CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta SANIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SANIDADE. Amosar todas as publicacións

12.8.17

O PERSOAL DO HOSP. DO SALNÉS ESIXE A APERTURA DA 3ª PLANTA










A xunta de persoal da área sanitaria do Salnés presentou este venres a solicitude da apertura "inmediata" da terceira planta e o "reforzo" de persoal "en todos os servizos e categorías".

Esta petición está motivada polo aumento das urxencias durante o verán, "especialmente en datas sinaladas" -concretamente a Festa do Albariño, a Romaría Viquinga ou a Festa da auga-.

Segundo explicou o persoal sanitario nun comunicado, o verán supón un "aumento da presión" do servizo de urxencias do Hospital do Salnés, o que, "xunto ao peche da terceira planta", supón unha "reestruturación" no resto de servizos do centro.

E é que, de acordo ás súas cifras, no que vai de verán chegouse "nalgún momento" aos 165 pacientes atendidos, "cando a media anda polos 105".

A xunta do persoal denunciou que, nos últimos días, hai unha "ocupación elevada", tanto en urxencias como na primeira e segunda planta, "sendo necesario" baixar camas da planta pechada e tendo que asumir a "sobrecarga" de traballo que implica o aumento das camas.

Deste xeito, os sanitarios solicitan a apertura "inmediata" da terceira planta para poder ingresar desde urxencias aos enfermos que o precisen, posto que a situación actual "xoga á ruleta rusa" cos pacientes e "abusa da boa vontade" dos traballadores.






6.7.17

REFÓRZASE A SEGURIDADE NA FESTA DO ALBARIÑO POLA ALERTA TERRORISTA












Esta mañán celebrouse en Cambados a Xunta Local de Seguridade presidida pola subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. e sobre todo falouse do dispositivo de seguridade que se organizará durante a Festa do Albariño.
Este ano á habitual cifra de asistentes hai que sumar as que se acheguen con motivo da Capitalidade Europea de Viño de Cambados. O goberno prevé un aumento de visitas en relación a anos anteriores sin poñer un número concreto. Normalmente son arredor de 200.000 persoas as que acudiron a Festa todos estes últimos anos.
Todo esto fai que o goberno local queira dar una resposta as demandas de seguridade que aparecen en eventos desta magnitude.
Por todo esto se incrementa o número de efectivos de seguridade cidadán coa chegada de  axentes das policías locais de Vigo (GOA,), Porriño, Nigrán e Tui. 
O Xefe da Policía Local tamén expuxo a necesidade de aumentar o número de efectivos da Garda Civil.
A ameaza Yihadista en concentracións multitudinarias é evidente polo que as medidas de seguridade van ser extremas. Compre lembrar que neste intre España está en nivel 4 de alto risco de atentados islamistas. malia que Cambados por importancia e poboación non debería ser obxectivo dos terroristas toda precaución é pouca.

A máis solicítase da Xunta un aumento de efectivos sanitarios para ese días.

O Concello de Cambados instalará barreiras de formigón en distintos puntos da contorna da praza de Fefiñáns e do Paseo dá Calzada para impedir o tránsito de vehículos pesados durante a Festa do Albariño, do 2 ao 6 de agosto, pola alerta de nivel 4 antiterrorista.

Ademais, como xa é habitual, reforzarase o persoal da Policía Local coa incorporación de axentes de Vigo, O Porriño, Nigrán e Tui, e tamén haberá máis efectivos da Garda Civil, que conta practicamente coa totalidade de axentes dispoñible para esas datas.

Así figura no plan de seguridade que hoxe abordaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, e a alcaldesa de Cambados, na reunión na que tamén estiveron presentes os concelleiros Tino Cordal e J.R. Abal e mandos das forzas de seguridade e de Protección Civil.


Do mesmo xeito que en anos anteriores, cortaranse ao tráfico varias rúas do centro da localidade e habilitaranse parcelas particulares nos arredores do centro para ser utilizadas como aparcadoiro e así aliviar a densidade de vehículos durante a Festa do Albariño.


Por último nesta xunta local de seguridade falouse do índice de criminalidade en Cambados durante os primeiros 5 meses do ano mantivéronse respecto aos datos do ano anterior, incrementándose o número de asuntos resoltos nun 29 por cento.







1.6.17

UN DIA DE ALEGRÍA I ESPERANZA PARA MERCHY ÁLVAREZ











A Comisión Europea ven de conceder a autorización de comercialización de nusinersén, rexistrado por Biogen co nome de 'Spinraza', para o tratamento de atrofia muscular espinal (AME) con alteracións no cromosoma 5q1, a variante máis común da enfermidade, que representa aproximadamente o 95 por cento dos casos diagnosticados. 
Trátase do primeiro tratamento aprobado na Unión Europea para ÁMEA, unha das principais causas xenéticas de morte nos nenos, marcada por unha progresiva debilidade muscular.

A aprobación de nusinersén baséase nos resultados de dous estudos pivotales controlados, incluíndo datos finais do 'ENDEAR' (AME de inicio na infancia) e datos da análise interina do 'CHERISH' (AME de inicio tardío), que demostraron unha eficacia clinicamente significativa e un perfil de beneficio-risco favorable de nusinersén. Ademais, a aprobación foi apoiada por datos de estudos abertos en individuos pre-sintomáticos, sintomáticos ou con posibilidade de desenvolver AME de tipo 1, 2 e 3.

En concreto, no estudo 'ENDEAR', unha porcentaxe significativa de pacientes con AME de inicio na infancia (con maior probabilidade de desenvolver AME tipo 1) tratados con nusinersén alcanzaron unha resposta favorable (51%) no desenvolvemento motor en comparación co grupo que non foi tratado con esta terapia.

Os fitos do desenvolvemento motor logrados nalgúns pacientes tratados con nusinersén incluíron a habilidade para mover as pernas, controlar a cabeza, rodar, sentar e gatear. Ademais, observouse unha redución estatisticamente significativa (47%) no risco de morte ou ventilación permanente nos pacientes tratados con nusinersén fronte ao grupo non tratado na análise final.

Por outra banda, os datos da análise interina do estudo 'CHERISH5' mostraron unha melloría estatística e clinicamente significativa na función motora nos pacientes con AME de inicio tardío tratados con nusinersén (con máis probabilidades de desenvolver os tipos 2 ou 3) en comparación con aqueles outros que non foron tratados.

O tratamento adminístrase mediante unha inxección por vía intratecal, o que permite que a terapia chegue directamente ao líquido cefalorraquídeo (LCR) situado ao redor da medula espinali, onde as neuronas motoras se degeneran en pacientes con AME debido a niveis insuficientes de proteína SMN.    A dispoñibilidade de nusinersén na Unión Europea variará segundo o país, en función do reembolso local e as vías de acceso. Biogen estivo traballando cos sistemas de saúde  e axencias gobernamentais en toda a UE para garantir o acceso seguro dos pacientes ao tratamento.


Sin duda un momento histórico para os enfermos tipo 1 e as súas familias sobre todo e un momento de esperanza para o resto dos tipos de enfermos desta enfermidade, como é o caso da cambadesa Merchi Álvarez (tipo 4) que recibeu a nova con moita alegría i esperanza e que lle da máis forza para seguir a loita contra a AME.






19.4.17

O CONCELLO DE CAMBADOS PON A DISPOSICIÓN DOS CIDADÁNS OS FORMULARIOS PARA O CENSO AVÍCOLA







Galiñas poñedoras. XESÚS PONTE



A tecnico municipal de Medio Ambiente, no edificio administrativo a Rúa Ourense, está a disposición dos veciños de Cambados para a elaboración do censo de currais familiares que a Consellería do Medio Rural puxo en marcha tras detectarse varios focos de influencia aviaria tanto en diversos países da Unión Europea como en certas rexións de España.
No municipio de Cambados, como noutros do Salnés, a Consellería do Medio Rural estableceu unha serie de medidas preventivas respecto desta enfermidade como son que as persoas que críen aves de curral deben recluílas en espazos cubertos e en caso de contar con elas, sempre os comederos e bebedoiros das aves deben estar illados do exterior.
O rexistro solicitado pola Consellería do Medio Rural, ao que serán remitidos os formularios cubertos, só ten por finalidade o coñecemento por parte do departamento autonómico da existencia e localización destes currais, información necesaria desde o punto de vista da sanidade animal en caso de aparición dun foco de influencia aviaria. Non ten por tanto ningunha finalidade de control nin fiscalizador desta actividade, polo que as persoas titulares destas explotacións poden colaborar na inscrición sen condicionante algún.







18.4.17

UN NOVO AVANCE DA GRIPE AVIAR OBRIGA A TOMAR MEDIDAS EN GALICIA













35 concellos galegos están obrigados a censar os galiñeiros familiares. Son medidas do Ministerio de Agricultura para previr a chegada da gripe aviar en zonas de especial vixilancia. 

Debido ao maior perigo que entrañan os lugares próximos ás zonas húmidas con elevado tránsito de aves, sete concellos situados no entorno do Complexo Intermareal do Grove-Umia-Carreirón (O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa) están consideradas como zonas de especial risco. Así, quedará prohibida a cría de aves de curral ao aire libre, así como a subministración a estas aves de auga procedente de depósitos aos que poidan acceder paxaros silvestres.
Do mesmo xeito, outros 28 municipios do país quedan catalogadas como zonas de especial vixilancia, polo que os propietarios deberán elaborar un censo das súas explotacións. Para iso terán que poñer a cuberto as aves e os seus comedeiros e bebedoiros.
Para inscribir os galiñeiros no censo terán que cubrir un formulario e entregalo no concello ou na oficina agraria comarcal correspondente. O obxectivo é levar un rexistro que permita controlar a saúde das aves e tomar medidas no caso de detectar un foco de gripe aviaria.






17.4.17

AS VACUNAS DO TÉTANOS, DIFTERIA E TOSE FERINA NON ESTARÁN DISPOÑIBLES ATA MAIO














A partires do 2 de maio a Consellería de Sanidade restablecerá a subministración de vacinas de difteria e tétano tipo adulto (Td) e de difteria, tétano e tose ferina acelular de baixa carga antixénica (dTpa). Estas vacinas sufriran problemas de subministro en toda España que ocasionaron que os programas de vacinación se visen obrigados a interromper os seus calendarios e priorizar a súa utilización naqueles colectivos ou situacións de maior risco.
Neste momento conseguiuse a subministración de doses suficientes para normalizar o seu uso segundo as indicacións do Programa galego de vacinación e para recaptar a todas as persoas que non puideron inmunizarse no seu momento.
A vacinación con dTpa está indicada para mulleres embarazadas e para nenos. Nas xestantes continuarase como ata agora, xa que a súa inmunización considerouse prioritaria dada a gravidade da tose ferina nos lactantes. No que atinxe ao calendario infantil, vacinaranse aos nenos segundo vaian cumprindo os seis anos e administraráselles a quinta dose desta vacina a todos os rapaces que, dende maio de 2015, non a puideron recibir ao chegar a esta idade.
Polo tanto, recibirán unha dose os nacidos en 2011 que cumpriron 6 anos neste ano (antes de maio) e os que os cumpriron durante os anos 2015 e 2016 e non recibiron esta dose de recordo. Estes rapaces serán inmunizados segundo vaian acudindo aos puntos de vacinación; e a Consellería de Sanidade realizará un seguimento das coberturas obtidas para valorar, posteriormente, se resulta necesario realizar algunha iniciativa de captación activa. Ao longo de 2017 recibiranse en Galicia 69.575 doses de vacinas dTpa, nas que se investiu 1.081.752 euros.
No que atinxe á vacinación con Td, administraranse doses aos nenos que vaian cumprindo os 14 anos e aos que non a puideron recibir nestes meses pasados por falta de dispoñibilidade. Ademais, en adultos, completaranse ou iniciaranse pautas de persoas non vacinadas con anterioridade e administraranse doses de recordo. Por último, realizarase profilaxe en caso de feridas tetaníxenas e noutras situacións de risco. Galicia destinou 609.417 euros á adquisición de 92.800 doses de vacinas de difteria e tétano.
Para a administración destas vacinas recoméndase pedir cita no centro de saúde, co obxectivo de evitar problemas aos usuarios e garantir o normal desenvolvemento do sistema asistencial.










12.4.17

TALLER DE FISIOTERAPIA GRATUÍTO COIDANDO AO QUE NOS COIDA













Na súa labor de axuda a dependentes e familias de dependentes GaliciAME organiza un novo taller que se celebrará o vindeiro 13 de Maio en ExpoSalnés en Cambados a partires das 17:00 horas, a cargo de Lara de Saa ,fisioterapeuta infantil especializada en neuroloxía e terapia acuática.
Información sobre o taller: 

Cando convivimos cunha persoa dependente, que necesita axuda para moverse e/ou para as súas actividades da vida diaria, o esforzo físico do coidador ao longo do tempo pon en risco o seu propio estado físico e/ou psicolóxico. A mellor forma de evitar chegar a este punto é a prevención, mesmo desde fases xa temperás nas que o neno/adulto afectado, ten autonomía.

Con este taller pretendense ensinar:
- Pautas de hixiene postural 
- Como mobilizar ou facer transferencias de forma correcta para evitar lesións tanto no coidador como na persoa que coidamos
- Exercicios e estiramento para que o coidador manteña o seu corpo nas mellores condicións posibles
- Fomentar a participación do paciente nas transferencias e cambios posturales

Destinado a:
Familiares que convivan con persoas con algún tipo de enfermidade neuromuscular (xa sexa en fase de dependencia ou en fases temperás con moita autonomía)
Coidador@s de centros educativos que traballen con niñ@s con enfermidades neuromusculares.

IMPRESCINDIBLE ANOTARSE A través do 666251677 ou non email asociaciongaliciame@gmail.com






22.3.17

CONCERTO BENÉFICO A PROL AECC (CAMBADOS)









Este domingo ás 20.30 horas no Auditorio da Xuventude (Cambados) haberá un concerto benéfico promovido pola xunta local de Cambados da Asociación española contra o cancro, no que actuarán os grupos Añoranza e M80.

O auditorio da Xuventude de Cambados acolle o domingo un festival benéfico en favor da asociación española de loita contra o cancro (AECC). O evento está organizado pola xunta local de Cambados e comezará a partir das 20,30 horas e a súa entrada será totalmente gratuíta. A achega será voluntaria por parte daqueles que se acheguen a gozar do espectáculo á Xuventude.

A Asociación Española contra o Cancro, é unha ONL (Organización Non Lucrativa), privada e declarada de utilidade pública, que leva 60 anos trabando na loita contra o cancro. A AECC integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan para previr, sensibilizar, acompañar ás
persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica e
tratamento do cancro. 

O noso obxectivo: mellorar a vida das persoas.

Estruturada en 52 Xuntas Provinciais e presente en máis de 2.000 localidades
españolas, a AECC desenvolve o seu traballo a través dos seus máis de 15.000
voluntarios e 680 empregados baixo unha filosofía de colaboración coas
autoridades sanitarias, institucións científicas e aqueloutras entidades
que perseguen un fin análogo ao da Asociación.
Todo iso sempre baixo os principios de axuda, Unidade, Transparencia,
Profesionalidade, Independencia e Dinamismo.
Abordamos o cancro desde un enfoque integral:
Apoiar: atención personalizada e individualizada,atención social (axudas
económicas, préstamo de camas eléctricas, cadeiras de rodas, perrucas, próteses, guindastres, programa de inserción laboral, programa de alimentos),atención psicolóxica, atención sanitaria, (unidades de coidados paliativos, programa volver falar para laringectomizados), isos e residencias.
Investigar: investigación oncolóxica de calidade orientada ao paciente.

A AECC é a entidade privada que máis fondos destina á investigación
oncolóxica.
Informar e concienciar: Educación para a Saúde en colexios, solidariedade na
empresa, campañas cancro de colon, cancro de mama, cancro de pulmón, cancro de pel, etc.


Cada día poñémonos ao servizo das persoas que nos necesitan !! 









14.2.17

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE











O Concello de Cambados e o Centro de transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.
Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos, e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón de sangue. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. É imprescindible levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similas, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.
Para realizar a doazón podes acudir a:

CAMBADOS

Unidade móbil xunto ao Centro de Saúde
Martes, 14 de febreiro. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Mércores, 15 de febreiro. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

 
Agradecen desde o Concello especialmente a todas as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Cambados conta con 2069 doadores censados que realizaron 15743 doazóns dende a primeira visita da unidade móbil do CGT en 1995. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.







30.9.16

A CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE ARRANCA O 24 DE OUTUBRO













A Consellería de Sanidade destinou un orzamento total de 1.897.688 euros para a adquisición de 530.000 doses de vacinas antigripais para esta campaña 2016. Este investimento faise coordinado co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través do acordo marco para a adquisición de vacinas xunto con outras comunidades autónomas, consolidándose así o aforro nos custos.
O director xeral de Saúde Pública en funcións, Andrés Paz-Ares, encargado hoxe da presentación da campaña -baixo o lema Recorda, para a gripe temos vacina- anunciou que a súa duración será de nove semanas de xeito continuado, entre o 24 de outubro e o 23 de decembro. Tamén destacou especialmente o dato que inclúe o cartel informativo deste ano de que “no pasado inverno máis de 1.700 galegos ingresaron na pasada tempada de gripe, moitos en coidados intensivos, a maioría non vacinados”.
Neste senso, lembrou que o principal obxectivo da campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. A vacina da gripe ten un importante beneficio en canto que reduce a incidencia desta enfermidade pero moi especialmente diminúe a frecuencia de complicacións secundarias e, así mesmo, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe nas persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e noutras persoas con patoloxías previas.
Entre os obxectivos específicos están acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos, e unha cobertura do 65% no colectivo dos sanitarios.

Organización da campaña 2016

Do total de doses 530.000 doses, 290.000 corresponden á vacina antigripal convencional que pode ser utilizada a calquera idade a partir dos 6 meses de vida, e 240.000 doses de vacina intradérmica utilizada nas persoas ingresadas en residencias da terceira idade e no resto de persoas maiores de 75 anos. 
Galicia conta cuns 900 puntos de vacinación, entre os que se atopan centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.
Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de como e onde solicitar a cita. A poboación diana indicada para a son todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 60 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, persoas con disfunción cognitiva…); tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade.
Ademais da divulgación de información nos medios de comunicación e dos carteis divulgativos da campaña que se distribuirán nos puntos de vacinación, existe unha web temática da gripe http://gripe.sergas.gal, que funciona como portal de información para a sociedade xeral e para os profesionais sanitarios con información técnica, de xestión e de evolución da campaña.
Así mesmo, continúa en marcha o programa de promoción da vacinación na poboación mediante chamada activa por parte dos profesionais de enfermería de Atención Primaria e amplíase á poboación entre 65 e 74 anos (a campaña anterior foi entre 65 e 70 anos).

Datos da campaña do pasado ano

Por último, no que atinxe aos resultados de vacinación na campaña do pasado ano, nela administráronse un total de 485.593 doses antigripais, o que supón 22.000 dose máis que na campaña de 2014.
Nas persoas de 65 ou máis anos a cobertura foi do 54,06%, polo que se consolida, e cun aumento máis pronunciado, a mellora na cobertura vacinal antigripal iniciada no ano 2013. Por grupos de idade, as coberturas son máis elevadas nas persoas de 75 ou máis anos, achegándose ao obxectivo do 65% e incluso superándoo nas provincias de Lugo e Ourense. A actividade proactiva promovida polo Sergas nas persoas de 65-70 anos tamén contribuíu á mellora nas coberturas neste grupo de idade. Das 3.028 chamadas realizadas o 91% tiveron éxito e as persoas acudiron ao seu centro a vacinarse.
No grupo de persoas de 60 a 64 anos a cobertura foi do 21,37%; superando en máis de 1 punto ao dato da campaña pasada.
A porcentaxe de traballadores sanitarios vacinados da un grande empurrón nesta tempada, quedando preto do obxectivo da campaña en Atención Primaria, onde se pasa dunha cobertura do 25,27% o ano pasado ao 33,87% deste. Hai que facer especial mención na cobertura acadada polo persoal de enfermaría de primaria que acadou o obxectivo establecido. En Atención Hospitalaria a cobertura sobe algo máis de 4 puntos, cubrindo ao 19,34% dos profesionais. 








31.8.16

I CONGRESO AME, ELA E ESCLEROSE MÚLTIPLE EN CAMBADOS










Os vindeiros 2 e 3 de setembro celebrarase en Cambados o 1º CONGRESO AME,ELA E ESCLEROSE MÚLTIPLE. Primer congreso que se fai destas características na provincia.




VENRES 2 DE SETEMBRO                                        
9.00  Apertura de portas
9.30 Inauguración
10.00 As enfermedades neuromusculares
Dr. Arturo Fraga Bau. Neurólogo Álvaro Cunqueiro, Vigo.
10.30 “A genética o servicio das enfermedades neuromusculares”
Dra. María Jesús Sobrido. Unidad de Neurogenética, Telegenomics-Hospital San Rafael, A Coruña.
11.30 “Intervención fisioterápica en la ELA”                                          
Dña. Ana Bello Sobrino. Fisioterapeuta de Fegerec
12.30  PAUSA CAFÉ
13.00 Exoesqueleto, rehabilitación neurológica.
Srs. Tania Romeu/Carlos Rodríguez. Directores Centro Sinapse, A Coruña.
14.00 XANTAR
15.00 “Os animais como acompañantes nas enfermedades”
Dña. Olga Costa. Directora Refugio de Animais de Cambados.
16.00 “ A tecnología ó servicio da miña autonomía”
Don Gil Barrero Llano. Delegado zona norte BJ-Adaptaciones.
17.00 Taller de psicoeducación.
Dña. Rocío Mallo Caamaño. Psicóloga

SÁBADO 3 DE SETEMBRO
9.00 Apertura de portas
9.30 “Últimas novedades en investigación AME”
Dr. Eduardo Tizzano. Miembro del Comité Científico de SMA Europe. Área de Genética Clínica y  Genética Molecular y Unidad de Enfermedades Minoritarias Hospital Valle Hebrón Barcelona. Premio Reina Sofía 2007.
10.30  “O estudio da historia natural da AME e a súa  implicación nos ensayos clínicos”
Dr. Andrés Nascimento. Neuropediatra San Joan De Deu, Barcelona, coordinador. Unidad de Patología Neuromuscular do Servicio de Neurología.
11.30 “Avances na esclerose múltiple”
Dr. José María Óscar Prieto González. Presidente Sociedad Galega De Neuroloxía. Neurólogo Hospital Clínico Santiago.
12.30 PAUSA CAFÉ
12.45 “Últimas novedades na esclerose múltiple”
Dr. José Ramón Lorenzo González. Membro da Sociedad Galega De Neuroloxía. Neurólogo en Povisa.
13.45 Diagnóstico e clasificación na ELA
Dr. José María Fernández. Neurólogo, neurofisiólogo, ex xefe do servicio de neurofisiología, Clínica do Chuvi, consultor do centro médico de Pontevedra e do hospital Quirón de A Coruña.  Dr. Julio Pardo. Neurólogo Hospital Clínico Santiago
14.45  Novedades e tratamento na ELA.
Dr. Josep Gámez Carbonell. Coordinador de la Clínica de Malalties Neuromusculars i Rares Hospital Universitari Vall d´Hebron. Institut de Recerca del Hospital Vall d´Hebron,VHIR.
15.30 XANTAR DE CONFRATERNIDADE





Folla de inscrición abaixo













































21.7.16

CAMBADOS COLABORA COA CAMPAÑA SOLIDARIA “SÚMATE. DOA SANGUE”









O Concello de Cambados e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co verán. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade da cidadanía, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.

As persoas maiores de 18 anos que desexen participar poden acudir a:



CAMBADOS
Unidade móbil xunto ao Centro de Saúde
Venres, 22 de xullo. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Sábado, 23 de xullo. De 10:00 a 15:00 horas.



A Organización Mundial da Saúde recomenda acadar de 40 a 60 doazóns de sangue por cada 1.000 habitantes para cubrir todas as necesidades dos hospitais. O obxectivo é manter a participación de 76 doazóns por cada 1.000 habitantes que acadou o Concello de Cambados en 2015 e poder axudar a moitos enfermos que precisan da nosa solidariedade.

Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que doan sangue. Cambados conta con 2.069 doadores censados que realizaron 15.743 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil do CTG en abril de 1995. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán, moitas persoas dependen da solidariedade dos veciños e veciñas de Cambados para recuperar a saúde ou salvar a vida.

Súmate, doa sangue!!!.







5.7.16

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA FAI UN CHAMAMENTO A DOAR SANGUE










O Centro de Transfusión de Galicia, recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón, moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio do CTG.
Neste momento do ano resulta preciso incrementar o volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos sitúanse en 500 doazóns diarias, esta cifra soe aumentar.

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.
Lembrar que para informarse sobre a doazón de sangue o CTG dispón dunha páxina web: ctg.sergas.es







3.7.16

FORMACIÓN EN FISIOTERAPIA #AME










Tras máis de vinte anos de traxectoria traballando por conta allea en centros de atención temperá, a fisioterapeuta Fernanda Jorge Silverio decidiu crear a finais de 2012 CIGAT, un centro dedicado á atención de nenos e familias que necesitan recibir intervención en calquera dos ámbitos da atención temperá. Segundo explica a súa fundadora, o principal fundamento da iniciativa é a atención a domicilio. "Sempre compaxinara o meu traballo por conta allea coa atención domiciliaria. É algo frecuente entre os fisioterapeutas. Observei que cada día os pais teñen unha maior necesidade de conciliar a súa vida laboral coa familiar e valoran non ter que levar aos seus fillos a unha clínica. Ademais, existe un perfil de pacientes que non poden saír de casa, por exemplo nenos con disfunción pulmonar ou cardíaca e é necesario tratalos nas súas residencias. 

Comprobei os beneficios da atención a domicilio. Coñeces á familia na súa contorna, como se organiza, quen pasa máis tempo co menor... Podes indicar como empregar os recursos que ten a casa en beneficio do desenvolvemento do pequeno e tes a oportunidade de reforzar a intervención diaria dos familiares, como xogar co seu fillo, como manter posturas correctas...".

Na actualidade, o equipo de CIGAT, con sede en Madrid, compóñeno dous fisioterapeutas, unha psicóloga e catro logopedas. Levan a cabo avaliacións integrais do desenvolvemento, estimulación cognitiva, fisioterapia e fisioterapia respiratoria, estimulación orofacial e logopedia. Tamén elaboran férulas de escaiola e organizan distintos talleres dirixidos a pais sobre masaxe infantil e estimulación orofacial, entre outros temas. "Acabo de formarme como coach persoal e son terapeuta de programación neurolingüística, polo que o meu próximo proxecto é poñer en marcha un coaching para pais co fin de mostrar os recursos que teñen para conseguir o que queren como pais", adianta Fernanda.


Para explicar todo o aprendizaxe as familias o sábado13 de agosto a fisioterapeuta Fernanda Jorge estará no Colexio Salesiano "A Merced" de Castrelo en Cambados para impartir a formación básica para familiares de afectados da AME e outras doenzas similares, fisioterapeutas i estudantes de Fisioterapia.

É necesaria a inscricición previa no mail  asociaciongaliciame@gmail.com co xustificante bancario do ingreso dos 15 € que custa a formación na conta que aparece no cartel de arriba.