O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiu a un accidente de tráfico na Autovía do Salnés, no concello de Meis. Colaboran na intervención Ambulancias do 061, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Persoal de Mantemento de Estradas.Os feridos foron evacuados ao Hospital Quirón Domínguez con dor cervical, lumbar, dorsal, torácico e mazaduras. Son condutor da furgoneta J. M. R. F e acompañante J. B. G. Estivo cortada a Autovía 4 horas en sentido Pontevedra, o accidente produciuse próximo a unha saída e entrada polo que se puido desviar o tráfico polo devandito acceso.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
28 de noviembre de 2020
DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE NA AUTOVÍA
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiu a un accidente de tráfico na Autovía do Salnés, no concello de Meis. Colaboran na intervención Ambulancias do 061, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Persoal de Mantemento de Estradas.Os feridos foron evacuados ao Hospital Quirón Domínguez con dor cervical, lumbar, dorsal, torácico e mazaduras. Son condutor da furgoneta J. M. R. F e acompañante J. B. G. Estivo cortada a Autovía 4 horas en sentido Pontevedra, o accidente produciuse próximo a unha saída e entrada polo que se puido desviar o tráfico polo devandito acceso.
27 de noviembre de 2020
MEAÑO, MEIS E RIBADUMIA ENTRAN EN RESTRICIÓNS
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou tras a reunión do subcomité clínico de expertos sanitarios que seis novos concellos poden saír das restricións máis duras, que se coñecen como 'Modelo Carballiño'. Son, na área sanitaria de Santiago os concellos de Vedra e O Pino, na de Ferrol o municipio de Mugardos, na de Lugo será o caso de Viveiro e na área de Ourense os municipios de Toén e San Cibrao. Nestes lugares levántase o peche perimetral, o peche da hostalería e a prohibición de reunións de non conviventes.
30 de septiembre de 2020
SANXENXO E MEIS ENTRAN EN RESTRICIÓNS. EVOLUCIÓN DO COVID NAS AULAS
Sanxenxo e Meis uniranse esta medianoite ao mapa de restricións para tentar frear os contagios nunha localidade que ten 34 casos activos. As dúas poboacións do Salnés únense as medidas que xa teñen impostas outros municipios da zona como Pontevedra, Marín, Poio, Vilagarcía e Vilanova, e da que se sae Vilaboa tras a boa evolución dos datos no municipio. Polo que se refire á actualización de escolas infantís e centros educativos, non hai ningún centro pechado como consecuencia do Covid. Por áreas, na Coruña hai cinco aulas pechadas, o que afecta a 52 alumnos; en Ferrol, son unha e sete; en Santiago, catro e 41; en Lugo, catro e 47; en Ourense, 10 e 74; en Pontevedra, cinco e 52; e en Vigo, 16 e 48. En total: 45 aulas pechadas, con 341 estudantes nos seus domicilios. Os centros con máis aulas pechadas, con dúas, son o CEIP Ramón da Sagra, na Coruña, o CEEPR Ilustre Mestre, en Ourense, o CEEPR Aceesca, no Porriño, e o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo.
CENTROS DE ENSINO
Polo que respecta á área Pontevedra-Salnés, na capital permanecen pechadas dúas aulas pertencentes á Escola Infantil da Parda (2 casos) e ao CEIP Praza de Barcelos (2 casos). Na escola infantil Casa do Mar de Marín (1 caso) permanece pechada unha clase por un positivo entre os seus alumnos. A mesma situación prodúcese na EI Cotobade Tenorio (1 caso) e no CPI Mosteiro Meis (4 casos). As aulas reabertas pertencen ao CEIP Cruceiro de Vilalonga en Sanxenxo e ao CEIP Praza de Barcelos.
O resto de casos corresponden aos seguintes centros educativos.
Pontevedra: CEIP Froébel (1), IES Luis Seoane (1), CPR Calasancio (2(, CPR Los Sauces (1), IES Montecelo (2), CPR Doroteas (2), IES Frei Martín Sarmiento (2), CEIP Santo André de Xeve (1), CEIP A Xunqueira nº2 (3), CEIP A Xunqueira nº1 (2), IES A Xunqueira nº1 (3), CEIPSAn Benito de Lérez (1) e CEIP Cabanas (1).
Marín: CPR La Inmaculada (1), CEP Sequelo (1) e IES Mestre Landín (1).
Sanxenxo: CEIP Noalla-Telleiro (1) y CEIP Nantes (1).
Poio: EI Sek Atlántico (1).
Cerdedo-Cotobade: CEIP de Tenorio (2).
Barro: CEIP Amor Ruibal (3).
Caldas: CPI Alfonso VII (1).
Ribadumia: CPI Julia Becerra Malvar (1).
Vilagarcía: CPR San Francisco (4).
Vilanova: IES A Basella (2) y CEIP Xulio Camba (1).
24 de julio de 2020
CAMBADOS, SANXENXO E MEIS BENEFICIARIOS DE NOVAS INVERSIÓNS DA DEPUTACIÓN
19 de julio de 2020
INGRESA EN PRISIÓN UN HOME ACUSADO DE INTENTO DE HOMICIDIO DA SUA MULLER
Os feitos sucederon o venres no domicilio familiar no lugar de Noval, na parroquia de Paradela en Meis. Na casa estaban o home, a muller, un fillo e a nai da muller.
Os axentes detivérono e este sábado ingresaba en prisión tras pasar polo xulgado de Cambados por un suposto delicto de homicidio en grao de tentativa.
30 de mayo de 2020
INCAUTADAS EN MEIS 10000 MÁSCARAS SEN HOMOLOGAR
17 de abril de 2020
A BRILAT VIXIARÁ VARIAS POBOACIÓNS DO SALNÉS
Unidades militares pertencentes á Brilat despregaranse este venres en Meis, Vilagarcía e Vilanova entre outras poboacións galegas para reforzar o operativo de vixilancia pola alarma sanitaria que levan a cabo as distintas forzas de seguridade. Os soldados con base en Pontevedra patrullarán ditas vilas para garantir o cumprimento da orde de confinamento polo coronavirus. Segundo informou a subdelegación do Goberno, o despregamento da Brilat forma parte da operación Balmis. O Ministerio de Defensa púxoa en marcha desde o comezo da crise para actuar fronte á pandemia en coordinación con outros corpos de seguridade.
27 de marzo de 2020
UN INCENDIO DEIXA 17.000 MIL AVES MORTAS EN MEIS
![]() |
| Arquivo |
Un incendio nunha nave de explotación de polos deixa 17.000 mil aves mortas en Meis
21 de marzo de 2020
OS CATRO VECIÑOS DE SANXENXO ESTÁN XA NA CASA E O PRIMEIRO PACIENTE DA COMARCA DADO DE ALTA
Os catro veciños de Sanxenxo que estaban "atrapados" nas Filipinas xa están nas suas casas.
Despois da odisea de estar tres dian en aeroportos e avións por fin puderon ver as suas familias que os agardaban con moito nerviosismo.
O pasado xoves emprendían a mellor viaxe das suas vidas. A viaxe de regreso á casa tras unha vacacións interrumpidas pola pandemia do COVID-19 e que os deixou sin posibilidade de voltar nas datas previstas e coa incerteza de cando o poderían facer.
Desde o domingo pasado os aeroporto da capital filipina estaba pechado por orde do governo.
Por outra parte, veciño de Meis de 45 anos que ingresara en estado moi grave no Hospital Montecelo hai dúas semanas foi dado de alta esta mañá.
Unha nova alegría dentro da triste situación na que nos atopamos.
20 de febrero de 2020
CAMBADOS E MEIS CONTRATARÁN A 30 TRABALLADORES COA AXUDA DA DEPUTACIÓN
23 de enero de 2020
XA PODES VER "EL SECRETO DE CAMBADOS" VÍDEO DA PRESENTACIÓN DA FESTA DOS ESPUMOSOS DE ALBARIÑO
O Concello de Cambados da man da súa alcaldesa fixo esta tarde a presentación promociónal da Festa do Albariño Espumoso, que neste 2020 estreará datas, imaxe e actividades complementarias. A festa celebrarase os dias 14, 15 e 16 de febreiro. Como adiantamos a semana pasada, Cambados xunto ao de Meis foron os únicos concellos do Salnés que fixeron presentación individual xunto a que realizou a Mancomunidade do Salnés na caseta de Galicia.
O Concello de Cambados emiteu en directo a presentación das tres entidades e que podedes ver picando aquí.A presentación de Cambados picando aquí.
"El Secreto de Cambados"
16 de enero de 2020
O SALNÉS PRESENTARÁ EN FITUR A SUA OFERTA TURÍSTICA
O vindeiro mércores arrinca unha nova edición de Fitur, a número 40, coa perspectiva de concitar o interese de máis 142.000 profesionais que se espera acudan á que é, sen dúbida, a gran cita do turismo mundial. A traxectoria de éxito e crecemento da feira, baseada en boa medida ao apoio do sector e en paralelo ao propio desenvolvemento e fortalecemento do turismo de forma global, convértea nun gran dinamizador do turismo. No seu 40 aniversario, Fitur chega con renovados contidos, máis empresas e máis espazo. Fitur é unha feira sólida, extremadamente viva e dinámica. Fitur é unha das feiras máis importantes que se celebran no mundo e constitúe un gran escaparate de Madrid e de España; que nestes 40 anos España converteuse no segundo destino mundial por número de turistas e gasto orixinado por eles. Pasouse de recibir 38 millóns de turistas en 1981 a superar os 83 millóns de visitantes en 2019 e roldar os 92.000 millóns de euros de gasto destes visitantes.
Este ano Fitur reúne a participación de 918 expositores titulares, que representan un crecemento do 3,8%, e 11.040 empresas de 165 países e rexións. A participación nacional representa o 44% da feira, e en referencia ao capítulo internacional, que nesta ocasión xa alcanza o 56% de cota de participación, destaca por rexións, o crecemento do 21,5% de Asia-Pacífico; o 19,5% de África, así como o aumento dun 5,3 de Europa e do 3,3 % de América. Ademais, Fitur 2020 suma á súa oferta novos destinos como Gabón, Suriname, Tadjikistan e Taiwan. Por sectores, o maior crecemento corresponde a Tecnoloxía e Empresa Global. En total, esta edición ocupará 69.697,5 m2, un 3,3% máis que o pasado ano, incluída a incorporación do pavillón 1, no que se concentrou a oferta de África, permitindo dedicar a totalidade do pavillón 6 a Asia-Pacífico.
O vindeiro mércores 22 marcha a Madrid a delegación do Salnés para participar na Feira Internacional do Turismo (Fitur). O propio día 22 a delegación do Salnés terá varias reunións de traballo.
En primeiro lugar comida de traballo con Loterias del Estado, e pola tarde reunión con touroperadores chineses.
E o xoves 23 será o momento da presentación que corresponde á Mancomunidade e dos concellos de Cambados e Meis. Nesta exposición da Mancomunidade vaise presentar o programa "Actívate no Salnés" ("Actívate en el Salnés") no que se vai a facer un repaso de todas las actividades que se poden facer na nosa comarca, desde senderismo, actividades acuáticas ou deporte. Todo o que os turistas que queiran vir a disfrutar da nosa comarca poden facer.
Ademais dúas presentacións individuais que nesta ocasión son a presentación do Concello de Cambados y do Concello de Meis porque aínda que se vai en conxunto despois cada concello aporta tamén a súa singularidade. E nesta ocasión son dous os concellos que o farán como en anos anteriores foron outros. Cada vídeo pode durar preto de tres minutos y logohaberá unha breve intervención.Marta Giráldez faráo coma Presidenta da Mancomunidade e como alcaldesa de Meis e tamén vai a ter o seu tempo a alcaldesa de Cambados
O día 24 pola mañá traballadores da Mancomunidade van asistir a unha reunión con diversas empresas tecnolóxicas para avanzar también en esta materia.
Tamén ese mesmo día terá lugar a presentación da Deputación e na que estará presente a Mancomunidade.
18 de diciembre de 2019
TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE EN MEIS
Un accidente entre tres turismos no que tres persoas resultaron feridas mobilizou, sobre as 20:30 horas, aos servizos de emerxencia. Foron varios usuarios da vía os que, a esa hora, alertaban ao 112 Galicia do sucedido. O suceso prodúxose na denominada Recta da Goulla dous coches e unha furgoneta que ocupaban os dous carrís de circulación polo que foi necesario desviar o tráfico polas beiravías.
21 de octubre de 2019
O REFUGIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS VAI DENUNCIAR UN HOME POR MALTRATO ANIMAL
27 de septiembre de 2019
CATRO DETIDOS POR TRÁFICO DE DROGAS EN CALDAS E MEIS
A Garda Civil detivo en Caldas de Reis a dous veciños de Ferrol ao ser interceptados nun control de estradas con máis de 1.000 dose de cocaína. Os detidos, de 35 e 51 anos, foron cazados cando viaxaban nun vehículo coa droga oculta no interior. Noutro control por estrada, neste caso na comarca do Salnés, detivéronse a dous veciños de Meaño, de 24 e 18 anos, despois de intervirlles 100 gramos de haxix e 50 de marihuana. Nos dous casos os estupefacientes intervidos estaban supostamente predispostos para a súa distribución e venda. Procedeuse á incautación e depósito dos dous vehículos. Os catro detidos enfróntanse a senllos delitos contra a saúde pública por tráfico de drogas. Os catro arrestados, xunto coa droga e os dous vehículos intervidos foron postos ao dispor dos Xulgados de Instrución de Garda de Caldas de Reis e Cambados, onde deberán comparecer cando sexan requiridos. Tráfico de drogas a pequena escala As detencións foron levadas a cabo a pasada semana no marco dun operativo de controis realizados pola patrulla de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Vilagarcia de Arousa nas estradas das comarcas de Caldas e O Salnés co fin de erradicar a venda e distribución de drogas a pequena escala. Na escasa marxe de dúas semanas, con estas novas detencións, a Garda Civil procedeu á detención de 6 persoas, impedindo que, algo máis de 3.200 dose de cocaína e outras substancias estupefacientes chegasen aos consumidores.
A BTT RUTA DO VIÑO UNIRÁ CAMBADOS CON MEIS
O proceso de inscrición estará aberto na páxina web da BTT Ruta do Viño Rías Baixas ata o próximo 17 de outubro. O prezo é de 10 euros para os federados e de 20 para as persoas que non o estean e inclúe o dorsal, os seguros, así como dous obsequios para os participantes: unha camiseta técnica conmemorativa, así como unha botella de viño de adegas asociadas ao Roteiro do Viño Rías Baixas. O percorrido, de 40 quilómetros, é de dificultade e media-alta. O itinerario que percorrerán os participantes pasará por diversas adegas asociadas de Meis e Cambados e os ciclistas pedalearán por varias zonas de viñedos e pasarán por lugares de interese como o Mosteiro de Armenteira ou o Monte Castrove, a subzona con maior concentración de viñedos e adegas da Rut do Viño Rías Baixas. A iniciativa conta, un ano máis, co apoio do Grupo Corte Inglés e cumpre co seu compromiso de promoción da enogastronomía no territorio. Ao grupo de colaboradores unirase tamén o Concello de Meis, que facilitará labores loxísticos e de atención aos participantes.
20 de agosto de 2019
UNHA DÉBEDA, MOTIVO DA SUBTRACCIÓN DE 7 OLIVEIRAS CENTENARIAS EN VILAGARCÍA, APARECIDAS EN MEIS
A Garda Civil de Cambados investiga penalmente a dous veciños do municipio pontevedrés de Meis pola súa suposta relación co furto de sete oliveiras centenarias que foran subtraídos en Vilagarcía de Arousa, e que supostamente "pretendían utilizar como moeda de cambio" para saldar unha débeda que tiñan entre ambos. Investigados dous veciños de Meis (Pontevedra) pola subtracción de 7 oliveiras centenarias en Vilagarcía.
Segundo informou o Instituto Armado, as árbores, cuxo valor oscila entre os 1.500 e os 3.000 euros cada un, foron recuperados en Meis. Na denuncia presentada pola súa propietaria na Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa explícase que a subtracción das árbores produciuse a principios deste mes de agosto nunha parroquia deste municipio pontevedrés. Coa información facilitada pola súa propietaria e os testemuños recollidos na zona, púidose establecer unha liña de investigación para pescudar o medio de transporte que se utilizou para levar as oliveiras. Despois dun "exhaustivo recoñecemento", destacan as mesmas fontes, dos distintos camións da contorna que aparecían como posibles candidatos, a Garda Civil conseguiu localizar os sete árbores en Meis, que foron entregados baixo depósito xudicial á súa propietaria. A raíz do achado, a Garda Civil de Cambados procedeu á identificación de dous veciños do mesmo municipio pola súa suposta participación nos feitos. DÉBEDA Segundo despréndese das investigacións, "un deles subtraería as árbores e entregoullos ao segundo dos investigados que os aceptou como cobranza dunha débeda", indicaron as mesmas fontes. As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa, onde terán que comparecer os investigados cando sexan requiridos.
12 de agosto de 2019
CURSO DE FORMACIÓN DE SERVIZOS NA HOSTALARIA, LIMPEZA E EMPREGABILIDADE
![]() |
| Ampliada a data de inscrición |
25 de abril de 2019
CAMBADOS E MEIS RECIBIRÁN FONDOS EUROPEOS PARA MELLORAR A EFICENCIA ENERXÉTICA
A presidenta da Deputación informou esta mañá de novas achegas do Fondo Social Europeo por valor de 712.373,15 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Tui, A Guarda, Nigrán, Barro, Cambados, Caldas, Portas, Rodeiro, Meis e Salvaterra. Estes novos recursos enmárcase no proxecto europeo que lidera a institución provincial que, cun orzamento total de 4 millóns de euros, vai impulsar a eficiencia enerxética en 43 concellos da provincia.
Máis polo miúdo, con estas novas achegasm en A Guarda actuarase en 251 luminarias que supoñen un aforro enerxético do 59% e un investimento de 78.938,30 €; en Tui as actuacións efectuarase en 190 luminarias, cun aforro do 85% e investimento de 49.166,51 €; en Nigrán actuarase en 169 luminarias que supoñen un aforro enerxético do 66% e un investimento de 67.287,64 €; en Barro as actuacións efectuaranse en 197 luminarias que supoñen un aforro do 69% e un investimento de 78.97,38 €; en Cambados actuarase en 309 luminarias cun aforro do 72% e un investimento de 78.722,90 €; en Caldas as actuacións serán en 117 luminarias que supoñen un aforro do 70% e investimento de 41.670.87 €; en Portas actuarase en 228 luminarias cun aforro do 67% e un investimento de 79.715,78 €; en Rodeiro as actuacións serán en 285 luminarias que supoñen un aforro do 70% e un investimento de 77.963,78 €; en Meis actuarase en 282 luminarias cun aforro do 59% e investimento de 79.989,45 €; e en Salvaterraactuarase en 221 luminarias que supoñen un aforro do 66% e un investimento de 79.960,54 €.
Coa nova aprobación de 712.373,15 euros, que se suma aos 1,72 millóns de euros xa concedidos a comezos de abril, a Deputación dispón de 2.432.373,10 euros para substituír 6.134 puntos de luz por luminarias LED que xerarán un aforro estimado do 61% en 34 concellos da provincia. Así, xunto aos dez concellos para os que se veñen de aprobar recursos, tamén se benefician xa do proxecto Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos. Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Bordén, Moaña, O Rosal e Cuntis.





















