Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PENSIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PENSIÓNS. Mostrar todas las entradas

15 de marzo de 2018

CONCENTRACIÓN POR UNHAS PENSIÓNS DIGNAS, EN CAMBADOS TAMÉN









Os pensionistas manifestaranse o próximo día 17 en defensa do sistema público de pensións Varias asociacións, sindicatos e federacións uníronse para convocar unha manifestación o vindeiro sábado 17 de marzo en varias localidades galegas "en defensa do sistema público de pensións". Atención ais horarios porque varían en cada localidade.
Os xubilados están en pé de guerra contra o Goberno, con protestas en toda España que se repetiron varias xornadas, pola " mísera" revalorización das pensións do 0,25% no últimos cinco exercicios -que en moitos casos supón alzas na súa contía que non chegan nin ao euro-, o que provoca perdas de poder adquisitivo como consecuencia de aumentos dos prezos superiores ao 1%. A situación é especialmente delicada no caso de Galicia, que conta coa segunda pensión de xubilación media máis baixa (só por diante de Estremadura) e é, con gran diferenza, a autonomía na que máis prestacións deste tipo teñen unha contía inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI), o 56%. Este escenario fai que miles de pensionistas galegos sexan especialmente vulnerables a esas mínimas revalorizacións das pagas por parte do Executivo que lidera Mariano Rajoy e que a súa economía familiar véxase seriamente comprometida.

Na comarca haberá concentracións en Cambados (12:30) , O Grove (11:30), Vilagarcía (12:00) e Sanxenxo (12:00).





26 de mayo de 2015

DATOS DEMOLEDORAMENTE NEGATIVOS DA GALICIA DE FEIJÓO






A pobreza infantil en España sobe un 3,5%.
Case un 35,5% dos menores de 16 anos que residen en España están en risco de pobreza ou de exclusión. Unha cifra que leva tres ano en alza, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística.
Na enquisa reflíctese tamén que aumenta o número de fogares nos que non se pode afrontar un gasto imprevisto ou que se atrasa nos pagamentos dos recibos da vivenda.
Galicia é a cuarta comunidade pola cola en risco de pobreza, pero a terceira con máis fogares que pasan moitas dificultades. 



Outro dato tremendamente negativo é o relativo as pensións.
A pensión media aumenta en Galicia en maio case un 2% respecto ao mes anterior e sitúase nos 747 euros.
É a segunda máis baixa de toda España.
A Seguridade Social destinou en maio máis de 8.000 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas en Galicia. En canto á contía económica, a pensión media máis alta en Galicia cóbrase na Coruña.





9 de febrero de 2015

UN ALCALDE ÁVIDO DE VOTOS, PRESENTE EN TODOS OS "FREGADOS"






Hai unhas semáns celebrouse nun pobo da comarca unha reunión de unha asociación de pensionistas, xubilados, persoas da terceira idade ou como lle queirades chamar. A reunión era para falar do que estaba a pasar na asociación e de varios problemas que xurdiran nese grupo, algo habitual cando se xuntan moitas persoas con ideas e propostas diferentes. Algúns dos asociados denunciaban o abandono que nos últimos tempos estaba a sufrir a entidade, feito que achacaban a directiva. Por motivos que non veñen ao caso esa directiva parece ser deixara abandonada a sua función de velar polo benestar dos asociados.
Vendo que  a cousa podía porse tensa houbo quen, desde a directiva,  se dirixeu, ao alcalde dese concello para que enviara a alguén como testemuña á asemblea. Ese alcalde presto e disposto como ninguén e con ganas de quedar ben, dirixeuse a un notario para que fixera acto de presenza, ao que o sr. notario contestou que non iría pois non fora solicitada a sua presenza por ninguén da directiva, e que aínda que así fose, tampouco iría pois era unha reunión informativa, na que non se tiña previsto tomar unha decisión da que tivera que "dar fé" un notario.
O alcalde  ávido de votos non podía deixar pasar a ocasión de amosar a sua predisposición coa directiva, amiga por certo, do seu partido. Pero para non quedar mal con ninguén quería ocultarse tras o notario, e o único que acadou foi a enemistade dun grupo oposto a directiva.
Na reunión houbo discusión e debate e acordouse celebrar unha posterior para elixir nova directiva.



27 de diciembre de 2013

FEIJÓO PARCHEA O DESAGUISADO DE RAJOY




Feijóo tenta con esta medida desfacer o desaguisado do Governo central ao non subir as pensións.

Uns 43 mil pensionistas galegos verán incrementada a súa paga en 206 euros a comezos do ano que vén. Será así despois de que a Xunta aprobe hoxe o abono do complemento autonómico prás pensións máis baixas, as non contributivas.

O goberno galego daralle o visto bo a esta paga extra prós pensionistas con menos ingresos. Será un único ingreso anual de 206 euros que os beneficiarios de pensións non contributivas recibirán nos vindeiros días.
A Xunta calcula que serán arredor de 43 mil os perceptores.

O único requisito é ter residencia habitual en Galicia e figurar de alta como pensionista a 1 de xaneiro deste ano.

Este complemento autonómico terá un custo prás arcas públicas de 9 millóns de euros.







12 de noviembre de 2013

MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DAS PENSIÓNS







Plataforma Emigrantes Retornados do Salnés.

"Xoves 14 de novembro ás 20 h. Saida Da Casa Do Mar de Vilagarcía de Arousa."
A CIG acordou convocar manifestacións en todas as comarcas do país, o 14 de novembro, contra a nova reforma das pensións. A central nacionalista denuncia que o 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 euros mensuais e en non poucos fogares son estes os únicos ingresos que entran.

A CIG cuestiona o informe do comité de 'expertos' no que se basea a reforma: “Das 12 persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan a bancos e aseguradoras, interesadas en promover as pensións privadas para o seu único beneficio”.A primeira proposta deste comité foi a modificación da lei que actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do IPC. “Agora o PP aplicará de suba nas pensións, cada ano, un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos unha pensión de 1.000 euros ao mes perdería 1.330 euros no ano”.



A central sindical explica que agora as pensións representan só o 10% do PIB, mentres, por exemplo, en Italia representan o 16%; en Francia o 14,6%; en Alemaña o 12,8% e na media da UE é do 13%. Ante isto, a central sindical conclúe que o Estado podería dedicar 60.000 millóns máis ao ano para igualarse con estes países.

Favorecer a ricos e defraudadores

A CIG chama tamén a atención sobre o feito de que mentres as pensións se financian con cotizacións, o resto do gasto público, como o gasto militar de 15.000 millóns anuais, ou o financiamento da igrexa católica ou da Casa Real páganse cos orzamentos do Estado.

Ademais, subliña que o goberno aplica unha desgravación fiscal ás pensións privadas, perdendo o estado máis de 3.000 millóns de euros ao ano, que podería ingresar nas pensións públicas.




1 de julio de 2013

OS EMIGRANTES XUBILADOS TAMÉN EN PÉ DE GUERRA






Os atrasos dos últimos anos, con cantidades que oscilan entre os seis mil e oito mil euros, están sendo executadas este ano pola Axencia Tributaria, a un número todavia non definido- pero que se estima en varios miles- de emigrantes xubilados, en concepto de pensións cobradas no estranxeiro e non declaradas no noso pais.
Ao parecer trátase dunha obrigación que teñen por lei os emigrantes retornados, a partir dos once mil euros de renda anual, fronte ao os dezaoito mil de calquera contribuyente, xa que a facenda pública considera que teñen dous pagadores.
Unha circunstancia que colleu por sorpresa a este colectivo ata agora, e que pillou por sorpresa aos afectados, que esta mañá concentráronse ante as oficinas de Facenda en Pontevedra.

Ante este estado de cousas, a concentración desta mañá fué aproveitada para constituír unha plataforma, contorna á xa existente no Morrazo, que defenda os seus dereitos, e evite o que -eles consideran- un abuso da axencia tributaria.

Segundo a sua portavoz, Maruchi Alvarez, imponse unha modificación das normas tributarias, que lles aplique as vantaxes dadas ás grandes fortunas, coa amnistia fiscal.