Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de marzo de 2015

PRESENTACIÓN DO CANDIDATO DE "CAMBADOS PODE"






A moitos chegaríavos a casa un folleto de "CAMBADOS PODE" cunha presentación moi coidada e que para ser dun partido emerxente e independiente resulta difícil de facer, toda vez que esto require dun presuposto que non teñen a maioría de formacións deste tipo.
Xa comentamos días pasados que as propostas políticas deste folleto eran na sua maioría, propostas populistas e difícilmente poderían ser desenroladas por un goberno municipal.

CAMBADOS PODE PRESENTA 14 COMPROMISOS POPULISTAS E SEN CONTIDO


Pero chaman a atención varias cousas que pasamos a desgranar. 
-A cor violeta de "PODE" que pode levar a engano con "PODEMOS"
-As sospeitas sobre obras do "PLAN É" feitas entre o 2009 e 2011 periodo no que a irmán do candidato era concelleira do PP no noso concello. Que sabe? Teñen probas de algún feito delictivo?.
-A PRESENTACIÓN DO CANDIDATO
O candiato, elexido nunha desas asembleas de veciños sen publicidade, é un descoñecido para a meirande parte dos cambadeses
Din que "CAMBADOS PODE" nútrese de simpatizantes de partidos tradicionais, PP, PSOE e BNG así como simpatizantes de partidos emerxentes como PODEMOS ou CIUDADANOS. Pola descripción que fan parece que ningún fora militante e como a nivel local hai anos que so se presentan estes tres partidos pois por algún habería que votar, non?
Non menciona, particularmente chamativo, ao partido no que militou o seu pai e que conseguira hai anos un concelleiro. Desmárcanse dese partido ou desmárcase da traxectoria pública e notoria políticamente falando do seu pai?
A sua irmán tamén, como dixemos antes, concelleira durante 4 anos tampouco a menciona. Será para non vincularse co PP?.
Pero a quen si menciona da sua familia é ao seu avó, o gran Secundino Abal, histórico gaiteiro do Salnés e de Galicia. Membro dos míticos "Os Carballeiras". Si ser neto dalgún gran mestre da música ou calquer outra arte é bagaxe suficiente para chegar a alcalde entón xuntemos familiares dos grandes artistas de Cambados e deixemos que eles nos gobernen. E figuras insignes en Cambados temos un feixe de "GRANDES".
Tamén  destacan os seus estudios i experiencia en producción alimentaria e enerxías renovables parece que para ser alcalde necesítase ter estudios?. As veces vale máis un impulso externo e si non que pregunten a Louzán ou Aragunde.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.