Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2015

O PSOE DESMONTA AS MENTIRAS DO PP







ARAGUNDE MINTE UNHA VEZ MÁIS, ESTA VEZ DESDE TODOS OS PERFILES DO CONCELLO DE CAMBADOS E DO PP



Imaxe da Páxina de Facebook
de Fátima Abal


Segundo afirma o Alcalde en funcións de Cambados, Luis Aragunde, desde todos os perfís do Concello, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra ven de desestimar as demandas presentadas pola voceira do PSdeG-PSOE e un grupo de traballadores contra a modificación da RPT do Concello de Cambados. Luis Aragunde minte unha vez máis na medida en que polo Xulgado xa foron sinaladas as datas dos xuizos, estando previstos para o vindeiro día 3 de novembro de 2015 ás 10:00 o correspondente á demanda dos traballadores e para o vindeiro día 17 de decembro de 2015 ás 9:30 o correspondente á demanda da voceira do PSdeG-PSOE. Do mesmo xeito, xa foron citadas as testemuñas propostas polas partes para declarar no acto do xuízo.


Probablemente, o Alcalde en funcións confunde, unha vez más, a inadmisión e arquivo das demandas contra a RPT coa decisión adoptada pola xuíza en relación coa solicitude de suspensión dos efectos da RPT mentres non se celebre o xuízo, suspensión que fora solicitada polas partes a pesares de que o habitual é que se manteñan os efectos do acto recorrido ata que se celebre o xuízo e se entre no fondo das cuestións suscitadas, o que sucederá ao longo do presente ano.
Este modo de actuar, que ven sendo habitual na traxectoria de Aragunde, estase a incrementar nos últimos días ante unha máis que probable perda da Alcaldía como consecuencia do resultado das últimas eleccións.
Non existen moitas dúbidas acerca da prosperabilidade das accións interpostas na medida en que o Concello de Cambados incumpriu de modo flagrante as leis aprobadas polo propio Goberno do seu propio partido. Ademáis, non debemos esquecer que o contido da RPT podería incluso ser constitutivo dun ilícito penal tendo en conta que o devandito documento  foi aprobado a pesares de terse emitido pola Interventora Municipal un demoledor informe advertindo da ilegalidade dos acordos adoptados e na medida en que a través do devandito instrumento trata de darse cobertura ao insólito feito de que algún dos traballadores está desempeñando funcións dunha categoría moi superior á que lle corresponde, sen terse celebrado o obrigatorio proceso selectivo. Este feito lémbranos o acontecido recentemente nos concellos de Ribeira de Piquín e Carnota, que orixinaron a intervención da xurisdición penal.


As imaxes son das diferentes redes onde o PP, twitter e facebook publica as suas mentiras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.