CORES DO SALNÉS

INFORMACIÓN, OPINIÓN E CRÍTICA

Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta OPINION. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OPINION. Mostrar todas las entradas

20 de diciembre de 2020

OS BANDAZOS DE FEIJÓO


O plan de celebración de Nadal deseñado polo comité clínico que asesora á Xunta inclúe como recomendación principal que as celebracións de Nadal se limiten a unha "única unidade familiar", e que, no caso de que sexa necesario incorporar a algún membro e téñase " que romper por algún motivo" (por exemplo, unha persoa maior que viva soa), como "máximo" haxa dúas unidades familiares. Esta recomendación choca así co plan proposto semanas atrás polo Goberno de Feijóo, que entón falaba dun máximo de dúas unidades familiares sen límite de persoas.

O pasado 26 de outubro, cando o borrador do Goberno central para as festas do Nadal apuntaba a un tope de seis persoas, Feijóo cuestionou a proposta co argumento de que "o risco é menor entre 12 persoas de dúas familias que entre seis de tres familias". Preguntado acerca das medidas para o próximo Nadal, Núñez Feijóo explicaba que a proposta da Xunta pasa por non centrarse no número de persoas, se non nas unidades familiares. En concreto, Galicia aposta por limitar a dúas unidades familiares distintas as ceas e comidas de Nadal e pide que, no posible, sexan as mesmas persoas para os diferentes encontros ao longo destas datas. A maiores, para aquelas persoas que non conten como núcleo familiar ou no caso de que o Goberno central non aceptase a proposta de unidades familiares, a Xunta propoñía que non contaran nos máximos de persoas os nenos menores de 10 anos.

Porqué se apresurou a adiantar un "presunto plan" e semanas despois acóllese as directrices do goberno central?

Porqué este cambio?

Sen máscara e con abrazos
Desde o principio da pandemia, Feijóo caracterizouse por querer facer o contrario do que se pedía desde Moncloa e culpando de todo a Sánchez e ao goberno central.

E entre onte e hoxe, concerto de Raphael con 5.000 persoas nun espazo onde non se permite a entrada de público a acontecementos deportivos, en Madrid permitido polo goberno popular da rexión e do concello e o positivo de Rosa Quintana.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) citou ao longo desta fin de semana "a todos" os asistentes ao acto do PP celebrado o pasado venres na Coruña con presenza do presidente estatal do partido, Pablo Casado, e o líder galego, Alberto Núñez Feijóo. Este cribado "por protocolo", segundo explicaron a Europa Press fontes provinciais da formación, prodúcese despois de transcender que a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana, que precisamente estivo presente no evento, deu positivo en covid-19. 



Por CORES DE CAMBADOS - 20:58 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: OPINION

29 de abril de 2020

PERIGA O ESTADO DE ALARMA?

Xusto hai unha semana que o Congreso dos Deputados prorrogou, por terceira vez desde a súa aprobación, o estado de alarma polo coronavirus. Nesa ocasión, o Goberno atopou o apoio de boa parte da cámara baixa, salvo os grupos de Vox, JxCat e a CUP que votaron en contra. Pero a medida que pasan os días o Goberno de Pedro Sánchez ve como a posibilidade de non poder facer unha cuarta prórroga aumenta. E é que hoxe no Congreso, o líder do PP, Pablo Casado deixaba caer que o seu partido poderíase abster. Casado recriminoulle a Sánchez que non informe con carácter previo á oposición do seu plan de desescalada. Non era o único, o portavoz de Cidadáns, Edmundo Bal, atacaba tamén ao presidente e poñía en dúbida tamén o voto a favor dos seus 10 deputados. Pero non só eran estes partidos, os principais socios do goberno tamén se mostraban dispostos a votar non a alongar o estado de alarma 15 días máis. Gabriel Rufián (ERC) dicía que o seu grupo, tras ata o de agora absterse, está máis preto do non e criticaba a «falta de diálogo» na crise do coronavirus está a poñer en risco o bloque de 180 deputados. Pola súa banda, o portavoz do PNV no Senado, Jokin Bildarratz, afirmaba que «se está complicando» o apoio da súa formación á nova prórroga do estado de alarma exposta polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, debido á falta de «diálogo leal e colaboración» coas institucións vascas na elaboración do plan de desescalada. Trastornaría os plans do Goberno Despois de anunciar en que consistirán as catro fases do plan de desescalada do desconfinamiento, todo podía quedar no aire. E é que estas medidas só poderíanse aplicar sempre que España mantivese declarado o estado de alarma. De non conseguir o seu obxectivo e alongalo as semanas necesarias, o Goberno non tería ningunha autoridade para limitar os movementos aos cidadáns. A tan ansiada volta á normalidade chegaría quizá antes do que todos esperabamos, aínda que seguramente non sexa o máis desexable.

Unha chantaxe fornecida por todos. O Goberno quere facer unha transición ata a volta a normalidade que os partidos nacionalistas non aceptan. Antepoñendo os intereses das súas comunidades ao interese da súa autonomía. Algo que tamén fan desde o PP. Cada presidente popular pide para a súa autonomía unha desescalada propia. O próximo será que as deputacións pidan a súa e así ata a entidade máis pequena.

Supoñemos que a Feijóo non lle gustaría que as deputacións esixiran ir por libre. Pero e os concellos ou mancomunidades? Non estarían en condicións de pedir facelo asúa maneira? E logo as parroquias e máis tarde as rúas.

Casado esixe ao goberno diálogo, pero comopodes pedir diálogo e á vez criticar o estado de alarma ao que tan contrario era a dereita a principios do mes de marzo?
Vox? apela xa directamente a unha sublevación popular. E C´s ata agora non aportaban nada, nin a favor nin en contra.

Que a dereita que semanas antes de decretarse o estado de alarma veía mal e mostrábase contrario á cancelación de actos pasou en semanas a acusar ao goberno de pouco menos de facer un golpe de estado non debería ser quen levantase a voz para nada en ningún momento. 

Que o goberno cometeu erros é certo pero deixar a desescalada en mans das autonomías non é moi lóxico, posto que cada unha ten intereses moi diferentes. Moitos apelaban ao modelo de Alemania, onde os "länder" tomaran as rendas da desescalada. Pero á vista dos bos datos, Alemaia xa iniciara a súa lenta estratexia de desescalada a semana pasada permitindo abrir aos comercios de ata 800 metros cadrados e obrigando á poboación usar máscaras nos espazos públicos. Pero agora pisa o freo na súa desescalada. O director do Instituto de Viroloxía Robert Koch, Lothar Wieler, pediu á cidadanía que siga recluída na casa o máximo posible tras detectar un repunte na taxa de contaxios.
Weiler informou de que a taxa de reprodución do coronavirus, o famoso índice R0, volveu a subir a 1 en Alemania, que nas últimas datas rexistraba unha taxa de ata 0.7. Este indicador é clave en calquera fase de desescalada e mide o número de persoas ás que infecta cada contaxiado co SARS- Cov2. E únicamente en nove das 16 rexións abríronse os negocios de menos de 800 metros cadrados.

A falta de concreción definitiva de todas as craves do desconfinamento por parte do goberno o máis lóxico sería que apoiaran unha nova prorroga. 

Tempo haberá para todos os reproches.



Por CORES DE CAMBADOS - 19:40 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: CORONAVIRUS, GOBERNO DE ESPAÑA, OPINION, PARTIDOS POLITICOS

24 de abril de 2020

EFERRO, UN QUILO DE FARIÑA E FERMENTO PARA TI

Hai que ter moi mala sangre, por non decir mala ostia, para vincular unha zocas con "fariña" non precisamente de trigo e a sua vez poñer o nome de Cambados a ese modelo de zocas.
Serán moi bonitas e o que queiras pero gusto Elena Ferro tes moi pouco. 



Desde logo agardáse desde Cambados algún detalle desta "artista" e retire enseguida esa imaxen. Porque xa chega que os de fora nos crucifiquen e nos colguen o Sanbenito como para que veñan os da casa tamén a facelo.
 

En Cambados temos centos e centos de cousas como para elexir esta para facerte propaganda.

Elena Ferro foi galardoada en decembro pasado co Premio Nacional de Artesanía 2019 que outorga o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao conxunto dunha obra consolidada, dotado con 7.000 euros, segundo Efe. Elena Ferro é a cabeza visible da empresa Eferro, fundada en 1915 polo seu avó. A artesá pontevedresa (Vila de Cruces) é a terceira xeración que forma parte dun taller que destaca por un produto característico da tradición rural: os zocos
de madeira.



Por CORES DE CAMBADOS - 23:04 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: CAMBADOS, OPINION, PUBLICIDADE

21 de abril de 2020

A RESPOSTA DUNHA CUCARACHA A UNHA PARASITA DA POLITICA

Imaxinade por un momento, queridos amigos, que ides paseando por Cambados, por exemplo polo paseo marítimo, nisto que chegades a Santo Tomé e dirixides a vista á Torre de San Saturniño e, de repente, no alto da mesma, observades sorprendidos que hai unha vaca facendo equilibrios para non caerse; sen lugar a dúbidas a primeira pregunta que vos viría á mente sería  ¿como carallo puido chegar aí arriba esa vaca? Pois ben, eu non podo evitar lembrarme desa vaca subida na Torre cada vez que  vexo a Rosa Oubiña no Parlamento de Galicia porque, polo menos  para min, tan incrible é unha cousa coma outra. 
Os que me coñecedes de fai tempo xa sabedes que penso do meu “amor platónico” a deputada Rosa Oubiña, sen lugar a dubidas unha das maiores parasitas da política galega, unha incompetente tan grande que  hasta un político tan mediocre como o ex alcalde Luís Aragunde, ao seu carón, parece Winston Churchill (e non só polo “voluminoso” da súa figura). Rosa Oubiña é unha aproveitada, unha “trepa” que, dende o ano 1998, leva vivindo da política, xa fora cobrando das arcas do Concello de Cambados, da Deputación de Pontevedra e, nos últimos tempos, do Parlamento de Galicia; en definitiva, unha miserable que, no ano 2012, tivo os  “santos ovarios”de colgar no seu muro de Facebook unha cita de Cicerón (como si ela soubera quen foi Cicerón) e na que, entre outras cousas, dicía: “(...) la gente debe aprender nuevamente a trabajar en lugar de vivir a costa del Estado” algo  no  que, obviamente, ela non predica co exemplo senón mais ben todo o contrario.  

Quizais moitos vos preguntaredes a que ven falar hoxe desta “eminencia” e a razón é sinxela: fai uns días a miña “amiga” Rosiña colgou un post en Facebook criticando a Renda Mínima Vital onde dicía textualmente: “Los subsidios no sacan a la gente de la pobreza, les mantiene en ella. Es el trabajo quien saca a la gente de la pobreza”; non sei que pensaredes os demais pero eu creo que hai que ser unha  verdadeira desgraciada pra estar cobrando das arcas públicas mais de 5.000 euros ao mes por,  basicamente, quentar co seu elegante cu o asento do Parlamento galego e criticar unha axuda indispensable para salvar aos que se atopan nunha  situación moi precaria  a causa das consecuencias económicas da pandemia do coronavirus.   Eu, obviamente, cando vin dito post non puiden conterme e contesteille e a súa reacción foi borrar a miña resposta e, a continuación, poñer o seguinte comentario: “veo que empieza el tiempo de cucarachas ... lo mejor ya sabeis que es fumigar”; ademais colgou o enlace á canción “La cucaracha”  coa seguinte dedicatoria: “te lo dedico a TI RD”...... Como sei que vas ler isto, Rosiña, déixame que che diga que cando sexa así poñas o meu nome completo e non soamente as  iniciais, comprenderás que para min é todo  un orgullo que unha das deputadas mais sexis do Parlamento galego (e tamén a que menos miolos ten de todo o hemiciclo) me dedique unha canción; confésoche que  non puiden evitar lembrar o noso último encontro fugaz, fai dous veráns,  no Eroski da Cabana, cando eu ia detrás túa na cola da caixa, admirando a  envexable  figura dunha muller que se aproxima, inexorablemente,  á  súa  sexta década cando, de repente,  xirácheste e as nosas miradas cruzáronse furtivamente i eu  non puiden evitar  guinarche un ollo.   
Fai uns anos, en “ A ti meu Cambados” lembro ter feito unha comparativa entre as dúas deputadas cambadesas presentes no Parlamento de Galicia, Rosa Oubiña e Montse Prado (do BNG), obviamente, a comparación en si xa era insultante porque poder pensar que ambas puideran estar facendo o mesmo traballo resulta moi difícil de  imaxinar; deixando a un lado as ideoloxías, Montse Prado é unha política dos pes á cabeza  que representa ao seu electorado e ao seu partido; Rosa Oubiña dificilmente se pode representar a si mesma; a Montse Prado podes atopala continuamente en rodas de prensa ou   ante os medios cun discurso claro e concreto; a Rosiña, en fin, supoño que está onde está porque no seu dia algún asesor do Partido Popular tivo a brillante idea de que sempre quedaría ben poñer unha cara bonita nos carteis e nos panfletos electorais para conseguir algún voto. 
Seguiremos atentos para ver con que novas reflexións nos sorprende esta  “mente brillante”, claro exemplo  da dereita mais “culta e instruída”. 
   


                     Un  saúdo a todas e a todos.

      RICARDO DOMINGUEZ REY 







Por CORES DE CAMBADOS - 12:08 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: OPINION, RICARDO DOMÍNGUEZ REY, ROSA OUBIÑA

13 de abril de 2020

A QUEN TEMEN CASADO E ABASCAL?


O Partido Popular e o partido de extrema dereita Vox, queren botar a Pablo Iglesias do goberno. É unha condición que pide a dereita española para empezar a debater os pactos prospuestos polo presidente. Parece ser que Cidadáns tamén, pero cun ton máis suave, xa que di que o acordo chegará se Sánchez foxe do populismo.
Pablo Casado non quere colaborar con estes pactos e xa fixo declaracións como, “son os pactos das lentellas, un trampantojo e pide vostede vasallos cando non temos bo señor”, foi nese mesmo instante cando fixou o rubo que tomaría o Partido Popular, e engadiu, “se queres pactos, veña ao parlamento cos que respectan a constitución. Aínda que o Partido Popular non fixo público o non rotundo dos de Casado”.

Vox, neste sentido é moito máis directo. Santiago Abascal xa pediu a dimisión de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. O partido de ultradereita por tanto renuncia a saber nada de pactos e de reconstrución aínda que tampouco fixeron oficial o plantón a Sánchez. É máis, a postura de Vox é a de facer un golpe de estado no que quitaría a todo o goberno e poñerían a persoas de coñecido "prestixio" como: Rosa Díez, José María Aznar e Felípe González.
Co que puidemos ver, a dereita e ultradereita teme a un goberno progresista. Para eles o inimigo público número uno é Pablo Iglesias. Non polo que é Pablo Iglesias, senón polo que representa. Eles saben que se o goberno sae fortalecido da crise do coronavirus, Unidas Podemos sería fundamental. O goberno de esquerdas sen Podemos non sería así. Por iso teñen tanto medo a Pablo Iglesias e a Unidas Podemos.

Por CORES DE CAMBADOS - 17:01 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: "PODEMOS", OPINION, PP, PSOE, VOX

2 de abril de 2020

O PP GALEGO PEDINDO O QUE NEGA EN MADRID


Nunha comparecencia telemática, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu «á oposición aquí en Galicia unidade, responsabilidade e lealdade institucional. Que estean igual de xuntos e unidos que a sociedade á que entre todos queremos representar. Galicia non pode entender que mentres todos loitamos unidos, co mesmo obxectivo, os partidos podamos estar nas pelexas de sempre. Pedimos á oposición responsabilidade, porque hoxe o obxectivo de todo o mundo e todos os partidos políticos é salvar o maior número de vidas psoibles, e desde logo non estar ocupados na confrontación»

«Non é tarde para que a oposición volva ao camiño da lealdade institucional e acepte que o primeiro nestes momentos é parar a pandemia e despois poderemos falar de quen o fixo mellor e peor». Chama a deixar un lado «actitudes partidistas» mentres o Goberno galego céntrase en «salvar vidas». Pide á oposición que «se coloque á altura da resposta exemplar que está a dar a inmensa maioría da sociedade galega». Preguntando polos xornalistas se considera que a oposición rompeu o clima de consenso que permitiu aprazar as eleccións autonómicas previstas para o 5 de abril, Tellado expresou que «oxalá que non». «Esperemos que ese clima póidase retomar con total normalidade", apuntou, para reclamar novamente «unidade», «responsabilidade» e «lealdade institucional e entre partidos».

Como vemos o PP de Galicia difiere moito na sua estratexia a como o fan os populares en Madrid. A oposición galega sí é moito máis responsable do que é a oposición ao goberno do Estado. Mentres en Galicia a oposición non ataca sistemáticamente a Feijóo e ao seu goberno tanto o PP coma Vox i en menos medida C´s están día tras día atacando ao goberno de coalición aínda que con elo cheguen a os extremos de decir hoxe unha cousa e mañán toda a contraria. O exemplo máis claro é cando Casado pedía un maior confinamento e cerre de empresas non esenciais e unha vez feito decir que con esa medida a economía resentiríase e non era bo facelo. En que quedamos? Que chamou a Casado entre medias para que mudara a sua idea? Ou quen asesora a Casado aconsella que diga todo o contrario do que diga o goberno de Sánchez por boas e lóxicas que sexan as medidas? A oposición en Galicia so dá a Feijóo ideas que cren serán mellores para solucionar a crise. Nin esixen nin están todo o días pola prensa a criticar as medidas tomadas en Galicia.

O PP nacional critica a Sánchez a forma en que se contabilizan enfermos ou mortos a nivel nacional ou que non se fagan probas a todos. Por exemplo o PP goberna a Comunidad de Madrid e leva unha semana sin dar os datos dos afectados en residencias da terceira idade. Eso sí, segundo algún "periodista", en Madrid faise ben o reconto e incluso se fan autopsias.

Desde o PP piden que se fagan test a toda a poboación. E, hai tantos test para facer eso? Si todos os gobernos fan eso farían falta 7.000 millóns de test, e so un por persoa. E do mesmo modo pasa cos respiraderos, non se poden ter millóns de respiraderos si non se utilizan, nestes intres todos os paíse reclaman todo tipo de material que no caso nromal so estarían dispoñibles un 10 %. Luvas, mascarillas, respiraderos, camas UCI.... ningún país está preparado para unha pandemia como esta. Este non é o caso de que teñas un medicamento e que deixes morrer xente por non administralo por ser caro.

O que pasa con certa prensa é mellor nin lembralo. Mentiras e máis mentiras que so crean incertidume e caos.


Por CORES DE CAMBADOS - 16:21 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: CORONAVIRUS, OPINION

25 de marzo de 2020

FEIJÓO MAL POLÍTICO, BO PUBLICISTA

A pesares de que se aplazou a data das eleccións autonómicas en Galicia Feijóo está a utilizar a pandemia do COVID-19 para facer propaganda do PP.

No día de onte a web da Xunta publicaba 5 novas sobre o reparto de equipos de protección individual (EPI´s) cada unha das delegacións da Xunta nas provincias galegas, máis Vigo. En todas agás na nova da provincia de Lugo aparecen "en plena faena" os delegados territoriais recentemente renombrados por Feijóo para que sigan cobrando un soldo namentras non se celebren as eleccións autonómicas e que foran cesados para poder ser candidatos.


Feijóo leva toda esta crisis atacando ao governo de España a conta dunha suposta falla de material e que achaca a Sánchez e o seu executivo. Unha falla que non é tanta pois o propio presidente da Xunta recoñeceu en rolda de prensa que Galicia tiña material para duas semanas e esas duas semanas aínda non pasaron.

Se non lle chega con subvencionar á prensa en vísperas electorais, reparteu dous millons de euros hai escasamente un mes entre xornais galegos camuflados como publicidade, que tamén utiliza a web institucional en beneficio do seu partido.

As queixas e comentarios en contra non se fixeron agardar e as redes sociais "botaban fume" contra a imaxe de Corina Porro en Vigo e lembraban a imaxe de Feijóo "manguerita" en mano do 2006
Aquí podedes ver as capturas das novas tal e como as publicou onte a web da Xunta.







Por CORES DE CAMBADOS - 13:11 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: CORONAVIRUS, GALICIA, INCENDIO, NÚÑEZ FEIJÓO, OPINION

5 de enero de 2020

CARTA DOS REIS MAGOS A OS PAIS E AS NAIS


Apreciados papás e apreciadas mamás, Somos os Reis Magos. Sabemos que acaba de nacer o voso fillo. É un bebé precioso que vos vai a facer moi felices aos dous. Xa sabedes que cada 6 de xaneiro nós imos en silencio a casa de todos os nenos e deixámoslles uns agasallos para celebrar o nacemento do neno Jesús e para dicirlles o orgullosos que estamos deles. Pero a partir de agora non poderemos facelo porque estamos moi velliños e cada vez hai máis e máis nenos neste mundo. Non podemos ir a casa de todos. Ademais, onte caínme do camelo e rompinme o brazo (son Melchor, un pouquiño torpe); Gaspar é moi lento porque camiña coa axuda dun vello bastón e Baltasar, noso vello Baltasar!, esquécese sempre de onde ten a lista dos agasallos. Como ves, xa estamos moi maiores e necesitamos pedirvos tres favores moi importantes: 1º favor: Que nos axudedes a poñer os agasallos aos nenos. Cada pai e nai farán o noso traballo o día de Reyes: lerán as cartas dos seus fillos e, coa mesma ilusión que a nosa, poñeranlles os agasallos coma se fósemos nós. Así todos os nenos do mundo terán os seus agasallos e nós poderemos descansar e ver, desde o lonxe, as suas cariñas de alegría. 2º favor: Como isto é un gran secreto, non llo poderedes dicir aos vosos/as fillos/as ata que cumpra os 7 ou máis anos. Cando teña esta idade, xa será maior e saberá gardar este secreto. Os nenos pequenos non deben saber que nós xa non podemos poñer os agasallos e que son os pais os que nos axudan porque senón… que pensarán de nós? onde estará a máxia? O secreto hase de dicir só aos nenos responsables, aos que xa poden entender que nós lles queremos moito e que por iso pedimos axuda aos seus pais, as persoas que máis os queren a eles. 3º favor: Algúns pais que nos axudan están enfermos ou non teñen diñeiro para comprar agasallos aos seus fillos. E tamén hai nenos que non teñen a sorte de ter papás ou mamás. Por iso, necesitamos que os vosos fillos convértanse “un pouquiño” en Reis Magos e compartan algúns agasallos cos nenos que non teñen tanta sorte como eles. Nada máis. Non é demasiado, verdade? Cando o voso fillo ou filla pregúntevos por primeira vez quen son os Reis Magos lédelle esta carta. Entenderá por que nós confiamos en vós para facer o noso traballo: porque sodes as persoas que máis o queredes no mundo e que mellor poden ver o seu enorme e bondadoso corazón de perla. Melchor, Gaspar e Baltasar



Por CORES DE CAMBADOS - 11:00 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: NADAL, OPINION

28 de diciembre de 2019

FICHAXE DE RELUMBRÓN DO CAMBADOS PARA A SEGUNDA VOLTA DA LIGA


Debido as baixas por lesións ou outros motivos o entrenador Edu Charlín atópase todas as semanas  con problemas para convocar 16 xogadores para os partidos que o Cambados debe afrontar esta tempada. Rara é a semana que non teña que botar man dos xuvenís para completar os 16 xogadores.
Debido a estes problemas xa a mediados da primeira volta Rubén Cornes, Pénjamo, decideu descolgar as botas para axudar ao equipo en vista dos problemas que ían aparecendo.

Agora quen volve aos terreos de xogo é Juan Manuel Sineiro, Machu, que non o pensou cando desde a directiva se lle ofreceu a posibilidade de fichar polo Cambados para cando menos tentar conseguir a permanencia un ano máis na Preferente Galega.
Machu, que cumprirá 41 anos en marzo, volverá para axudar nos adestramentos e así como recupere o seu mellor estado físico estará a disposición do adestrador, así o declarou hai unhas horas.
Lembremos que Machu colgou as botas tralo derradeiro partido da tempada pasada contra o Valadares no que o Cambados venceu por 2 a 3. Nesa tempada acadou a cifra de 9 goles dous menos que a tempada 2017/18 na que se acadou o ascenso a Preferente.





Por CORES DE CAMBADOS - 11:00 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: C.J. de CAMBADOS, DEPORTES, FUTBOL, OPINION

25 de noviembre de 2019

CARTA DE UNHA VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO












A continuación podedes leer a carta dunha víctima da violencia de xénero e o seu caso particular. Recalcamos o de particular porque agardemos que non todas as vítimas teñan que pasar polo que esta vítima tivo e ten que pasar.


Hoxe 25 de noviembre Dia Contra a Violencia de Xénero.


A verdade é que nunca entendín eso do dia de …. xa que por desgracia, neste caso da violencia de xénero é diaria, 365 dias o ano, pero, hoxe é dia de política, dia de protestas, dia de lazos, dia donde todos nos concienzamos etc.

Realmente sabemos como se trata, como funciona a xustiza ante a violencia de xénero? No, non o sabemos porque nadie nos informa, todos din: "Saquemos tarjeta roja", que bonita queda a foto!!

Todos din denuncia, non cales!!!
Chama o 016 e non teñas medo, denuncia!!! Pero cal é a realidade?
Como funciona unha vez que decides dar o paso?
Cal é atención e seguimento da vítima?
Como funciona a Guardia Civil cando denuncias?
Como funcionan os xuíces? Imaxinade que aquí en Cambados hai unha abogada de oficio (que por certo para ser abogado de oficio contra a violencia de xénero, preséntaste voluntariamente) que o primero que che dice e….. NON DENUNCIES!!
Para que? Para poñer máis furioso á tua ex parexa?
Pensas que che van a poner un gardaespaldas? Imaxina que escoitas esas primeiras palabras dunha abogada de casos de violencia de xénero.

Imaxina que cando presentas a denuncia, si a abogada non te convenceu do contrario, que pasas cinco horas no cuartelillo declarando, ti soa sin asesoramento, sin coñecemento e donde a Garda Civil termina facendo un "test de peligrosidad". Ese "test" consta de moitas preguntas das cales un 75% non lle-las fan as vítimas de violencia de xénero.

Porque? Porque é un "rollazo"(dito entre dous axentes).
Seguinte paso. Xulgado de Guardia para declarar. Alí podes pasar de seis a sete horas mentras todas as partes declaran, volven a revivir todo o que pasaron unha e outra vez e finalmente a vítima sae con orden de afastamento.

Seguinte paso. Volver o Xulgado a un xuício rápido, soen ser tan rápidos que nin os celebran, chegas o Xulgado e sin máis avisan no se celebra juicio (no meu caso) por faltas de probas e testemuñas, pero ollo!! SÍ HAI PROBAS MÉDICAS E SÍ HAI TESTEMUÑAS, por algo o Xuiz de Guarda dou a orden de afastamento, pero claro están saturados os Xulgados e arquivan casos, casos de violencia de xénero que hai que DENUNCIAR!!! pero, que terminan arquivados.
Así que cando digan a unha persona, "denuncia a violencia de xenero", que lle digan; "ollo que sepas que vas a revivir as tuas miserias durante horas, en lugares distintos e que o final poida que salgas máis humillada do que estabas antes de denunciar, que cando se termine si un xuíz non fixo o seu traballo, quedas sol@, abandonad@". Claro que hay que denunciar!!! Pero non so o maltratador, tamén a o Guarda Civil que non cumple co seu traballo, ao abogad@ que intenta convencer a unha vítima que non denuncie, os xuíces que non fan o seu traballo, porque o final si eso non se cumple, somos victimas de violencia de genero e vítimas de unha Xustiza que non funciona.
Saquemos tarjeta roxa a violencia de xénero, pero tamén saquemos tarjeta roxa os Guardia Civís, abogados e xuíces incompetentes

Está claro que a xustiza nos casos de violencia de xénero NON FUNCIONA PERFECTAMENTE.







Por CORES DE CAMBADOS - 11:37 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: OPINION, VIOLENCIA DE XENERO

18 de noviembre de 2019

O CAUDILLO DO SALNÉS TEN ABANDONADA A MANCOMUNIDADE

Tres meses xa e o alcalde de Vilanova segue sin convocar o pleno de constitución da Mancomunidade.
Gonzalo Durán  baseaba a sua decisión nun informe da secretaria da Mancomunidade en base a os dous recursos interpostos contra a elección dos vogais de Meaño. Parecía prudente agardar a que o xulgado tomase a decisión sobre as medidas cautelares que solicitaban os demandantes.
Baixo aquel informe sirveuse para non convocar o pleno. Semanas despois tanto a sala 2 como a 3 do contencioso administrativo de Pontevedra botaron por terra os seus argumentos.
Para colmo hai tres semanas, un novo informe, tamén da secretaria comarcal, desbota as razóns para manter o pleno sen convocar. O novo informe empraza ao presidente en funcións a convocar a sesión constitutiva. E ademais establece cal debe ser a orde do día. Formación da mesa de idade, toma de posesión dos membros da xunta da Mancomunidade do Salnés e elección do seu presidente e vicepresidente, coas súas respectivas tomas de posesión.
Durán fai caso dos informes que lle son favorables a perpetuarse nun cargo que non lle pertence pois de constituirse o pleno na lista de candidatos Gonzalo Durán non aparece. Marta Giráldez polo PSOE ou Telmo Martín polo PP son as persoas designadas, en principio, polos seus partidos para presidir o ente supramunicipal.
O pasado xoves os alcaldes de a Illa e Vilagarcía e a alcaldesa de Meis instaron ao seu homónimo de Vilanova a constituir dunha vez por todas o pleno para que a Mancomunidade empeza a traballar. A todo esto o rexedor vilanovés non comunicou a ninguén este último informe da Secretaria que non lle é favorable.
Nestes momentos quedan pendiente de aprobar a Conta Xeral deste órgano, e outros asuntos pendentes que non poden tratarse porque Durán segue evitando a convocatoria dos órganos de goberno do ente. Mesmo poderían perderse subvencións por non adoptarse os acordos para solicitalas. Tamén hai que lembrse que hai persoas no pleno da Mancomunidade sen acta de concelleiro, polo que se estarían a incumprir os estatutos que din que deben ser edís.
O grupo parlamentario socialista presentará unha pregunta dirixida ao vicepresidente da Xunta de Galicia, para coñecer se comparte a postura de Durán e se o PP tampouco quere a continuidade da Mancomunidade do Salnés.

O Caudillo do Salnés adícase a atacar a todo aquel que non sexa da sua corda, sexan do seu partido ou non. E mentras tanto Gonzalo Durán desaparece e mantén o seu concello e a Mancomunidade no abandono.




Por CORES DE CAMBADOS - 13:51 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: G.DURÁN, MANCOMUNIDADE DO SALNES, OPINION, PSOE

12 de noviembre de 2019

A ESQUERDA BAIXA E O PP NON SUBE O SUFICIENTE



Dous días despois de celebrados os comicios ao Parlamento e ao Senado xa se pode dar unha idea de como se votou en Cambados.
Facer un resumo comparativo pode ser complicado tendo en conta que cada chamada as urnas é diferente e que aínda que cada partido teño o seu voto fiel é no voto fluctuante onde convén centrarse en cada análise.


En primeiro lugar hai que destacar a abstención. Sendo un número alto de votantes os que se quedou na casa, Cambados pode presumir de ter un alto índice de participación a pesares de esa abstención xeralizada.
Foron algo máis de 8 puntos porcentuais e 902 persoas menos que acudiron aos distintos colexios electoráis de Cambados (8959 en abril por 8057 do pasado domingo). Algo que perxudica claramente á esquerda, i en menor medida a dereita. En maio votaron 8547 electores en Cambados.
Pero os votos son os votos i é aí no que hai que centrarse.



En Cambados o PP recuperou 10 votos comparando con abril e perdeu desde as municipais 441, pasando de 3402 a 2961. Destes votos perdidos, moitos seguramente foron a parar a VOX, das locais de maio as xeráis do domingo.


O PSOE pasou de 2313 votos de abril a 2034, 279 menos en novembro, e subeu respecto as municipais de maio nas que acadara 1749, unha suba de case 300 votos. co que se demostra que o electorado do PSOE  en Cambados é moi volátil e que cada elección é moi diferente a outras.


Polo que respecta ao BNG hai unha suba de 31 votos desde abril (742) a novembro (773) tendo en maio 1093 votos polo que perde 351 desde as locais.

Unidas Podemos acadou uns resultados o domingo 918 sufraxios, 229 menos que en abril (1147). 
O máis cercano a UP en Cambados é SOMOS que en maio acadara 1279, polo que se reduce en 361 votos da candidatura local que ou non votaron ou o fixeron a outras candidaturas.

A pregunta é onde foron a parar eses votos da esquerda? Tendo en conta que nin BNG subeu en gran número e o  PSOE baixou parece claro que o electorado de esquerdas non se mobilizou en demasía. Si contamos os votos de menos da esquerda local, algo máis de 600, e restamos os obtidos polo novo partido de Errejón salen uns 500 votos menos acadados pola esquerda.
Vox obtivo este domingo un total de 622 votos 223 máis que en abril (399) e C´s que foi o que, igual que a nivel nacional, sufreu o maior castigo pasou de 836 a  353.


Resumindo, a esquerda faltou a súa cita coas urnas polo que obtibo uns resultados inferiores a abril. 

A suba do PP é moi pequena casi inexistente dada a subida a nivel nacional. 
O BNG non recupera moitos votos a pesar da suba a nivel galego. 
A irrupción de Vox en Cambados é perigosa, dados os plantexamentos que leva no seu ideario.

Pero coma sempre todos gañan, neste caso so C´s perde claramente, uns por acadar uns votos máis e outros por non perder moitos. Cada partido "arrima a sardiña a mellor parte do asador" negando claras evidencias na sua contra i encumbrando as mínimas gañancias a éxitos extraordinarios.

A nivel galego apreciase  un futuro comprometido para o PP e ábrese a posibilidade dun governo de esquerdas. Pero falta moito tempo e faltan coñecerse as candidaturas que finalmente optarán a entrar no parlamento galego.
Quen menos satisfeito se atopaba no dia de onte era Núñez Feijóo que declaraba aos medios que "o PP non logrou todos os seus obxectivos" en clara alusión a escasa suba experimentada polos populares galegos.



Por Gabri Pérez


Por CORES DE CAMBADOS - 13:31 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: CAMBADOS, ELECCIONS, GALICIA, OPINION

6 de octubre de 2019

CADENA PERPETUA, UNHA CONVERSA CON VÍCTOR CAAMAÑO RIVAS




Pasaron 25 anos desde a estrea de Cadena Perpetua e a verdade  que un segue sentindo un escalofrío cando a botan na tele, algún tipo de “forza mística” obriga a deixar o mando a distancia (deixar de facer zapping) para voltala ollar por enésima vez e terminaren  chorando de emoción … debe ser que me estou a facer vello … para o seu Director Frank Darabont ten unha explicación máis sinxela que da senso a feitos de cóma esta adaptación de Stephen King continúe encabezando o número 1 de 250 en IMDB,  que a sitúa coma a peli mellor valorada da Historia - por riba de El Padrino: esa forza é a natureza humana.
Nunha entrevista que concedeu aos medios o seu Director dixo  “que non importa cómo de retranqueira seña unha Cultura, non importa cómo de sarcástica se volte, hai certas cousas ás que a xente se aferra. Hai certa sinceridade a que responden as personas, certa xeneroisidade que seica queren experimentar. Penso que a xente quere crer que hai BONDADE e unha BRÚXULA MORAL no mundo. E creo que é por iso que Cadena Perpetua ten ese efecto nas personas. É o elemento da historia de Stephen King ao que reaccionei, e parece unha idea moi atemporal”.
Esta reflexión é a propósito da entrevista que este “narrador visual” mantivo co Portavoz e Voceiro da Oposición polo BNG de Cambados Víctor Caamaño, porén esa bondade, e ese eixo vertebrador no terreo das ideas, está latente. O verdadeiro diamante en bruto da conversa foi se o BNG ía voltar a formar goberno para dirixir coma fixo o Concello de Cambados (Fátima foi Alcaldesa e delegou en  infinidade de ocasións en Víctor por mor das súas visitas institucionais e actos varios que tiña coma encomenda).
Víctor respostou que iso depende de SC  e o Ps de G-PSOE enteiramente, que non é o tipo que quixeras contratar para dirixir unha peli de superheroes como a que temos desde o 15 de xuño en Cambados, e ese parece ser o grande faro nestes días en xornais, redes sociais, e  televisión ante o anuncio de que polo momento, NON. O seu tipo de ideoloxía quizaves estea lixeiramente en tela de xuízo, o Nacionalismo Galego non pasa polos seus mellores intres desde a escisión en Amio, aínda que no que a il lle atingue ten gasolina dabondo no depósito e lle encantaría facelo de atopar un fogar e atopar financiación, agora ben non vai de nengún xeito “a aguantar a respiración”; esto é Cambados despois de todo, e hai moita xente que nos estamos a poñer de cor azul por ter que aturar a este Goberno en minoría.
E tras este aperitivo, Caamaño, que leva catro lexislaturas ás costas, lanzou a bomba: non cre que hoxe en día, co populismo de Somos Cambados e a deriva absoluta no terreo das ideas do PSOE de Cambados, poda ser unha realidade a día de hoxe. Seica está absolutamente convencido de que non se pode repetir o acontecido co cuatripartito. Non pode nen imaxinar á xente entrometéndose nas súas áreas que estaría disposto a levar de novo. En 2.015 aconteceu algo “máxico”, ao seren capaces catro forzas de acabar co Reinado de 28 anos do PP de Cambados. Ese suceso extraordinario foi posíbel grazas a autonomía que calquera forza política precisa para facer o mellor cometido polos veciños e veciñas de Cambados. Non sabe se hoxe en día hai un espazo neste Goberno para unha fronte coma o BNG, o cual dito de paso é unha puñetera vergonza (esto o digo eu).
Con estas declararacións, Caamaño se suma ás voces que se están a lanzar preocupadas – e que personalmente apoio-  ao comprobaren coma a maquinaria da política aliméntase cada vez máis de cifras, estimacións, e previsións de riscos, en lugar de facelo a partires do talento, a liberdade, a creatividade, e ser quen de de poñer en marcha proxectos con por suposto  boas ideas.
De seguido podedes ler a entrevista completa na que  Víctor Caamaño fala sobre esta cuestión:
Víctor Caamaño Rivas, 57 anos, político Galego de ideoloxía Nacionalista, ex Director do I.E.S Francisco Asorey de Cambados entre os anos 2.004 a 2.008, desde o ano 2007 Concelleiro da Corporación Municipal, voceiro do BNG no Consello Local e no Consello Comarcal. Lugar da entrevista, o Parador de Turismo de Cambados un venres calquera ao solpor. Levaba Víctor unha faciana de paz, conxuntando uns vaqueiros de cor azul e unha camisa escura. O primeiro en me chamar a atención é o trato que lle dispensan os traballadores do establecimento cun sorriso nos beizos, e como se levantan das súas cadeiras varios veciños para o saludar. Un que ao non ser cargo público non vou facilitar o nome, solta unha frase reveladora: “estades condenados Víctor a entendervos”. Víctor aprétalle forte a man, con actitude, iso me gosta: fai pouco tempo lle din a man a un vello Catedrático da Universidade, columnista dun Diario de información xeral, e non sabía se estaba collendo unha man,  ou un pene flácido …
Entrando no terreno sexual, digo político, falamos do papel transversal que ocupou no derradeiro mandato, marcado polos constantes e chapuceiros saltos ao cuestionario; qué política de comunicación era aquela na que algún membro do Goberno saía na prensa e nen a propia Alcaldesa se enteraba do acontecido ata que abría os xornais o día seguinte, canda se falaba de temas CRAVES do debalar municipal, qué clase de lealdade é esa, tendo en conta que hai unha Xunta de Goberno Local onde marcar os tempos:
V.C: son consciente, quizaves non houbo as condicións adecuadas, tratouse o tema porén foi imposible levalo a cabo, dado o ego superlativo dalgún dos seus compoñentes …
Os Plenos pasan a se celebrar cada dous meses en vez de cada un, e tivemos que aturar algún “cónclaves” onda botaba unha parrafada Xurxo Charlín de 25 minutos, e outra José Ramón, chegando a prensa a se exasperar cando eran as doce da noite e ibamos pola metade dos puntos da Orde do Día …
V.C: sí, asemade o papel de moderar e dirixir un Pleno é potestade da Alcaldesa, e levalos é unha arte … nós tentamos ceñirnos ao guión estabelecido, sen entorpecer o seu normal funcionamento, e producto dunha conversa e discusión propia anterior do noso grupo político …o BNG ten coma compromiso irrenunciable facer política, non POPULISMO.
O populismo hoxe en día Víctor é o sino destes tempos, está á orde do día, e eleitoralmente ás outras forzas así lles foi de luxo
V.C. PODE SER CERTO, ASEMADE NON DEIXA DE SER UNHA SOBREACTUACIÓN CONTÍNUA QUE PODE TER E TEN EFECTOS PERXUDICIAIS, chegado o caso de que xa perdín a conta das veces que outros Concelleiros empregaron esa “arma” para se meter en áreas que non lle correspondían, provocando varias graves crises de Goberno  que saíron á luz pública e que tiveron cerna neste aspecto.
Entón Víctor coma interpretas os resultados electorais, a xente parece non ten problema algún en comulgar con ese xeito de facer política ….
V.C: non é iso, esa actuación era premeditada con vistas a crear un “marketing político” que poder desplegar na campaña eleitoral, e o BNG polo que parece non o fixo ben, non fumos quen de transmitir que a política é algo moi serio, non unha fanfarría onda “podo prometer e prometo”, hai un mandato taxativo dos veciños e veciñas e desvirtúase polo tanto, chegado o caso que se “prometen imposibles”.
O POVO É SABIO, como pode se entender por exemplo o mantra que circulou de que o BNG non o fixo ben co Deporte (nese intre Víctor adopta unha postura erguida_ vou subindo a intensidade na entrevista, o que se denominan preguntas incómodas,  porén compre facelas) …
V.C:  nese punto vou ser moi claro (frunce o ceño), nós collemos un auténtico dislate nesa área, onda cada quen collía e facía o que lle daba a gaña  co beneplácito do PP de Cambados … varias chaves, abríanse e pechábanse instalacións, cada quen empregaba o que é de todos ao seu arbitrio e baixo a presión de teño o permiso de … tentamos poñer orde, que os espazos públicos propiedade municipal fixeran berce na colectividade, que calquera pudera alugar ese espazo para o seu desfrute, e que as prevendas e privilexios que gozaban os de antes remataran dunha vez por todas.
Por  qué non hai unha Fundación de Deportes en Cambados coma se suxeríu …
V.C:  eso é caro, precisa un Presidente ou Presidenta, un Secretario ou Secretaria, personal que teñen que ter coma obxectivos un programa a desenrolar, e atopámonos cun páramo económico.
O Deporte Base seica ten que se entrenar as escuras, por qué tantos atrancos, o forte enfado dalgúns clubes, o campo de Burgáns feito un patatal …
V.C: coa Partida Presupuestaria que tiñamos fixemos o indecible, e todo eran atrancos de Xurxo Charlín, a contestación era non hai cartos … os números non sería ético os explicitar, asemade manter un campo de fútbol en condicións supón un esforzo inversor, e a as torretas de iluminación, así coma iso, poñer ao día un xeito obsoleto de entender a política e o deporte.
Nunha conversa que mantiven co Concelleiro de Economía, unha vez saímos do Plan de Axuste Presupuestario puxen énfase en que había que GASTAR invertindo en traballo e servizos, e a resposta é que había que xestionar …
V.C: é tal cual, o mantemento de calquera instalación supón unha inversión contínua en medios materiales e humanos, e todo era previo permiso deste Señor, non tiñamos autonomía de negunha clase, e así pouco se pode facer.
Caso Adolfo Suárez e a Policía Local, disque faltan efectivos …
V.C: non falo de temas que están en vía Xudicial en primeiro termo, i en segundo é posíbel que se precisen máis efectivos, medios nun Corpo conformado por 14 Axentes, onda hai incidencias, traballadores que enferman, que teñen coma non podía ser doutro xeito permisos, vacacións, e que non hai quen cubra estas incidencias, chegado o caso  de que se poden dar situación inverosímiles.
A política de personal, hai unha serie de traballadores que están na espera, nunha especie de limbo legal, “vacatio legis”.
V.C: é certo, e o BNG non vai a aceitar que se funcionarice a nengún traballador sen que houbera pasado un Proceso Selectivo, nese tema vamos ser implacables, os veciños están cansos de ter que observar unha opacidade alarmante nas contratacións, e que sempre traballen os mesmos, todos os veciños e veciñas teñén tantos dereitos coma os demáis.
E quenes van ser os responsables de levar esta tarefa a bó termo …
V.C: a  xefa de Personal do Concello María Parada, xunto aos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, Secretario, Interventora, e aqueles que mellor coñecen o que se precisa facer, non contemplamos a petición de Tribunais Independentes de fóra de Cambados…

E ata aquí a primeira parte … por mor de que me pediron sobriedade e deixar os recursos literarios, emplazo para unha segunda entrega o alí explicitado, e xa estou a transmitir petición dunha segunda entrevista a unha sobranceira  política de Cambados.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez, o Artista  antes coñecido coma Prince.-

Por CORES DE CAMBADOS - 17:29 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas: OPINION, OSCAR NÚÑEZ, POLITICA, VICTOR CAAMAÑO
Entradas antiguas Inicio

Buscar este blog

Traductor

TELÉFONOS DE INTERESE

  • INFORMACIÓN DE CAMBADOS

VIDEO AEREO DE CAMBADOS

VIDEO AEREO DE CAMBADOS

FOTOS DE CAMBADOS

FOTOS DE CAMBADOS

CONCELLO DE CAMBADOS

  • WEB DO CONCELLO DE CAMBADOS

O MÁIS VISTO DO ÚLTIMO MES

  • A XUNTA NEGA INFORMACIÓN QUE POIDERA COMPROMETELA
  • RAJOY "A TROTONA" DE PONTEVEDRA SEGUNDO A WIKIPEDIA EN INGLÉS
  • TAI CHI NO VERÁN CAMBADÉS
  • PROGRAMACION DE NADAL EN CAMBADOS
  • INCENDIO EN O GROVE

O MAIS VISITADO de SEMPRE

  • AVISO MOI IMPORTANTE DA POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS
  • HEREDEIROS DA CRUS ACTUARÁ O 5 DE AGOSTO NA FESTA DO ALBARIÑO
  • ESTABLECIMIENTOS OTERO PECHOU AS SÚAS PORTAS
  • A AUTOPSIA DESVELARÁ AS CIRCUNSTANCIAS DA MORTE DE JOAQUÍN OUBIÑA
  • ATENCIÓN VECIÑOS DE CASTRELO

VISITAS

CORES DE CAMBADOS non se fai responsable dos artigos ou comentarios de colaboradores e amigos que non sexan os administradores do blog.
CORES DE CAMBADOS. Tema Fantástico, S.A.. Con la tecnología de Blogger.