Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INE. Mostrar todas las entradas

21 de abril de 2020

A XUNTA PRESUME DE DATOS NEGATIVOS

- O INE publicou hoxe as cifras provisionais do padrón a 1 de xaneiro de 2020

- O padrón galego aumentou en 770 persoas respecto ao 1 de xaneiro de 2019 e volve superar a barreira dos 2,7 millóns de habitantes

- A poboación estranxeira aumentou un 11,1%, o que indica que cada vez máis persoas deciden vir a vivir a Galicia desde outros países

A poboación de Galicia medrou no ano 2019 ata os 2.700.269 habitantes, o que supón o primeiro incremento de poboación que se rexistra na comunidade autónoma nos últimos dez anos, segundo os datos provisionais do Padrón Continuo publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

En concreto, segundo as cifras do INE a poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.700.269 habitantes, o que representa un aumento de 770 persoas respecto á mesma data de 2019. Este é o primeiro incremento anual de poboación que rexistra Galicia desde o 1 de xaneiro de 2010. Ademais, con este crecemento, Galicia volve superar a barreira dos 2,7 millóns de habitantes.

Os datos do instituto estatístico mostran tamén un crecemento da poboación estranxeira inscrita no padrón galego, que aumentou en 11.154 persoas, ata situarse nos 112.022 habitantes. As principais nacionalidades inscritas no padrón son Portugal (14.739), Venezuela (12.622), Brasil (9.367), Colombia (8.242) e Romanía, con 8.057 habitantes. Este incremento indica que cada vez máis persoas deciden vir a vivir a Galicia desde outros países, ben porque retornan a Galicia ou ben porque deciden instalarse por primeira vez na comunidade autónoma.

Unha vez publicados hoxe estes datos provisionais por parte do INE, o Instituto Galego de Estatística (IGE) vainos incorporar á súa base de datos para realizar a correspondente explotación estatística dos mesmos e proceder posteriormente á súa difusión.

A Xunta como vedes "saca  peito" duns datos moi negativos. Si aumentou o número de extranxeiros en 11.154 e o padrón xeral so en 770 estamos ata un decrecemento de case de 10.400 persoas.
Quere decir que nun ano, do 2018 ao 2019 Galicia perdeu máis de 10.000 galegos. Ou por defunción, non compensada polos nacementos ou por a marcha dese número de galegos a outros puntos do estado ou ao estranxeiro. O que dá conta de que as políticas de Feijóo non están dando froitos, todo ao contario están empuxando aos galegos, na súa maioría xóvenes a buscar fora de Galicia o que non atopan na nosa terra. 



26 de mayo de 2015

DATOS DEMOLEDORAMENTE NEGATIVOS DA GALICIA DE FEIJÓO






A pobreza infantil en España sobe un 3,5%.
Case un 35,5% dos menores de 16 anos que residen en España están en risco de pobreza ou de exclusión. Unha cifra que leva tres ano en alza, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística.
Na enquisa reflíctese tamén que aumenta o número de fogares nos que non se pode afrontar un gasto imprevisto ou que se atrasa nos pagamentos dos recibos da vivenda.
Galicia é a cuarta comunidade pola cola en risco de pobreza, pero a terceira con máis fogares que pasan moitas dificultades. 



Outro dato tremendamente negativo é o relativo as pensións.
A pensión media aumenta en Galicia en maio case un 2% respecto ao mes anterior e sitúase nos 747 euros.
É a segunda máis baixa de toda España.
A Seguridade Social destinou en maio máis de 8.000 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas en Galicia. En canto á contía económica, a pensión media máis alta en Galicia cóbrase na Coruña.





27 de mayo de 2014

SUBE O NÚMERO DE FAMILIAS EN RISCO DE POBREZA








A poboación que vive por debaixo do limiar da pobreza sitúase no 17,2% en Galicia, segundo a Enquisa de Condicións de Vida que publica hoxe o Instituto Nacional de Estatística.
As comunidades de Castela-A Mancha e Estremadura son as que rexistran maiores taxas de pobreza, por riba do 30%.
Achéganse a esa porcentaxe Andalucía e Canarias.
A enquisa, con datos definitivos do ano pasado, reflicte que un 20,4% dos españois vive en risco de pobreza fronte ó case 21% que o facía en 2012.

Ese descenso non responde a unha mellora da situación, senón que, ó diminuíren os ingresos da poboación, tamén o fai o límite que marca o risco de pobreza.