Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2015

UN XUÍZ OBRIGA AO CONCELLO A FACILITAR A DOCUMENTACIÓN AOS SOCIALISTAS








NOVAMENTE, TEN QUE SER UN XUÍZ QUEN RECOÑEZA O DEREITO DOS SOCIALISTAS A ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN MUNICIPAL.


A semana pasada, os Socialistas de Cambados, presentaron ante o Xuzgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra un escrito para iniciar un Procedemento para a Protección dos Dereitos Fundamentais ante a inactividade do Concello de Cambados.
A Portavoz, Fátima Abal, solicitou por escrito hai máis dun mes o acceso ó rexistro de entradas e saídas dos traballadores do Concello mediante pegada dixital e ós movementos bancarios das contas do Concello, sen obter resposta algunha por parte do Concello.
“O Concello de Cambados é sen dúbida un dos menos transparentes de Galicia. Non só non o é cos veciños, senón que tampouco o é cos portavoces municipais. En catro anos, non houbo nin unha soa Xunta de Portavoces, as últimas Xuntas de Goberno Local foron entregadas con 5 meses de retraso. Ademáis, temos nove queixas ante o Valedor e tres Contenciosos Administrativos, todos eles presentados polo mesmo motivo: porque o Concello se nega a darnos a documentación solicitada. Unha vez máis ten que ser o xuíz o que lle requira  a documentación ó Concello para que este grupo municipal, poida ter acceso a ela."
“Xa quedou claro noutras ocasións que a desculpa dada desde o Concello, sobre o volume de traballo e o non poder entregala a tempo, é unha burda mentira, pois no caso da solicitude feita hai uns meses de acceso ó listado de  licencias urbanísticas concedidas a particulares e logo anuladas xudicialmente, o informe estaba feito e firmado desde o día seguinte á solicitude, a pesar de que sólo nos foi entregado meses despois, cando o xuíz do Contencioso llo requeríu formalmente ó Concello.“
Non existe ningunha vontade por parte do Concello de colaborar na tarefa de fiscalización e oposición deste Grupo Municipal, que xa avisou en moitas ocasións, que todo aquelo que lles corresponda legalmente, se non é facilitado polo propio Concello, lles virá requerido xudicialmente.
A Portavoz socialista, unha vez máis reitera: “coñecemos os nosos dereitos e non dudaremos en exercitalos. Se Luis Aragunde pensa que negándonos a información unha vez tras outra, nos imos a cansar de pedila, está moi equivocado,  xa llo demostramos e llo seguiremos demostrando. Temos dereito a solicitar e a que nos sexa entregada toda a información que precisemos“.

                      

                                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.