CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta FUTBOL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FUTBOL. Amosar todas as publicacións

8.7.17

CONFIRMADA A BOA SAÚDE DEPORTIVA I ECONÓMICA DO C.J. DE CAMBADOS












Ante unha trintena de socios Matías Fontán presidente do C.J. de Cambados e varios membros da súa directiva presentaron onte na Asemblea Ordinaria, un resultado moi positivo no apartado económico e satisfactorio no plano deportivo.
Nestes intres o clube ten superávit duns 3.000 € e a débeda herdada a súa chegada ao clube de máis de 20.000 € está saldada. 
Polo que respecta á vindeira tempada prevese un aumento nos ingresos para afrontar sen dúbidas un proxecto deportivo algo máis ambicioso que nesta pasada campaña.
No 2015 a idea era ir subindo de categoría pouca pouco. No primeiro ano acadouse o ascenso a Primeira Galega, na pasada era a de estar o máis arriba posible e nesta terceira o obxectivo é claramente o ascenso a Preferente. Para elo o clube tentará confeccionar un plantel competitivo.
O primeiro "reforzo" foi o do Adestrador Roberto Fuentes, trala marcha de Luís Carro ao Ribadumia. 
A columna vertebral do conxunto amarelo vaise ver reforzada con 5 ou 6 novas fichaxes polo que serán outras tantas as baixas, algúns xogadores contan con ofertas de clubes de superior categoría. Varias son as renovacións xa confirmadas e 4 fichaxes tamén confirmados.

Nunhas semanas terá lugar a asemblea da base que este ano aumentará o número de rapaces inscritos.








2.7.17

O ALBARIÑO DE CAMBADOS CAMPIÓN DE COPA DE VETERANOS











ANTES DO PARTIDO

DESPOIS DO PARTIDO



ALBARIÑO VETERANOS de Cambados ven de proclamarse campión da Copa de Pontevedra esta tarde nun partido disputado no Campo do Buelo de Moraña ante o 1995 VIAJES INTERRÍAS.

O resultado, 4 a 0 describe o que foi o partido, dominado polo conxunto azul claramente.

A pesares do dominio non foi ata o minuto 44 e de penalti cando os cambadeses se adiantarían. Un gol ao fío do descanso que deixou tocados aos rivais.

Ao pouco de reanudarse o partido, min.58 JOAQUIN, marcaba o segundo para os azúis e segundo para el.
Xa nas postrimerías do encontro mins. 86 e 89 outros dos goles, o terceiro de JOAQUIN e o cuarto de PUSKAS deron a puntilla ao INTERRÍAS.

Moito público presenciando o encontro cunha ampla representación cambadesa.





Fotos de Luís Gómez







30.6.17

A GALA DA ARBITRAXE GALEGA CELEBRARASE EN CAMBADOS










O Comité Técnico de Árbitros da Federación Galega de Fútbol fará  a entrega dos galardóns da tempada 2016/17 mañán sábado 1 de xullo 14.30 h. en Cambados, nas adegas Condes Albarei, lugar escollido para a XV Gala da Arbitraxe Galega, a gala ten carácter bianual.

Durante a Gala faráse entrega das diferentes distincións das tempadas 2015/16 e 2016/17


Andrés Vieites da Radio Galega, será o encargado de conducir o evento, no que se fará entrega de diversos premios.

Estes son os galardoados:

EQUIPOS MÁIS DEPORTIVOS 
EQUIPOS MÁIS DEPORTIVOS DE CADA DELEGACIÓN
A CORUÑA: VICTORIA C. F.
SANTIAGO: COMPAÑÍA DE MARÍA
FERROL: RACING CLUB DE FERROL SAD
LUGO: RACING CLUB VILLALBÉS
OURENSE: C. D. MACEDA
PONTEVEDRA: MORAÑA C. F
VIGO: S.D. JUVENIL DE PONTEAREAS

MEDIOS DE COMUNICACIÓN
MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE DESTACARON NA DEFENSA DA ARBITRAXE
A CORUÑA: PABLO GÓMEZ (LA VOZ DE GALICIA)
SANTIAGO: TOÑO BERMÚDEZ (CADENA SER DEPORTIVOS)FERROL: ADÁN PUENTES BRANCO (GALICIA ARTABRA DIGITAL)
LUGO: JAVIER FERREIRO (LA VOZ DE GALICIA)
OURENSE: LUIS MANUEL RODRÍGUEZ (LA VOZ DE GALICIA)
PONTEVEDRA: RAMIRO ESPIÑO (PONTEVEDRAVIVA.COM)
VIGO: JAVIER IGLESIAS LÓPEZ (VIGO DEPORTIVO)
COMITÉ: PROGRAMA GALICIA EN GOLES (RADIO GALEGA)


TROFEO CARREIRA ABAD
ÁRBITROS E ASISTENTES DAS CATEGORÍAS DE TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL E PREFERENTE GALICIA QUE QUEDARON CLASIFICADOS EN PRIMER LUGAR
ASISTENTES DE TERCERA DIVISIÓN
TEMP. 2015/2016: ALBERTO BLANCO MÉNDEZ
TEMP. 2016/2017: ISMAEL GONZÁLEZ CARAMÉS
PREFERENTE GALICIA
TEMP. 2015/2016: DANIEL PASTORIZA IGLESIAS
TEMP. 2016/2017: MIGUEL FERROL MUÑIZ

TERCERA DIVISIÓN
TEMP. 2015/2016: MANUEL CASANOVA CUDEIRO
TEMP. 2016/2017: MANUEL CASANOVA CUDEIRO



INSIGNIAS DE PRATA
ÁRBITROS E ASISTENTES QUE ALCANZARON A CATEGORÍA NACIONAL
MIGUEL FORMOSO DÍAZBERNARDO DOMÍNGUEZ MANTEIGAJUAN L. DAVILA FERNÁNDEZDAVID PEREIRA FERREIROALEJANDRO FERREIRO MÉNDEZTANIA FENTE PENAJESÚS LÓPEZ FERNÁNDEZALBERTO BLANCO MÉNDEZAITOR CID PUGAJOSÉ A. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZMANUEL CASANOVA CUDEIROPABLO BOTANA REYFÉLIX QUEIJA PÉREZABEL FERNÁNDEZ LODEIROÓSCAR MARTÍNEZ SANTOSJULIO MARTÍNEZ BARRALJOAQUIN VENTOSO NOALALAIN KEVIN GARCÍA MARTÍNGUSTAVO VIDAL FONSECA

INSIGNIAS DE OUROVINTECINCO ANOS DE ARBITRAXE EN ACTIVO DE FORMA ININTERRUMPIDA

ROBERTO CINZA LEIRA (FERROL)
JORGE LÓPEZ LESTA (A CORUÑA)


Ademais, farase entrega dos TROFEOS LISARDO VÁZQUEZ PREGO ás xóvenes promesas da arbitraxe galega e, por primeira vez, do PREMIO ÓSCAR MEDÍN, instituido en recoñecemento ao labor e méritos contraídos por persoas da organización arbitral que destacaron polo seu traballo e dedicación.




26.6.17

A V GALA DO FÚTBOL FEMININO CELEBROUSE ONTE EN CAMBADOS















Celebrouse onte en Cambados a V Gala do Fútbol Feminino Galego, organizada pola Revista do Fútbol Feminino Galego.
A pontevedresa Teresa Abelleira, recibeu ata tres galardóns, como mellor promesa galega da tempada, mellor mediacentro dereita do grupo I de Segunda División, e mellor xogadora galega da categoría, na que militou nas filas do Real Club Deportivo.
O seu papel determinante no Deportivo, club que ten como obxectivo ascender á máxima categoría, e o recente subcampionato de Europa Sub-17 con España, foron motivos de peso nesta elección.
O premio máis importante, o de mellor xogadora, foi para Vero Boquete tras quedar ás portas do título da Champions League co PSG, mentres Chicho Val (Atlántida Matamá) foi recoñecido como o mellor técnico galego e o Deportivo como o mellor equipo.
Ademais da gala celebrada no Auditorio Municipal de Cambados, a localidade pontevedresa acolleu tamén a estrea do 'partido das estrelas' do fútbol feminino, disputado no Campo de Burgáns.
No encontro en Burgáns, a selección norte adestrado por Diego Fernández (Friol), acompañado por Marcos Mato (Victoria) e Alberto Golán (Tordoia), impúxose dende a tanda de penaltis á selección sur que dirixiu Chicho Val (Atlántida Matamá), acompañado por David Ferreiro (Penedo da Moo), e Adri González (Sárdoma). No encontro que rematou 2-2 participaron as catro xogadoras galegas que militan no Sporting Braga, tamén Sarita Tui (Granadilla), Carolina (Oiartzun), Patri (Atlético de Madrid B) o María Vidal (Mercyhurst Lakers University), da NCAA estadounidense. Tamén houbo representación arousá, coa particpación da xogadora do Cambados Marjorie Allo. 

-Mellor equipo: Deportivo Abanca
-Mellor lateral dereita: Cristina Martínez 'Cris'
-Mellor mediocentro: Tere Abelleira
-Mellor mediocentro esquerda: María Curral
-Mellor interior esquerda: Nuria Rábano
-Pichichi de Segunda División: Estefanía Pabst
-Mellor xogadora galega: Tere Abelleira
-Mellor xogadora promesa: Tere Abelleira
-Mellor gol da tempada: María Curral





24.6.17

V GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO EN CAMBADOS









Mañán pola tarde, no Auditorio Municipal, desde as 19,30, terá lugar a V Gala do Fútbol Feminino Galego. O evento constitúese como o acto social máis importante do futfem galego e un dos principais dos que se celebran en España destas características. Os mellores clubs, as mellores xogadoras de todas as categorías, a mellor colexiada, o once ideal galego de Segunda División, o club máis deportivo da campaña, ou o mellor club galego da temporada recibirán os seus recoñecementos. O acto terá o seu final coa entrega do trofeo de mellor futbolista galega á santiaguesa Vero Boquete.
O Concello de Cambados, a través da súa Concellaría de Deporte e a Revista do Fútbol Feminino Galego, organizan conxuntamente este acto que terá unha duración aproximada de unha hora e cuarto e no que se compaxinarán a entrega de até 26 trofeos coa proxección de varios audiovisual relacionados co fútbol feminino.
Sen perder o seu compromiso coa historia, na Gala será recoñecida a traxectoria de Ana Veiga, a futbolista padronesa que alcanzou a selección española absoluta militando no Santo Cristo de Pazos, un feito case imposible de non ser pola súa gran calidade que a levou a xogar posteriormente en equipos da importancia do At. Villaverde e o Porvenir, a finais da pasada década dos oitenta.




23.6.17

PARTIDO DAS SELECCIÓNS NORTE-SUR ESTE DOMINGO EN CAMBADOS








domingo, o fútbol feminino terá o seu momento destacado na programación de Cambados, Cidade Europea do Viño. Ás 12.30 horas, coa ollada posta en Burgáns, onde todos os que o desesxen poderán gozar do primeiro partido entre unha selección de Galicia Norte e un combinado de Galicia Sur, formado polas mellores futbolistas do país de todas as categorías. 

Lembra!!!

Este domingo achégate ata o Municipal de Burgáns para desfrutar do mellor fútbol galego femenino.
A partir das 12:30 terá lugar o partido que enfrontará ás seleccions galegas Norte-Sur e que contará coas mellores xogadoras galegas.








17.6.17

O MARTES DISPÚTASE EN CAMBADOS A FINAL DA COPA DIPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO











O Arousana e o Sárdoma medirán as súas forzas en Cambados na final da Copa de Fútbol Feminino da Deputación de Pontevedra
O campo de Burgáns acollerá o encontro que será retransmitido dende a páxina web da institución provincial

A gran final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino xa ten nomes propios, despois que na xornada de onte se xogase a semifinal da zona Sur entre os equipos do Sárdoma e do Matamá. Coa vitoria do Sárdoma por 4 goles a 2 xa se coñece o rival do Atlético Arousana, gañador da semifinal da zona Norte o pasado domingo.

O Arousana e o Sárdoma enfrontaranse o martes día 20 ás 21:15 horas no campo de Burgáns en Cambados, dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017 "Pola Igualdade", nun partido que será retransmitido vía streaming  na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es. O encontro contará coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a deputada de Deportes, Chelo Besada e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entre outras autoridades.

A primeira semifinal da zona Norte xogouse o pasado domingo 11 no campo de Barrantes entre o Atlético Arousana e o Umia cun resultado de 3 goles a un a favor do equipo de Vilagarcía.

Na segunda semifinal da zona Sur, disputada onte no campo das Relfas, entre o Matamá e o Sárdoma o resultado foi de 4 goles a 2 na rolda de penaltis.







7.6.17

O FÚTBOL GAÉLICO INTÉGRASE NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL












A Federación Galega de Fútbol e a Asociación Galega de Fútbol Gaélico certificaron a integración do puxante fútbol gaélico no ámbito federativo. O presidente da FGF, Rafael Louzán, e o presidente da AGFG, Iván Villalón, asinaron o convenio que completa o proceso de integración e que convirte ao fútbol gaélico nunha especialidade do noso fútbol, tal e como xa fora aprobado na Asamblea Xeral da Federación.

Este acordo pecha un constructivo proceso de negociación que durou varios meses e que remata nunha integración positiva para as dúas partes. A FGF tratará de contribuir ao crecemento dunha especialidade que medrou moito nos últimos anos en Galicia e que conta con 13 clubs inscritos e máis de 400 xogadores.

A AGFG foi a primeira en organizar unha liga regular fóra do país orixe do deporte, Irlanda, e conta tamén cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), máximo organismo internacional, a cal acadou o podio nos últimos dous mundiais.

Louzán puxo a federación a disposición do novo Comité de Fútbol Gaélico que se forma dentro da propia estrutura federativa, e ofreceu a súa colaboración para resolver calquer problema que xurda a partir de agora.





19.5.17

ESTE DOMINGO ARRANCA A COPA DIPUTACIÓN DE FUTBOL FEMININO









A final disputarase no mes de xuño en Cambados, con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño

O vindeiro domingo, 21 de maio, comezan as eliminatorias da Copa Deputación Feminina de Fútbol. Esta proba ten entre os seus principais obxectivos a defensa e visibilización da participación activa da muller no fútbol, así como promover que tanto clubs como agrupacións deportivas poñan en marcha equipos femininos que permitan que nenas e mozas poidan practicar este deporte.

En concreto, nesta edición do 2017 participarán 21 equipos de fútbol feminino da provincia de Pontevedra entre os que se atopan o Portonovo S.D., S.C.D. Salcedo, Umia C.F., S.C.D. Pontecaldelas, Atlético Arousana, Armenteira C.F., Arcadia E.F., At. Estrada E.D., JUV. Cambados, S.D. Puentearnelas, Sárdoma C.F.F., F.P.R. El Olivo, Balaidos C.F., U.D. Mos, Atlético de Matamá, Racing de Vilariño, E.D.V.M. Pereiro C.F., C.P. Alternavia, CCAR Valladares, TYDE C.F. e Tomiño F.C. FEM.

Na Copa Deputación de Pontevedra de fútbol, que comeza o vindeiro domingo,  terán lugar cinco eliminatorias que se pecharán cunha gran final a finais do mes de xuño. O ano pasado a final, disputada entre o Atlético Arousana e o F.P.R. El Olivo de Vigo, tivo como gañador ao equipo das viguesas.

A final da Copa Deputación Feminina de Fútbol 2017 terá lugar en Cambados, ao abeiro do protocolo asinado entre a institución provincial e o concello con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. A Deputación de Pontevedra achega para a posta en marcha deste evento deportivo feminino un total de 20.000 €.








15.5.17

TORNEO DE FÚTBOL ALEVÍN "CAMBADOS CIDADE DO VIÑO 2017"














O campo de fútbol municipal de Burgáns acolle este mércores, 17 de maio, o I torneo alevín “Cambados Cidade Europea do Viño 2017”, coa participación dos seguintes equipos: CJ Cambados, Pontevedra CF, CD Lugo, AJ Lerez, RC Celta, Arosa SC, Ural CF e Victoria CF. Os partidos comezarán ás 10:00  e  a final terá lugar ás 20:30






1.3.17

O CAMBADÉS ÁNGEL "PACHO" OLIVEIRA DEIXA A SELECCIÓN GALEGA Sub16






Desde a Federación respectan a súa decisión persoal e agradecen o gran traballo realizado durante estes dous anos.



Ángel "Pacho" Oliveira decidiu deixar o cargo de seleccionador galego Sub16 por motivos persoais. Unha decisión xa comunicada á dirección deportiva e confirmada unha vez rematada a 2ª Fase do Campionato de España na Estrada. Un campionato que representou a mellor despedida para Pacho, con dúas vitorias e unhas magníficas sensacións. A merecida despedida a unha persoa á que a Federación lle desexa o mellor no seu futuro persoal e profesional, a quen lle dá as gracias polo gran traballo realizado, polas súas aportacións e polo seu exquisito comportamento. E por suposto unha persoa para quen as portas da Federación manteranse abertas.

¡Moitas gracias Pacho!

Reproducimos agora, de maneira íntegra, a carta de despedida de Pacho Oliveira.


Cambados, 1 de marzo de 2017.

Amigos,

Rematada a segunda fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que tan brillantemente organizou en A Estrada a Federación Galega de Fútbol, no que ó bo papel desempeñado pola selección galega Sub-16 hai que sumar o enorme éxito da clasificación para a fase final de dito campionato por parte da selección Sub-18, cumpre anunciar publicamente o que dende hai semanas comuniquei á dirección deportiva da nosa federación: a miña renuncia de xeito inmediato ó cargo de seleccionador galego Sub-16 de fútbol masculino.

Dicía o recordado ex presidente Adolfo Suárez que “Hai momentos en la vida de todo hombre en los que asume un especial sentido de la responsabilidad…”, e eu tamén creo que a teño asumido dignamente nos case dous anos nos que fun seleccionador galego Sub-16. As razóns que explican a miña renuncia neste intre teñen que ver con ese sentido meu da responsabilidade e coa necesidade persoal de buscar novos horizontes nos que tentar atopar retos persoais, profesionais e deportivos diferentes ós actuais.

Quixera, nesta sinxela despedida, non esquecerme de agradecer a tódolos que durante este tempo depositaron en min a confianza necesaria e me prestaron o seu apoio, dende o presidente Rafael Louzán, o director deportivo Manuel Fernández o responsable de comunicación José Luis Chantrero, os compañeiros técnicos das seleccións Sub-18 e Sub-12 e das seleccións comarcais, ate todos e cada un dos membros que compoñen esta federación; puiden comprobar de perto que traballan sen descanso como di o noso lema: “Unidos polo fútbol galego”.

Tamén, aínda que xa tiven ocasión de dicirllo ónde conviña facelo, é xusto que mostre aquí a miña eterna débeda de gratitude para co grupo de colaboradores que tan estreitamente me axudaron nesta responsabilidade. A Roberto Álvarez (Axudante do seleccionador), Adrián Fernández (Preparador físico), César Caamaño (Adestrador de porteiros), Dr. Xoán Manuel Fernández Bastida (Médico) e José Manuel Varela Lendoriro (Fisioterapeuta), a lección de humanidade e profesionalidade que recibín deles nona esquecerei nunca.

Capítulo aparte merecen dúas das persoas que mellor exemplifican o amor polo fútbol galego e a abnegación no traballo e dedicación continuos a prol do escudo coa cruz de Santiago. A José Luis Vázquez García “Guerrero” e a Manuel Pan Varela “Pino” eu débolles moito, porque o seu exemplo significou para min a inxección de enerxía necesaria para rexurdir nos malos momentos.

Para o final, como a cortesía nos ensina, sempre se deixa a mención para os verdadeiros protagonistas de cada historia. No fútbol, que ninguén o dubide, o protagonismo correspóndelle ós futbolistas. A eles, a todos eles, ós que compartiron con nós algún partido, algún adestramento, mesmo algunha conversa, durante todo este tempo, non me queda máis que decirlles GRACIÑAS, seguide adiante na procura dos vosos soños e ogallá lembredes coa mesma ledicia ca min o voso paso pola selección galega, para que nos vosos corazóns sintades algo semellante ó que sentiu o máis ilustre dos meus paisanos, o poeta Ramón Cabanillas, cando escribiu:
“¡Galicia! Nai e señora,
sempre agarimosa e forte…”.


JOSÉ ÁNGEL VÁZQUEZ OLIVEIRA. 
Fonte: FGF







5.12.16

O CAMBADÉS NUNO RIVEIRO COA SELECCIÓN SUB-12













Este martes día 6 celébrase no campo A Moreira de Xinzo de Limia a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12, unha competición na que poderemos ver ós mellores xogadores alevíns de Galicia defendendo ás seleccións das súas delegacións federativas.
Nesta convocatoria está o cambadés Nuno Rivero, un dos catro xogadores do Cambados que foron convocados a un adestramento da Sel. de Pontevedra.
Despois do primeiro adestramento, quedaron so dous xogadores do Cambados, o propio Nuno e Noel para finalmente ser o cancerbeiro quen xogue esa fase.

Xa temos o calendario de competición definido.

CATEGORÍA MASCULINA

HORAPARTIDO
10:00Ourense - Lugo
10:45Ferrol - Santiago
11:30Vigo - A Coruña
12:15Pontevedra - Ourense
13:00Lugo - Ferrol
16:00Santiago - Vigo
16:45A Coruña - Pontevedra
17:30Ourense - Ferrol
18:15Lugo - Santiago
19:00Vigo - Pontevedra

Xinzo de Limia levantou hoxe o telón da Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12 que se vai a disputar durante todo o día de mañá no campo A Moreira, de herba natural. Hoxe foi presentado oficialmente o evento no salón de pleno do Concello, coa presenza do alcalde da localidade ourensá, Antonio Pérez Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil e por parte da Federación Galega de Fútbol o vicepresidente José Manuel Fernández Cid, o delegado en Ourense, Raúl Rois, e o secretario da Delegación, Óscar Álvarez.

A competición dará comezo ás 10 da mañá e extenderase ata as 8 da noite.

Participan as seleccións masculinas das sete Delegacións (Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cinco femininas (Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo). 200 nenos e nenas que representan o futuro máis prometedor do fútbol galego.


CATEGORÍA FEMININA

HORAPARTIDO
10:00Santiago - Pontevedra
10:45Ferrol - A Coruña
11:30Vigo - Santiago
12:15Pontevedra - Ferrol
13:00Vigo - A Coruña
16:00Ferrol - Santiago
16:45Pontevedra - Vigo
17:30A Coruña - Santiago
18:15Ferrol - Vigo
19:00Pontevedra - A Coruña


Os partidos van a xogarse no campo de herba natural de A Moreira.







24.10.16

ARRANCAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN












O novo modelo de funcionamento do programa, no que se impulsaron accións de comunicación para o fomento da participación e visualización, tradúcese en 100 nenas e nenos máis nas escolas de fútbol e tres novos concellos que as solicitaron

A deputada de deportes, Chelo Besada, deu por inaugurada o pasado sábado no campo de fútbol de Chaín en Gondomar, as "DEPOrte Escolas" de fútbol da Deputación nas que van a participar máis de 1.800 nenas e nenos de 28 concellos da provincia con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.
Este ano, como novidade principal e ademais do cambio de imaxe e denominación das escolas deportivas para convertelas nas "DEPOrte escolas", mudou o funcionamento das mesmas co obxectivo de dotalas de transparencia e maior participación, respectando a autonomía municipal, sen competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia. O renovado programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incremento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen ós concellos disciplinas deportivas non existentes, que as nenas e nenos poidan acceder ó deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos.
Este esforzo por converter ás escolas nun programa máis transparente e participativo, impulsando actuacións de comunicación coa finalidade de achegar a información sobre as escolas ás familias, ANPAS e concellos,xa está a dar os seus froitos. De feito, nas "DEPOrte escolas" de fútbol participan este ano 100 nenas e nenos máis que o ano pasado, acadando os 1800 participantes fronte ós 1700. Tamén cómpre destacar que houbo solicitudes de tres concellos máis para poñer en marcha novas escolas de fútbol, sumando un total de 44 "DEPOrte escolas" de fútbol para o curso 2016/2017 nos concellos de Ponteareas, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Nigrán, Valga, Oia, O Rosal, Tui, O Porriño, Mos, As Neves, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Campo Lameiro, Vigo, Fornelos de Montes, Cangas do Morrazo, Moraña, Agolada, Rodeiro, Arbo, Crecente, Cambados, A Lama, Vilagarcía de Arousa e Redondela.
As "DEPOrte escolas" da Deputación de Pontevedra ofertan as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto. A súa implantación terá lugar de forma progresiva, a medida que a institución provincial teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades. De feito, ademais de fútbol comezaron xa as de patinaxe, judo e rugby.




17.10.16

DUAS CAMBADESAS NA PRE-SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SUB-16 FEMININA












Comeza unha nova tempada para as Seleccións Galegas. En decembro disputarase a primeira fase nacional tanto en Sub 16 como en Sub 18 e tanto en homes como en mulleres, polo que a vindeira semana comezarán os adestramentos. E van a comezar con forza, con ata nove sesión de adestramentos nunha mesma semana, sesións repartidas entre catro seleccións (Sub-16 masculina e feminina e Sub-18 masculina e feminina).

A Dirección Deportiva da FGF, encabezada por Manu Fernández, decidiu manter o mesmo equipo de traballo da tempada pasada, co mesmo corpo técnico en cada selección,polo que o cambadés Ángel "Pacho" Oliveira continua na selección sub-16, coa idea de dar continuidade ó bo traballo realizado a campaña anterior.

SELECCIONADORSELECCIÓN
J. Manuel Martínez "Secho"Sub-18 masc.
Quin ValbuenaSub-18 fem.
Ángel OliveiraSub-16 masc.
Edu GonzálezSub-16 fem.
Roberto ÁlvarezSub-12 masc.
Susú CoresSub-12 fem.


E como xa fixeron o ano pasado, nestas primeiras sesións os seleccionadores reparten as convocatorias nas zonas norte e sur co ánimo de poder ver o maior número de xogadores/as nesta primeira cita.



Dúas cambadesas foron convocadas pola Federación Galega de Fútbol  para participar nun adestramento, como preparación do "VIII Campeonato de Selecciones Autonómicas Sub-16". As xogadoras deberán persoarse  no Campo Federativo de Coia (herba sintética), sito en Vigo, provistas do material deportivo oportuno para levar a cabo o adestramento.

Tratase de MARGARITA POMBO VILAS que milita no JUVENTUD CAMBADOS Feminino de recente creación e NEREA PREGO GONZALEZ que milita no S.D. CHISPA.








6.10.16

BURGÁNS ACOLLERÁ A FINAL DA COPA FEDERACIÓN












O Campo Municipal de Burgáns en Cambados acollerá a final da Copa Federación na sua fase galega o vindeiro mércores dia 12 de outubro a partires das 17:30 hrs.

Dias pasados delegados da federación e dos equipos finalistas visitaron as instalacións cambadesas e diron o beneplácito a que fora Burgáns a se da final.

A final galega da Copa RFEF. E non vai a ser unha final calquera. Fronte a fronte dous clásicos do fútbol galego e dous dos equipos con máis historia e rivalidade deportiva no noso fútbol: o Arosa S.C. e o Pontevedra C.F.

Os dous acadaron a clasificación para a final a pesar de xogar fóra da casa. O Arosa mideuse co Cerceda no Roxo e o partido rematou co resultado de 1-2 a favor dos vilagarciáns.

Máis complicado o tiveron os pontevedreses, que xogaron no Baltasar Pujales diante do campión da tempada anterior, o Rápido de Bouzas. O encontro rematou con empate, 2-2, e a clasificación xogouse na quenda de penaltis, na que gañou o Pontevedra 5-3.





26.8.16

MAÑÁN XÓGASE O TORNEO DE FÚTBOL "VILA DE CAMBADOS"









XXXIV Trofeo Vila de Cambados
Este sábado, a partir das 18.30 horas en Burgáns, enfrontámonos ao CD Seixalbo, clube ourensá que militará na 2a Rexional Galega G9, con motivo dunha nova edición do Trofeo Vila de Cambados.
Último partido de pretempada para o equipo local antes de comezar a súa andaina na Primeira Rexional Galega G5.
Entrada público xeral: 3€
Socios/renovacións: Gratis





12.8.16

O CAMBADÉS "PIBE" VOLTA A GALICIA












O Coruxo anunciou este pasado xoves a contratación de Agustín Pastoriza Cacabelos 'Pibe' procedente do Oviedo Vetusta. Retorna a Galicia tras militar en Cambados, Pontevedra ou Arousa entre outros.

Salvo sorpresa de última hora, o conxunto de Rafa Sáez pecha o plantel con Agustín Pastoriza 'Pibe', xogador de ascendencia arxentina que ficha polo Coruxo tras militar a pasada campaña en Betis B e Oviedo Vetusta.

Como o propio interior afirma a decisión de recalar en Vigo foi fácil: "Son de aquí, tiña ganas de volver a casa". O atacante dará variantes e profundida na segunda liña (onde se desempeña) unhas posicións que contan con Pedro Vázquez, Jorge Fernández, Mateo e Hugo Sanmartín.

Pibe pode xogar tanto no flanco dereito como no esquerdo destacando a súa polivalencia e sobre todo a súa mobilidade. Así mesmo, achegará xuventude (20 anos) e descaro.

Xogador prometedor que xogou en Arousa, Cambados e A Seca. Tras a súa estancia no Pontevedra CF recalou no equipo xuvenil do Betis onde logrou debutar co primeiro equipo verdibranco ante o Osasuna. Ao ano seguinte, aínda sendo xuvenil, disputou seis encontros co filial bético.

A pasada campaña non tivo a sorte de ter os minutos desexados por problemas extradeportivos o cal precipitou o seu desembarco no Oviedo Vetusta da terceira división asturiana onde logrou dous goles na segunda metade da tempada.

Foi internacional coa albiceleste nas categorías inferiores sendo un xogador cunha gran proxección. Buscará despregar en O Vao o seu talento.







2.8.16

ARRANCA O CLUB JUVENTUD CAMBADOS 16/17











ARRANCA O CLUB JUVENTUD CAMBADOS 16/17
Onte, ás 21:00 no campo do Pombal, comezou a pretemporada d equipo senior do C.J. de Cambados. Os xogadores teñen por diante un intenso mes de preparación para esta nova tempada que comezará o día 4 de setembro visitando ao Amanecer S.D.
Gregorio Santorum, Quique Otero procedentes do Arosa SC, Nico Conde,  do X. Sanxenxo, Iñaki Baúlde, regresa procedente do USD O Grove, Javi Domingo, que ven do Caldas, David Gómez "Cheri" do San Martín son as incorporacións polo momento. A esto hai que sumar a continuidade da maioría de xogadores que acadaron o ascenso e coa dirección por segundo ano de Luís Carro e Tino Buján.
Agora toca traballar dende para afrontar coas máximas garantías unha nova tempada futbolística, desta vez na Primeira Rexional Galega Grupo 5, 

Estos son os partidos de pretempada que xogará o CJ Cambados.
- CJ Cambados - Caldas. Xoves, 4 de agosto. O Pombal. ENTRADA GRATUITA.
- CJ Cambados - Zacande FC. Venres 12.
- CJ Cambados - Céltiga FC. Sábado 13. Burgáns. Trofeo Albariño.
- Villagarcía SD - CJ Cambados. Luns 14.
- Marín CF - Porriño Ind. - CJ Cambados. Sábado 20. San Pedro ( Marín )
- CJ Cambados - Seixalbo. Sábado 27. 18:30. Burgáns. Trofeo Villa de Cambados.