Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta O GROVE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O GROVE. Mostrar todas las entradas

1 de diciembre de 2020

O SERGAS COMEZA UN CRIBADO A ALUMNADO DE BACHARELATO PONTEVEDRA-SALNÉS


O Sergas comeza hoxe e ata mediados de mes un cribado preventivo con PCR a preto de 2.700 alumnos de primeiro e segundo curso de Bacharelato de diversos centros educativos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Cambados e O Grove. Esta iniciativa -que se efectuará en coordinación coas Consellerías de Sanidade e de Educación, Cultura e Universidade- desenvolverase ata o vindeiro 11 de decembro, no que diversos IES recibirán a visita de persoal da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para tomar mostras PCR a este alumnado, que posteriormente se procesarán no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Dada a situación epidemiolóxica da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés -cunha alta incidencia de casos en varios concellos e unha porcentaxe elevada de PCR positivas- considerouse de interese preventivo realizar cribados poboacionais a colectivos con rangos de idade que presentan incidencia acumulada elevada. A finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios.

Colaboración voluntaria dos centros educativos co Sergas

Dado que un dos grupos de idade mais afectado son xóvenes de idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos, o Sergas pediu a centros educativos da Área Sanitaria a súa colaboración voluntaria para facer un cribado en diversos Institutos de Educación Secundaria. A previsión para a toma de mostras en centros de Pontevedra estenderáse entre os días 1 a 4 de decembro, en xornadas de mañá e tarde, nos IES A Xunqueira I e II, IES Sánchez Cantón, Luis Seoane, IES Frei Martin Sarmiento, Valle Inclán, IES Torrente Ballester, Sagrado Corazón e Los Sauces, para un colectivo diana de preto dos 1.650 alumnos.

Xa entre o 9 e o 11 de decembro, o cribado preventivo con PCR continuaría con alumnado de Institutos de Educación Secundaria de Marin, Sanxenxo, Cambados, O Grove e Poio, para un colectivo diana doutros 1.050 alumnos destes concellos. A previsión asistencial da Área Sanitaria contempla que, en caso de precisarse epidemiolóxicamente, a mediados de decembro esta iniciativa estenderíase a outros 800 alumnos de centros educativos de Vilagarcía de Arousa e naquelas localidades nas que a situación así o requirise.


23 de noviembre de 2020

CULTURMAR EDITA UN LIBRO COS TRABALLOS DE LUÍS REI SOBRE CULTURA MARÍTIMA


A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar distribúe estes días polos quioscos e librarías unha publicación especial, baixo o título de Farol perpetuo na néboa. Luís Rei e a cultura marítima.

Trátase dun libro que homenaxea a figura do intelectual Luís Rei (Ogrove, 1960- Pontevedra, 2015), un dos grandes activistas cos que contou a Federación desde o seu nacemento en 1993 para o resgate, reivindicación e divulgación da cultura dos nosos mares e ríos e para a dignificación das xentes que neles traballan.

O libro, preparado polo actual cordinador da revista Nova Ardentía, Emilio Xosé Ínsua, e polo catedrático e académico cambadés Francisco Fernández Rei, ambos tamén activistas de Culturmar, reúne en catro grandes apartados materiais diversos sobre a traxectoria de Luís Rei.

Nunha primeira parte, titulada “Letras con salitre”, reúnense os seus textos sobre cultura marítima e fluvial en Ardentía e noutras revistas, varias conferencias, algúns prólogos, diversos proxectos de actividades, deseños de exposicións e roteiros, etc. Hai materiais editados e outros inéditos, que proceden do arquivo conservado polos familiares de Luís, boa parte do cal foi entregado en depósito ao concello de Cambados para que faga parte do arquivo do futuro Museo Ramón Cabanillas.

Un segundo apartado do libro está formado pola serie Tópicos e (pre)textos para unha historia de Cambados, que Luís publicou orixinariamente por entregas no suplemento “Máis Cambados” do Faro de Vigo (edición Arousa), entre 2005 e 2007. Constitúe un achegamento ameno e simpático, mais non por iso menos rigoroso, á historia de Cambados, en particular, e do Salnés, en xeral.

Na terceira parte do libro recupéranse e transcríbense un total de dez entrevistas realizadas a Luís entre 2005 e 2015 por diversos medios, que encerran testemuños directos e opinións moi valiosas do seu pensamento e do seu quefacer en múltiples campos: a política, a investigación sobre o poeta Cabanillas, o traballo cultural, os proxectos nos que andaba e que a morte lle impediría culminar, etc.

Finalmente, nos “Apéndices” ofrécense unha escolma fotográfica que percorre a súa vida, un índice dos materiais que a súa familia legou en depósito ao Concello de Cambados e algúns textos dos responsábeis da edición que permiten calibrar na súa xusta medida todo o que a cultura galega debe a un Luís Rei que será sempre querido e recordado.

Vistas as restricións implantadas actualmente pola situación de pandemia, Cultumar decidiu pospoñer de momento os actos de presentación pública desta publicación que tiña previsto realizar en Cambados, Ogrove e outras localidades. Cando se poidan celebrar, farase oportunamente anuncio dos mesmos.


4 de noviembre de 2020

CAMBADOS, O GROVE, VILANOVA E VILAGARCÍA, CONFINADOS

Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa y Vilagarcía terán que pechar a hostelería, agás  do servizo a domilicio e para levar.

A Xunta de Galicia anunciou que se amplían as restricións a 60 concellos galegos --nas que se inclúen as sete cidades e outros 53 municipios--, que supón un "60 por cento da poboación galega", co confinamento perimetral deses municipios, o peche da hostalería e a limitación do deporte á práctica individual.

Galicia pecha a hostalería nas cidades e 53 municipios máis e o seu perímetro desde este venres Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha comparecencia #ante os medios para informar das medidas acordadas no comité clínico, que se volveu a reunir na mañá deste mércores despois de que na sesión da tarde noite deste martes decidise manter en vigor as restricións vixentes en Galicia para conter os contaxios por Covid-19, incluído o confinamento perimetral das sete grandes cidades. "Toca ampliar as restricións pola saúde e pola economía", afirmou Feijóo, quen defendeu que "canto máis se tarde en actuar máis longa será a contención". Segundo puntualizou entrarán en vigor este venres ás 15,00 horas e terán vixencia dun mes, pero avaliaranse "constantemente".


4 de septiembre de 2020

PAIS E NAIS DO MAGARIÑOS MOBILÍZANSE CONTRA EDUCACIÓN


O xoves dia 10 arrinca oficialmente o curso escolar e os colexios traballan a contrarreloxo para telo todo a punto. Nos fogares tamén son días previos de compras preparativos e incerteza para a volta ao cole mais atípica. Hoxe a Xunta de Galicia deu a coñecer os datos de matriculación de alumnos. As queixas sucédense polos protocolos impostos por Educación.
No Grove pais e nais do colexio Rosalía de Castro néganse rotundamente a que a Consellería de Educación unifique a aula de 3º de primaria neste centro son 25 alumnos en total e os pais non queren que estuden este ano todos xuntos nunha mesma aula, e reclaman a división de clase. Desde logo non é por falta de aulas e nin por problemas relativos á o profesorado segundo manifestan. Engaden que unificar esta aula supoñerían contar con menos espazos para manter as distancias de seguridade. 

No Concello de Cambados, os País e Nais dos alumnos de 6º de Primaria do Colexio Antonio Magariños concentráronse esta mañá ante o centro educativo para amosar a súa "total disconformidade" co ratio de 25 alumnos por aula establecido pola Consellería de Educación.
Os proxenitores solicitan á Xunta que implemente unha nova aula de Sexto xa que o ratio de alumnos de 25 nenos por aula é o que ten o centro actualmente cos alumnos matriculados a día de hoxe.
Neste sentido aseguran que as aulas son moi antigas e pequenas e non dispoñen do suficiente espazo para cumprir co distanciamento.A situación, engaden, poderíase complicar no caso de que se incorporen novos alumnos de sexto, superando xa o ratio establecido.

Os pais e nais do reclaman facer tres aulas para o curso de 6º de Primaria porque os nenos non poden gardar as distancias nas actuais dúas aulas cos que conta este centro para o sexto curso de Primaria.


10 de julio de 2020

ABERTO O PRAZO DE OFERTAS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE MELLORAS PORTUARIAS DE CATRO PORTOS DA COMARCA

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de enviar ao Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación do servizo de redacción de proxectos de obra para diversas actuacións do ente público por un importe global de 3,1 millóns de euros. Deste xeito, esta mesma semana quedou aberto o prazo de presentación de ofertas para os licitadores, que poden acceder ás bases do procedemento na plataforma de Contratos de Galicia.
O ente público contratará a través deste procedemento máis de 50 actuacións para executar en peiraos das tres provincias costeiras galegas. Entre os portos beneficiarios figuran os da Pobra do Caramiñal, Aguiño, Aldán, Ares, Barallobre, Bueu, Burela, Cabo de Cruz, Camariñas, Camposancos, Canido, Cariño, Carril, Cedeira, Celeiro, Corcubión, Domaio, Foz, Lorbé, Malpica, Meira, Meloxo, Moaña, Mugardos, Muros, O Grove, O Pindo, Palmeira, Portosín, Rianxo, Ribadeo, Sada, San Cibrao, Santa Cristina de Cobres, Sanxenxo, Taragoña, Testal, Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Viveiro.
Os tipos de traballos que se contemplan son estudos marítimos, ambientais, de patrimonio, de solo e estudos de alternativas, anteproxectos e proxectos construtivos. Deste xeito avánzase na tramitación de medio cento de obras que darán resposta ás necesidades dos usuarios dos portos e que foron trasladadas polo sector ao ente público.
Para axilizar os prazos administrativos de tramitación o pasado mes de abril Portos de Galicia xa enviou o anuncio de información previa da licitación ao Diario Oficial da Unión Europea. En base a esta vía administrativa, o período de presentación de ofertas, finalizará o vindeiro 14 de agosto.


19 de junio de 2020

PROSIGUE A BÚSQUEDA DO MARIÑEIRO DESAPARECIDO ESTA MAÑÁN

Arestora, equipos de emerxencias por mar e terra percorren a costa do Salnés para tratar de obter algún indicio que leve ao paradoiro do seu tripulante, veciño de Vilanova. Tras a búsqueda matinal, desde as catro desta tarde os efectivos andan a procura de Ramiro Piñeiro.
En concreto, están traballando na zona o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo, mentres que por terra participan voluntarios de Protección Civil de Vilanova e tamén membros do Servizo Local de Emerxencias do Grove. Igualmente, están avisados os axentes da Policía Local do Grove e da Garda Civil e pequenas embarcacións particulares da Ría de Arousa.
De momento, a información recollida no 112 Galicia apunta a unha embarcación á deriva en Porto Meloxo, que apareceu preto das dez desta mañá e foi localizada por persoal da Confraría de Pescadores do Grove. Sen embargo, nada se sabe do paradoiro do seu tripulante. Un veciño de Vilanova que saíu pescar contra a medianoite e non voltou á casa.
Deste xeito, activouse un operativo de busca por mar e terra, que se move nun arco entre Vilagarcía e O Grove na procura dalgún indicio.


DESAPARECE UN MARIÑEIRO DE VILANOVA MENTRAS FAENABA

Hai escasamnente unha hora foi achada unha embarcación EMI á deriva nas proximidades de Porto Meloxo (O Grove), e o seu tripulante está desaparecido. O Centro de Salvamento Marítimo en Finisterre mobilizou o helicóptero Pesca I e a Salvamar Sargadelos. Tamén participan na procura Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. O tripulante de 43 anos e veciño de Vilanova é Ramiro Piñeiro Lago, fillo da ex Patrona Maior de Vilanova Evangelina Lago e casado en Cambados. Ramiro Piñeiro saíra a pasada noite coa sua embarcacióna faenar na procura de camarón. Súa muller a Cambadesa Rocío Castro, irmá política do concelleiro cambadés Xurxo Charlín foi quen dou a voz de alarma ante a tardanza do seu marido.


12 de junio de 2020

ROMPE UN DEPÓSITO DE AUGA NO GROVE CAUSANDO DANOS NUN EDIFICIO LINDEIRO

Rompe un depósito de auga preto dunha urbanización situada en San Vicente do Grove sen causar feridos.

Iso si, rexistráronse importantes danos materiais e mesmo estruturais nun edificio próximo. En concreto, quedaron completamente arrasadas pola auga a primeira e segunda planta dun inmoble que estaba xusto de fronte. Por fortuna, ninguén resultou ferido, segundo puideron confirmar os axentes da Policía Local e membros do Servizo Local de Emerxencias do Grove, que percorreron as vivendas porta a porta para comprobar que os ocupantes estaban en bo estado. Tamén, cómpre apuntar que a maior parte destas vivendas son de segunda residencia e arestora están baleiras.
A situación causou moita alarma entre os veciños da zona, que pouco antes deste mediodía comezaron a chamar ao 112 Galicia para advertir dunha especie de tromba de auga que levou por diante vehículos e casas. Posteriormente, xa precisaron que nada tiña que ver coa choiva, senón cun depósito de auga que rompera nunha urbanización situada na Rúa Sálvora.
Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos efectivos do Servizo Local de Emerxencias, dos Bombeiros de Ribadumia e dos axentes da Policía Local. Do mesmo xeito, recibiron información os técnicos da empresa subministradora da enerxía eléctrica, xa que, como consecuencia da rotura do depósito, tamén resultaron danados postes e cables da luz.
De momento, os equipos de emerxencias continúan traballando no punto coa retirada dos restos, por iso, falta por facer unha estimación dos danos causados.


7 de abril de 2020

CONCELLOS DO SALNÉS CONTRATARÁN TRABALLADORES CON FONDOS DA DEPUTACIÓN

Plan concellos Deputación

A Deputación de Pontevedra aprobou a novena concesión de subvencións do Plan Concellos 2020, correspondentes á Liña 3 de Emprego coa que os concellos da provincia reciben a financiación necesaria para poder contratar traballadoras e traballadores municipais. En concreto, aprobouse unha achega de 1.283.529,45 euros que beneficiarán os concellos de Agolada, Baiona, Bueu, A Cañiza, O Grove, O Porriño, Ribadumia e Silleda.

O Grove, recibe unha achega de 179.090,85 euros, contratará 19 persoas: 1 carpinteira ou carpinteiro, 9 peoas ou peóns de obras públicas, 3 forestais e 2 de xardinería, 1 auxiliar de administración, 1 condutora ou condutor e 2 auxiliares de cultura.

Ribadumia, que recibe unha achega de 106.310,40 euros, poderá contratar 12 persoas: 2 oficialas ou oficiais de albanelería, 1 encargada ou encargado de limpeza, 2 mozas ou mozos de recollida de lixo, 1 condutora ou condutor de camión, 1 peoa ou peón de obras públicas, 2 de albanelería, 1 de fontanería, 1 de carpintería e 1 de electricidade.

A selección deste persoal farase desde os concellos, buscando persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego, e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020. Co Plan Concellos 2020, a Deputación pon 42,2 millóns de euros á disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes. En concreto, para a Liña 3 de emprego achega 9,5 millóns de euros.


4 de abril de 2020

INCENDIO EN O GROVE


Os servizos de extinción apagaron este mediodía un incendio que afectou á zona exterior dun recinto que alberga unha fábrica de embarcacións de poliéster. O incendio era visible en Cambados.
Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O  lume afectou á zona exterior do recinto e calcinou un galpón anexo á nave con material de carpintería que almacenaba no seu interior.  Unha embarcación tamén se viu afectada.
Varios particulares, ao fío das 14:15 horas, alertaban ao 112 Galicia de ver saír moito fume dunha nave situada no lugar dos Campos, preto do grupo escolar, no concello pontevedrés do Grove.
A  partir de aí, púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros do Salnés,  GES de Sanxenxo, Protección Civil do Grove,  Garda Civil e a Policía Local. Tamén,  foron informados os Servizos  de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si fose precisa a súa intervención nalgún momento, así como o persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Unha vez extinguido, os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil procederon a refrixerar a zona.



30 de marzo de 2020

ASCENDE A SETE OS DETIDOS, UN EN CAMBADOS, POLO ALIXO DO SÁBADO

A operación policial contra o narcotráfico desenvolta o pasado sábado na ría de Arousa saldouse ata o de agora con sete detidos e con 3.700 quilos de cocaína incautada, informaron a Efe fontes da investigación. Aos dous ocupantes dunha das lanchas nas que se transportaba a droga a terra súmanse na lista de detidos un home en Cambados e outros tres e unha muller na Guarda, precisan as fontes. O pase a disposición xudicial dos detidos realizouse ao longo desta xornada a través de medios telemáticos, indicaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. As forzas de seguridade lograron recuperar o sábado uns 68 fardos con cocaína que uno dos dous lancheros detidos na operación antidroga había arroxado ao mar mentres fuxía. A cifra de fardos intervidos rolda os 150. Ao ter dimensións irregulares complicaron a pesada da cocaína. As dúas primeiras detencións producíronse á primeira hora deste sábado cando estas dúas persoas, pilotos dunha das planadoras que transportaban a droga, pretendían chegar á costa coa cocaína. Segundo informaron a Efe fontes da investigación, a operación está en marcha desde hai varios meses. Non se descarta que se poidan practicar novas detencións. De feito, están a levarse a cabo rexistros tanto en Vilagarcía como na Illa de Arousa. Polo menos un dos dous detidos, ambos latinoamericanos, reside no municipio do Grove. As autoridades lograron frustrar o desembarco da cocaína en Galicia despois dunha persecución pola ría de Arousa que acabou coa interceptación das dúas planadoras nas que os detidos portaban os fardos de droga. Unha das embarcacións, cuxos ocupantes seguen en paradoiro descoñecido, foi remolcada ata o porto do Grove e a segunda quedou encallada no lodo preto da desembocadura do río Umia, en Cambados.


9 de febrero de 2020

UN MARIÑEIRO MORTO E OUTRO GRAVE NUN ACCIDENTE MARÍTIMO ENTRE SÁLVORA E ONS

Dúas persoas foron rescatadas esta mañá polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia despois de caer á auga desde unha embarcación.

Sobre as 11:15 horas, persoal da Sala de GardaCostas informaba ao 112 Galicia da mobilización da aeronave para o rescate das persoas que caeran á auga entre Sálvora e Ons.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez rescatados, os tripulantes foron derivados na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo informacións de última hora a embarcación que sufriu o accidente é o TUCAN DOUS con matrícula e base en O Grove. Ao parecer un dos mariñeiros da súa tripulación morreu e o patrón está ingresado no Álvaro Cunqueiro, en reanimación xa que, ao tentar salvar ao tripulante desapareceu uns minutos na auga e sofre unha forte hipotermia. Outro dos tripulantes trae o barco a terra. E o cadáver do mariñeiro de preto de 50 anos está sendo trasladado por Salvamento Marítimo.


4 de febrero de 2020

A GROVENSE CAROLINA RUBIROSA COMPÓN A CANCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS


O videoclip oficial de promoción do Camiño de Santiago Inglés: “Ou teu camiñar”, unha canción que a grovense Carolina Rubirosa escribiu en homenaxe a todos os peregrinos chegados desde o mundo a Galicia. Pero tamén é unha historia de mulleres, de vida, de amizade e de superación. O feito de que estea protagonizado por Julia Baird, irmá de John Lennon, non é casualidade. Ela quixo lembrar ao seu irmán, que proxectou facer o Camiño de Santiago con Salvador Dalí nos anos 70. Tras un primeiro visionado en Fitur, o pasado venres presentouse no teatro Colón o videoclip da irmá de John Lennon, Julia Baird, e Carolina Rubirosa, “Ou teu camiñar”, que servirá para promocionar o Camiño Inglés de fronte ao Xacobeo 2021. A irmá de John Lennon, Julia Baird, presentou tamén 'Imaxine this', o libro no que conta a "realidade" da súa familia e no que rende homenaxe á súa nai. No mundo musical a Carolina Rubirosa coñécella principalmente polo seu traballo en The Funkles, a banda que reinventa a The Beatles en clave funk. Carolina Rubirosa Rodríguez, na trintena é natural do Grove e reside na Coruña desde o 2010. Pola semana traballa como auxiliar de clínica e as fins de semana "son cantante". Compón en galego, castelán e inglés. Gústalle a música pura, sen artificios, como a que se facía antes. Sentaban ao piano e punto. Carole King, Karen Carpenter ou Joni Mitchell son algúns dos seus referentes.



CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS Dos chamados países escandinavos, como Noruega, Suecia, Dinamarca, Finlandia ou Islandia e, sobre todo, ingleses, escoceses, irlandeses e flamencos.Todos eles contribuíron a fixar o que hoxe coñecemos como o Camiño Inglés. Chegaban a Galicia por mar desde os seus respectivos portos, e arribaban a Ferrol ou A Coruña —e tamén a Viveiro ou Ribadeo, no litoral lucense—. A estratéxica localización dos portos desas dúas importantes cidades galegas potenciou de maneira evidente o roteiro. O Camiño Inglés conta en Galicia con dúas alternativas: o itinerario desde A Coruña é máis curto —73 km— que o que parte de Ferrol —112,5 km—. Ambos, cheos de atractivos e historia, conflúen a metade de camiño, na localidade de Bruma, onde continúan xuntos os últimos 40 km ata Compostela.


O RESTAURANTE GROVENSE CULLER DE PAU, MELLOR RESTAURANTE DE ESPAÑA

De esquerda a dereita, arriba: Juan de la Rica (Juancho's BBQ), Javier Olleros (Culler de Pau), Ramón Freixa (Ramón Freixa), Toño Pérez (Atrio), Óscar Velasco (SantCeloni), Pedro J. Ramírez, Juan Antonio Vázquez (Nerua), Sacha Hormaechea (Sacha), David Muñoz (DiverXO), Daniel Salas; abaixo: Eneko Atxa (Azurmendi), Pedro Sánchez (Bagá), Paco Morales (Noor), Joan Roca (El Celler de Can Roca) y Matteo Manzini (Azurmendi).

Na tarde de onte tivo lugar a entrega dos II Premios Cocinillas outorgados pola sección de gastronomía do ESPAÑOL nunha gala celebrada no hotel NH Collection Madrid Eurobuilding, presentada por Daniel Salgas, director de Cocinillas. Ao longo da mesma fóronse desvelando os nomes dos restaurantes premiados nas distintas categorías. En primeiro lugar, entregouse o premio especial do público ao Mellor Restaurante BBB, un premio para restaurantes de gran calidade por baixo de 25 €. O gañador foi Juancho’ s BBQ, un restaurante madrileño cuxa grella se está convertendo nun referente a nivel nacional. O premio ao Chef Cocinillas do Ano foi entregado este ano a Javier Oleiros, chef do restaurante galego Culler de Pau (O Grove), que desenvolve unha cociña de proximidade baseada no produto que a súa terra (e mar) ofrecen. Para terminar a xornada reveláronse os nomes dos 100 Mellores Restaurantes de España, elixidos por un xurado formado por recoñecidos profesionais do mundo da gastronomía como os chefs Anxo León, Andoni Aduriz e Toño Pérez, entre outros, e especialistas en comunicación gastronómica como Clara Villalón ou os instagramers Laura Ponts, Gorak ou Estrela Sen Michelín. O premio máis esperado da noite foi para o restaurante Culler de Pau (O Grove) que foi elixido polo xurado como o mellor restaurante de España. Con este segundo premio converteuse na estrela da noite. O evento tivo lugar no hotel NH Collection Madrid Eurobuilding e recoñeceu aos 100 mellores restaurantes de España tras unha votación de múltiples personalidades do sector entre chefs, xornalistas gastronómicos e xente do sector. Nesa lista, na que Culler de Pau está acompañado no podio por DiverXO e Celler de Can Roca, sitúanse outros catro establecementos situados en Galicia: Casa Solla (23), A Tafona (65), Nado (80) e Casa Marcelo (86). Xunto a eles, no posto 43 sitúase Lúa (Madrid), do carballiñés Manuel Domínguez.


5 de diciembre de 2019

CINCO FERIDOS ENTRE ELES UNHA NAI E O SEU FILLO NUN ACCIDENTE NO GROVE


Cinco persoas resultaron feridas, dúas rescatadas do interior do vehículo envorcado, ademais de dous peóns nai e fillo e mais o condutor dun vehículo aparcado próximo, tras ser alcanzados por un turismo despois de envorcar na Rúa Luís Antonio Mestre, no Grove.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 18:30 horas desta tarde mediante as diversas chamadas de persoas alertadas por un vehículo que quedara coas catro rodas para arriba nese lugar. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo para liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do coche, ademais dos profesionais sanitarios para atención e traslado dos feridos ata o centro hospitalario de referencia.
Do mesmo xeito, neste operativo foi necesaria a colaboración dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade co fin de facilitar a actuación dos servizos de emerxencias.



30 de noviembre de 2019

APARECEN EXEMPLARES DA PERIGOSA CARABELA PORTUGUESA EN TRES PRAIAS DO GROVE

Os efectivos do servizo municipal de emerxencias do Grove localizaron esta tarde carabelas portuguesa ou falsas medusas en tres praias da vila.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, estes exemplares foron localizados nos areais da Barosa, Pirata e Canelas, onde a batería militar.
Decontado, procederon a instalar carteis informativos co obxectivo de disuadir a calquera persoa a acceder á praia debido aos efectos que pode causa a picadura destas carabelas. 
Do mesmo xeito, sinalaron que moitos dos exemplares apareceron mortos e secos na area das tres praias mencionadas. Con todo, convén manter a precaución e, sobre todo, respectar as indicacións dos efectivos do servizo de emerxencias.
Ademais, o 112 Galicia recibiu, ás 17:30 horas de hoxe, a chamada dun bañista que tamén atopou animais de aspecto semellante na Praia da Fontiña, en Vigo. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxo os feitos en coñecemento da Policía Local. 



10 de noviembre de 2019

MAÑÁ ABRE A CAMPAÑA DA CENTOLA E DO BOI NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA


A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2020, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 2 de decembro.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, á que se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.


2 de octubre de 2019

ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROXECTO "LABORA 2020"


A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a primeira fase do Proxecto "Labora 2020", unha iniciativa que financian a institución provincial e o Fondo Social Europeo e cuxo obxectivo é mellorar a formación e a empregabilidade na provincia entre as persoas inscritas nos servizos públicos de emprego que pertencen a colectivos especialmente vulnerables. En concreto, "Labora 2020" está dirixido a persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas, outros colectivos desfavorecidos (nos que se inclúen, entre outras, vítimas de violencia de xénero ou de discriminación por orixe racial, orientación sexual e identidade de xénero, persoas con problemas de adicción, persoas sen fogar, solicitantes de asilo) e persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais.

Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases que rexerán a selección das persoas participantes, as e os interesados xa poden preinscribirse a través do formulario que atoparán na web da Deputación, na páxina dedicada a este plan (https://www.depo.gal/labora-2020). O prazo para facelo estará aberto ata o inicio das primeiras accións formativas, que está previsto que comecen en novembro. Nesta primeira fase, o proxecto beneficiará a un total de 420 persoas de toda a provincia e desenvolverase en doce concellos: Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, O Grove, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Tomiño, Soutomaior, Cangas e Vilagarcía.

A finalidade do "Labora 2020" é a realización de actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas participantes, respondendo así mesmo ás necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de traballo. No que atinxe a esta primeira fase do proxecto, desenvolveranse sete dos once itinerarios previstos, cun total de 28 accións formativas, centradas en actividades auxiliares de almacén, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, socorrismo en instalacións acuáticas, actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, operacións básicas de restaurante bar e competencias clave para a obtención do nivel 2 (lingua galega, lingua castelá e matemáticas).

Amais de estaren desempregadas, as persoas que poden optar a este programa deben estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia, non estar incapacitadas para o desenvolvemento da actividade e acreditar o cumprimento do nivel académico necesario para o acceso ao certificado de profesionalidade de elección, que se poden consultar nas bases publicadas o pasado 1 de outubro no BOPPO.
O proxecto "Labora 2020" ten un orzamento total de 4,8 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de 3,8 millóns. En total, está previsto que ata finais do ano 2021, en que se desenvolverán estas accións formativas, se beneficien desta iniciativa ata 855 persoas da provincia, das cales o 53,33% serán mulleres (456) e o 46,67% homes (399). As accións terán lugar en 16 concellos: Lalín, A Guarda, Cangas, Vilagarcía de Arousa,  Barro, Cambados, O Porriño, Mos, Moraña, Valga, Ponteareas, O Grove, Tomiño, Soutomaior, Pontevedra e Vigo.  Estas 855 persoas poderán participar nalgún dos once itinerarios centrados na formación profesional para o emprego, que inclúen, amais dos anteriormente citados, atención sociosanitaria a persoas dependentes  en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio e xestión de chamadas de teleasistencia. Amais, o proxecto tamén inclúe dez xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable.




22 de septiembre de 2019

BREOGÁN, O MUÍÑO E PIRAGÜISMO CAMBADOS DESTACADOS NOS CAMPIONATOS GALEGOS



O Club Mar Ría de Aldán, proclamouse onte ante dous milleiros de persoas na pista da ETEA gañador do Trofeo Concello de Vigo dentro da Semana Abanca. O club pontevedrés gañou con gran vantaxe no cómputo total do Campionato Galego-Trofeo Xunta de Galicia de alevíns, benjamines e prebenjamines. A prata foi para o Breogán do Grove e o bronce para o Muíño de Ribadumia. O evento organizado pola Federación Galega de Piragüismo, o Club Marítimo de Vigo e o Club de Piragüismo Olívico, foi un gran éxito a pesar dos ventos moi fortes por momentos e a persistente choiva, que non evitou que as viguesas instalacións da ETEA vísense repletas de espectadores e participantes, configurando un gran espectáculo.

Preto de 600 padeeiros disputaron onte nas instalacións viguesas da ETEA o Campionato Galego para as categorías pre benjamín, benjamín, e alevín. A clasificación xeral da proba quedaba encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán que alanzou a cifra de 9580 puntos, mentres que o segundo lugar ocupábao con 7683 puntos o Breogán do Grove, terceiro con 5984 puntos terminaba o Club Náutico O Muiño . A primeira saída da xornada sería para os homes Pre benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Pablo Castiñeiras ( As Torres), seguido por Nacho da Torres (Piragüismo Olívico) e Fabio García ( As Torres). Na clasificación feminina a vencedora foi Gisela Rodríguez (Fluvial O Barco), mentres que Sofía Vallejo (Piragüismo Portonvo) foi segunda e Carla Fandiño (Ría de Aldán) terceira.
Os seguintes en participar serían os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Martín González (Ría de Aldán), a prata sería para Brais Chapela (Ría de Aldán) e o bronce levaríallo Manuel Martínez (Fluvial de Lugo). Pola súa banda, Candela Alonso (Piragüismo Olívico) gañou a proba en mulleres por diante de Catuxa Suárez (Piragüismo Cambados) e Lucía Macedo (Kaiak Tudense). Sofía Parada (Piragüismo Cambados) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría muller Alevín B, seguida por Alba Baños ( Depornautic Arousa) e terceira foi Lorena Pérez (Piragüismo Portonovo). Sería Gael Bernal (Piragüismo Verducido) o campión masculino, chegando a meta por detrás del Hugo Mendez (Cabanas KDM) e Diego Feijoo (Kaiak Tudense). As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Natalia Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra), Sabela Dacosta (Ría de Aldán) e Nerea Rodríguez ( Río Verdugo) respectivamente. A carreira masculina gañábaa Daniel Torres (Piragüismo Portonovo), mentres que a segunda e terceira posición sería para Teo Fraga e Samuel Carballo (Cabanas KDM).





20 de julio de 2019

CAMBADOS , O GROVE E VILAGARCÍA TERÁN CURSOS PARA FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL



A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar en rolda de prensa da aprobación, en Xunta de Goberno, da adxudicación da contratación do servizo de formación no marco de proxecto "Labora 2020", que comprende o desenvolvemento de 28 accións formativas, que están agrupadas en 22 lotes, con 7 itinerarios diferentes. En total, a institución provincial destina preto dun millón e medio de euros, concretamente 1.473.757,20 euros.
Máis polo miúdo, vanse beneficiar deste programa 12 concellos da provincia entre os que se atopan Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, O Grove, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Tomiño, Soutomaior, Cangas e Vilagarcía de Arousa. Neste eido, os itinerarios que se van levar a cabo son "Actividades auxiliares e de almacén", que terá lugar en Barro, Lalín, Cambados e O Porriño; "Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais", no Grove, Ponteareas e Vigo; "Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil", tamén no Grove, en Pontevedra e en Vigo (estes dous últimos concellos contarán con dúas edicións) ; "Socorrismo en instalacións acuáticas", en Pontevedra e Vigo; "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes", terá dúas edicións en Tomiño; "Operacións básicas de restaurante bar", terá lugar en Cambados, Soutomaior e en Vigo con dúas edicións; e, por último, "Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas)", será en Cangas, Lalín, O Porriño, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo (estas dúas últimas contan con dúas edicións). Carmela Silva fixo fincapé en que "eliximos estes itinerarios porque, atendendo ao INEM, son unha demanda relevante que hai destes postos de traballo".
Tal e como sinalou a presidenta, amais da formación específica, o proxecto inclúe en cada un dos itinerarios xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable. Pola súa banda, todos os itinerarios que conducen á obtención de certificados de profesionalidade contemplan, tamén, a realización de prácticas profesionais non laborais. As accións formativas, que se van realizar a finais deste ano e principios do ano que vén, terán un mínimo de 10 participantes e un máximo de 15, o que supón que ao redor de 420 persoas se poderán beneficiar de "Labora 2020". Neste eido, Silva tamén enxalzou que "as persoas que participen en Labora 2020 terán dereito, ademais da formación que é o peso real deste proxecto, a recibir algunha axuda económica se carecen de rendas ou ingresos que sexan de calquera natureza igual ou superior en cómputo mensual ao 75% do indicador público de rendas de efectos múltiples, o que se coñece como IPREM".
O proxecto, que ten un orzamento total de 5 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de preto de 4 millóns, ten por obxectivo mellorar a formación,  e a empregabilidade na provincia. Así, "Labora 2020" está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, e minorías étnicas e comunidades marxinadas).