Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de marzo de 2015

SOMOS CAMBADOS ABRE O PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS PARA AS SUA LISTA







SOMOS CAMBADOS ABRE O PRAZO ATA O 10 DE ABRIL PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATAS E CANDIDATOS A ENCABEZAR A LISTA ELECTORAL NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


A plataforma cidadá, Somos Cambados, acordou no día de onte abrir o prazo para que os veciños e veciñas de Cambados que o desexen poidan presentar a súa candidatura para encabezar a lista electoral nas vindeiras Eleccións Municipais. O único requisito é cumprir o Código Ético aprobado por unanimidade na asamblea de onte, e presentar a súa candidatura a través das redes sociais ou ben do correo electrónico somosmaioriacambados@gmail.com.

Dende Somos Cambados pensan que os veciños e veciñas da nosa vila estamos ante un proceso histórico na política local de Cambados, xa que por primeira vez se abre un proceso no que tódolos cambadeses van poder escoller o candidato ou candidata á Alcaldía, sen que este veña imposto dende unhas siglas ou dende pactos entre cúpulas de partidos.


Tamén aprobouse un Código Ético de obrigado cumprimento por parte dos veciños e veciñas de Cambados que queiran presentarse neste proceso, no que se define a participación política en Somos Cambados, que vai chegar máis aló das vindeiras eleccións. Esta plataforma non nace só para este proceso electoral, senón que o fai para establecerse en Cambados como unha ferramenta de rexeneración democrática e participación cidadá. "Queremos ser a alternativa dos veciños e veciñas despois de 28 anos de goberno do Partido Popular" apuntan desde Somos Cambados.


Por último, tamén se acordou abrir un espazo dentro da web e das redes sociais de Somos Cambados para que os veciños e veciñas aporten ideas para a elaboración do noso Programa Electoral, para o cal xa se recolleron onte suxestións de arredor de medio cento de persoas, e que se denominará: “Que queres que faga o teu Concello”. Agardan pola participación dos cambadeses e das cambadesas para que unha vez elaborado o Programa Electoral na súa totalidade este sexa sometido á súa aprobación na vindeira Asamblea de Somos Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.