Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de mayo de 2015

O B.N.G. ACORDOU NON PERDER TEMPO EN CONFECCIONAR UN NOVO GOBERNO EN CAMBADOS







Na noite de onte celebrouse en Cambados a primeira asemblea de valoración dos resultados das eleccións municipais do domingo 24 de maio, unha asemblea na que se respiraba un ambiente de claro optimismo dadas as posibilidades que abre a decisión da maioría dos veciños e veciñas de Cambados de retirar a maioría absoluta ao Partido Popular despois de 28 anos.
Nese sentido considerouse como fundamental a constitución dun novo goberno que dea resposta ao desexo de cambio mostrado polo electorado. E para dar a resposta axeitada a ese desexo a asemblea urxiu  ao portavoz Víctor Caamaño para que as conversas mantidas estes días dean paso sen perda de tempo a reunións formais entre as distintas organizacións  políticas para a elaboración dunha proposta de programa e estrutura de goberno que dea resposta ao mandato expresado polas urnas.
Na mesma asemblea manifestouse a preocupación diante de diversas informacións e rumores que circulan pola vila desde a noite do domingo no sentido de que o PP está poñendo trabas e incluso presionando a persoas para tentar evitar que se articule un novo goberno que os obrigaría a ser oposición.
Despois de tantos anos de actuación anti-democrática e caciquil non nos estraña que o PP use todas as artimañas ao seu alcance para manterse nun poder que os veciños e veciñas dixeron claramente que xa non debe ocupar; e como a militancia e colaboradores do nacionalismo en Cambados vimos sufrindo esas actuacións desde hai 28 anos é polo que foi unánime esa petición de formalización canto antes das reunións entre as catro organizacións políticas, celebrando as que sexan precisas para acordar o programa e articular o goberno; pois ese será o mellor camiño para evitar rumoroloxías e disipar dúbidas que a dereita cambadesa quere crear nos nosos veciños e veciñas.

Nesta  primeira asemblea por parte do Consello Local do BNG recolléronse moitas  aportacións feitas polos asistentes, aportacións que xunto coas propostas programáticas están seguros de que serán moi útiles na elaboración do programa conxunto para gobernar Cambados nos vindeiros catro anos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.