Preto de 600 padeeiros disputaron onte nas instalacións viguesas da ETEA o Campionato Galego para as categorías pre benjamín, benjamín, e alevín. A clasificación xeral da proba quedaba encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán que alanzou a cifra de 9580 puntos, mentres que o segundo lugar ocupábao con 7683 puntos o Breogán do Grove, terceiro con 5984 puntos terminaba o Club Náutico O Muiño . A primeira saída da xornada sería para os homes Pre benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Pablo Castiñeiras ( As Torres), seguido por Nacho da Torres (Piragüismo Olívico) e Fabio García ( As Torres). Na clasificación feminina a vencedora foi Gisela Rodríguez (Fluvial O Barco), mentres que Sofía Vallejo (Piragüismo Portonvo) foi segunda e Carla Fandiño (Ría de Aldán) terceira.
Os seguintes en participar serían os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Martín González (Ría de Aldán), a prata sería para Brais Chapela (Ría de Aldán) e o bronce levaríallo Manuel Martínez (Fluvial de Lugo). Pola súa banda, Candela Alonso (Piragüismo Olívico) gañou a proba en mulleres por diante de Catuxa Suárez (Piragüismo Cambados) e Lucía Macedo (Kaiak Tudense). Sofía Parada (Piragüismo Cambados) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría muller Alevín B, seguida por Alba Baños ( Depornautic Arousa) e terceira foi Lorena Pérez (Piragüismo Portonovo). Sería Gael Bernal (Piragüismo Verducido) o campión masculino, chegando a meta por detrás del Hugo Mendez (Cabanas KDM) e Diego Feijoo (Kaiak Tudense). As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Natalia Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra), Sabela Dacosta (Ría de Aldán) e Nerea Rodríguez ( Río Verdugo) respectivamente. A carreira masculina gañábaa Daniel Torres (Piragüismo Portonovo), mentres que a segunda e terceira posición sería para Teo Fraga e Samuel Carballo (Cabanas KDM).


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.