Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ALZA LA VOZ CAMBADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALZA LA VOZ CAMBADOS. Mostrar todas las entradas

3 de octubre de 2015

CAMBADOS NOTICIAS LANZA A CAMPAÑA "#ánimoCHON"








Os creadores de Cambados Noticias poñen en marcha a campaña #ánimoCHON.
Desde esta plataforma animamos a todos os veciños, amigos e familiares do noso compañeiro a que se saquen unha foto cun cártel que poña "#Ánimo Chon".
¡Esperamos a túa foto!


Tras saber da enfermidade do noso compañeiro "todo o mundo" empezou a preocuparse e a interesarse polo estado de saúde de Xaquin Chon Charliun Gonzalez
Animádevos a desde o evento a amosarlle o voso apoio na loita contra enfermidade, coa sua forza e o noso apoio logrará vencela.









30 de marzo de 2015

O CARTEL DA DISCORDIA OU 5 CARTEIS PARA UN EVENTO




Boceto 1
Preguntarédesvos moitos porque un acto no que "colabora" o Concello e para o que convocou unha rolda de prensa o dia 13 deste mes, careza dun cartel anunciador a 5 dias de producirse. Pois ben imos explicar os pasos dados por Merchi, a rapaza afectada pola AME e o que esto escribe para ter un cartel para o evento que protagonizaron Lino Silva e "Gogue" Rodríguez o pasado sábado 28 na Praza Alfredo Brañas.
Boceto 2

O dia 3 de marzo Merchi tivo unha reunión con persoas do goberno municipal no que se explicou como ía ser o acto e os asistentes a esa reunión aceptaron  e ademáis propuxeron colaborar aportando medios materiais e a música e convocar aos medios a rolda de prensa para o 13 pois ao convocala eles ía ter máis repercusión. Ata aquí todo moi correcto e normal. Nesa mesma reunión pídeselle a Merchi que presente un cartel e que desde o Concello se encargarían de imprimilo e repartilo. Merchi pídeme que o faga eu, algo que nunca fixera e púxenme mans á obra. 

O dia 4 entre Merchi e máis eu preparamos un boceto, que logo mandei por mail a propia Merchi i ela ao Concello o dia 5 ou 6. A resposta foi que o seguite luns estaría preparado, esto é o dia 9.
Problemas co formato impiden que sexa impreso, do cal nos enteramos o dia 17, non sin antes escoitar que non sabían si o cartel sería o definitivo. Para esta continxencia que, sinceiramente agardábamos, tíñamos o Boceto 2. A verdade é que publicitar o Concello ao lado de tres blogs críticos debe joder moito, pero so tiñan que decilo pois había feito outro boceto e que podedes ver na foto. E co que estaban os blogs de acordo, porque o protagonismo ao fin e ao cabo é o acto e a loita contra a AME.

Finalmente o dia martes 24 aparecen os carteis con varios trocos, sobre todo o máis chamativo é a desaparición do escudo do Concello de Cambados que aparecía como colaborador como dixemos antes e como aparece na imaxede arriba (Boceto 1). Por moito que lles pese a algúns os tres blogs ao igual que o grupo de goberno son de Cambados e o escudo non é patrimonio de ninguén e de todos. Para ocupar o seu sitio no cartel aparece o nome do grupo que amenizará o acto cousa que nos parece lóxico e do que nos enteramos ao ver o cartel. O terceiro troco é o de anunciar o Photocall do que non sabíamos cando se mandou o Boceto 1. E a gota que colma o vaso, no perfil de Twitter do Concello aparece o cartel cortando onde aparecen os blogs e os músicos, que os poñen noutra imaxe.
Cando creíamos que xa tos estaba feito (mal) o concello saca unha "newsletter" i en twitter anunciando os actos da fin de semana con un cartel no que elimina aos blogs, como podedes ver enriba e que foi usado tamén para o "photocall".


Así creo que explicamos o proceso dun cartel que podéchedes ver nas redes pero non en papel.
Pero como nos non somos rencorosos fixemos un 3º cartel (ao lado) onde aparece o escudo do Concello de Cambados porque é o escudo de todos.
Temos que puntualizar que aparecen os blogs, porque A TI MEU CAMBADOS,  foi o primeiro en dar a nova sobre Merchi e a sua enfremidade, CORES DE CAMBADOS, porque creou o evento dos selfies e ALZA LA VOZ CAMBADOS, por que o evento dos selfies creouse desde o portal Cambados Noticias do que é un dos administradores. Aparte das fotos de Gogue e Lino que foron quenes realmente deron a idea de facer os cadros en directo e subastalos para recadar  fondos para FUNDAME. Tamén agradecer a SHARKNADOOS a sua participación e tamén a Os Demos da Petaca.





18 de febrero de 2015

CAMBADOS NOTICIAS CHEGA AOS 3000 MEMBROS




O grupo de facebook  CAMBADOS NOTICIAS  chega a os 3000 membros.
Hai ano e medio aproximadamente nacía este grupo onde poder publicar noticias coa liberdade de expresión do S.XXI. Aparte de publicacións dos membros en xeral, catro dos blogs destacados en Cambados, converteron este grupo nunha plataforma para impulsar e facer chegar a máis público as suas publicacións.

Alza a voz Cambados www.alzalavozcambados.com
A ti meu Cambados www.atimeucambados.blogspot.com.es
Cores de Cambados www.cxusto.blogspot.com.es
Dos vueltas de tuerca www.dosvueltasdetuerca.wordpress.com
Son os blogs de referencia de CAMBADOS NOTICIAS

No grupo hai membros de todas as idades non so de Cambados, senón de pobos cercanos, do resto de España e do mundo vencellados dalgún xeito con Cambados, xente da emigración ou xente que naceu fora pero con raíces no noso pobo.
Cambados Noticias crece e hai a quen lle disgusta que crezamos e que lles restemos potenciais lectores. As duas cabeceiras máis importantes da prensa comarcal teñen a menos nomear aos blogs, a pesares que recollen información nosa e chegan a consultar connosco sobre novas.

Milleiros de novas, unha media de dez ao dia, moitas delas das a prensa non se fai eco, enchen este espazo que quedar libre hai un tempo pola desaparición doutro grupo semellante. Todo aquel que incumpra a premisa da falla de respeto hacia outros membros, vese rexeitado do grupo ao igual que os que incumplan a norma de poñer publicidade enganosa.

Coma todo grupo todo é susceptible de mellorar pero esa labor vaise facendo pouca pouco.
Como un dos administradores do grupo teño que dar as grazas a todos os membros que participan de forma activa e continuada e animar ao resto a que participen. 

     


                                            GRACIÑAS A TODOS



4 de febrero de 2015

O CHEF DO PARADOR DE CAMBADOS GAÑADOR DO CONCURSO DE PINCHOS DE PARADORES






Diego Cordeiro
O cociñeiro do Parador de Cambados, Diego Cordeiro, foi o ganador do primeiro concurso de tapas da rede nacional de Paradores(na súa categoría) que este mediodía celebrouse en  Madrid Fusión´15. O chef presentou unha proposta titulada "Galicia, terra mar e aire". Antonio Moya do parador de Ronda gañou pola súa banda a categoría de xefes de cociña. Nesta mesma categoría tamén había presenza cambadesa coa proposta do cociñeiro do Parador de Gijon, Marcos Serén. 
                                        Primeira categoría: (Xefes de cociña)Antonio Moya Bolancel, xefe de cociña Parador de Ronda, con "Parfait de ajo branco, gel de málaga virxe e trucha afumada".Marcos Serén, xefe de cociña do Parador de Gijón, co seu "Bocado de tiramisú do Cantábrico". Abel Llorente Abaurre, do Parador de Olite, coa súa creación "Canelón de pimiento do piquillo asado, recheo de crema de queixo Idiazábal afumado, con compota de alcachofa, espuma de espárrago branco e crujiente de txistorra".
Segunda categoría:(Chefs)
Do Parador de Cambados foi Diego Cordeiro, con "Galicia terra, mar e aire".
Do Parador de Cruz de Tejeda, Benjamín Calero, con "Ensaladilla de engurradas, sardina e mousse de mazá de Valleseco".
José Antonio Morais, do Parador de Trujillo, co seu "Carpaccio de presa ibérica atrapado en vegetales, texturas afrutadas, crujiente de queixo da dehesa e querelle de xeado de mostaza".



Fonte "ALZA LA VOZ CAMBADOS"


18 de enero de 2015

O CAMBADÉS MARCOS SERÉN PROTAGONISTA NA TELEVISIÓN DE ASTURIAS



Marcos Serén é protagonista, trala nominación como finalista do Concurso de Pinchos de Paradores dunha reportaxe na RTPA, Televisión de Asturias.


Presentará o seu 'Tiramisú do Cantábrico' en Madrid Fusión

O xefe de cociña do Llar del Molín, en Gijón/Xixón, Marcos Serén, é un dos tres finalistas do primeiro concurso de tapas e pinchos que organiza Paradores.
Un bocado de tiramisú do Cantábrico elaborado con biscoito de cacao, queixo Afuega'l Pitu, xelatina de sidra e bocarte do cantábrico son os ingredientes, aptos para celiacos, que pretenden render homenaxe a Gijón e á cultura sidrera.

VIDEO AQUÍ
Con este pincho presentarase en Madrid Fusión, o próximo catro de febreiro, onde competirá con outros dous cociñeiros na súa categoría e terá que elaborar ante un xurado a súa creación nun tempo determinado.
Hai catro anos que Marcos chegou como cociñeiro en prácticas aoLlar del Molín del Parador e, hoxe, é xa xefe de cociña.

O CAMBADÉS MARCOS SERÉN FINALISTA NO CONCURSO DE TAPAS DE PARADORES






O responsable da cociña do parador Muíño Vello de Gijón,  o cambadés, Marcos Serén Portas, acaba de ser elixido finalista no primeiro Campionato de Tapas organizado pola rede nacional de hoteis cunha creación que leva concentrada unha amálgama de sabores apegados á terra e o mar. Un "bocado de tiramisú do Cantábrico" que conseguiu sorprender aos xuíces na fase de selección, e co que tratará de impoñerse na votación final.
Será o vindeiro día 4 de febreiro na feira "Madrid Fusión", onde deberá poñerse mans á obra para emplatar en directo, porque "boa parte do pincho xa o levamos preparado", explica o xefe de cociña do establecemento gijonés. Con el levarase o necesario para preparar unha creación en frío, que aguante un mínimo de 20 minutos sen cambios e que, ademais, conquiste ao xurado co seu particular mestura de texturas e sabores: un biscoito de cacao apto para celiacos, unha escuma de queixo de afuegal pitu, bocarte do Cantábrico e xelatina de sidra.



O resultado, unha tapa "moi saborosa", sinala Marcos Serén, "encantado" con quedar finalista porque "ser elixido para a rolda final, á que chegamos seis persoas de entre 36 paradores de toda España, xa é todo un premio"
.


Desde CORES DE CAMBADOS queremos desexarlle toda a sorte do mundo a Marcos.




20 de agosto de 2014

GRAZAS A TI MARCOS, POR INFORMAR





Esta semana non podemos deixar pasar de referirnos ao récord acadado polo blog "ALZA LA VOZ CAMBADOS". 184.000 en dous dias que se di pronto.

Un récord difícil de batir e moi difícil de dixerir por certos blogs e contas de facebook ou twitter máis interesados en desprestixiar aos competidores que de informar. Como xa fixo "A TI MEU CAMBADOS", nos sumámonos as felicitacións enviadas a Marcos Serén, administrador de "Alza la voz Cambados" e que nos consta foron moitas.
Exemplo da envexa é a foto do lado, publicada en twitter,  na que aparecen as estadísticas de CORES DE CAMBADOS e outras tres fotos coas estadísticas de outros tres blogs de Cambados, "ALZA LA VOZ CAMBADOS", "A TI MEU CAMBADOS" e outro que non lle gusta que se lle poña nome noutras publicacións. Estos datos foron aportados por un anónimo co ánimo de encumbrar a certo blog e vilipendiar a "A TI MEU CAMBADOS" colocandóo na cuarta posición dos blogs cambadeses cando todos sabemos que non é así i nos mesmos aceptamos esa cuarta posición.Porque nos a diferenza de outros non competimos, o que non quere decir que nos encanta que a xente nos lea e cando é necesario compartir a nosa ledicia con todos vos.

En fin, parabéns Marcos e os teus colaboradores e grazas a tí por informarnos.



19 de junio de 2014

SEGUIMOS COAS MENTIRAS OU MEDIAS VERDADES








Unha mentira repetida mil veces non é unha verdade.
Queremos  aclarar, por si algún salvapatrias non se enterou, que a denuncia está feita sobre unha foto dun coche da Policía Local e non do radar da DGT.
Polo tanto non deberíamos mentir aos lectores e facer fotos que non veñen ao caso. 
A Policía Local non é o PP, por sorte, pero o governo municipal de Cambados é do PP i é quen permite os desmáns deste corpo cando se producen. 

A definición de "rampa" no está moi clara para os "salvapatrias" pero imos a explicarllo e na Wikipedia dí:"Unha rampa é un elemento arquitectónico que ten a funcionalidad de circunvalar parcialmente dous planos distintos, de modo que estes posúan unha relativa diferenza de altitude en determinado espazo" 
O coche da Policía Local está na "acera" próximo a rampa pero nin vai sair nin entrar no almacén, pois estivo alí parado un bo rato. E sin ninguén ao volante como pode apreciarse na foto.

Por suposto que entendemos o escrito e todos os escritos que lemos, que a verdade son poucos dese blog, por eso sabemos do que escribimos.
Polo tanto podemos asegurar que non dí a verdade para defender a actitude da Policía Local neste apartado.






Pero o que máis me extrana é que diga que se intenta desprestixiar desde internet a colectivos e sociedades de Cambados. Pola nosa banda non escribimos todo o que sabemos por non despestixiar precisamente a ningún colectivo nin sociedade. Pero hai cousas que a xente debe saber e para eso estamos, na medida que podemos, os blogs incluso o dos "salvapatrias".

Outra cousa que escribe é que non reciben os aplausos de ningún responsable político local.... noraboa xa somos dous!!!!



18 de junio de 2014

MENTIR AOS CAMBADESES PARA LAVARLLE A CARA AO PP



Guerra de blogs.
Non podemos calar ante a falla de respeto hacia os cambadeses e as mentiras.
Pódese terxiversar que non é o caso pero para defender a Policía Local non se pode mentir tan descaradamente.
Estos dias "ALZA LA VOZ CAMBADOS" ven denunciando as continuas e sistemáticas malas prácticas por parte da Policía Local. Aparcan onde lles apetece, as direccións prohibidas non existen para eles, os cinturóns non se usan e outras cousas máis.
Ante esta denuncia aparecen salvapatrias que minten descaradamente.
Con esta imaxe  "ALZA LA VOZ CAMBADOS" denuncia parte desas malas prácticas. Pero o "salvapatrias" minte e acusa a ao denunciante decindo que a foto está recortada, e que nese lugar hai un almacén municipal onde se gardan vehículos municipais. MENTIRA. É certo que hai un almacén pero os coches da Policía Local non "durmen" nese almacén, senón no que hai na rúa Os Pazos a carón do centro de "Esperanza Salnés".Si hai outros vehhículos non poderían saír ao estar o da Policía Local no medio.
Non hai peor mentira que unha media verdade.
A todo esto hai que sumar que o defensor e salvapatrias pensa que ao denunciar as cousas que se fan mal, estás alineado cos grupos políticos da oposición. De tal xeito outros podemos pensar que non denunciando e facendo un blog para a "maioría da xente de Cambados", como dixo no seu momento o "salvapatrias", é estar alineado co poder.