Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta C.J. de CAMBADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C.J. de CAMBADOS. Mostrar todas las entradas

25 de junio de 2020

UNHA ASEMBLEA CON MASCARILLAS, DESINFECCÍON DO CALZADO E DISTANCIA SOCIAL

O Club Juventud Cambados anuncia a convocatoria ordinaria para o sábado día 27 de xuño ás 12:00 en primeira convocatoria e 12:15 horas en segunda convocatoria. O lugar será no Pavillón do Pombal.
Orde do día:
1. Valoración deportiva 19/20.
2. Estado de contas.
3. Outros temas.
4. Rogos e preguntas.

O C.J. de Cambados militará de novo no grupo sur da Preferente galega trala decisión da Federación Galega de dar por rematada a tempada 19/20 sen descensos matemáticos . Os amarelos estaban nunha situación delicada na parte baixa da clasificación antes da declaración do Estado de Alarma en marzo. Recién estrenado o segundo entrenador Jhon Ríos como primeiro espada os resultados que botaran a Edu Charlín non melloraban. Quedaba moita tempada e tempo abondo para revertir a situación e tentar acadar postos de salvación sen dificultade.

Lembrade que para acceder as instalacións para asistir a asamblea do sábado teremos que seguir estas normas:
 -Será obrigatorio o uso da mascarilla.
 -Será obrigatorio a desinfección do calzado nas bandexa que se instalará para dito uso.
 -Deberá manterse unha distancia de seguridade de dous metros.
 -Todolos asistentes deberán dar os seus datos persoales na entrada, tal e como se recolle no protocolo do concello.


16 de junio de 2020

ASEMBLEA DO C.J. DE CAMBADOS

Foto de Club Juventud Cambados.
O Club Juventud Cambados anuncia a convocatoria ordinaria para o sábado día 27 de xuño ás 12:00 en primeira convocatoria e 12:15 horas en segunda convocatoria. O lugar será no Pavillón do Pombal.

Orde do día:

1. Valoración deportiva 19/20.
2. Estado de contas.
3. Outros temas.
4. Rogos e preguntas.

O C.J. de Cambados militará de novo no grupo sur da Preferente galega trala decisión da Federación Galega de dar por rematada a tempada 19/20 sen descensos matemáticos . Os amarelos estaban nunha situación delicada na parte baixa da clasificación antes da declaración do Estado de Alarma en marzo. Recién estrenado o segundo entrenador Jhon Ríos como primeiro espada os resultados que botaran a Edu Charlín non melloraban. Quedaba moita tempada e tempo abondo para revertir a situación e tentar acadar postos de salvación sen dificultade.


9 de marzo de 2020

DESVELADA A INCÓGNITA DO NOVO ADESTRADOR DO C.J. DE CAMBADOS


Jhon Rios dirixirá o CJC ata final de tempada.

O adestrador que leva moitas tempadas integrado no staff técnico da base e foi segundo adestrador nas últimas dúas tempadas, colle o timón do equipo co gran reto de acadar a permanencia o antes posible. Para substituír a Eduardo Charlín barallábanse varios nomes pero finalmente será o seu segundo quen asuma o reto de acadar a salvación.


Edu Charlín foi destituído a semana pasada polo que non se sentou onte no banquiño do C.J. de Cambados para dirixir ao equipo amarelo no partido que os enfrontaba ao Barbadás de Ourense e que rematou cunha nova derrota. 
Os amarelos levan un so punto dos últimos 21, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que so gaña un partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 10 partidos e tan so dous empates e a victoria contra o Arnoia.
Desexarlle moita sorte a Jhon que eso será bo para o C.J. de Cambados.
Por outro lado decir que baixan revoltas as augas no clube amarelo. Edu Charlín sigue sin entender o seu cese e a forma na que se produxo e así o manifestou en varias entrevistas. Desde aquí, a pesares de que estamos a favor dun cambio na dirección, non entendemos as formas.
Por outro lado unhas declaracións dun directivo tiveron unha contundente resposta o pasado venres por parte  dun colaborador de Arousa Sí Radio e que compartimos na nosa páxina de facebook.  

Polo que respecta a Cores do Salnés nada temos que dedicarlle ao directivo. So que si non lle gusta ou hai algún erro no que escribimos neste blog pode porse en contacto con nos que o atenderemos e daremos resposta as suas preguntas.
Non ten que sacar a lengua a pacer. 


2 de marzo de 2020

SOAN VARIOS NOMES PARA SUBSTITUÍR A EDU CHARLÍN Á FRONTE DO C.J. DE CAMBADOS

Edu Charlín xa non se sentará no banquiño do C.J. de Cambados o vindeiro domingo para dirixir ao equipo amarelo no partido que o enfronta ao Barbadás de Ourense. A partir de agora e de forma provisional pasará a levar o equipo Jhon Ríos, actual segundo adestrador.
Unha mala nova en canto a marcha dun adestrador supón que o equipo non está a altura do agardado e neste caso nunha situación moi perigosa que de non correxirse levaría a un posible descenso.
Os amarelos levan un so punto dos últimos 18, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que so gaña un partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 9 partidos e tan so dous empates e a victoria contra o Arnoia.
Edu Charlín levaba no cargo desde a mitade da tampada 17-18 sustituíndo a Róber, cando pelexaba polo ascenso a Preferente, ascenso que finalmente conqueriu.
O curso pasado o C.J. de Cambados fixera unha primeira volta de tempada  a do regreso do Cambados a Preferente,moi boa incluso moita xente pensaba nun posible ascenso a Terceira División Nacional. Algo que esbaeceuse ao firmar una segunda volta horrible facendo tan so 20 dos 57 puntos posibles para finalmente quedar na 5ª posición con 61puntos.
Agora soan varios candidatos ao banquiño amarelo. O recambio podería vir desde dentro do propio clube (dous candidatos en concreto) ou buscar fora para o que soan dous adestradores. Un xa estivo non hai moito tempo no clube e a pesares da sua xuventude xa percorreu varios banquiños como segundo e nos últimos tempos como primeiro adestrador e o outro xa adestrou a varios equipos da comarca.

Comunicado do clube na súa páxina de facebook


Sexa quen sexa o elexido esperemos que a mala xeira de resultados mude pronto para que o Cambados se manteña sen problemas nesta categoría.

HALA CAMBADOS!!!



O párrafo en negriña é a correción a información publicada o luns e que foi a seguinte:

Os amarelos levan un so punto dos últimos 18, e dicir, non foi quen de acadar máis que un empate no que vai de segunda volta. Pero si imos máis atrás comprobamos que non gaña partido desde hai dous meses e medio, desde o 15 de decembro no que derrotara por 2 a 1 ao Velle. Desde esa data, 9 partidos e tan so dous empates.



28 de diciembre de 2019

FICHAXE DE RELUMBRÓN DO CAMBADOS PARA A SEGUNDA VOLTA DA LIGA


Debido as baixas por lesións ou outros motivos o entrenador Edu Charlín atópase todas as semanas  con problemas para convocar 16 xogadores para os partidos que o Cambados debe afrontar esta tempada. Rara é a semana que non teña que botar man dos xuvenís para completar os 16 xogadores.
Debido a estes problemas xa a mediados da primeira volta Rubén Cornes, Pénjamo, decideu descolgar as botas para axudar ao equipo en vista dos problemas que ían aparecendo.

Agora quen volve aos terreos de xogo é Juan Manuel Sineiro, Machu, que non o pensou cando desde a directiva se lle ofreceu a posibilidade de fichar polo Cambados para cando menos tentar conseguir a permanencia un ano máis na Preferente Galega.
Machu, que cumprirá 41 anos en marzo, volverá para axudar nos adestramentos e así como recupere o seu mellor estado físico estará a disposición do adestrador, así o declarou hai unhas horas.
Lembremos que Machu colgou as botas tralo derradeiro partido da tempada pasada contra o Valadares no que o Cambados venceu por 2 a 3. Nesa tempada acadou a cifra de 9 goles dous menos que a tempada 2017/18 na que se acadou o ascenso a Preferente.





23 de agosto de 2019

O C.J. DE CAMBADOS DEBUTA COA TVG COMO TESTEMUÑA


Este domingo día 25 de agosto, iníciase a liga deste Preferente Sur, e o C.J. de Cambados debuta en Pontevedra contra o filial granate as 12 do mediodía e coas cámaras da TVG como testemuñas. Xunto aos amarelos competirán 5 conxuntos máis do Salnés, Ribadumia e Céltiga que vivirán un do comarcal xa na primeira xornada, Sanxenxo, Villalonga e Portonovo (os tres do concello de Sanxenxo).
Os obxectivos de cada equipo son diferentes e mentras Ribadumia e Céltiga aspiran a recuperar a categoría perdida en xuño o Cambados, Sanxenxo, Portonovo e Villalonga aspiran a manterse e tentar acadar a mellor clasificación.



11 de julio de 2019

O C.J. DE CAMBADOS TEN NOVO PRESIDENTE


Despois de pasados 11 días da finalización da tempada, 12 xogadores (fichados ou renovados) e máis o adestrador presentados por diferentes directivos o C.J. de Cambados presentou ao que será o seu presidente os vindeiros 4 anos.
Trátase de Jesús González un empresario xubilado que xa formara parte de anteriores xuntas directivas. para a quen o nome non lle diga moito, todos en Cambados o coñecen por  "Jesús o do Pruma", en referencia ao supermercado que rexentou durante anos na rúa Ourense de Cambados.







8 de julio de 2019

ASEMBLEA DO C.J. DE CAMBADOS ESTE XOVES


O Club Juventud Cambados anuncia a convocatoria da asamblea ordinaria para o vindeiro xoves, día 11 de Xullo ás 12:00 horas en primeira convocatoria e 12:15 horas en segunda convocatoria. A asamblea terá lugar en Exposalnés.
Orde do día:
1. Valoración deportiva tempada 18/19.
2. Estado de contas do Club.
3. Presentación nova xunta directiva.
4. Presentación do acordo como equipo filial do UDSM Deiro.
5. Rogos e preguntas.

Moitos socios estaban a impacientarse pola non convocatoria desta asemblea que é moi importante por tratarse da confirmación da existencia dunha nova directiva que rexerá os destinos do clube amarelo as vindeiras 4 tempadas.
A non confirmación dun ou dunha presidente/a ata esta asemblea deixaba tamén preguntas no aire que así nolas fixeron saber a este blog.
Quen liderará a directiva?
Quen está fichando ou renovando xogadores sen unha cabeza visible na directiva?
Están as contas pechadas?
Están ao día os xogadores e adestradores do equipo sénior?
Están ao día de cobro os adestradores da base?
Estas preguntas serán respostadas nesta asemblea, á que hai xente que non poderá acudir por atoparse traballando fora de Cambados donde non é festivo.




16 de junio de 2019

O C.J. DE CAMBADOS XA TEN NOVA DIRECTIVA


O C.J. de Cambados conta con nova directiva que empezará a traballar desde mañán luns. Así o comunicou esta mañá o presidente demisionario na segunda asemblea extraordinaria que celebraba o clube amarelo en menos dun mes.
Ante us 40 socios Matías Fontán explicou que esta nova directiva estaba conformada por algún dos actuais directivos, membros do equipo técnico da base e do campus de Verán que organiza o clube todos os anos. 
Non adiantou nomes pero os asistentes xa facían cábalas sobre quenes son e hai nomes que soan repetidamente. Esta nova directiva carece polo momento dunha cabeza visible polo que aínda non está pechada e incluso piden a axuda de máis persoas ao proxecto que será en gran medida continuista.

Por outra banda a actual xunta directiva está a preparar o "Serán" do clube que será o vindeiro sábado en Torrado para logo pechar o seu traballo coa asemblea onde tomará o relevo a nova xunta directiva.





12 de junio de 2019

TRES SEMANAS E NON HAI QUEN SE FAGA COAS RIENDAS DO C.J. DE CAMBADOS


Rematado o primeiro prazo para a presentación de candidaturas para a presidencia do Club Juventud de Cambados, convocase unha segunda asamblea como segundo prazo.
A asamblea terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño ás 12:00 no salón de actos de exposalnés.
Ata o día de hoxe non foi presentada ningunha candidatura polo que rogase a todos os socios que acudan o domingo a Expolsanés polo ben do futuro de club.

Na rúa coméntase a posibilidade de que os pais da base poderían facerse co clube de non haber candidatura. De non presentarse nadie a cousa complícase moito.



3 de junio de 2019

O JUVENTUD DE CAMBADOS EN PERIGO


Pasados 15 días da asemblea na que o actual presidente, Matías Fontán e o resto da súa directiva abriran o proceso electoral para que unha nova directiva entrase a dirixir o equipo de fútbol cambadés non hai novidades e polo que parece non se agarda movementos por parte dos socios. Os socios que desexen coller as rendas do clube tiñan ata o 26 de maio para presentar as candidaturas. O proceso recortárase en 7 días, co apoio dos asistentes a asemblea, para que os novos dirixentes tiveran máis tempo para traballar en confecionar o plantel cara a tempada 2019/20. 
Así as cousas de non aparecer nadie que se faga cargo do clube a directiva saínte veríase na obriga de entregar as chaves no concello.
Agora é cando, si non aparece ningún candidato, alguén ten que dar un paso ao frente.
Facemos desde Cores de Cambados un chamamento a todos os socios e simpatizantes a presentar unha candidatura. Compre recordar que a pesar de que o clube sénior non tivera continuidade, os 200 rapaces da base poderían seguir a competir pero sin o aliciente de que pasadas as idades formativas non haberá un equipo que recolla os frutos do traballo de rapaces, adestradores e familias.

Cecáis sería bo tomar exemplo do San Martín de Vilaxoán, onde un grupo de nais apoiados por algún ex directivo colleu as rendas do clube.

O grupo liderado por Fontán colléu o C.J. de Cambados cunha débeda de 23.000 euros e co equipo cambadés da Segunda Autonómica. Saneadas as arcase e cos ascensos acadados o clube mantívose sen apuros na Preferente Sur.





24 de mayo de 2019

FALECE O HISTÓRICO PORTEIRO CAMBADÉS, MANUEL PAZOS




Manuel Pazos, campión da Recopa de Europa e dobre campión de Copa co Atlético de Madrid, faleceu aos 89 anos, segundo informou este venres o club, do que foi unha lenda na portería, igual que no Elxe e na liga, na que xogou 18 anos entre ambos os equipos, o Celta, o Real Madrid e o Hércules. "A familia branquivermella está de loito. A nosa lenda Manuel Pazos faleceu aos 89 anos de idade", anunciou a entidade branquivermella nun comunicado na súa páxina web oficial sobre o exguardameta, que disputou 174 partidos co equipo entre 1955 e 1962 e que ten unha placa no paseo das lendas do actual Wanda Metropolitano. Na portería do antigo Metropolitano xogou Pazos. Nacido en Cambados o 17 de marzo de 1930, primeiro pasou da súa cidade natal ao Celta, no que xogou dous anos en Primeira División (1951-52 e 1952-53) e despois fichou polo Real Madrid, co que conquistou unha Liga en 1953-54 nun equipo xunto a Dei Stéfano e Gento. El xogou 17 duelos como titular, pero foi cedido logo ao Hércules. En maio de 1955, de novo volveu a Madrid, pero esta vez ao Metropolitano. E ao Atlético de Madrid, o lugar no que despuntou definitivamente como gardameta. De 1955-56 a 1961-62 militou no club, cun total de 174 partidos e con dúas etapas diferenciadas: no primeiras cinco foi o titular; nas dúas últimas foi o suplente do cérbero arxentino Edgardo Madinabeytia. Pazos defendeu a portería do Atlético, por exemplo, no primeiro partido da Copa de Europa da historia da entidade, o 8-0 ao Drumcondra irlandés o 17 de setembro de 1958 no antigo Metropolitano, e conquistou tres títulos ao longo da súa carreira nese equipo: a Recopa de 1962 e as Copas de España de 1960 e 1961. Tamén foi subcampión da Copa do Generalísimo en 1956 contra o Athletic Club e terminou na segunda posición en dúas Ligas, en 1957-58 e en 1960-61, na súa aventura co Atlético, do que é o sétimo porteiro con máis partidos da historia do equipo na liga, con 146, 137 o primeiros cinco anos e 9 os dous seguintes. "Coa marcha de Manuel Pazos a familia atlética perde a outro dos símbolos que o deron todo por este club dentro e fóra do terreo de xogo. Desde o club, o presidente, conselleiro delegado e o noso consello mostran o seu máis sincero pésame a toda a familia de Manuel Pazos", publicou o Atlético de Madrid nun comunicado. Ao final da tempada 1961-62, Pazos pechou a súa etapa no Atlético con 33 anos e rumbo ao Elxe, do que tamén foi unha lenda. Xogou sete tempadas ata a súa retirada en 1969. "Contra o líquido elemento, contra o barro, contra o vento, contra a súa propia defensa, non descansa un momento e as súas actuacións son inmensas", dicíase del no equipo franxiverde, do que é considerado como o mellor gardameta que defendeu a súa camiseta, coa que disputou 190 partidos entre a liga e a Copa. Descanse en paz.


19 de mayo de 2019

O C.J. DE CAMBADOS ABRE O PROCESO ELECTORAL SEN CANDIDATOS AO RELEVO

Menos de 20 os socios do Club Juventud Cambados acudiron onte en Exposalnés á  asemblea xeral extraordinarria convocada pola actual directiva e na que se fixo oficial a renuncia a presidir de novo o clube amarelo.

Matías Fontán e os seus compañeiros de directiva, abren así o proceso electoral para que unha nova directiva entre a dirixir o equipo de fútbol cambadés. Os socios que desexen coller as rendas do clube teñen ata o 26 de maio para presentar as candidaturas. O proceso recórtase en 7 días, co apoio dos asistentes, para que os novos dirixentes teñan máis tempo para traballar en confecionar o plantel cara a tempada 2019/20. 

O grupo liderado por Fontán colléu o C.J. de Cambados cunha débeda de 23.000 euros e co equipo cambadés da Segunda Autonómica. Saneadas as arcase e cos ascensos acadados o clube mantívose sen apuros na Preferente Sur.
A directiva queixouse da falla de efectivos e dunha escasa implicación das empresas locáis por axudar ao equipo.


Ábrense agora 7 días de prazo para a presentación de candidaturas e polo momento non soa nadie para coller o relevo.


13 de mayo de 2019

O C.J. DE CAMBADOS INICIA O PERIODO ELECTORAL


CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA
O Club Juventud Cambados anuncia a convocatoria dunha asamblea extraordinaria para o vindeiro sábado, día 18 de maio, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e 20:15 horas en segunda convocatoria. A asamblea terá lugar en Exposalnés.
Orden do día:
- Convocatoria de proceso electoral.
A actual directiva do Club Juventud Cambados anuncia que non volverá a presentar á súa candidatura á reelección logo destes 4 anos ao fronte do Club.



8 de mayo de 2019

XORNADAS DA OSTRA DO CONCELLO E O C.J. DE CAMBADOS


– Concello, Zona Centro e a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos participan este fin de semana nas Xornadas da Ostra.

– As Ostras terán un prezo de 10 euros a ducia e 5 euros media ducia, a recadación ira en beneficio do Club Juventud Cambados e van ser vendidas na Rúa Real, Praza de Rodas e a Praza Alfredo Brañas.


A Concellaría de Economía e Facenda do Concello de Cambados, xunto con máis dunha ducia de locais de hostalaría da asociación de Comerciantes de Cambados, Zona Centro e seis depuradoras de Tragove da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos presentaron no día de hoxe as Xornadas da Ostra que se van celebrar este sábado e domingo en horario de 12:30h a 15:30h no casco histórico de Cambados, e na que contaremos coa musica tradicional a cargo das Asociacións de Cambados, Volandeira e Xironsa, que tamén van participar no evento.

Esta cita gastronómica, que vai servir para recadar fondos para o Club Juventud Cambados, xa que os ingresos pola venta das Ostras ira en beneficio do club deportivo, nace en Cambados con vocación de continuidade, xa que permitirá degustar a un prezo asequible un dos extraordinarios produtos da gastronomía local, e a vez, axudar economicamente a un club deportivo ou asociación municipal; neste caso vaise recadar fondos para o club de fútbol, pero tense previsto realizar noutras datas con outras asociacións ou clubs que mostren o seu interese en participar nesta iniciativa.

Segundo informaron dende a organización, o consumo deste produto cambades de acuicultura sostible vai aumentando progresivamente en Galicia e en toda España, aínda que segue sendo especialmente valorado nos nosos restaurantes locais. Con estas xornadas, Agade insiste no seu empeño de popularizar o consumo das Ostras de Cambados e “transformar a súa antiga aureola de produto elitista nun pracer ao alcance de todos”. Ostras e albariño resultan ser unha combinación perfecta e un motivo máis para, a partir de agora, visitar Cambados. A capital do Albariño pretende con esta iniciativa, que se vai celebrar este fin de semana, poñer en valor a súa capacidade produtiva de Ostra. Outrora, Cambados, unha vila na que ir de viños é un costume moi arraigado, xa combinaba esta tradición coa degustación das Ostras. E agora recuperar costumes é unha boa razón para dinamizar un sector, o da hostalería, e colaborar  a súa vez cunha entidade, nesta edición co Club Juventud Cambados.

Para o edil de Promoción Económica, Xurxo Charlín, “espera que a de este fin de semana sexa unha experiencia positiva, xa que a temperatura prevista vai ser moi agradable, e na que esperamos que a proposta de maridaxe entre o viño e as ostras, consiga que moitos cambadeses, e tamén os visitantes que empezan a chegar ao Salnés, se sumen a gozar desta proposta”.




2 de mayo de 2019

BURGÁNS ACOLLERÁ A FASE FINAL DA LIGA GALEGA INFANTIL

O Concello de Cambados albergou a presentación oficial do campionato.

Celta, Deportivo, Bertamiráns e Pabellón Ourense disputaranse o trono autonómico da categoría o próximo sábado día 4 de maio no campo de Burgáns, en Cambados

Luces, cámaras e acción! A Fase Final da Liga Galega Infantil xa está ao virar a esquina e o Concello de Cambados albergou esta mañá o acto co que se dá o pistoletazo inicial a esta competición. O consistorio local acolleu a presentación oficial do evento nunha rolda de prensa á que asistiron o concelleiro de Deportes, Vitor Caamaño; o presidente do Club Juventud de Cambados, Matías Fontán; e o delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Pontevedra, Jaime Otero.

O histórico campo de fútbol de Burgáns, en Cambados, xa conta as horas para abrir as súas portas. A ocasión non é para menos, debido a que en Burgáns disputarase o vindeiro sábado día 4 de maio a Fase Final da Liga Galega Infantil, unha xornada na que se poñerá nome e apelidos ao novo campión autonómico da categoría.

Os catro equipos que loitarán por ocupar o único trono desta Liga Galega Infantil serán o RC Deportivo, RC Celta, Bertamiráns FC e Pabellón Ourense CF. O RC Deportivo comparecerá en Cambados como primeiro clasificado e o RC Celta como segundo. O Bertamiráns é o terceiro do grupo e o Pabellón de Ourense o cuarto ao remate da fase regular da competición.

Semifinais e final 

A Fase Final da Liga Galega Infantil dispútase baixo o formato de semifinais e final. O primeiro clasificado, o RC Deportivo, enfrontarase en Cambados contra o cuarto, o Pabellón Ourense, mentres que o segundo na táboa, o RC Celta, medirase co terceiro, o Bertamiráns.

Horarios

10:30 Semifinal RC Celta - Bertamiráns
12:00 Semifinal RC Deportivo - Pabellón Ourense

16:00 Terceiro e cuarto posto
17:30 Final

*Os partidos terán unha duración de 30 minutos cada parte.

Entrada de balde

Cómpre sinalar que o acceso ao campo de fútbol de Burgáns para gozar con esta Fase Final da Liga Galega Infantil é gratuíta.




19 de noviembre de 2018

DURO COMUNICADO DO C.J. CAMBADOS CONTRA PRENSA QUE MENOSPRECIA A ENTIDADE E AO POBO CAMBADÉS


O auxe de series televisivas e programas sobre temas relacionados co narcotráfico e con narcotraficantes da zona están proliferando demasiado. Recrear a "vida e obra" dos narcotraficantes da nosa ría fai que se centren demasiado en outros temas e non o verdadeiro que é o inferno da droga.

O colmo foi o que fixeron con Brais Méndez e o Cambados na prensa nacional. O canteirán cumpreu o sono de debutar coa camisola vermella. Nin foi o pai quen debutou nin o pai xogou no "Fariña F.C.", Xogou no C.J. Cambados entre outros.
O clube con máis de 50 anos queda resumido nuns poucos anos, un clube histórico e cheo de socios, siareiros, rapaces da base, patrocinadores e admiradores humildes e traballadores.
por todo esto o C.J.  Cambados emiteu esta noite un duro comunicado contra a prensa sensacionalista, non deportiva como se fan chamar.
"O Club Juventud Cambados quere expresar o seu malestar co medio de comunicación Marca así como co resto de medios que se fixeron eco da noticia sobre o pai de Brais Méndez aludindo ao noso club como "Fariña FC".

O CJ Cambados é un club con máis de 50 anos de historia e que ten detrás socios, patrocinadores, xogadores, directivos e todo un pobo que merece ser tratado con máis respeto.

Dende aquí exisimos a rectificación das noticias publicadas, algo que tamén lle comunicaremos directamente a Marca".






31 de julio de 2018

UBICACIÓN DOS APARCAMENTOS HABILITADOS POLO CONCELLOPARA O ALBARIÑO



O Concello de Cambados repite a fórmula de habilitar aparcamentos públicos disuasorios durante a Festa do Albariño, xestionados, un ano máis, por asociacións do municipio.
Estarán ubicados nas entradas da vila en cinco parcelas da Avenida Vilagarcía, a Avenida Castrelo e da Avenida Vilariño, con prazas para 1.300 vehículos.
O custe será de 3 euros ao día durante o sábado, como donativo para o Refuxio de Animais, o Club Juventud e o Xuven de Baloncesto.
O resto dos días os aparcamentos serán de uso gratuito.
A maiores, este ano o Concello habilita tamén unha parcela na Rúa Pacheca, que estará destinada a tendas de campaña e caravanas.
Aparte de estos aparcamentos tamén os veciños habilitan fincas propias para que os visitantes poidan aparcar sen problemas.



30 de julio de 2018

O CAMBADOS DEBUTARÁ EN BANDE NO SEU RETORNO A PREFERENTE



Esta tarde realizouse o sorteo dos calendarios de Terceira División e Preferente Galicia na sede da RFGF en Santiago. Foi nun acto que contou coa presenza de preto dun centenar de representantes dos sesenta clubs das dúas categorías.

O sorteo estivo presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera e presidido por Rafael Louzán, presidente da RFGF.

A competición arrancará nos dous casos a fin de semana do 25/26 de agosto e rematará o 19 de maio a Terceira e o 26 de maio a Preferente.Os calendario deberán ser ratificados pola Asamblea Xeral.


O Club Juventud de Cambados debutará en Bande (Ourense) e rematará a liga en Valladares.

CALENDARIO PREFERENTE SUR


Calendario do J Cambados  

Xornada 1 Domingo, 26 de Agosto de 2018 
  Bande SD    -  J Cambados
Xornada 2 Domingo, 2 de Sept
  J Cambados    -  UD Barbadás

Xornada 3 Domingo, 9 de Sept
  J Cambados    -  SD Amanecer

Xornada 4 Domingo, 16 de Sept
  Marcón Atl    -  J Cambados

Xornada 5 Domingo, 23 de Sept
  J Cambados    -  CD Beluso

Xornada 6 Domingo, 30 de Sept
  Mondariz CF    -  J Cambados 

Xornada 7 Domingo, 7 de Oct
  J Cambados    -  CD Pontellas

Xornada 8 Domingo, 14 de Oct
  Juv Ponteareas    -  J Cambados

Xornada 9 Domingo, 21 de Oct
  J Cambados    -  CD Estradense

Xornada 10 Domingo, 28 de Oct
  Villalonga FC    -  J Cambados

Xornada 11 Domingo, 4 de Nov
  J Cambados    -  Xuv Sanxenxo 

Xornada 12 Domingo, 11 de Nov
  CD Moaña    -  J Cambados

Xornada 13 Domingo, 18 de Nov
  J Cambados    -  USD O Grove

Xornada 14 Domingo, 25 de Nov
  Antela FC    -  J Cambados

Xornada 15 Domingo, 2 de Dec
  J Cambados    -  CD Velle

Xornada 16 Domingo, 9 de Dec
  Alertanavia -  J Cambados

Xornada 17 Domingo, 16 de Dec
  J Cambados    -  UD Atios

Xornada 18 Domingo, 23 de Dec
  Cultural Areas    -  J Cambados

Xornada 19 Domingo, 6 de Xan
  J Cambados    -  CD Valladares
Xornada 20 Domingo, 13 de Xan 
 J Cambados    -  Bande SD
Xornada 21 Domingo, 20 de Xan  
 UD Barbadás    -  J Cambados
Xornada 22 Domingo, 27 de  Xan  
 SD Amanecer    -  J Cambados
Xornada 23 Domingo, 3 de Feb
  J Cambados    -  Marcón Atl
 Xornada 24 Domingo, 10 de Feb
  CD Beluso    -  J Cambados
 Xornada 25 Domingo, 17 de Feb
  J Cambados    -  Mondariz CF
 Xornada 26 Domingo, 24 de Feb
  CD Pontellas    -  J Cambados
 Xornada 27 Domingo, 3 de Mar
  J Cambados    -  Juv Ponteareas
 Xornada 28 Domingo, 10 de Mar
  CD Estradense    -  J Cambados
 Xornada 29 Domingo, 17 de Mar
  J Cambados    -  Villalonga FC
 Xornada 30 Domingo, 24 de Mar
  Xuv Sanxenxo    -  J Cambados
 Xornada 31 Domingo, 7 de Abril
  J Cambados    -  CD Moaña
 Xornada 32 Domingo, 14 de Abril
  USD O Grove    -  J Cambados
 Xornada 33 Domingo, 21 de Abril
  J Cambados    -  Antela FC
 Xornada 34 Domingo, 28 de Abril
  CD Velle    -  J Cambados

Xornada 35 Domingo, 5 de Maio
  J Cambados    -  Alertanavia

Xornada 36 Domingo, 12 de Maio
  UD Atios    -  J Cambados

Xornada 37 Domingo, 19 de Maio
  J Cambados    -  Cultural Areas

Xornada 38 Domingo, 26 de Maio de 2019
  CD Valladares    -  J Cambados




12 de julio de 2018

ASAMBLEA DO C.J. CAMBADOS



A asamblea anual do C. Juventud de Cambados terá lugar mañán venres en Expolsalnés.
Primeira convocatoria: 20:30
Segunda convocatoria: 21:00
Orde do día:
1- Valoración deportiva tempada 17/18 e presentación da 18/19
2- Estado de contas do club.
3- Presentación acordo de filialidad co Beiramar CF.
4- Rogos e preguntas.