citar algúns. Esta evolución  incidiu directamente na seguridade non só dos ocupantes si non tamén dos peóns. As limitacións de velocidade nas vías urbanas, as “Zona a 30” como a do entorno de Fefiñáns, o aumento das zoas peonís, o deseño dos vehículos para diminuír as consecuencias aos peóns atropelados son temas de análise sobre realidades actuais. Por iso elixíronse como principais contidos os seguintes:
  • -Concepto de educación e seguridade viaria. Principios de seguridade activa e pasiva.
  • -Os maiores como vehículos transmisores de información en materia de educación, a imitación das súas condutas. Breves consellos como peóns, condutores e pasaxeiros.
  • -As diferenzas entre os adultos e nos nenos na percepción do tráfico: visión, audición, distancias, tempos, velocidades, seu desenvolvemento cognoscitivo, etc.
  • -Os accidentes de tráfico. Concienciación e sensibilización.
  • -Educación en valores: Percepción do risco, respecto ás normas e sinais, solidariedade, tolerancia, responsabilidade, liberdade, autonomía persoal, saúde e vida, orden e armonía e prudencia.
CONSELLOS AO PEÓN:
NA ZONA URBANA
  • -Utilice os pasos de peóns, se non hai fágao polo lugar máis curto, visible e en liña recta.
  • -Os coches son cada vez máis silenciosos (vehículos eléctricos), preste especial coidado.
  • -Transitar por zonas peonís ou beirarrúas sen invadir a calzada. Nunca cruzar entre dous coches que estean detidos.
NAS ESTRADAS INTERURBANAS
  • -Salvo causa de forza maior circule sempre pola beirarrúa esquerda, e o máis separado que poida da calzada.
  • -Evite cruzar por lugares en zonas de curvas ou outros obstáculos que lle impidan ver con claridade os vehículos.
  • -Extreme as precaucións nos días de choiva ou visibilidade reducida.
  • -De ir en grupo circular en “ringleira” (un tras de outro).
NA NOITE OU CON MENOS VISIBILIDADE
  • -O refrectante é o seu seguro de vida. Hai que facerse ver.
  • -Leve sempre elementos refrectante coma un brazalete, cinto ou chaleco de alta visibilidade.
  • -Use elementos luminosos coma lanternas ou similares, orientadas cara o chan para non cegar os condutores.
  • -Escolla o camiño mais seguro (rúas con beirarrúas anchas, mais iluminadas…).
SEMPRE
  • -Respecte os semáforos.
  • -Sexa consciente das limitacións funcionais de si mesmo.
  • -Busque o contacto visual co condutor. Preste especial atención aos nenos, maiores e persoas con mobilidade reducida.
 OBXECTIVOS:
  • -Mellora da seguridade viaria, do comportamento dos peóns e condutores na mobilidade.
  • -Concienciar da grave problemática social que supoñen os accidentes de tráfico por atropelo, tentando inculcar que dende a educación viaria pódese contribuír a súa diminución.
  • -Tentar implicar aos maiores como vehículos transmisores de contidos en materia de educación viaria e resaltar a importancia que teñen as súas condutas ante os menores do seu entorno.
DIFUSIÓN:
Para a difusión da campaña prestan desinteresadamente a súa imaxe Yayo Daporta, Mercedes Álvarez (Merchy), Alberto Rodríguez (Chufy), Manolo Paz, Antonio Buceta e Úrsula Barral.
Prestaron tamén su colaboración desinteresada os fotógrafos Martina Miser de La Voz de Galicia, Gonzalo Salgado do diario de Arousa e Iñaki Abella do Faro de Vigo.
ORGANIZA.- POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS. Concellarías de Educación, Mobilidade e Participación Cidadá.
COLABORAN.- Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados. Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia.


13 de abril de 2018

A XUNTA DERRUBARÁ AS CASAS DOS MESTRES DO MAGARIÑOS E FINANCIARÁ PARTE DO COMEDOR DE SAN TOMÉ


La Voz de Galicia


O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, mantivo unha reunión esta mañá co concelleiro de Cambados, Víctor Caamaño, e os directores dos colexios Magariños e San Tomé, para analizar as necesidades de ambos centros educativos.
Durante o encontro analizouse a situación das casas dos mestres do CEP Magariños.
Segundo informou Pérez Ares, a Xunta encargarase do derribo das mesmas, cumprindo así coa demanda formulada polo Consello Escolar, e co obxectivo de que se poida utilizar este espazo como ampliación do actual patio do centro.
“A partida para a demolición destas vivendas xa está aprobada e agora redactarase o proxecto para que sexa executado ao longo do presente ano”, explicou o xefe territorial.
Por outra banda, tamén se deu entrega, tanto ao concelleiro cambadés como ao director do CEIP San Tomé, do proxecto para a execución do comedor deste colexio que terá unha capacidade de cerca de cen comensais e que suporá, ademais da construción deste espazo, a posta en marcha doutras melloras do centro.
Deste xeito, segundo apuntou o responsable de Educación, o custo da obra roldará os 118.000 euros, “investimento que terá que ser asumido ao 50% por parte do concello, tal e como estamos a facer con todos os municipios que desexan poñer en marcha proxectos coma este nos seus colexios”, engadiu Pérez Ares.
O xefe territorial emprazou a unha próxima reunión ao concelleiro de Educación de Cambados e ao director do centro, unha vez que se analice a capacidade do concello para incluír esta obra nos orzamentos municipais.




2 de marzo de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CLINIC DE SEMANA SANTA DA FUNDACIÓN CELTA EN CAMBADOS










Xa é posible inscribirse nos clinics de Semana Santa que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano, a actividade amplíase cun variado catálogo de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou ata tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste. O horario será matinal, de 10 a 14 horas, cun tentempié a media mañá. En Vigo preséntase unha atractiva novidade pensada co obxectivo de facilitar o desprazamento dos pais á actividade. Os días 26, 27 e/ou 28 de marzo a Fundación Celta de Vigo celebrará as súas clinics no Campo Federativo de Coia, unhas instalacións de gran calidade e de fácil acceso para as familias. Para participar é necesario acceder á web www.fundacioncelta.rccelta.es. Ademas da sede de Vigo, será posible participar nos clinics das seguintes sedes.


COIA                   FEDERATIVO DE COIA       26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
XINZO                 A MOREIRA                       26 E/OU  27 DE MARZO         INSCRÍBETE AQUÍ
CAMBADOS         O POMBAL                        26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
CHAPELA             A PARADA                        26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
PABELLÓN OURENSE     OS REMEDIOS           26, 27 E/OU 28 DE MARZO     INSCRÍBETE AQUÍ
CACHEIRAS           CACHEIRAS                      27 DE MARZO                        INSCRÍBETE AQUÍ







27 de febreiro de 2018

OS ALUMNOS DO IES ASOREY RECOLLEN O SEU PREMIO POR "CANTIGUEANDO"













Os catro centros de ensino que se fixeron a mediados de xaneiro cos galardóns do certame de dinamización lingüística Vindevídeos recibiron hoxe os seus premios nun acto que se celebrou, tal e como estaba previsto nas bases do certame, no Museo do Mar de Galicia, ao pé do Pergamiño Vindel cuxa estadía galega quixo conmemorar a Consellería de Cultura e Educación a través dunha ampla programación na que se encadrou a iniciativa, convocada polas secretarías xerais de Cultura e de Política LIngüística. O CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra), O IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra), o CEIP Ortigueira de Vedra (A Coruña) e o CMUS Xan Viaño de Ferrol visitarán hoxe á tarde, ademais, a Illa de San Simón como parte do premio outorgado.

“A importante participación e a alta calidade, tanto técnica coma lingüística, dos traballos gañadores evidencia que o audiovisual é unha ferramenta moi atractiva e moi eficaz á hora de poñer en marcha iniciativas coas que promover e dinamizar o uso do galego no eido educativo”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na súa intervención, quen felicitou os premiados e lles agradeceu o feito de teren, tamén, “contribuído cunhs traballos e cunha creatividade que de seguro serían a fachenda de Martín Códax á difusión e ao coñecemento do tesouro da literatura medieval desde o Vindel”. No acto tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.


Premios á creatividade de inspiración medieval


O certame de dinamización lingüística Vindevídeos estableceu dúas categorías de premios e en cada unha delas dous galardóns: na categoría de centros de infantil e primaria fíxose co primeiro o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra), polo seu traballo “Fals’e traedor” e obtivo o segundo o CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña), polo vídeo “Galicia: referente da cultura medieval”. Na categoría de educación secundaria e ensinanzas especiais outorgóuselle o primeiro ao IES Francisco Asorey, de Cambados (Pontevedra), por “Cantigueando”; mentres que o segundo recaeu no CMUS Xan Viaño, de Ferrol (A Coruña), pola proposta “O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel”.

Os catro traballos impuxéronse entre un total de 58 traballos -28 de infantil e primaria e 30 na categoría do resto de centros educativos- e as catro pezas audiovisuais gañadoras poden verse no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal e na web de Cultura de Galicia www.cultura.gal. Tal e como estaba previsto, os catro centros recibiron cadansúa cámara de vídeo e foto, en función da modalidade; faxímiles do Pergamiño Vindel da autoría de Manuel Moleiro; visitas á mostra “O Pergamiño Vindel, un tesouro en sete cantigas” e á Illa de San Simón que desfrutarán hoxe; e os diplomas que os acreditan como gañadores.

Pergamiño Vindel


A Consellería de Cultura e Educación e a Universidade de Vigo promoven a mostra “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, que trae a Galicia dende a Morgan Library de Nova York esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa, berce da lingua e da cultura galegas. Na exposición, que se pode visitar ata este mesmo domingo 4 marzo no Museo do Mar de Galicia, o Pergamiño Vindel dialoga con máis de 50 pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.






SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA OBRADOIROS NOS CENTROS EDUCATIVOS DE CAMBADOS E INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA










A Concellaría de Servizos Sociais organiza 17 obradoiros neste trimestre en tódolos centros educativos de Cambados, “TBO e non che creo” e “E ti que opinas?”

A Concellaría de Servizos Socias que dirixe Tino Cordal, xunto co Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias, esta a organizar dende a pasada semana actividades de prevención dirixidas ao profesorado e alumnado (nenos/as de 10-11 anos) de 5º curso de Educación Primaria dos centros educativos do concello de Cambados: II edición dos Obradoiros “TBO e non che creo” (intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol e elaboración dun cómic sobre os mitos do alcohol).
Esta actividade está organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención) e a Concellaría de Servizos Socias dende o 21 ao 27 de febreiro de 2018, rematando mañá con dous obradoiros no CEP “Antonio Magariños Pastoriza”.
A duración dos obradoiros é de 1 h. 50 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións). No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 6 obradoiros (12 sesións) dirixidos a unha poboación total de 153 (146 alumnos/as e 7 profesores/as).
O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigosidade máis baixa. Dende idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo. A través de esta actividade queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol.

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA OBRADOIROS “E TI QUE OPINAS?”

Durante os días 19-22 de marzo e 9 de abril está programada a realización dos Obradoiros “E ti que opinas?”, dirixidos ao alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria. Durante os días 5, 6 e 9 de abril están programadas actividades dirixidas a diferentes cursos de 3º-6º de Ed. Primaria.
No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 11 obradoiros (22 sesións) dirixidos a unha poboación total de 336 (317 alumnos/as e 19 profesores/as).
Nestes obradoiros abordaranse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco), presión de grupo, adicción as novas tecnoloxías e igualdade de xénero.
Os obradoiros son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias): Mª Angeles Bravo Pombo (Psicóloga Clínica – Responsable da Área da Prevención).



10 de xaneiro de 2018

LIMITAN O TRÁFICO PESADO NO ENTORNO DO COLEXIO DE CORVILLÓN







O concello de Cambados pon limite ao tráfico que pasa no entorno do colexio de Corvillón. Desde agora impedirase a circulación de vehículos de máis de 3 toneladas e media mellorando a seguridade nesa estrada provincial pegada ao centro educativo. Polo de pronto a Policía Local informará durante dous meses unha campaña aos usuarios.

Deberán desviarse pola estrada que comunica co porto de Tragove co fin de evitar o tráfico pesado polo núcleo desta parroquia.
Esta estrada rexistra bastante tráfico pesado debido á presenza de depuradoras e conserveras na zona.

No entanto, haberá excepcións; para o autobús escolar, para algún veciño que teña un furgón ou un tractor que alcance as 3,5 toneladas e viva na zona e para os camións das orquestas que acoden ao campo da festa, nese caso deberán solicitar un permiso especial no Concello.

O concello xa instalou sinais verticais para informar destes cambios. Tamén comunicounos por escrito a conserveiras e depuradoras da zona.
A actuación incluirá tamén a instalación de dous redutores de velocidade diante do colexio nos dous sentidos de circulación, no marco do Plan Móvese da Deputación.





2 de xaneiro de 2018

ADXUDICACIÓN BOLSAS DE ENSINO CURSO 2017-18





Xa hai resolución do programa de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar e transporte para alumnos/as de centros docentes públicos durante o curso 2016-17.
Neste curso escolar o total de solicitudes presentadas foron de 100, das cales aceptáronse 96 e foron rexeitadas 4 solicitudes que non reunían os requisitos fixados nas bases da convocatoria.
A importante novidade con respecto ó pasado curso é que as axudas ademais de cubrir Ensino  Primario e Secundario (axudas por valor de 125 euros/alumno/a), cubrirán tamén a alumnado con Necesidades Educativas Especiais (150 euros), Bacharelato (125 euros), FP (125 euros), Universidade (150 euros) e Ensinanzas Artísticas Superiores (150 euros).

En poucos días as familias beneficiadas serán informadas para presentar a documentación xustificativa para ter acceso ao cobro destas axudas.




16 de decembro de 2017

EDUCACIÓN RECOÑECE O LABOR DE 4 CENTROS DO SALNÉS POR PROXECTOS INNOVADORES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES









Un total de 21 centros educativos resultaron galardoados no cuarto concurso de traballos por proxectos coordinados polas bibliotecas escolares, que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no contexto do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares.
O obxectivo deste certame é recoñecer o labor que se desenvolve desde estes espazos para impulsar o uso de metodoloxías activas, a realización de traballos de investigación e interdisciplinarios e a adquisición das competencias informacionais por parte do alumnado. Así mesmo busca promover cambios no profesorado que faciliten a integración das tecnoloxías emerxentes, a mellora da calidade e a renovación das prácticas educativas.
Ao abeiro desta convocatoria, á que se destinaron 33.500 euros (un 10% máis que o ano anterior), concedéronse un total de 9 premios na modalidade de proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados coordinados desde a biblioteca escolar (Modalidade 1). Na modalidade 2, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado, concedéronse catro premios na categoría a (traballos de grupo/nivel), un na categoría b (traballos de ciclo/departamento) e un na categoría c (proxectos realizados na materia de libre configuración Investigación e Tratamento da Información ou noutras materias equivalentes en ESO ou Primaria). No caso da modalidade 3, de proxectos intercentros, foron seis os centros galardoados.

Centros distinguidos


En concreto os centros galardoados na modalidade 1, con premios de 2.000 euros, foron a Escola de Educación Infantil (EEI) Barrionovo (Arteixo), os CEIP Nicolás del Río (Cedeira), Milladoiro (Malpica de Bergantiños), o Plurilingüe de Meaño-as Covas (Meaño), o Plurilingüe Sobreira Valadares (Vigo), de Leirado (Salvaterra de Miño) e Virxe do Corpiño (Begonte), e os IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa) e Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa).
Na modalidade 2, con premios de 1500 euros, resultaron galardoados na modalidade a os CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados) e Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas), a EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra) e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova); mentres que na categoría b o recoñecemento foi para o CIFP Coroso (Ribeira) e na categoría c para o CEIP Quintela (Moaña).
Os centros galardoados na modalidade 3, con premios de 1000 euros, foron os CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Felipe de Castro (Noia) e Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba), as EEI de Fontelo (Coirós), de Coirós de Arriba (Coirós), e o IES Plurilingüe de Fontexería (Muros).
A relación completa pode consultarse aquí.

Iniciativa en crecemento


O concurso de traballos por proxectos coordinados polas bibliotecas escolares é unha iniciativa en crecemento en número de traballos presentados. Non en balde, para esta cuarta edición analizáronse 102 proxectos realizados ao longo do curso 2016/17.
Así mesmo, cómpre sinalar que a calidade dos traballos presentados vai medrando ano a ano, propiciando o tratamento dos contidos curriculares a través de metodoloxías activas nas que o alumnado ten un importante protagonismo. Tamén que moitos dos proxectos se integran no medio no que está localizado o centro e incorporan ás comunidades educativas, transformando así a práctica de aprendizaxe nunha experiencia global que facilita a adquisición de habilidades e destrezas complexas e o desenvolvemento das competencias clave. De feito, algúns destes proxectos foron expostos nas pasadas VIII Xornadas de bibliotecas escolares, precisamente como un exemplo de boas prácticas.



27 de outubro de 2017

CHARLAS SOBRE A SEPARACIÓN AXEITADA DOS RESIDUOS SOLIDOS ORGÁNICOS E A RECICLAXE












A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados está organizando charlas sobre a separación axeitada dos residuos solidos orgánicos e a reciclaxe, nos centros educativos do Concello. Estas van dirixidas  e adaptadas ós nenos e nenas dende educación infantil ata secundaria.
Comezáronse a impartir onte no C.e.i.p. de Castrelo, coa presenza da Concelleira de Medioambiente, María Xosé Cacabelos, e con persoal especializado da empresa URBASER encargada da recollida do lixo no Concello, e continuarase ó longo do mes de novembro.
Estas accións forman parte da campaña de sensibilización en materia de separación, reciclaxe e compostaxe que se está a realizar dende esta Concellaría, co fin de informar ós cidadáns da importancia da redución dos residuos e da axeitada separación na orixe para a súa posterior reciclaxe.





26 de outubro de 2017

XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS















Tras pasar polos támites necesarios todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que o necesiten, poderán  ser beneficiarios das axudas para o ensino e o transporte escolar durante este curso 2017-18. Para cubrir ditas axudas escolares o Concello de Cambados destinará unha partida orzamentaria de 18.000 euros.
As bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e logo foron remitidas á Base de Datos Nacional de Subvencións, quen lle dou de novo traslado ao BOPPO o que implicarou un pequeno retraso para que os veciños/as puideran empezar a tramitar estas axudas. Aínda así, estas bases xa puderon ser consultadas no Portal de Transparencia do Concello de Cambados para ir adiantando a tramitación e agárdase estean resoltas dentro dos prazos aproximados do pasado curso.   
Estas axudas que cubrirán, segundo os casos, material escolar e/ou transporte, serán compatibles coas procedentes doutras Administracións que puideran percibirse para a mesma finalidade.
A importante novidade con respecto ó pasado curso é que as axudas ademais de cubrir Ensino  Primario e Secundario (axudas por valor de 125 euros/alumno/a), cubrirán tamén a alumnado con Necesidades Educativas Especiais (150 euros), Bacharelato (125 euros), FP (125 euros), Universidade (150 euros) e Ensinanzas Artísticas Superiores (150 euros).

13 de setembro de 2017

NOVOS CURSOS NA OMIX DE CAMBADOS












Salnés 3D. Curso para escanear e dixitalizar en 3D
Curso de intervención socioeducativa  (Cruz Roja)
Educación para a saúde ( Cruz Roja)
Información para voluntariado europeo
Programa de educación non formal para a mocidade en establecementos de turismo rural. (Gratuíto)

Tamén están previstos na Mercé os seguintes cursos
·         Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
·         Operacións básicas de restaurante e bar
Para estos dous cursos, tedes que estar inscritos na Oficina de Emprego



OMIX – Concello de Cambados
Centro A Mercé. 1 piso.
Tel 986542663


Programa de educación non formal para a mocidade
en establecementos de turismo rural

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana
Mozos e mozas entre 18 e 30 anos.
Programa gratuito
Prazo de inscrición a partir do 12 de setembro
Horario de atención ás chamadas será de 9 a 14 h.
Os teléfonos  onde podes facer a reserva: 881999025   e 981545293

A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha o programa Xuventur 2017., que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.
  1. Ecoturismo.  San Cibrán ( Carnota, A Coruña)
  2. Aprendo a aprender .Fragas do Eume ( A Capela, A Coruña)
  3. Turismo e natureza. Espazo natural ZEC Os Ancaraes – O  Courel
  4. Estadías Creativas.  Seoane do Courel, Lugo
  5. Coñécete a ti mismo. Manzaneda. Ourense
  6. Sumérxete no Xurés. Parque Natural Baixa Limia, Serra do Xurés, Ourense
Xuventur 2017 – Toda a información en:  http://xuventude.xunta.es/      



SALNÉS 3D
Actividade formativa e educativa non formal no campo da dixitalización en 3D.


Se queres aprender a manexar o escanner e o escaneado en 3D, apúntate.


  • Data: do 9 ao 13 de outubro
  • Horario: de 16 a 20 h
  • Prazas limitadas.
  • Inscricións: OMIX, concello de Cambados.