Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de marzo de 2017

RESCATADOS OS TRIPULANTES DUN BARCO DE CAMBADOS AFUNDIDO NA COSTA DA CORUÑA











Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron á primeira hora da tarde deste mércores aos tres tripulantes do pesqueiro 'Olisan', embarcación con base en Cambados que se afundiu a catro millas de Cabo Prior (A Coruña).

Salvamento recibiu a alerta tras a activación do sinal de radiobaliza do pesqueiro pasadas ás 14:02 horas, recibida no Centro Nacional de Coordinación. Desde alí mobilizáronse o Helimer 209 e a Salvamar Betelgeuse ademais da pesqueiro 'María Isabel', que se atopaba nas inmediacións.

O helicóptero localizou unha balsa salvavidas á deriva na zona e a Salvamar Betelgeuse puido rescatar aos tripulantes, todos en aparente bo estado.

Tras retirar os obxectos á boia que poderían supoñer un perigo para a navegación, a Betelgeuse iniciou o seu rumbo cara ao peirao de Oza na Coruña, onde os tres rescatados serán atendidos por unha ambulancia do 061.

O "Olisán" segundo informou a Galicia Ártabra Ruperto Costa patrón maior da Confraría de Cambados foi construído no ano 1994 e dirixíase á zona do Cantábrico á pesca da xarda.

Tanto a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal como o portavoz municipal, Xurxo Charlín, manifestaron a Galicia Ártabra a súa satisfacción ao coñecer que se puxeron a salvo os tripulantes lamentando o afundimento do pesqueiro.

Aínda que o "Olisán" ten a súa base en Cambados fora adquirido non fai moito por armadores de Boiro e Rianxo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.