Cinco persoas resultaron feridas, dúas rescatadas do interior do vehículo envorcado, ademais de dous peóns nai e fillo e mais o condutor dun vehículo aparcado próximo, tras ser alcanzados por un turismo despois de envorcar na Rúa Luís Antonio Mestre, no Grove.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 18:30 horas desta tarde mediante as diversas chamadas de persoas alertadas por un vehículo que quedara coas catro rodas para arriba nese lugar. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo para liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do coche, ademais dos profesionais sanitarios para atención e traslado dos feridos ata o centro hospitalario de referencia.
Do mesmo xeito, neste operativo foi necesaria a colaboración dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade co fin de facilitar a actuación dos servizos de emerxencias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.