Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta VILAGARCÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VILAGARCÍA. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2018

A CONSELLERÍA DO MAR EXECUTARÁ UNHA NOVA FASE DO PLAN DE LIMPEZA EN TRES DÁRSENAS DO SALNÉS





A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, levará a cabo nas vindeiras semanas unha nova fase do plan de limpeza de dársenas na provincia de Pontevedra. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa celebrada na sede do organismo en Pontevedra para presentar esta proposta orientada a impulsar peiraos sustentables a través da retirada de residuos dos fondos mariños.
Durán Hermida destacou que a experiencia acumulada nos anos anteriores indica a necesidade de continuar con esta iniciativa que permite retirar dos fondos mariños residuos materiais que nunca deberon chegar ao mar. Ante esta necesidade, Portos de Galicia desenvolverá este ano actuacións nos portos de Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía).
O presidente de Portos de Galicia engadiu que o ente público leva a cabo este tipo de actuacións con carácter regular para mellorar a seguridade nas augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños. Deste modo refórzase a sostibilidade ambiental dos peiraos de titularidade autonómica, unha das liñas de traballo estratéxicas do ente público.
A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de obxectos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto, ben entendido que non se trata dunha dragaxe, senón da recollida de residuos, que se atopan no leito mariño producidos pola caída accidental dos mesmos ou por outras razóns. Con esta acción preténdese sumar á limpeza en terra a limpeza no fondo do mar e mellorar ademais a imaxe das instalacións.
O equipo de traballo que se encargará da limpeza nas dársenas de Pontevedra está formado por cinco mergulladores e como medios mecánicos contarán cun barco con grúa. Ademais a empresa estará coordinada en terra coa encargada da limpeza de Portos de Galicia, que terá preparados os contedores para o depósito dos residuos en terra e realizará a súa xestión selectiva.
Pola experiencia levada a cabo nos pasados anos, entre os residuos que se acumulan nos fondos mariños, atópanse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como restos de embarcacións, rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos, e ata elementos de tipo doméstico. Ademais, nas limpezas anteriores retiráronse restos da propia actividade portuaria que accidentalmente acaban no fondo do mar, como son caixas de peixe ou cabos desprendidos de embarcacións atracadas no peirao.



22 de maio de 2018

DOUS CENTROS PÚBLICOS DO SALNÉS BENEFÍCIANSE DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO COA UE EDUEXCHANGES




A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva do programa EduExchanges, de intercambio de alumnado entre centros escolares galegos e centros do estranxeiro, co fin de que os rapaces melloren as súas competencias lingüísticas noutro idioma – a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno–, nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.
Esta iniciativa, que se enmarca dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2020, dirixiuse a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela puideron participar todos os centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa deste tipo –ou teñan previsto facelo– entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño deste ano.
En total resultaron beneficiarios 15 centros públicos, un total de 235 alumnos e alumnas e máis de 30 profesores e profesoras. Dos 15 centros beneficiarios cinco son da provincia da Coruña (IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, de Oleiros; IES Plurilingüe A Cachada, de Boiro; IES de Catabois, de Ferrol; IES Nº 1 de Ribeira e IES Afonso X O Sabio, de Cambre), tres de Lugo (IES Monte Castelo e IES Perdouro, ambos de Burela, e IES Río Cabe, de Monforte de Lemos), seis de Pontevedra (IES Plurilingüe Terra de Turonio e IES Auga da Laxe, ambos de Gondomar; IES Plurilingüe A Paralaia, de Moaña; IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín; IES Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa; e IES Ramón Cabanillas, de Cambados) e un de Ourense (IES As Lagoas, da cidade das Burgas)

Estadías en Alemaña, República Checa e Francia

No referido aos países de destino, un dos centros viaxou a Alemaña (IES As Lagoas) para mellorar o alemán e outros dous realizaron senllos intercambios para mellorar o inglés en Alemaña (IES Nº1 Ribeira) e á República Checa (IES de Catabois). Os 12 centros restantes realizaron unha viaxe de intercambio a Francia coa lingua francesa como lingua vehicular do intercambio.
A Consellería de Educación financia esta iniciativa, que se convoca por primeira vez este ano, cun total de 105.000 euros que se distribuirán entre os 15 centros seleccionados. Cada un deles recibirá unha cantidade de 300 € por alumno participante e outros 1000 € para o profesorado acompañante.
Os centros educativos deben ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador. Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.

Aprendizaxe activa nun contexto real

Dentro das accións da Consellería para acadar o obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras por parte dos alumnos, está a de favorecer a internacionalización dos centros educativos e a mobilidade a nivel europeo e internacional. Nesta liña, os intercambios escolares son un importante recurso para a aprendizaxe activa de linguas estranxeiras, xa que favorecen a convivencia e a comunicación nun contexto real e dun xeito natural.
Nesta mesma liña, cómpre lembrar que a Consellería tamén ten en marcha o programa Galimiens, de intercambio con centros educativos franceses dependentes da Académie d’Amiens, tamén dirixido a alumnos de 3º e 4º ESO que cursa a materia lingua francesa como primeira ou segunda lingua estranxeira.



21 de maio de 2018

PIRAGUISMO CAMBADOS ACADA A 2ª PLAZA NA REGATA DE KAYAK DE MAR DE VILAGARCÍA



O peirao de pasaxeiros de Vilagarcía acolleu na mañá de onte a 3º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. O evento organizado polo Club Depornautic Arousa contaba coa participación de 20 equipos e máis de 150 deportistas. Ás 10:30 da mañá daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club de Mar Ría de Aldán (1811 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Cambados (1701 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (1127 puntos) O equipo de aldán repetiría triunfo na xeral masculina con 1230 puntos, seguidos polo Piragüismo Cambados que sumou 1053 puntos, terceiro con 742 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Os tres conxuntos repetiron posicións na xeral feminina. A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Carlos Pérez “ Perucho” (Ría de Aldán) o segundo en entrar en meta foi Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) e a terceira praza obtívoa José Antonio Girón (Fluvial O Barco). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron María do Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Marta Hermida (Ría de Aldán). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Club Naval de Pontevedra Ion Carballo e Manuel Becerra, segundos chegaron Francisco Vázquez xunto a Carlos Álvarez (Fluvial de Lugo) e terceiros chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico).



1 de maio de 2018

UNHA AROUSÁN QUE TRIUNFA NO BALONCESTO BRITÁNICO





Bárbara González Palacios é unha moza vilagarciá que fixo do deporte o seu medio de vida. Como licenciada en Educación Física está a desenvolver a súa paixón polo ensino en Inglaterra, nada menos que nun instituto de Cambridge, unha das cidades británicas insignia no labor docente. A súa perseveranza levoulle a buscar no estranxeiro unha praza que se lle estaba resistindo no seu país e emprendeu rumbo en 2011 cara ao seu soño. Tras un proceso de perfeccionamento do idioma a súa decisión e valía conxugáronse para conseguir unha praza como profesora.
Bárbara co nº-5
Todo iso sen deixar atrás o forte vínculo que lle une ao baloncesto tras xogar durante moitos anos nas categorías base do Cortegada. Aínda goza do xogo na liga Nacional inglesa, a 2ª máxima competición entre clubs do baloncesto británico feminino.
Actualmente xoga na National League, coa Universidade Anglia Ruskin, e vense de proclamar campeona da Liga. Campionas do play- Off da National Basketball League por primeira vez na historia da Universidade.
En Galicia tivo, entre outros, de adestrador na sua etapa de formación a Miguel Angel Ortega. Xogou tamén na selección galega xuvenil en varios campeonatos.
Bárbara González Palacios naceu en Vilagarcía, pero os seus pais son de Cambados. É filla de Chelo Palacios e José González.

Bárbara é neta de Miguel Palacios, funcionario do Concello de Cambados. 
O irmán de Bárbara, J.Miguel con chaqueta negra
Bárbara provén dunha familia moi deportista. O seu avó foi porteiro do Cambados nos seus anos mozos, seu tío Miguel xogador e árbitro de baloncesto e o seu irmán José Miguel xogou no BBC de Vilagarcía e no Xuven Cambados hai uns anos na EBA. Agora exerce como director deportivo do CB Tui, que ven de acadar o ascenso a EBA.


7 de marzo de 2018

MEDIO AMBIENTE LICITA A REDACCIÓN DE 4 ACTUACIÓNS RECOLLIDAS NO PLAN DE SANEAMENTO DA RÍA DE AROUSA,1 EN CAMBADOS






O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os contratos para a redacción dos estudos de viabilidade, anteproxectos e proxectos construtivos para mellorar as redes de saneamento en Vilagarcía e Cambados e a mellora da rede de colectores na Illa de Arousa
Os catro contratos contan con fondos do Programa Operativo Europeo Feder 2014/2020
Cómpre recordar que Augas de Galicia realizou un diagnóstico das redes de saneamento e depuración de todos os concellos do litoral desta ría, que se concretou no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, licitou esta mañá varios contratos para a redacción de catro actuacións recollidas no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, por un importe de máis de 600.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os contratos para a redacción dos estudos de viabilidade, anteproxectos e proxectos construtivos para mellorar as redes de saneamento en Vilagarcía e Cambados e a mellora da rede de colectores na Illa de Arousa.
Cómpre lembrar que Augas de Galicia redactou o Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, para o que realizou un diagnóstico da rede de saneamento e depuración de todos os concellos do litoral desta ría, entre eles os concellos de Vilagarcía, Cambados e da Illa de Arousa. Neste diagnóstico identificáronse as distintas incidencias que afectaban, tanto ao funcionamento das redes como á capacidade de tratamento das augas residuais urbanas, e identificáronse posibles actuacións de mellora nas infraestruturas existentes ou de ampliación das mesmas para subsanar as incidencias máis importantes.
Así, Augas de Galicia licita hoxe a redacción dos proxectos construtivos que definan en obras concretas as actuacións que se consideran necesarias a realizar, para os concellos de Vilagarcía, Cambados e da Illa de Arousa.
En Cambados, licítase a redacción dun proxecto que defina actuacións para a redución da entrada de auga pluvial na rede de saneamento e minimizar o volume enviado a EDAR de Tragove. Proxectaranse diferentes tramos de conducións de pluviais, desconectando as actuais conexións deste tipo de redes ao sistema de saneamento de Cambados. Tamén se deseñarán actuacións para algúns tramos de colectores que presentan infiltracións importantes dende un punto de vista de impermeabilización aplicando técnicas non destrutivas. Ademais, incluirase unha solución para os problemas de depuración da EDAR do Facho e a optimización dos bombeos existentes na rede. O importe de licitación do contrato é de case 144.000 euros.
Estes contratos están financiados ao 80% con fondos do Programa Operativo Europeo FEDER 2014/2020

Máis info.

D.O.G.






2 de marzo de 2018

PREPARAN SEIS PECHES EN CONCELLOS DE AROUSA CONTRA A LEI DE SAÚDE








A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés ten xa preparadas novas mobilizacións, consistentes en seis peches en concellos, en contra da nova Lei de Saúde de Galicia. Os portavoces do colectivo presentaron esta mañá en rolda de prensa as accións que realizarán nas próximas semanas, acordadas na reunión celebrada o pasado día 26. As mobilizacións levarán peches nos concellos que forman parte da área Sanitaria do Salnés, desde as 10 ata as 15 horas, con concentracións ao mediodía. A primeira acción de protesta será na Illa de Arousa, o vindeiro luns 5 de marzo, para continuar en Ribadumia o venres 9, en Vilanova o mércores 14, en Catoira o 15, en Cambados o luns 19 e en Vilagarcía o martes 20.





26 de febreiro de 2018

A XUNTA LICITA O REFORZO DO FIRME DAS ESTRADAS VG-4.2 E VG-4.3 AO SEU PASO POR RIBADUMIA, CAMBADOS, VILANOVA E VILAGARCÍA









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá, durante unha reunión mantida co presidente da Mancomunidade do Salnés, da licitación das obras de reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.2 e VG-4.3 ao seu paso polos concellos de Ribadumia, Cambados, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

Os traballos de reforzo do firme afectarán a estes catro concellos, xa que a VG-4.2 discorre por Ribadumia e Cambados e a VG-4.3 por Cambados, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. O prazo de execución da obra é de catro meses e o orzamento supera os 854.000 euros.

Na primeira destas dúas estradas actuarase ao longo de 4,39 quilómetros, estendendo unha nova capa de rodadura en toda a sección. A obra será complementaria da que xa se realizou no outono do ano pasado e coa que se realizaron reparacións localizadas para reparar as zonas deformadas.

En relación a VG-4.3, actuarase en toda a estrada, ao longo de 8,19 quilómetros, estendendo unha nova capa de rodadura en toda a sección, unha vez eliminados os deterioros existentes mediante fresado e reposición.

Tal e como explicou Cores Tourís, debido ao elevado volume de tráfico co que contan ambas estradas, non está previsto o corte completo da calzada mentres duren as obras e se levará a cabo o desvío do mesmo por itinerarios alternativos, con cortes parciais de carril con regulación semafórica.





20 de febreiro de 2018

PROXECTO PARA VINCULAR TURISMO E CULTURA MARIÑEIRA










Os concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo e Cangas presentarán aos Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) un proxecto para aproveitar o recurso que supón a cultura marítimo pesqueira da zona para desestacionalizar o turismo. A proposta consiste na organización dun programa de actos lúdicos e culturais relacionados coa temática mariñeira que se desenvolvería en tres xornadas consecutivas co obxectivo de atraer visitantes ás respectivas localidades fóra da tempada estival. Segundo avanzan os impulsores, o programa das devanditas xornadas incluiría desde actuacións musicais a degustacións gastronómicas, pasando por charlas e exposicións fotográficas de carácter etnográfico, ata visitas a talleres ambientais. Tamén se prevé a realización de showcookings e cursos de cociña para nenos. Todo relacionado co mar, a costa, os costumes da zona e as prácticas directamente ligadas coa vida e os traballos dos mariñeiros e mariscadores. A idea é celebrar estas xornadas fóra da tempada estival e durante un fin de semana completo en cada un dos municipios, de modo que o programa sirva como atractivo para atraer visitantes e que estes poidan quedar varios días na zona.






5 de febreiro de 2018

RÍAS BAIXAS PRESUME DE FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO CUNHA PRESENTACIÓN CONXUNTA













Turismo Rías Baixas promocionará nun paquete conxunto as 9 festas de interese turístico nacional e internacional que se celebran na provincia este ano, na procura dun turismo de calidade e desestacionalizador Rías Baixas presume de festas de interese turístico cunha presentación conxunta A Deputación de Pontevedra repite coas festas de interese turístico a exitosa fórmula ensaiada cos #RíasBaixasFests, que agrupou baixo unha campaña promocional conxunta e unha única marca os festivais de música máis relevantes da provincia. Así, a presidenta provincial, Carmela Silva, reuniu na sede de Turismo Rías Baixas, en Pontevedra, aos e as representantes dos municipios que acollen festas de excelencia para presentar nun único paquete as datas e as principais novidades das edicións deste ano. Son nove as festas da provincia catalogadas de interese turístico; catro delas, gozan do recoñecemento internacional: a Festa dá Arribada de Baiona, a Romaría Viquinga de Catoira, o Corpus Crhisti de Ponteareas e Rápaa dás Bestas da Estrada; e outras 5 son de interese nacional: a Festa do Albariño de Cambados, a Festa do Marisco do Grove, a Feira do Cocido de Lalín, a Festa da lamprea, de Arbo, e a Festa da auga, de Vilagarcía de Arousa.
"Grazas por ser capaces de entender que xuntos e xuntas somos máis fortes. Dar imaxe de provincia é positivo para todo o territorio, e para cada un dos municipios", sinalou Carmela Silva, dirixíndose aos e as representantes municipais. A presidenta destacou que o Plan Estratéxico de Turismo identifica as festas de interese turístico nacional e internacional como un produto estratéxico que se debe poñer en valor como unha marca singular. Ademais, as festas de interese turístico "teñen a capacidade de atraer este tipo de turismo que queremos na provincia, desestacionalizador, con visitantes que buscan a gastronomía de excelencia, cultura e paisaxe". Como continuación á campaña turística #SomosHistorias, presentada en Fitur, Turismo Rías Baixas dará a coñecer de forma conxunta as festas de interese turístico en todos os eventos promocionais aos que acuda. O eixo da campaña é a posta en valor do patrimonio da provincia de Pontevedra; neste sentido, as festas de interese turístico enmárcanse no patrimonio inmaterial, xa que están baseadas nunha profunda tradición e arraigamento local que as fai únicas. As festas nacionais
Feira do Cocido. Lalín, domingo 4 de febreiro. É a festa do inverno, por excelencia e a primeira do calendario de festas nacións da provincia. Comezou como unha xornada de exaltación gastronómica e a súa durción foise prolongando, de forma que xa se celebra o "Mes do Cocido". O cartel conmemorativo sempre está asociado á posta en valor das artes plásticas, dada a importante canteira artística lalinense. En 2018 cumpriu 50 anos.

Festa da Lamprea. Arbo, 27, 28 e 29 de abril de 2018. Festa de referencia na primavera, está dedicada a exaltar un produto claramente asociado ao destino Rías Baixas e cualificado como "a raíña do Miño". A festa cumpre este ano o seu 38 aniversario e o seu alcance vai máis aló da propia lamprea, xa que actúa a modo de escaparate dos produtos de calidade da comarca de Condado Paradanta. Festa do Albariño. Cambados, do 1 ao 5 de agosto de 2018 celébrase a 66 edición desta festa que ten a clasificación de "interese nacional" desde 1990. A súa orixe remóntase a un concurso entre adegas, coincidindo coa festividade da Virxe da Pastora, patroa de Cambados. Hoxe é un multitudinario evento que en 2017 congregou a máis de 200.000 persoas e que converteu a vila na capital mundial do Albariño. Festa da auga. Vilagarcía de Arousa, 16 de agosto de 2018. Vilagarcía rememora o costume dos romeus e #romeu de San Roque, que pedían refrescarse despois da procesión, cun gran remojón colectivo. Esta festa pagá asociada a un acto relixioso xa conta con 34 anos de celebración e reúne cada ano a miles de persoas. A súa antigüidade, a súa continuidade, a súa orixinalidade e a súa diversidade valéronlle o recoñecemento de interese turístico. Festa do Marisco. O Grove, do 4 ao 18 de outubro de 2018. Os dous sectores estratéxicos do municipio, o mundo do mar e o da hostalería, conflúen neste evento que actúa de escaparate dos mellores produtos da ría de Arousa. Nos últimos anos foi evolucionando cara á concienciación sobre a sustentabilidade dos produtos do mar e a calidade. Deste compromiso, xurdiu o acordo coa confradía de pescadores que garante a trazabilidad de todo o marisco e a súa procedencia 100% galega. En 2018 cumpre 55 anos de celebración. As festas internacionais
Festa da Arribada. Baiona, 3 de marzo de 2018. Esta festa recrea o anuncio do descubrimento de América e os modos de vida da época mediante a celebración dun gran evento lúdico xa consolidado como unha das feiras medievais máis espectaculares de Galicia. En 2018 cúmprese o 525 aniversario do regreso da Carabela Pinta tras o descubrimento. As praias de Baiona e o seu centro histórico, declarado conxunto artístico, contribúen ao éxito da festa ano tras ano. Corpus Crhisti. Ponteareas, 3 de xuño de 2018. O que comezou como unha tradición de comezos do século XX para facer pequenas alfombras ao paso da procesión de Corpus foi máis aló do estritamente relixioso e hoxe é un evento de arte efémera no que se implican co seu traballo todos os veciños e veciñas. A vila engalánase con máis 5.000 metros cadrados de alfombras florais, realizadas pola comunidade local, que colleita flor durante todo o ano e esfóllaa con tesón e paciencia. Unha festa que mobiliza os sentidos da vista, o tacto e o olfacto. Rapa dás Bestas. A Estrada, do 6 ao 9 de xullo de 2018 celébrase unha festa de tradición local datada no século XVIII na que a comunidade local desparasitaba as bestas. En Sabucedo non úsanse cordas, nin varas nin aparellos para reducir ao animal senón que son os " aloitadores" e " aloitadoras" os que cortan as crines e desparasitan os animais no curro os días da festa e durante o ano coidan as mandas que pacen libre no monte. A Rapa dás Bestas é ademais icona fotográfica de Galicia. Romaría Viquinga. Catoira, 5 de agosto de 2018. A recreación do desembarco viquingo nas Torres de Oeste celebra a súa 58 edición co seu habitual espectáculo teatral ao que asisten cada ano miles de persoas. O evento pon en valor a cultura identificativa de numerosos pobos da Europa Atlántica.


Fonte: http://turismoriasbaixas.com








19 de decembro de 2017

INVESTIGADA POR SIMULACIÓN DE DELITO A MOZA QUE DENUNCIOU UN ATAQUE SEXUAL DE VARIOS HOMES









A moza que denunciou ser vítima de supostos abusos sexuais por parte dunha decena de mozos nas inmediacións dunha discoteca no municipio da Estrada (Pontevedra) desmentiuse e pasou a ser investigada por simulación de delito. Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, a moza púxose en contacto este martes cos investigadores para desmentir os feitos que narrara en días previos. Segundo o instituto armado, xustificou o seu comportamento por razóns "de tipo persoal". A confesión da moza adiantouse a unha posible detención, despois de que a Policía Xudicial de Lalín realizase varias entrevistas e decatásese de "unha serie de incongruencias e contradicións no relato dos feitos", sinalan desde a Garda Civil. A muller pasou a ser investigada por simulación de delito, o que xa lle foi notificado e remitido ao xulgado correspondente. A investigación arrincou a mediados da semana pasada, cando a moza presentou no cuartel da Garda Civil de Cambados unha denuncia por sufrir o pasado 9 de decembro supostos abusos sexuais de dez rapaces á saída dunha discoteca da Estrada.





16 de decembro de 2017

EDUCACIÓN RECOÑECE O LABOR DE 4 CENTROS DO SALNÉS POR PROXECTOS INNOVADORES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES









Un total de 21 centros educativos resultaron galardoados no cuarto concurso de traballos por proxectos coordinados polas bibliotecas escolares, que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no contexto do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares.
O obxectivo deste certame é recoñecer o labor que se desenvolve desde estes espazos para impulsar o uso de metodoloxías activas, a realización de traballos de investigación e interdisciplinarios e a adquisición das competencias informacionais por parte do alumnado. Así mesmo busca promover cambios no profesorado que faciliten a integración das tecnoloxías emerxentes, a mellora da calidade e a renovación das prácticas educativas.
Ao abeiro desta convocatoria, á que se destinaron 33.500 euros (un 10% máis que o ano anterior), concedéronse un total de 9 premios na modalidade de proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados coordinados desde a biblioteca escolar (Modalidade 1). Na modalidade 2, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado, concedéronse catro premios na categoría a (traballos de grupo/nivel), un na categoría b (traballos de ciclo/departamento) e un na categoría c (proxectos realizados na materia de libre configuración Investigación e Tratamento da Información ou noutras materias equivalentes en ESO ou Primaria). No caso da modalidade 3, de proxectos intercentros, foron seis os centros galardoados.

Centros distinguidos


En concreto os centros galardoados na modalidade 1, con premios de 2.000 euros, foron a Escola de Educación Infantil (EEI) Barrionovo (Arteixo), os CEIP Nicolás del Río (Cedeira), Milladoiro (Malpica de Bergantiños), o Plurilingüe de Meaño-as Covas (Meaño), o Plurilingüe Sobreira Valadares (Vigo), de Leirado (Salvaterra de Miño) e Virxe do Corpiño (Begonte), e os IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa) e Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa).
Na modalidade 2, con premios de 1500 euros, resultaron galardoados na modalidade a os CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados) e Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas), a EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra) e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova); mentres que na categoría b o recoñecemento foi para o CIFP Coroso (Ribeira) e na categoría c para o CEIP Quintela (Moaña).
Os centros galardoados na modalidade 3, con premios de 1000 euros, foron os CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Felipe de Castro (Noia) e Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba), as EEI de Fontelo (Coirós), de Coirós de Arriba (Coirós), e o IES Plurilingüe de Fontexería (Muros).
A relación completa pode consultarse aquí.

Iniciativa en crecemento


O concurso de traballos por proxectos coordinados polas bibliotecas escolares é unha iniciativa en crecemento en número de traballos presentados. Non en balde, para esta cuarta edición analizáronse 102 proxectos realizados ao longo do curso 2016/17.
Así mesmo, cómpre sinalar que a calidade dos traballos presentados vai medrando ano a ano, propiciando o tratamento dos contidos curriculares a través de metodoloxías activas nas que o alumnado ten un importante protagonismo. Tamén que moitos dos proxectos se integran no medio no que está localizado o centro e incorporan ás comunidades educativas, transformando así a práctica de aprendizaxe nunha experiencia global que facilita a adquisición de habilidades e destrezas complexas e o desenvolvemento das competencias clave. De feito, algúns destes proxectos foron expostos nas pasadas VIII Xornadas de bibliotecas escolares, precisamente como un exemplo de boas prácticas.



3 de decembro de 2017

ÉXITO NA MANIFESTACIÓN CONTRA O DESMANTELAMENTO DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS









Imaxe da protesta ante o Hospital do Salnés


Centos de persoas, unhas 3.000 segundo a organización, esixiron este domingo en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o mantemento da área sanitaria do Salnés e mostraron o seu rexeitado á reforma da Lei de Saúde de Galicia proposta pola Xunta.
En concreto, a manifestación partiu minutos despois das 11.30 horas desde o ambulatorio de San Roque e percorreu os catro quilómetros que o separan do Hospital do Salnés, ante o que os manifestantes denunciaron que a reforma da lei galega de 2008 suporá "unha diminución importante dos recursos dos hospitais comarcais" e "afastará á cidadanía dos servizos".
Precisamente, o portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, asegurou que o rexeitamento a esta norma que a Xunta busca "impor" vai "moito máis alá das siglas" políticas e transcende a toda a sociedade, que rexeita que "se pretenda transformar" o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nunha "fonte de negocio e oportunidade empresarial".
"Parécenos ben que haxa investigación e desenvolvemento, pero o Sergas ten que ser público e ten que estar destinado á atención da saúde da cidadanía e non ao negocio", denunciou Manuel Martín, que acusa á Xunta de dar entrada a "axencias privadas" á saúde pública.
"PERDA DE SERVIZOS"
Nesta liña, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, organizadora da marcha, censurou que a supresión da área sanitaria da comarca avanza no desmantelamento do hospital e "provoca unha perda de servizos, especialidades e profesionais, dificultando a accesibilidade e paralizando a reforma da Atención Primaria".
Boa parte do percorrido da manifestación discorreu pola N-640, polo que os organizadores previron un dispositivo de seguridade formado por cen persoas que se encargaron de desviar os condutores durante o traxecto.
Na marcha, que foi secundada por responsables de diversos concellos da zona, participaron os portavoces parlamentarios de Sanidade do En Marea, PSdeG e BNG —Eva Solla, Julio Torrado e Montse Prado, respectivamente—.

Fonte: Europa Press



30 de novembro de 2017

O DOMINGO O SALNÉS MARCHA PARA RECLAMAR EN VILAGARCÍA O MANTEMENTO DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS









A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Salnés -entidade que agrupa a partidos políticos, sindicatos e colectivos de traballadores sanitarios- lembra que para este domingo, 3 de decembro, hai preparada unha marcha en contra da supresión da área sanitaria da comarca. Os participantes partirán ás 11.30 horas desde o ambulatorio de San Roque para percorrer a pé os catro quilómetros que o separan do Hospital do Salnés. Unha vez alí concentraranse ás portas do centro hospitalario para esixir a retirada do proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008 que contempla o desmantelamento da área sanitaria do Salnés. Boa parte do percorrido da marcha discorre pola estrada N-640, polo que os organizadores previron un dispositivo de seguridade formado por cen persoas que se encargarán en todo momento de avisar e desviar aos condutores durante o traxecto. Os responsables da plataforma animan a aquelas persoas que non sentan en condicións físicas como para realizar o percorrido a pé a que acudan á concentración que terá lugar ás portas do hospital ao finalizar a marcha, ao redor das 12.30 horas. Os organizadores dispuxeron un servizo de autobuses de retorno para que os participantes na marcha non teñan que regresar a pé a Vilagarcía. "PERDA DE SERVIZOS" A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Salnés denuncia que a supresión da área sanitaria da comarca avanza no desmantelamento do hospital "provocando unha perda de servizos, especialidades e profesionais, dificultando a accesibilidade e paralizando a reforma da Atención Primaria. A portavoz do colectivo Rosa Casal lembrou que episodios recentes na comarca, como a perda do médico en Vilaxoán, a redución das consultas de pediatría en Cambados ou o feito de que non se cubran as baixas no centro de saúde da Illa non poden ser consideradas como feitos illados senón como "o reflexo dun política de desmantelamento da sanidade pública no Salnés". PROTESTAS DOS VECIÑOS DE VILAXOÁN Ao mesmo tempo que se celebraba a rolda de prensa da Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Salnés decenas de veciños de Vilaxoán permanecían concentrados ás portas do Hospital do Salnés para protestar polo feito de que o Sergas non cubrise a baixa da médico que atende a consulta, deixando desde hai semanas sen este servizo a 1.200 persoas. Neste sentido, o BNG presentou este mércores unha serie de cuestións na Comisión de Sanidade do Parlamento. Os parlamentarios nacionalistas han preguntado á Xunta se ten previsto "cubrir a ausencia da médico do centro de saúde de Vilaxoán" e se considera que os veciños desta localidade poden ter unha idónea atención sanitaria "se non se substitúe á única facultativa que presta servizo nese centro". Os deputados do BNG tamén cuestionan que o ambulatorio de Vilagarcía, "coa sobrecarga asistencial que ten", estea en condicións de asumir o aumento da demanda que lle está a supor o ter que atender aos enfermos de Vilaxoán.







27 de novembro de 2017

CATADORES DE CAFÉ E VIÑO RÉTANSE EN VILAGARCÍA








O seminario do recinto feiral de Fexdega (Vilagarcía de Arousa) acollerá o vindeiro domingo, 3 de decembro, o II Certame de Cata Enfrontada Viño Vs. Café, no que participarán 10 expertos catadores internacionais de ambas as bebidas. A intención é demostrar que sector ten os catadores máis adestrados. Por primeira vez, participarán cinco persoas non expertas que realizarán as mesmas probas que os profesionais. O evento, patrocinado polo Concello, conta coa coordinación técnica do catador vilagarcián Marcos Ramos. A proba comezará ás 9.00 horas e será retransmitida en streaming a través dunha pantalla de gran formato situada na praza de Galicia da localidade. Competirán dous equipos, un de viño e outro de café. No primeiro intervirán o cambadés José Aragunde, campión do mundo de cata de viño; o francés radicado en España Phillipe Cesco; Juanjo Figueroa, de Vigo, catador profesor do Instituto Galego do Viño; Slava Izmailovs, de Rusia, especialista en viños de Francia e asesor de viños dunha destacada importadora rusa; e Adrián Guerra, de Pontevedra, premio Magnum ao mellor catador de Galicia e considerado como un dos mellores catadores da Comunidade. Pola súa banda, os expertos do equipo do café serán Marisa Baqué, de Euskadi, dúas veces campioa de España de cata de café; Mateo Martínez, da Guarda, responsable de control de calidade e propietario de Xorxios, empresa dedicada á distribución de cafés de especialidade; Timur Dudkin, ruso residente en Cataluña, responsable de control de calidade de Mareterra; Salvador Sans, catalán, xuíz de Cup of Excellence e propietario de Cafés Magnífico; e Ricardo Outeiros, de Madrid, produtor de café, xuíz de Cup of Excellence e director xeral de Supracafé. O equipo gañador levará 600 euros de premio; e o segundo, 200. Ambas as cantidades serán doadas a ONG’ s locais.







7 de novembro de 2017

COMIDA SOLIDARIA A PROL DO POBO SAHARAUI










O domingo 26 de novembro, ás 14:00 celebrarase no Salón Peña un xantar a prol do pobo saharaui, organizado por SOGAPS e que contará coa actuación musical de Xironsa. As entradas (12€ adultos; gratis menores de 8 anos) podense comprar na Oficina de Turismo de Cambados, no Museo Valle-Inclán (Vilanova) e na zapatería 100PIES (Vilagarcía)







16 de outubro de 2017

CONCENTRACIÓNS CONTRA OS LUMES EN CAMBADOS E VILAGARCÍA












Baixo o lema «Lume nunca máis. O noso monte importa» Cambados e Vilagarcía acollerán esta tarde dúas concentracións en protesta pola onda de incendios que está a arrasar Galicia en xeral e a nosa comarca en particular. A cita en Cambados será ás oito da tarde na praza do Concello, e media hora despois (20.30) os vilagarciáns están convocados á praza de Galicia. 

O número de mortos chega xa a catro.


Partidos políticos, sindicatos e colectivos varios confirmaron a súa asistencia as concentracións 


Concentracións convocadas para ese luns. Todas ás 20 horas

Ourense. Casa de Chocolate
Sarria. Praza do Concello
Vigo. Diante do Marco
A Coruña. Obelisco
Nigrán. Paseo da Ramallosa
Compostela. Praza do Toural
Lugo. Edificio Multiúsos da Xunta
Pontevedra. Praza da Peregrina
Ferrol. Praza de Amada García
Cangas do Morrazo. Praza do Concello
Monforte de Lemos. Praza de España
Ribeira. Praza do Concello
Cambados. Praza do Concello
Lalín. Praza de Lóriga
As Pontes. Diante do Concello
O Carballiño. Praza Maior
Ribadavia. Praza Maior
Betanzos. Praza do Concello
Rianxo. Praza de Padrón
O Barco de Valdeorras. Diante do Concello (19 horas)
Verín. Praza do Concello
Xinzo. Diante do Concello
A Guarda. Praza do Reló
Castro Caldelas. Praza do Prado
Redondela. Praza do Concello
Foz. Praza do Concello
Sada. Praza de San Roque
Vilagarcía de Arousa. Diante do Concello
Viveiro. Praza Maior
Foz. Praza do Concello
Ponferrada. Plaza del Ayuntamientoo
Madrid. Puerta del Sol
Barcelona. Plaça Sant Jaume
Girona. Plaça Del Vi
Brescia. Piazza de la Loggia
Lisboa. Consulado de España (21 horas)
Bruxelas. Grand Place
Sevilla. Plaza Nueva


19 de setembro de 2017

DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS CON FERIDOS











Dous accidentes en Cambados e un atropelo en Vilagarcía sáldanse con tres persoas feridas
Unha saída de vía foi a causa pola que unha muller resultou ferida este mediodía en Cambados. A condutora, no momento de producirse o accidente, circulaba a través do  Peirao de Santo Tomé, preto do Centro de Saúde da localidade. Por causas descoñecidas, saíuse da vía e impactou contra un muro. Así o relataban os técnicos sanitarios cando, ás 12:00 horas, informaron do suceso ao 112 Galicia.
A partir de aí, dende o CIAE solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local. Tamén se informou aos membros de Protección Civil e aos Bombeiros do Salnés.

Ferido leve
Dez minutos antes, un particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos que circulaban pola estrada do Grove, ao pasar a Ponte de Castrelo, tamén en Cambados. Neste caso, unha persoa resultou ferida, aínda que, segundo indicou o alertante, non parecía revestir gravidade. Aínda así, dende o CIAE pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. De igual modo, informouse á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros do Salnés.

Atropelo en Vilagarcía
Tamén este mediodía, sobre as 12:00 horas, persoal do 061 informaba ao CIAE dun atropelo a unha persoa na Rúa Doutor Tourón, en Vilagarcía. Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse aos Bombeiros de Vilagarcía.