Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2015

A TI MEU CAMBADOS EN LUAR




Manso e Amigos presentan o CD "A Ti Meu Cambados" o vindeiro venres no Luar da TVG.
O programa musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
Os venres a partires das 22:00 hs






"CULTURA NO CAMIÑO" TRAE 316 ESPECTÁCULOS A GALICIA






Con motivo da continuidade da celebración do Ano Franciscano, a Xunta de Galicia ofrece, a partir do 15 de abril e ata o 30 de setembro de 2015, un total de 316 actuacións escénicas e musicais a cargo de 138 formacións artísticas galegas en 93 concellos. Cultura no Camiño sae así de novo ao encontro dos espectadores galegos e de cantos nos visitan para lles amosar toda a calidade e a variedade da nosa produción de espectáculos engadindo, se cabe, maior valor artístico ás localidades participantes, todas elas situadas nas distintas rutas xacobeas. Concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, maxia e novo circo compoñen un intenso calendario cultural e de lecer, coordinado por Turismo de Galicia e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co patrocinio privado de Gadisa. 


Cambados 

08/05/15 22:30 h Salón -Congresos e Exposicións J. Peña- Xoel López en concerto 
22/05/15 17:00 h Pazo Torrado -Animar-T  -Teatro infantil -Laia, aprendiz de maga 
21/06/15 21:00 h Auditorio da Xuventude -Guadi Galego en concerto  -Lúas de outubro e agosto

TODOS OS ESPECTÁCULOS




DESCARTAN UN SEGUNDO VEHÍCULO NO ACCIDENTE DE OUBIÑA





O tenente coronel xefe de Tráfico en Galicia da Garda Civil,Francisco Javier Molano, descartou hoxe a presenza doutro vehículo no accidente que custou a vida a unha moza en Cambados (Pontevedra). Unha muller faleceu onte á noite nun accidente de tráfico rexistrado na estrada que une Pontevedra con Cambados, concretamente en Oubiña.

Inicialmente comentouse que conducía un home e que falecera unha muller que ía de copiloto, aínda que Molano explicou hoxe ante os medios de comunicación que a condutora era unha muller de dezaoito anos que obtivera o carné había tres meses. Faleceu a ocupante do asento do copiloto, que tiña vinteun anos, por unha "saída de vía pola dereita" na que está descartada "a intervención doutro vehículo", precisou, posto que se trata dunha "colisión contra un obstáculo fixo".




PROSIGUE LA SUBASTA DE LOS CUADROS CONTRA "AME"





Despues de dos dias los cuadros puestos a subasta para recaudar fondos para 

Fundación Atrofia Muscular Espinal (Fundame) se puede decir que va regular.

Recordamos que el pasado sábado los artistas arosanos "Gogue" Rodríguez y Lino Silva hicieron gala de su saber pictórico ante cientos de personas en la Plaza De Alfredo Brañas que se acercaron a verlos, a sacarse unas fotos con la lengua fuera que es la manera de expresar la lucha contra esta enfermedad.

La viñeta de Gogue y sus personajes, protagonistas de una historia diaria en "El Faro de Vigo" ya va por los 100€. Esperemos que en los dias que faltan alcance una cifra mayor.







El cuadro de Lino Silva va en estos momentos por los 150€.
Lino Silva es un pintor de reconocido prestigio en Galicia, aunque fuera de nuestra tierra no es conocido para el gran público en los corros artísticos goza de fama y popularidad.





El cuadro cedido por el emergente Tino Chaves hecho en puntillismo con tinta y que refleja uno de los lugares más emblemáticos de Cambados está en estos momentos por los 80€, muy poco para su valor real al igual que los otros dos, por lo que pedimos a los amantes y no tan amantes del arte un esfuerzo económico. 

RECORDAD QUE ES POR UNA BUENA CAUSA



UN XUÍZ OBRIGA AO CONCELLO A FACILITAR A DOCUMENTACIÓN AOS SOCIALISTAS








NOVAMENTE, TEN QUE SER UN XUÍZ QUEN RECOÑEZA O DEREITO DOS SOCIALISTAS A ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN MUNICIPAL.


A semana pasada, os Socialistas de Cambados, presentaron ante o Xuzgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra un escrito para iniciar un Procedemento para a Protección dos Dereitos Fundamentais ante a inactividade do Concello de Cambados.
A Portavoz, Fátima Abal, solicitou por escrito hai máis dun mes o acceso ó rexistro de entradas e saídas dos traballadores do Concello mediante pegada dixital e ós movementos bancarios das contas do Concello, sen obter resposta algunha por parte do Concello.
“O Concello de Cambados é sen dúbida un dos menos transparentes de Galicia. Non só non o é cos veciños, senón que tampouco o é cos portavoces municipais. En catro anos, non houbo nin unha soa Xunta de Portavoces, as últimas Xuntas de Goberno Local foron entregadas con 5 meses de retraso. Ademáis, temos nove queixas ante o Valedor e tres Contenciosos Administrativos, todos eles presentados polo mesmo motivo: porque o Concello se nega a darnos a documentación solicitada. Unha vez máis ten que ser o xuíz o que lle requira  a documentación ó Concello para que este grupo municipal, poida ter acceso a ela."
“Xa quedou claro noutras ocasións que a desculpa dada desde o Concello, sobre o volume de traballo e o non poder entregala a tempo, é unha burda mentira, pois no caso da solicitude feita hai uns meses de acceso ó listado de  licencias urbanísticas concedidas a particulares e logo anuladas xudicialmente, o informe estaba feito e firmado desde o día seguinte á solicitude, a pesar de que sólo nos foi entregado meses despois, cando o xuíz do Contencioso llo requeríu formalmente ó Concello.“
Non existe ningunha vontade por parte do Concello de colaborar na tarefa de fiscalización e oposición deste Grupo Municipal, que xa avisou en moitas ocasións, que todo aquelo que lles corresponda legalmente, se non é facilitado polo propio Concello, lles virá requerido xudicialmente.
A Portavoz socialista, unha vez máis reitera: “coñecemos os nosos dereitos e non dudaremos en exercitalos. Se Luis Aragunde pensa que negándonos a información unha vez tras outra, nos imos a cansar de pedila, está moi equivocado,  xa llo demostramos e llo seguiremos demostrando. Temos dereito a solicitar e a que nos sexa entregada toda a información que precisemos“.

                      

                                       

30 de marzo de 2015

ACCIDENTE MORTAL EN CAMBADOS








Accidente mortal en Cambados. 
O CAE 112 Galicia, tras recibir o aviso  pasados uns minutos das 21 horas de hoxe, alertou aos Servicios Sanitarios e de Urxencias que se desplazaron ata o lugar na Po-300 en Oubiña (Cambados).
 Como consecuencia do accidente faleceu unha rapaza de 21 anos, J.B.G. de Vilanova e resultou ferida a conductora de 18 anos, ao parecer de Sanxenxo.
 A condutora resultou ilesa, pero foi trasladada ao centro de saúde afectada dun ataque de ansiedade, segundo fontes do servizo de Emerxencias.

Ao parecer a condutora saíuse da vía ao intentar esquivar un coche que viña de fronte e evitar así a colisión. O coche sinistrado envorcou parcialmente, precisamente do lado no que viaxaba a moza falecida.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros, Protección Civil e ambulancias.





CAMBADOS QUEDA SEN OBRADOIRO DE EMPREGO





Vilagarcía contará cun novo obradoiro de emprego ao obter o seu proxecto unha elevada puntuación.

A Comisión de Valoración tamén valorou coa máxima puntuación os proxectos dos concellos de Ponteareas, Redondela, Moaña, Tui, a Mancomunidade do Salnés, Lalín, Mos, Vigo, Mancomunidade do Val Miñor, O Grove, Vilanova de Arousa e A Cañiza con Crecente.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra anunciou hoxe que a provincia será beneficiaria de 13 obradoiros desenvolvidos por doce concellos e dúas mancomunidades.
Cores Tourís clausurou hoxe o obradoiro de emprego “Vista Alegre III” dedicado a formar a desempregados de Vilagarcía de Arousa en Carpintería e Confección de Páxinas web.
Aparte de estes durante o dia de hoxe anuncian máis, pero doutras partes de Galicia.

Neste primeiro listado queda fora Cambados que recordemos presentou dous proxentos, un deles para menores de 25 anos.
E que de non haber troco non poderán presentalo coma un logro, aínda que non o é. Pero sabida é capacidade de Aragunde para magnificar todo o que fagan por mínimo que sexa.


ARAGUNDE!!! COIDADO COAS INAUGURACIÓNS.....





A partir de mañá quedan prohibidas as inauguracións en toda España ante a proximidade das eleccións locais e autonómicas do vindeiro 24 de maio.

Dende que no 2011 se reformou a Lei Electoral, a norma establece que dende que se convocan os comicios queda prohibido calquera acto organizado ou financiado polos poderes públicos que conteña alusións a logros obtidos. Tamén se prohiben inauguración de obras ou servizos públicos. 
Pero, acabáronse as visitas a obras ou as fotos?
A algúns políticos gústanlle tanto as fotos que farán cousas e inventarán actos para, sendo "inauguracións encubertas" se convoquen como calquer outra cousa menos eso. Varias veces a oposición denunciou que Luís Aragunde fora a catro lugares, creo recordar, a inaugurar algo, pero con outro nome. Visita ou recibimento de chaves ou reparto de folletos como os que denunciou o B.N.G. de Cambados editado pola Deputación,  "A Deputación en Cambados" de hai 4 anos ou visitas que se produxeron en campaña e precampaña das xerais e municipais.


-Aragunde visita obras en Oubiña – Novembro de 2011
Como será a historia desta volta?
Enlaces e Imaxes Cambados(tk)



O CARTEL DA DISCORDIA OU 5 CARTEIS PARA UN EVENTO




Boceto 1
Preguntarédesvos moitos porque un acto no que "colabora" o Concello e para o que convocou unha rolda de prensa o dia 13 deste mes, careza dun cartel anunciador a 5 dias de producirse. Pois ben imos explicar os pasos dados por Merchi, a rapaza afectada pola AME e o que esto escribe para ter un cartel para o evento que protagonizaron Lino Silva e "Gogue" Rodríguez o pasado sábado 28 na Praza Alfredo Brañas.
Boceto 2

O dia 3 de marzo Merchi tivo unha reunión con persoas do goberno municipal no que se explicou como ía ser o acto e os asistentes a esa reunión aceptaron  e ademáis propuxeron colaborar aportando medios materiais e a música e convocar aos medios a rolda de prensa para o 13 pois ao convocala eles ía ter máis repercusión. Ata aquí todo moi correcto e normal. Nesa mesma reunión pídeselle a Merchi que presente un cartel e que desde o Concello se encargarían de imprimilo e repartilo. Merchi pídeme que o faga eu, algo que nunca fixera e púxenme mans á obra. 

O dia 4 entre Merchi e máis eu preparamos un boceto, que logo mandei por mail a propia Merchi i ela ao Concello o dia 5 ou 6. A resposta foi que o seguite luns estaría preparado, esto é o dia 9.
Problemas co formato impiden que sexa impreso, do cal nos enteramos o dia 17, non sin antes escoitar que non sabían si o cartel sería o definitivo. Para esta continxencia que, sinceiramente agardábamos, tíñamos o Boceto 2. A verdade é que publicitar o Concello ao lado de tres blogs críticos debe joder moito, pero so tiñan que decilo pois había feito outro boceto e que podedes ver na foto. E co que estaban os blogs de acordo, porque o protagonismo ao fin e ao cabo é o acto e a loita contra a AME.

Finalmente o dia martes 24 aparecen os carteis con varios trocos, sobre todo o máis chamativo é a desaparición do escudo do Concello de Cambados que aparecía como colaborador como dixemos antes e como aparece na imaxede arriba (Boceto 1). Por moito que lles pese a algúns os tres blogs ao igual que o grupo de goberno son de Cambados e o escudo non é patrimonio de ninguén e de todos. Para ocupar o seu sitio no cartel aparece o nome do grupo que amenizará o acto cousa que nos parece lóxico e do que nos enteramos ao ver o cartel. O terceiro troco é o de anunciar o Photocall do que non sabíamos cando se mandou o Boceto 1. E a gota que colma o vaso, no perfil de Twitter do Concello aparece o cartel cortando onde aparecen os blogs e os músicos, que os poñen noutra imaxe.
Cando creíamos que xa tos estaba feito (mal) o concello saca unha "newsletter" i en twitter anunciando os actos da fin de semana con un cartel no que elimina aos blogs, como podedes ver enriba e que foi usado tamén para o "photocall".


Así creo que explicamos o proceso dun cartel que podéchedes ver nas redes pero non en papel.
Pero como nos non somos rencorosos fixemos un 3º cartel (ao lado) onde aparece o escudo do Concello de Cambados porque é o escudo de todos.
Temos que puntualizar que aparecen os blogs, porque A TI MEU CAMBADOS,  foi o primeiro en dar a nova sobre Merchi e a sua enfremidade, CORES DE CAMBADOS, porque creou o evento dos selfies e ALZA LA VOZ CAMBADOS, por que o evento dos selfies creouse desde o portal Cambados Noticias do que é un dos administradores. Aparte das fotos de Gogue e Lino que foron quenes realmente deron a idea de facer os cadros en directo e subastalos para recadar  fondos para FUNDAME. Tamén agradecer a SHARKNADOOS a sua participación e tamén a Os Demos da Petaca.





29 de marzo de 2015

VICTORIA CÓMODA DO CAMBADOS




O Juventud de Cambados consegue a sua 7ª victoria na liga a costa dun Marín que se afunde no pozo da 1ª Rexional.
Os tres goles do Cambados foron anotados na primeira metade e incluso pudo marcar algún máis.

Case un cento de espectadores en Burgáns presenciaron a segunda victoria consecutiva dun J. Cambados que mantén as esperanzas de salvación, pero que segue difícil. As temidas cascadas son problema fundamental para a salvación do Cambados posto que un equipo xa está case decidido dos dous que baixan directamente.

Adiantábase o CambadosSánchez de falta directa adianta aos locais no minuto 19. No 38 era Álex Pena que remataba a pracer unha xogada de Marwan para no 42 o propio Marwan sentenciar.
Na segunda metade o Cambados pudo facer algún gol máis pero non concretou as xogadas.

FICHA TÉCNICA



TRIUNFO DO XUVEN COA VISTA POSTA NO PLAY-OFF




Importante triunfo do Xuven Cambados ante a súa afección á hora de dar un novo paso á fronte na súa loita polo playoff de ascenso á Adecco Oro. Para iso, os galegos tiveron que sobrepoñerse ao bo inicio do FC Barcelona dominando os primeiros compases dun encontro no que os puntos de Sulejmanovic serviron para inspirar os de Aleix Durán (14-18). Non foi ata o minuto 4 do segundo período cando os locais puideron facerse co mando do encontro facendo boa a súa intensidade defensiva. Nun encontro no que os bases non estiveron especialmente acertados en ningún dos dous equipos foi o traballo dos interiores baixo os aros o que comezou a decantar o choque durante o segundo tempo. O 37-26 baixo os aros favorable aos de casa impulsou os galegos cara a un playoff do que se despide un FC Barcelona que viu escapar as súas opcións (72-59).

MVPAlberto Rodríguez (Xuven Cambados) - 13 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias para +21 valoración.



Estadísticas


PREMIADOS NA CAMPAÑA DO DIA DO PAI






No dia de hoxe levouse a cabo o sorteo da Campaña do Dia do Pai 2015 que nesta edición estaba dotado con 500 euros, repartidos en 10 vales de 50 euros cada un.
O sorteo celebrouse coa presenza do vicepresidente da asociación Miguel Solla Monteagudo, e do Teniente Alcalde do Concello de Cambados Antonio Pombo.
Premiados
  1. María Isabel Grilo Martínez --------- -El Armario de Noa
  2. Dalia Arias --------------------------- -Peluquería Nuevo Estilo
  3. Joaquín Reboredo ---------- ----------Seguros Juan Rey
  4. Loli Leiros -----------------------------Capricci
  5. Gema Salgado González -------------Laralarita
  6. Isabel Cordal -------------------------Calzados Losada
  7. Marta Serantes -----------------------Joyería Villar
  8. Dorotea Otero ------------------------Confitería Montse
  9. Vanesa Rodríguez --------------------El Baúl de Sara
  10. Alfonso Lobato Macías ----------------Eroski Center 



28 de marzo de 2015

TODO UN ÉXITO A INICIATIVA CADROS CONTRA #AME





Esta mañán tivo lugar o acto no que LINO SILVA e "GOGUE" RODRÍGUEZ pintaron os seus cadros diante de público para unha vez rematados poñer en subasta para recadar fondos para FUNDAME.
A colaboración do Concello, o grupo local SHARKNADOOS dos blogs A TI MEU CAMBADOS, ALZA LA VOZ CAMBADOS e CORES DE CAMBADOS e por suposto dos dous aristas fixo posible o evento que agardemos sirva para recadar a maior cantidade de cartos para a investigación desta enfermidade.

Centos de persoas acercáronse ata a Praza de Alfredo Brañas para comprobar in-situ como os artistas facían os cadros. Lino Silva fixo varios debuxos a carboncillo, aparte do que xa fiera para donar e "Gogue" amosou como sae unha tira de Floreano como as que vemos todos os dias no xornal no que colabora, pero esta vez en cores.
Moitos dos asistentes sacaron a sua lengua para a foto e así aumentar o número de linguas contra #AME.
Entre os asistentes a destacar membros dos tres Grupos Políticos con representación na corporación local. Polo PP estivo o alcalde, polo BNG Víctor Caamaño e M. José Cacabelos e do PSOE Fátima Abal e varios membros do seu partido.


Aparte do grupo SHARKNADOOS tamén amenizou o acto o grupo de gaitas  Os demos da petaca.


Houbo tamén unha sorpresa para os pintores. Unha lingua donada e feita a man por unha amiga do Facebook (Parapalmira Palmirita) foilles regalada a cada un.

Tamén o artista local Tino Chaves donou unha pintura sua para ser subastada.

Desde aquí agradecer a todos os asistentes e aos colaboradores (músicos e artistas)  a sua axuda para que este evento sinxelo fixera desta mañán un tanto gris algo verdadeiramente bonito e gradable.












ÉXITO DE LA INICIATIVA CUADROS CONTRA #AME








Esta mañana tuvo lugar el acto en el que Lino Silva y "Gogue"Rodríguez pintaron sus cuadros delante de público para una vez terminados poner en subasta para recaudar fondos para FUNDAME.
La colaboración del Ayuntamiento, el grupo local SHARKNADOOS de los blogs A TI MEU CAMBADOS, ALZA LA VOZ CAMBADOS y CORES DE CAMBADOS y por supuesto de los dos aristas hizo posible el evento que esperemos sirva para recaudar la mayor cantidad de dinero para la investigación de esta enfermedad.

Cientos de personas se acercaron hasta la Plaza de 

Alfredo Brañas para comprobar in-situ como los artistas pintaban los cuadros. Lino Silva hizo varios dibujos a carboncillo, aparte del que ya hiciera para donar y "Gogue" mostró como sale una tira de "Floreano" como las que vemos todos los dilas en el periódico en el que colabora, pero esta vez en colores.
Muchos de los asistentes sacaron su lengua para la foto y así aumentar el número de lenguas contra #AME.
Entre los asistentes a destacar miembros de los tres Grupos Políticos con representación en la corporación local. Por el PPestuvo el alcalde, por el BNG Víctor Caamaño y MJosé Cacabelos y del PSOE Fátima Abal y varios miembros de su partido.
Aparte del grupo SHARKNADOOS también amenizó el acto el grupo de gaitas Os demonios da petaca.
Hubo también una sorpresa para los pintores. Una lengua donada y hecho a mano por una amiga del Facebook (Parapalmira Palmirita) les fue regalado a cada uno.
También el artista local Tino Chaves donó una pintura suya para ser subastada.


Desde aquí agradecer a todos los asistentes y a los colaboradores (músicos y artistas) su ayuda para que este evento sencillo hiciera de esta mañana un tanto gris algo verdaderamente bonito y agradable.







SOMOS CAMBADOS ABRE O PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS PARA AS SUA LISTA







SOMOS CAMBADOS ABRE O PRAZO ATA O 10 DE ABRIL PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATAS E CANDIDATOS A ENCABEZAR A LISTA ELECTORAL NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


A plataforma cidadá, Somos Cambados, acordou no día de onte abrir o prazo para que os veciños e veciñas de Cambados que o desexen poidan presentar a súa candidatura para encabezar a lista electoral nas vindeiras Eleccións Municipais. O único requisito é cumprir o Código Ético aprobado por unanimidade na asamblea de onte, e presentar a súa candidatura a través das redes sociais ou ben do correo electrónico somosmaioriacambados@gmail.com.

Dende Somos Cambados pensan que os veciños e veciñas da nosa vila estamos ante un proceso histórico na política local de Cambados, xa que por primeira vez se abre un proceso no que tódolos cambadeses van poder escoller o candidato ou candidata á Alcaldía, sen que este veña imposto dende unhas siglas ou dende pactos entre cúpulas de partidos.


Tamén aprobouse un Código Ético de obrigado cumprimento por parte dos veciños e veciñas de Cambados que queiran presentarse neste proceso, no que se define a participación política en Somos Cambados, que vai chegar máis aló das vindeiras eleccións. Esta plataforma non nace só para este proceso electoral, senón que o fai para establecerse en Cambados como unha ferramenta de rexeneración democrática e participación cidadá. "Queremos ser a alternativa dos veciños e veciñas despois de 28 anos de goberno do Partido Popular" apuntan desde Somos Cambados.


Por último, tamén se acordou abrir un espazo dentro da web e das redes sociais de Somos Cambados para que os veciños e veciñas aporten ideas para a elaboración do noso Programa Electoral, para o cal xa se recolleron onte suxestións de arredor de medio cento de persoas, e que se denominará: “Que queres que faga o teu Concello”. Agardan pola participación dos cambadeses e das cambadesas para que unha vez elaborado o Programa Electoral na súa totalidade este sexa sometido á súa aprobación na vindeira Asamblea de Somos Cambados.





CADROS CONTRA #AME





27 de marzo de 2015

PREVIA DO XUVEN-BARÇA B



O tropezo na prórroga dos azulgranas ante a CB Academy obrígaos a gañar no Pombal, si ou si, se queren entrar en 'playoff'. Tres partidos quédanlle ao Barça e a tres partidos está Cambabos, que marca a zona de 'playoff'. Polo tanto, os de Aleix Durán terían que gañar e de máis de 3 para superar o 'average' da ida. Así poderían aspirar a superar os galegos.
E tamén esperar logo que o Xuvenperda todo o que lle queda. Complicado. Non obstante, todo pasa por facer os deberes e gañar de momento mañá. Obviamente, o equipo de Yago Casal non está para historias e quere asegurar canto antes a súa merecida participación na loita polos cruzamentos. A súa última derrota en Ávila incentivaraos para ir a por todas ante o seu público e pechar case matematicamente a súa clasificación, xa que aínda estarían pendentes do CBT.

A seguir: As recentes dobres figuras de Nkaloulou (16-10) fanlle obxectivo principal de torres visitantes como Draskovic ou Sulejmanovic.
O dato: Case 40 triplos lanzaron os azulgranas no seu último choque. Moitos. Meteron 11 e asinaron un 30%.
A ida: +3 para Cambados (60-63)

Data e hora: sábado, 18:00 horas



ANÉCDOTAS ELECTORAIS




Agora que se achegan as eleccións locais vou contar unha anécdota que lle ocurreu a un amigo meu de ben cerca.
Este amigo ten por costume asistir a os mítins que se celebran no pobo sexan do partido de que sexan. Nunha campaña para as locais e como dixemos antes foi a ver un mítin dun partido, o lugar onde se celebraba estaba moi concurrido e nel falaron varios dos candidatos e algún representante do partido a nivel provincial e autonómico.
Rematado o mitin o meu amigo disposto a marchar, nota un toque na espalda e ao xirarse ve que é o candidato a alcalde quen o chama e lévao a un lado. 
- Hola ti tes unha irmá solteira?- pregunta o candidato.
- Si- contesta meu amigo.
- Pois dille que vaia a o súpermercado ...... e entregue o curriculum da miña parte.
O meu amigo comentoullo a sua irmá e levou o curriculum ao dia seguinte ao supermercado, pero a sua sorpresa foi que uns dias despois esas palabras do candidato xa as escoitaran outras persoas.
Agora mismo nese concello estanse ofertando, do mesmo xeito postos de traballo en varios lugares, algúns en obras outros nin se empezou con elas e outros que para acadar o posto son necesarios certos cursos que case ningún dos "posibles candidatos" teñen.

Conclusión.......... cada un que saque a suas.




UN NOVO ESPECTÁCULO DOS BOLECHAS CHEGA A CAMBADOS






Sábado, ás 18 horas. Auditorio da Xuventude. O Concello de Cambados, integrante da Rede de Dinamización Lingüística, acolle este sábado (18 horas) no Auditorio da Xuventude, un novo espectáculo de Os Bolechas dentro do programa FalaRedes.  A actividade vai destinada sobre todo a escolares de entre 4 e 8 anos de idade.
Os Bolechas achegáronse por vez primeira a Cambados en 2010, con motivo da publicación dunha entrega do autor Pepe Carreiro dedicada á Vila do Albariño. O libro conta unha aventura onde o principal protagonista é o cadelo Chispa, a quen lle da unha tolería e volve tolos a outros personaxes.

“OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO”
Os Bolechas atopan un estraño aparello que non recoñecen ata que Braulio cae na conta: é unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala, pero todos teñen medo de meterse nela, así que bótano a sortes e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous irmáns métense nela e Braulio preme os botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona!
Mais Carlos e Pili non queren ser maiores; teñen as pernas e os brazos moi longos e a cabeza moi grande… e a Carlos mesmo lle saíu barba. Agggg! Queren volver a ser nenos, así que usarán de novo a máquina para volver atrás. Entón aparece o dono do aparato, o doutor Apolodoro, un científico turuleque ao que non lle gustan nada os cativos e non quere que Os Bolechas volvan a ser nenos, así que estraga a máquina e os dous irmáns aparecen… na Prehistoria!
Como van volver agora os irmáns ao presente? Van precisar a axuda de 
todo o público para faceren unha loooonga viaxe ata o momento actual.



26 de marzo de 2015

ESTE DOMINGO HAI CAMBIO DE HORA





A madrugada do próximo domingo, día 29 de marzo, comeza a "Hora de Verán" Os reloxos deberán adiantarse unha hora (ás 02.00 h serán as 03.00 h), en cumprimento da Directiva Comunitaria que rexe o denominado "Cambio de Hora" e que afecta a todos os países membros da Unión Europea.

O "Cambio de Hora" comezou a xeneralizarse, aínda que de xeito desigual, a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.

Dende a aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e Consello da Unión, en xaneiro de 2001, este cambio aplícase con carácter indefinido. Dita Directiva está incorporada ao ordenamento xurídico español por Real decreto 236/2002, de 1 de marzo.





PRESENTACIÓN DO CANDIDATO DE "CAMBADOS PODE"






A moitos chegaríavos a casa un folleto de "CAMBADOS PODE" cunha presentación moi coidada e que para ser dun partido emerxente e independiente resulta difícil de facer, toda vez que esto require dun presuposto que non teñen a maioría de formacións deste tipo.
Xa comentamos días pasados que as propostas políticas deste folleto eran na sua maioría, propostas populistas e difícilmente poderían ser desenroladas por un goberno municipal.

CAMBADOS PODE PRESENTA 14 COMPROMISOS POPULISTAS E SEN CONTIDO


Pero chaman a atención varias cousas que pasamos a desgranar. 
-A cor violeta de "PODE" que pode levar a engano con "PODEMOS"
-As sospeitas sobre obras do "PLAN É" feitas entre o 2009 e 2011 periodo no que a irmán do candidato era concelleira do PP no noso concello. Que sabe? Teñen probas de algún feito delictivo?.
-A PRESENTACIÓN DO CANDIDATO
O candiato, elexido nunha desas asembleas de veciños sen publicidade, é un descoñecido para a meirande parte dos cambadeses
Din que "CAMBADOS PODE" nútrese de simpatizantes de partidos tradicionais, PP, PSOE e BNG así como simpatizantes de partidos emerxentes como PODEMOS ou CIUDADANOS. Pola descripción que fan parece que ningún fora militante e como a nivel local hai anos que so se presentan estes tres partidos pois por algún habería que votar, non?
Non menciona, particularmente chamativo, ao partido no que militou o seu pai e que conseguira hai anos un concelleiro. Desmárcanse dese partido ou desmárcase da traxectoria pública e notoria políticamente falando do seu pai?
A sua irmán tamén, como dixemos antes, concelleira durante 4 anos tampouco a menciona. Será para non vincularse co PP?.
Pero a quen si menciona da sua familia é ao seu avó, o gran Secundino Abal, histórico gaiteiro do Salnés e de Galicia. Membro dos míticos "Os Carballeiras". Si ser neto dalgún gran mestre da música ou calquer outra arte é bagaxe suficiente para chegar a alcalde entón xuntemos familiares dos grandes artistas de Cambados e deixemos que eles nos gobernen. E figuras insignes en Cambados temos un feixe de "GRANDES".
Tamén  destacan os seus estudios i experiencia en producción alimentaria e enerxías renovables parece que para ser alcalde necesítase ter estudios?. As veces vale máis un impulso externo e si non que pregunten a Louzán ou Aragunde.