Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2015

O CARTEL DA DISCORDIA OU 5 CARTEIS PARA UN EVENTO




Boceto 1
Preguntarédesvos moitos porque un acto no que "colabora" o Concello e para o que convocou unha rolda de prensa o dia 13 deste mes, careza dun cartel anunciador a 5 dias de producirse. Pois ben imos explicar os pasos dados por Merchi, a rapaza afectada pola AME e o que esto escribe para ter un cartel para o evento que protagonizaron Lino Silva e "Gogue" Rodríguez o pasado sábado 28 na Praza Alfredo Brañas.
Boceto 2

O dia 3 de marzo Merchi tivo unha reunión con persoas do goberno municipal no que se explicou como ía ser o acto e os asistentes a esa reunión aceptaron  e ademáis propuxeron colaborar aportando medios materiais e a música e convocar aos medios a rolda de prensa para o 13 pois ao convocala eles ía ter máis repercusión. Ata aquí todo moi correcto e normal. Nesa mesma reunión pídeselle a Merchi que presente un cartel e que desde o Concello se encargarían de imprimilo e repartilo. Merchi pídeme que o faga eu, algo que nunca fixera e púxenme mans á obra. 

O dia 4 entre Merchi e máis eu preparamos un boceto, que logo mandei por mail a propia Merchi i ela ao Concello o dia 5 ou 6. A resposta foi que o seguite luns estaría preparado, esto é o dia 9.
Problemas co formato impiden que sexa impreso, do cal nos enteramos o dia 17, non sin antes escoitar que non sabían si o cartel sería o definitivo. Para esta continxencia que, sinceiramente agardábamos, tíñamos o Boceto 2. A verdade é que publicitar o Concello ao lado de tres blogs críticos debe joder moito, pero so tiñan que decilo pois había feito outro boceto e que podedes ver na foto. E co que estaban os blogs de acordo, porque o protagonismo ao fin e ao cabo é o acto e a loita contra a AME.

Finalmente o dia martes 24 aparecen os carteis con varios trocos, sobre todo o máis chamativo é a desaparición do escudo do Concello de Cambados que aparecía como colaborador como dixemos antes e como aparece na imaxede arriba (Boceto 1). Por moito que lles pese a algúns os tres blogs ao igual que o grupo de goberno son de Cambados e o escudo non é patrimonio de ninguén e de todos. Para ocupar o seu sitio no cartel aparece o nome do grupo que amenizará o acto cousa que nos parece lóxico e do que nos enteramos ao ver o cartel. O terceiro troco é o de anunciar o Photocall do que non sabíamos cando se mandou o Boceto 1. E a gota que colma o vaso, no perfil de Twitter do Concello aparece o cartel cortando onde aparecen os blogs e os músicos, que os poñen noutra imaxe.
Cando creíamos que xa tos estaba feito (mal) o concello saca unha "newsletter" i en twitter anunciando os actos da fin de semana con un cartel no que elimina aos blogs, como podedes ver enriba e que foi usado tamén para o "photocall".


Así creo que explicamos o proceso dun cartel que podéchedes ver nas redes pero non en papel.
Pero como nos non somos rencorosos fixemos un 3º cartel (ao lado) onde aparece o escudo do Concello de Cambados porque é o escudo de todos.
Temos que puntualizar que aparecen os blogs, porque A TI MEU CAMBADOS,  foi o primeiro en dar a nova sobre Merchi e a sua enfremidade, CORES DE CAMBADOS, porque creou o evento dos selfies e ALZA LA VOZ CAMBADOS, por que o evento dos selfies creouse desde o portal Cambados Noticias do que é un dos administradores. Aparte das fotos de Gogue e Lino que foron quenes realmente deron a idea de facer os cadros en directo e subastalos para recadar  fondos para FUNDAME. Tamén agradecer a SHARKNADOOS a sua participación e tamén a Os Demos da Petaca.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.