Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2015

"CULTURA NO CAMIÑO" TRAE 316 ESPECTÁCULOS A GALICIA






Con motivo da continuidade da celebración do Ano Franciscano, a Xunta de Galicia ofrece, a partir do 15 de abril e ata o 30 de setembro de 2015, un total de 316 actuacións escénicas e musicais a cargo de 138 formacións artísticas galegas en 93 concellos. Cultura no Camiño sae así de novo ao encontro dos espectadores galegos e de cantos nos visitan para lles amosar toda a calidade e a variedade da nosa produción de espectáculos engadindo, se cabe, maior valor artístico ás localidades participantes, todas elas situadas nas distintas rutas xacobeas. Concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, maxia e novo circo compoñen un intenso calendario cultural e de lecer, coordinado por Turismo de Galicia e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co patrocinio privado de Gadisa. 


Cambados 

08/05/15 22:30 h Salón -Congresos e Exposicións J. Peña- Xoel López en concerto 
22/05/15 17:00 h Pazo Torrado -Animar-T  -Teatro infantil -Laia, aprendiz de maga 
21/06/15 21:00 h Auditorio da Xuventude -Guadi Galego en concerto  -Lúas de outubro e agosto

TODOS OS ESPECTÁCULOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.