Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas
25 de junio de 2020
CAMBADOS PARTICIPA NUN CONCURSO DA TVG. NECESITA OS TEUS VOTOS
Tralo éxito da pasada edición e o triunfo do barrio de Canido en Ferrol, no Fun Polo Aire buscamos ao que será o mellor barrio de Galicia do 2020. Levamos meses ofrecéndolles o mellor de 13 dos principais barrios do país.
Chegou o momento de mollarse!
Presume de Barrio!
Aquí pode votar por Cambados, A única opción que ofrece é Casco vello de Cambados. Con esta elección non haberá disputas entre os tres barrios históricos de Cambados, San Tomé, Fefiñáns e Cambados.
Para votar preme na seguinte ligazón
23 de junio de 2020
A COCIÑA DO SALNÉS PROTAGONISTA ESTA NOITE NA TVG
Os espectadores da TVG coñecerán este mércores os segredos da gastronomía da comarca do Salnés grazas a unha nova entrega de ‘Come a Comarca’ (23.00 h). O equipo de cociñeiros do programa terá que aprender a preparar o menú máis tradicional desta comarca, composto por salpicón de centolo, caldeirada de peixe e marisco e filloas.
Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau (O Grove), será o encargado de guiar os concursantes pola gastronomía do Salnés. Estes irán á lonxa do Grove para recibir algún dos barcos que chegan de pescar centolo e botar unha man na descarga. Recibirán un centolo a modo de agradecemento e despois irán á Lareira do Larexo, onde os recibirá Loli, unha auténtica experta no cociñado deste crustáceo. Ata a Illa de Arousa irán na procura de Carmen, do restaurante A Meca, para que lles ensine a facer unha caldeirada de peixe ben sabedeira. E, por último, aprenderán a facer filloas con Victoria e María, gañadoras do concurso de filloas 2019 do Concello de Cambados, na categoría contrarreloxio.
Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, na cambadesa praza de Fefiñáns, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Joaquín Álvarez e Tomás Bea, do restaurante Sal de Allo (O Grove); Maite Otero e Aránzazu Fernández, da Fonte do Viño (Cambados), e Marta Esperón, do restaurante Carmen (Sanxenxo). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo ‘Come a Comarca’ do Salnés.
Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau (O Grove), será o encargado de guiar os concursantes pola gastronomía do Salnés. Estes irán á lonxa do Grove para recibir algún dos barcos que chegan de pescar centolo e botar unha man na descarga. Recibirán un centolo a modo de agradecemento e despois irán á Lareira do Larexo, onde os recibirá Loli, unha auténtica experta no cociñado deste crustáceo. Ata a Illa de Arousa irán na procura de Carmen, do restaurante A Meca, para que lles ensine a facer unha caldeirada de peixe ben sabedeira. E, por último, aprenderán a facer filloas con Victoria e María, gañadoras do concurso de filloas 2019 do Concello de Cambados, na categoría contrarreloxio.
Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, na cambadesa praza de Fefiñáns, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Joaquín Álvarez e Tomás Bea, do restaurante Sal de Allo (O Grove); Maite Otero e Aránzazu Fernández, da Fonte do Viño (Cambados), e Marta Esperón, do restaurante Carmen (Sanxenxo). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo ‘Come a Comarca’ do Salnés.
30 de marzo de 2020
A COMARCA DO SALNÉS HOXE NA TVG
Na súa investigación, Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón atoparán unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única (22.30 h)
Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón están listos este luns, nunha nova edición do programa ‘Segredos - Desmontando Galicia’, para atopar respostas ás incógnitas que presenta a comarca do Salnés.
O Salnés vive mirando cara á ría de Arousa, a máis extensa das rías galegas, que agocha unha morea de segredos por descubrir. Unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única son os sinais de identidade dunha comarca eminentemente turística.
Grazas ás integracións 3D e ás tecnoloxías visuais máis actuais, o espazo da TVG desmontará e montará as fortalezas construídas para conter as invasións normandas cara a Santiago de Compostela. Ademais, os espectadores descubrirán os segredos que agochan as illas de Sálvora, Cortegada e Areoso, con historias de homes e mulleres cheos de coraxe.
Hoxe vai quedar o Salnés sen unha pedra que levantar, todo para que ti goces coas súas interioridades e anécdotas. Esta noite, non perdas a xente de Segredos - Desmontando Galicia facendo o que mellor saben Desmontando Salnés
17 de septiembre de 2019
CASTING PARA UN NOVO PROGRAMA DA TVG
O equipo de redacción de “A miña familia pola túa”, un novo programa de televisión no que dúas nais intercambian as súas casas por uns días para vivir unha experiencia única e inesquecible, andan buscan familias, con fillos na casa e ganas de pasalo ben na tele.
Se estades interesados ou coñeces a alguén, botado para diante e que queira saír da rutina, aquí tedes o contacto do casting:
· WhatsApp 604 081 710
· Correo electrónico: intercambiodefami lias@gmail.com
Non dubidedes en compartir os datos da produtora con quen queirades. Desde a produtora agradecen o voso tempo e axuda.
15 de junio de 2019
MULLERES DE VILARIÑO NA TVG CONTANDO AS EXPERIENCIAS NA ESCOLA
Unha foto foi a expoleta da organizacion por parte de unha ex-alumna de Covas de Lobos pra xuntar nunha cena a varias xeneracions de alumnas. Mais de 50 mulleres déronse cita por 3º ano nunha cena pra recordar vellos tempos da escola nos anos 60, 70 e 80. Onte foi o día de emisión na TVG no programa "Vin polo Vento", alí contaron a suas experiencias.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-181-ex-alumnas-da-escola-unitaria-cobas-de-lobos-de-vilarino-4140412
12 de diciembre de 2018
A TVG EMITE A PRIMEIRA PARTE DO DOCUMENTAL SOBRE PACO LEIRO
Para todos aqueles que aínda non tivéchedes a oportunidade de ver ou queredes voltar a ollar a primeira parte do documental sobre Paco Leiro mañá xoves, pola noite, na segunda canle da Crtvg Galicia, ás 23:15, vaise emitir a o proxecto de Arraianos Producións sobre o proceso creativo do artista internacional cambadés,"Sísifo Confuso. Os traballos e os días de Francisco Leiro". A ver se vos presta...
E despois non digades que non vos avisamos...
6 de septiembre de 2018
SOMOS CAMBADOS PRESENTA UNHA MOCION EN DEFENSA DA CALIDADE E INDEPENDENCIA DOS MEDIOS PÚBLICOS DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL DE GALICIA
- A moción solicita o apoio ás mobilizacións do persoal da CRTVG en defensa duns medios de comunicación públicos de calidade e independentes, e trasladar á Xunta, ao Parlamento de Galicia e á CRTVG a necesidade de que se renove canto antes a Dirección da CRTVG e se cree o Consello de Informativos, tal e como dispón a Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.
A Corporación Radio e Televisión de Galicia está a vivir, baixo os gobernos do PP, un proceso de desmantelamento do servizo público e manipulación informativa. Dende a aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, o seu incumprimento foi sistemático, especialmente naqueles aspectos que afondarían na independencia e calidade dos medios públicos. En primeiro lugar, ao non desenvolver dita lei, permanece no seu cargo, dende 2009, o Director Xeral nomeado polo PP, cando debería ter sido elixido por unha ampla maioría de ⅔ no Parlamento. O persoal da CRTVG ten denunciado control e manipulación por parte do Goberno galego, amparado no feito de que non se desenvolve a obriga legal de crear un Consello de Informativos que vele pola obxectividade (artigo 36 da Lei 9/2011). Exemplo flagrante desta situación de manipulación foi a cobertura sobre a vaga de lumes de outono de 2017. Todo este proceso prodúcese nun contexto de conflitividade laboral e redución do persoal fixo, así como a aposta pola externalización da produción, reducindo a mínimos a produción propia, con infrautilización de medios propios, e apostando pola chamada “produción propia externalizada”. Asemade, reduciuse o orzamento da dobraxe, un elemento tan importante para a normalización lingüística, provocando unha caída do emprego no sector da dobraxe en Galicia, que é o de máis calidade do Estado. A respecto da lingua, o Comité Intercentros da CRTVG alerta dun “progresivo desmantelamento da promoción do galego por parte da Corporación, que se manifesta na carencia de programación divulgativa específica e nun departamento lingüístico tan esganado que dificilmente pode asumir a supervisión da produción externa que chega ao centro emisor ao tempo que ofrece soporte ao persoal propio”. Isto é gravísimo nun medio que ten entre as súas obrigas fundamentais a contribución á normalización lingüística.
O control gubernamental sobre os medios públicos manifestouse cruamente este ano co anuncio da nova programación que comeza este mes de setembro de 2018, apostando a Dirección da CRTVG pola desaparición do Diario Cultural tal e como estaba concibido e pola supresión das desconexións territoriais, o espazo das informacións de proximidade. Deste xeito, os contidos locais pasarán a estar controlados e seleccionados dende San Marcos, cun aumento do control informativo en vésperas das municipais.
14 de agosto de 2018
CASTING NO GROVE PARA O SALNÉS PARA O PROGRAMA DA TVG "TI VERÁS"
A semana que ven o programa TI VERÁS da TVG estará en O Grove facendo un casting para concursar no programa. Desde a produtora do programa mandan un aviso á veciñanza do Salnés. O único requisito para participar é ser maior de idade e ir en parella.
Ti verás é un concurso diario presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. Dentro de cada boneca pode haber ata cinco máis ou pode non haber ningunha. Cantas máis bonecas garden as matrioskas no seu interior, maior será a cuantía dos cartos en xogo. Se seguen abrindo e non hai boneca, perderán todo o gañado. Para poder xogar cunha boneca e realizar a primeira apertura deben escoller unha categoría entre dez posibles temas e seleccionar a opción correcta entre verdadeiro ou falso.
30 de julio de 2018
"AQUÍ GALICIA" DA TVG VISITARÁ CAMBADOS O XOVES
Como cada ano as canles de televisión e emisoras de radio visitarán a Festa do Albariño para trasladar a os seus espectadores e ointes como é e como se vive a festa máis grande de Cambados e unha das máis importantes de Galicia. Lembremos que a nosa festa é a segunda máis antiga que se celebran en España, primeira de Galicia, en antiguedade.
O programa da TVG Aquí Galicia emitirá o seu espacio desde Cambados o xives día 2 a partires das 6 da tarde desde Cambados. Lucía Rodríguez, é a súa presentadora, i estará acompañada de Ricardo Pardo e Rodrigo Vazquez, neste programa estival onde se realizan entrevistas, actuacións musicais e no que o público ten gran participación.

Así o destacan na páxina de facebook do programa....
"Percorremos Galicia de norte a sur e de oeste a leste! Ben o representa o noso cartaz para esta nova semana que está a piques de arrancar...
As nosas seguintes paradas son o Concello de Foz, a Praia de Samil en Vigo, o Concello Riveira cas Festas do Verán e o Concello de Cambados ca Festa do Albariño! Aló estaremos, do luns ao xoves, en directo a iso das 18:00 horas".
20 de julio de 2018
"QUE CASAS!" DA TVG VISITOU A CASA DE NENUCHA OTERO E FAMILIA
“Que Casas!” volve esta noite cun abano de propostas de vivendas adaptadas a todos os gustos. Para os máis urbanitas, nesta edición amósanos un dúplex recentemente reformado nun céntrico barrio da Coruña. A orixinalidade e o bo gusto dun vello alpendre reconvertido en vivenda en Outes sorprende, do mesmo xeito que unha casa histórica en pleno centro de Cambados.
Para completar a ruta, “Que Casas!” amosa un fermoso piso en Pontevedra e un espectacular tríplex na zona histórica de Santiago de Compostela. Os anfitrións desta edición son Manuel Rodríguez e Alfonso Bertrán en Santiago, Miguel Carballido na Coruña, María Adelina Caamaño en Outes, Elena Otero en Cambados e Héctor Rodríguez en Pontevedra.
A casa na que viven Elena Otero, máis coñecida en Cambados como Nenucha; o seu marido, Pepe Vilas, e a menor dos seus cinco fillos non deixa de chegar xente.
Nenucha recíbeos co seu sorriso e convídaos a entrar. A descubrir o seu fogar. Un fogar que non é de estrañar que capte o interese dos viandantes que camiñan cun plano na man co obxectivo de descubrir os encantos da vila do albariño. Desde a pasada Semana Santa do 2017, a súa casa é un deses puntos que se poden visitar."A casa é do ano 1780 pero sufriu varias modificacióna", relata a súa propietaria. Volve sentirse un nun museo: a visita transcorre entre detalladas explicacións. As présas do visitante marcan os tempos. Para os que van relaxados, hai unha viaxe en tempo.
Un corredor cheo de arte José Vaamonde, Paco Leiro, Manolo Paz e Francisco Pazos son algúns dos artistas que teñen presenza en casa de Nenucha. Nada máis entrar na casa, o corredor que se abre camiño diante dun loce obras como a maternidade de pedra de Leiro e o busto de madeira de Ramón Cabanillas creado por Vaamonde.
Mira aquí o programa QUE CASAS! completo.
18 de junio de 2018
"SITO, O DOS MIÑANCO" MÉRCORES NA TVG
O mércores á noite na Televisión de Galicia: 'Sito, o dos Miñanco'. Un programa sobre a vida dun dos narcos máis coñecidos. Actualmente está en prisión, como xa saben. Pasou máis da metade da vida dende os 18 anos alí, cumprindo diferentes penas relacionadas coas drogas.
Na TVG entrevistaron ao seu director Arturo Fernández, que foi quen, armado cun caderno, de pasear de novo as rúas de Cambados seguíndolle a pista á historia de Sito Miñanco.
Mercores as 22:00 na TVG
24 de febrero de 2017
O CAMBADÉS BENITO CORES RECOLLE O PREMIO MESTRE MATEO OUTORGADO A "EN XOGO" DA TVG
O programa deportivo da Televisión de Galicia “En Xogo” recibiu este venres o premio honorífico José Sellier, que outorga a Academia Galega do Audiovisual (AGA), nun acto celebrado na Domus da Coruña. Os presentadores Ovidio González, primeiro que tivo o espazo cando arrancara hai xa tres décadas, Alfonso Hermida e Óscar Benito, rostro actual do programa, foron os encargados de recoller o galardón, xunto co coordinador de Deportes da TVG, o cambadés Benito Cores.
A AGA concedeu este ano o galardón ao programa deportivo da canle pública polo seu destacado labor “a prol da normalización da lingua e de apoio ao deporte, non só aos maioritarios, senón principalmente ao deporte de base, aos femininos e a aqueles que adoitan ter escasa repercusión nos medios”, segundo destacou nun comunicado no que anunciou no só este galardón, senón tamén os candidatos aos Mestre Mateo, que se entregarán o vindeiro 4 de marzo.
Os representantes do amplo equipo de “En Xogo”, que ofrece en directo máis de seis horas de deporte as fins de semana, agradeceron o premio é destacaron a súa importancia xunto co recoñecemento do público, que se mantén fiel a este lonxevo formato, que non deixou de renovarse desde que comezar a emitirse na TVG.
A Academia valorou á hora de conceder o premio o feito de que, desde hai tres décadas, o espazo deportivo sexa “unha grande escola de profesionais” para o audiovisual galego e un programa de servizo público de referencia, “capaz de adaptarse aos tempos e ofrecer hoxe en día a actualidade deportiva coa última tecnoloxía e múltiples emisións e conexións en directo”. Todo isto, facendo partícipe o público a través de formatos coma as redes sociais e emitindo entre cinco e seis horas de produción propia con “contidos altamente enfocados cara a Galicia”.
O programa “En Xogo” foi ata a data plataforma de lanzamento de outros rostros coñecidos da Televisión de Galicia, coma os xornalistas Manuel Pampín, Jorge Mariñas, Sergio Delpont, Terio Carrera ou Gustavo Varela. Tamén deu visibilidade aos rostros femininos da retransmisión deportiva, dando acollida a algunhas das pioneiras na narración de partidos de fútbol e outros deportes, a nivel estatal e mesmo internacional. Pasaron polo programa Ana Carragal, Araceli Gonda, Carme Otero, Leticia Piñeiro, Loreto Costa, Irene Lourido, Bibiana Cabo ou Patricia Rodríguez Yuste.
17 de noviembre de 2016
CASTING PARA UN NOVO PROGRAMA-CONCURSO DA TVG
Queres participar no novo concurso da Televisión de Galicia e gañar ata 2.000€?
A mecánica é moi sinxela: 12 paneis, 10 preguntas e un premio.
1. Busca con quen ir, que isto é cousa de 2 (amigos, veciños, familiares, mozos… todo vale).
E ambos maiores de idade, estamos?
2. Ponte en contacto co programa a través de Facebook, WhatsApp
(600 085 617) ou correo electrónico (atuasorte.tvg@gmail.com). 2. Ponte en contacto co programa a través de Facebook, WhatsApp
Envía os vosos datos, relación, idade e un teléfono de contacto.
3. Agarda a súa chamada
3. Agarda a súa chamada
Este venres, día 18, estarán facendo un casting de concursantes en Vilagarcía. Concretamente en FEXDEGA (Sala do Seminario) de 10:00 a 17:00h.
Xa sabes si queres pasalo ben e ademáis gañar uns cartiños............
E se non podedes ir, sempre tedes a posibilidade de enviar un vídeo no teléfono mail ou facebook antes apuntados.
25 de septiembre de 2016
FEIJÓO VOLVERÁ A GOBERNAR EN GALICIA 4 ANOS MÁIS
O Partido Popular mantería a maioría absoluta e En Marea e PSdeG disputarían o segundo posto segundo, segundo a enquisa a pé de urna para a TVG.
O PPdeG acadaría o 45,5% dos votos, o que se traduce en 38-41 escanos.
En Marea superaría ao PSdeG en porcentaxe de voto, 19,5% fronte ao 18,9% dos socialistas, aínda que ámbolos dous coincidirían no número de deputados: entre 14 e 16.
O BNG, cun 8,8% dos votos, obtería entre 5 e 6 escanos.
Ciudadanos non tería asegurada a súa representación no Parlamento, ao moverse entre os 0-1 deputados, e un 4,4% dos votos.
Fonte: TVG
30 de junio de 2016
"LARPEIROS" DA TVG VOLTA A CAMBADOS ESTA NOITE
Comer ao aire libre ou na rúa ten un encanto especial. Isto sábeno ben os 'Larpeiros', que cada semana comezan o programa cunha animada conversa mentres gozan do día no xardín da casa. Agora está moi de moda comer na rúa e pódese atopar de todo: hamburguesas, pratos mexicanos, orientais, etc.
Pero antes de que estivese á orde do día, os galegos xa comiamos e cociñabamos cousas ricas ao aire libre, como a empanada ou o polbo á feira, que tanto gusta comer nas romarías. E é que nas festas e nas feiras galegas nunca pode faltar un bo churrasco, un bo polbo ou unha boa carne ao caldeiro.
Falando de polbo, os 'Larpeiros' experimentarán hoxe facéndoo á grella, pero Benigno Campos proporá tamén preparar un xantar que non deixará a ninguén indiferente: un estufado de chocos, un guiso dos de toda a vida ao que o cociñeiro do programa lle vai dar un aire especial. Isto non será todo, xa que Celia e Leni prepararán unha receita innovadora: croquetas de ovos fritidos.
Unha vez decidido o menú, Adrián collerá rumbo a Cambados, onde, da man de Adolfo, se converterá en todo un experto na pesca do polbo con nasa. O rapaz terá que traballar como un mariñeiro máis e demostrar as súas habilidades como picapeixe se lles quere levar aos seus compañeiros un bo polbo para o xantar.
ESTA NOITE AS 22.00H NA T..V.G.
16 de mayo de 2016
XA ESTÁ NA WEB DA TVG O PROGRAMA ADICADO A CAMBADOS
Si onte non pudeches miralo xa está dispoñible na web da TVG o programa Salitre adicado a Cambados.
“Ribeiras de Salitre” viaxa a Cambados, onde se atopa a confraría máis antiga de Galicia, con seiscentos mariñeiros rexistrados e o legado dun dos portos en activo máis lonxevos da comunidade autónoma. Desta vila, parten 250 embarcacións ao marisqueo a flote, o rastro da vieira, o boliche, o bou de vara, o cerco e outras artes menores. Entre as especies singulares desta ribeira de salitre encóntranse a zamburiña e a voandeira.
Rivadulla Corcón fala con Ruperto Costa, patrón maior de Cambados, e sae con el ao mar para ver como recolle ameixa co rastro. Outra profesional con verdadeira alma mariña é Loli González, que defende o papel da muller nos traballos do mar. Hoxe vende peixe na praza de abastos, pero durante anos traballou como mariñeira.
Coma ela, Celsa García reivindica o papel do colectivo feminino. Leva anos dedicada ao marisqueo e cociña para “Ribeiras de Salitre” uns saborosos berberechos. Compañeira de profesión, María José Cacabelos, é a presidenta das mariscadoras de Cambados, quen explica a importancia que ten esta actividade na vila e como se desenvolve.
O programa da Televisión de Galicia descóbrelle tamén ao espectador que a treixadura, ademais dunha uva, é un grupo de música tradicional. Treixadura leva moitos anos recuperando pezas do repertorio tradicional e traéndoas á actualidade. No porto de San Tomé, interpreta algunha delas.
Cambados é unha ribeira cunha importante preocupación polo patrimonio mariñeiro, onde os diferentes tipos de embarcación teñen un papel central e que conta con asociacións dedicadas á recuperación de navíos tradicionais. “Ribeiras de Salitre” fala con Iago Otero, Xaquín López e Juan Carlos Martínez, que explican o significado da cultura mariñeira e da recuperación do patrimonio do mar.
Na comarca do Salnés, o equipo do programa da TVG proba un Albariño, convidado por Sonia Costa, da adega Lagar da Costa, quen fala do impacto positivo da proximidade do mar para as viñas onde nace a uva do albariño.
Para ver o vídeo preme aquí
12 de mayo de 2016
O CAMBADOS MARIÑEIRO ESTE DOMINGO NA TVG
A vida que ferve nas ribeiras das vilas costeiras de Galicia será protagonista a partir desta semana nas sobremesas dos sábados da TVG con “Ribeiras”, programa que se estrea a continuación de "As Raíces" e porá de relevo a rica cultura marítima que hai na nosa comunidade a través das historias das xentes que traballan a pé de mar.
Cunha frecuencia de emisión semanal e unha duración de 50 minutos, “Ribeiras”, un espazo de Producións Celta para a TVG presentado por X. H. Rivadulla Corcón, achegaralles aos espectadores as historias persoais das xentes do mar, historias ligadas á actividade profesional ou ao papel que desenvolven no seo da familia mariñeira. Trátase dun mundo onde o compoñente humano amosa un sentimento moi intenso sobre a vida, xa que se viven situacións moi extremas que forman un carácter apaixonado e sentimental.
En todas as vilas mariñeiras galegas denomínase ribeira á zona da costa onde hai actividade humana. Dentro dela atópase o porto cos seus peiraos, as lonxas e outras dependencias, pero tamén son ribeira as zonas de marisqueo a pé, ou as zonas de praia onde hai costume de varar embarcacións para amañalas ou pintalas, ou os sitios á beira do mar onde se realizan traballos de terra necesarios para desenvolver os traballos do mar. A partir deste espazo confórmase o novo programa da Televisión de Galicia, onde se pretende mostrar a vida, tal e como é, dos homes e mulleres que fan da ribeira o seu espazo vital, tanto para o seu traballo como para a súa vida en xeral.
Así o anuncian no facebook do programa.
Cambados é un dos portos máis antigos, onde os seiscentos mariñeiros rexistrados na Confraría conservan un legado chegado de moitos séculos atrás, traballando en duascentas vinte e cinco embarcacións o marisqueo a flote, o rastro da vieira, o boliche, o bou de vara, o cerco e artes menores.
Porto singular na captura da zamburiña, a volandeira, e a vieira, que vende na praza de abastos Loli Álvarez a peixeira que foi mariñeira. Ruperto Costa é o patrón maior da Confraría máis antiga de Galicia. Celsa leva moitos anos mariscando e vainos cociñar uns saborosos berberechos.
Descubriremos como a treixadura ademais dunha uva é un grupo de música tradicional, e pola tradición mariñeira velan Yago, Xaquín e Xoan Carlos Remataremos probando un albariño mariñeiro acompañados por Sonia Costa. Pero antes camiñaremos á zona marisqueira con María José Cacabelos.
18 de marzo de 2016
O CASTELÁN NON ESTÁ BEN VISTO NA TVG
Na TVG non está ben visto non falar galego.
O xoves no programa de cociña "Desafío nos fogóns" que emite a Televisión de Galicia, unha concursante fixo a sua presentación en castelán. O programa fora gravado en Cambados (Pontevedra), de onde procedía a concursante que empezou a súa intervención falando en castelán.
Un dos presentadores do programa (pódese ver aquí o vídeo a partir do minuto 10:30), o actor Federico Pérez Rey, interrompeu á concursante en canto percibiu que estaba a falar en castelán:
Es de Cambados? Entón para que falas en castelán?
A moza cambadesa quedou cortada, pero con educación respostou, dicindo que lle saía así pero que tamén falaba galego.
Tamén non, tes que falalo?, engadiu o presentador.
Hai que lembrar que Galicia é unha comunidade autónoma con dúas linguas oficiais, español e galego, e polo tanto en todas nas localidades da rexión hai moitos galegos que teñen por lingua materna e/ou de uso habitual o castelán, e está no dereito de usalo.
Se o programa ten como requisito que os concursantes usen a lingua galega, desde logo non terían máis que que avisalo.
As formas non foron as máis educadas e tolerantes de pedirlle a unha concursante que use o galego.
Coñecendo á rapaza e a familia sei que o castelán é o idioma no que se expresan habitualmente.
Comprendemos que é lóxico e normal que desde a TVG queiran dar un pulo a nosa lingua pero o galego deféndese con educación e non impoñendóo. E con políticas de fomento do idioma desde a Xunta..
15 de marzo de 2016
"A VIDE DE CACHÍN" DA TVG HOXE EN CAMBADOS
No programa de hoxe de "avide de Cachín ( #AvidedeCachin )Cannas falaranos das diferentes gradacións do viño e doutras bebidas alcohólicas..
Vitiño visitará as Rias Baixas e unha Adega un pouco peculiar BODEGAS ALBAMAR!! en Castrelo.
Despois na cata a cegas, enfrontarase ao reto o físico e presentador Jorge Mira!!
Hoxe martes ás 22:00 na Crtvg Galicia
A vide de Cachín é un programa no que coñeceremos os segredos do viño, as curiosidades, as diferentes Denominacións de Orixe, os adegueiros, os enólogos e todo canto teña que ver cos viños do noso país. Pero tamén no que recibiremos consellos da man do Director Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, quen ademáis levará a diferentes famosos a unha divertida cata a cegas na que poñerá a proba os seus coñecementos sobre os nosos caldos.
Este formato creado por Os Padriños para Celtavisión, está coprotagonizado e dirixido por Víctor López. No seu papel de neófito neste mundo da enoloxía tratará de maridar un prato da nosa gastronomía cun viño que conseguirá grazas a axuda dun dos nosos adegueiros.
A dinámica do espazo permite que o espectador vaia coñecendo o ciclo vexetativo da vide cunhas doses de humor que garanten o entretemento.
Avance do programa de hoxe
CAMBADOS PROTAGONIZA DESAFÍO NOS FOGÓNS ESTE XOVES NA TVG
Programa concurso de cociña que percorre diferentes vilas galegas (Allariz, Vilagarcía, Celanova, Padrón, Ribeira, Muros, Silleda, Noia, Sanxenxo, Betanzos, Cambados, O Grove, Viveiro e Xinzo) para atopar os mellores cociñeiros afeccionados da nosa gastronomía.
Este xoves ás 22:30 tócalle o turno a Cambados.
Cada semana, Xosé Barato e Federico Pérez, dous rostros ben coñecidos da TVG, visitan estas vilas para atopar e seleccionar tres concursantes con dotes para a cociña, moito humor e ganas de pasalo ben e competir no estudio de “Desafío nos Fogóns”. Pero, ante todo, o seu obxectivo é demostrar que son os mellores preparando produtos típicos das súas respectivas vilas, gañar en cada edición 1.000 euros e continuar a súa permanencia no programa para seguir demostrando a súa destreza nos fogóns e defendendo a súa vila.
Os presentadores de “Desafío nos Fogóns” non están sós neste reto. Cada edición, Héctor López, membro do grupo Nove e xefe de cociña do Restaurante España, e Churra Costa, unha cociñeira da súa casa, ex-concursante dun coñecido espazo de cociña e colaboradora de “Sopa de Festa”, son os encargados de realizar as valoracións máis técnicas dos aspirantes, formando tamén parte das catas finais das probas do programa.
A premisa principal de “Desafío nos Fogóns” é entreter o espectador. Cada entrega está chea de ritmo, que á súa vez vai acompañado dun pequeno compoñente de “reality”. Ao longo do programa ofrécense as impresións dos concursantes, en que lembran os mellores momentos vividos e como se sentiron en cada momento.






















