Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CULLER DE PAU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CULLER DE PAU. Mostrar todas las entradas

4 de febrero de 2020

O RESTAURANTE GROVENSE CULLER DE PAU, MELLOR RESTAURANTE DE ESPAÑA

De esquerda a dereita, arriba: Juan de la Rica (Juancho's BBQ), Javier Olleros (Culler de Pau), Ramón Freixa (Ramón Freixa), Toño Pérez (Atrio), Óscar Velasco (SantCeloni), Pedro J. Ramírez, Juan Antonio Vázquez (Nerua), Sacha Hormaechea (Sacha), David Muñoz (DiverXO), Daniel Salas; abaixo: Eneko Atxa (Azurmendi), Pedro Sánchez (Bagá), Paco Morales (Noor), Joan Roca (El Celler de Can Roca) y Matteo Manzini (Azurmendi).

Na tarde de onte tivo lugar a entrega dos II Premios Cocinillas outorgados pola sección de gastronomía do ESPAÑOL nunha gala celebrada no hotel NH Collection Madrid Eurobuilding, presentada por Daniel Salgas, director de Cocinillas. Ao longo da mesma fóronse desvelando os nomes dos restaurantes premiados nas distintas categorías. En primeiro lugar, entregouse o premio especial do público ao Mellor Restaurante BBB, un premio para restaurantes de gran calidade por baixo de 25 €. O gañador foi Juancho’ s BBQ, un restaurante madrileño cuxa grella se está convertendo nun referente a nivel nacional. O premio ao Chef Cocinillas do Ano foi entregado este ano a Javier Oleiros, chef do restaurante galego Culler de Pau (O Grove), que desenvolve unha cociña de proximidade baseada no produto que a súa terra (e mar) ofrecen. Para terminar a xornada reveláronse os nomes dos 100 Mellores Restaurantes de España, elixidos por un xurado formado por recoñecidos profesionais do mundo da gastronomía como os chefs Anxo León, Andoni Aduriz e Toño Pérez, entre outros, e especialistas en comunicación gastronómica como Clara Villalón ou os instagramers Laura Ponts, Gorak ou Estrela Sen Michelín. O premio máis esperado da noite foi para o restaurante Culler de Pau (O Grove) que foi elixido polo xurado como o mellor restaurante de España. Con este segundo premio converteuse na estrela da noite. O evento tivo lugar no hotel NH Collection Madrid Eurobuilding e recoñeceu aos 100 mellores restaurantes de España tras unha votación de múltiples personalidades do sector entre chefs, xornalistas gastronómicos e xente do sector. Nesa lista, na que Culler de Pau está acompañado no podio por DiverXO e Celler de Can Roca, sitúanse outros catro establecementos situados en Galicia: Casa Solla (23), A Tafona (65), Nado (80) e Casa Marcelo (86). Xunto a eles, no posto 43 sitúase Lúa (Madrid), do carballiñés Manuel Domínguez.


21 de noviembre de 2019

CAMBADOS E O GROVE MANTEÑEN AS SUAS ESTRELLAS MICHELÍN


A cociña galega segue son as súas mesmas once Estrellas Michelin. A gala celebrada este 20 de novembro en Sevilla non deparou ningunha novidade. Nin hai incorporacións a este roteiro de once restaurantes de alta cociña co recoñecemento de Michelin nin Pepe Solla logrou esa segunda insignia que tantas veces prognostican os especialistas gastronómicos. A provincia de Pontevedra mantén as suas cinco Estrella Michelín. Maruja Limón (Vigo), Culler de Pau (O Grove), Yayo Daporta (Cambados) e Pepe Vieira Camiño da Serpe e Casa Solla (Poio) volven ser o punto de encontro dos apaixonados da alta cociña, cinco paradas obrigatorias para aqueles que queiran experimentar novas sensacións nos seus padais. A listaxe de once restaurantes complétano na provincia coruñesa Árbole da Veira (A Coruña), As Garzas (Malpica), Retiro da Costiña (Santa Comba), A Tafona e Casa Marcelo (Santiago de Compostela). Pola súa banda, a provincia de Ourense mantén a súa Estrela Michelín grazas ao bo traballo do restaurante Nova (Ourense).


12 de marzo de 2014

CULLER DE PAU REABRE ESTE VENRES







O restaurante Culler de Pau, de O Grove abrirá de novo as súas portas o vindeiro venres 14 de marzo, xa que o xulgado suspendeu de xeito cautelar o peche do local situado no lugar de Reboredo, no Concello do Grove, e que conta cunha estrela Michelín.
A xuíza basea a súa decisión nos danos e prexuízos que podería supor para o restaurante o peche decretado polo Concello en cumprimento dunha sentenza.
O auto emitido pola titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra atende as razóns esgrimidas polo abogado do Culler de Pau e sinala que o peche do establecemento conleva "danos e prexuízos de imposible reparación". De tal xeito que acorda a suspensión cautelar da resolución da Alcaldía que decretaba o precinto do local por constar contra este un expediente de reposición da legalidade urbanística e por estar traballando sen licenza de actividade.
"Seguimos co proceso, pero o xulgado nos permite estar co restaurante aberto, como debe ser", concretou Olleros moi preocupado pola perda de clientela e de imaxe que a continuidade do peche podía supor para o seu establecemento además dos prexuizos económicos evidentes.Javier Olleros asegurou estar "encantado", e afirma que no Culler de Pau "estamos todos moi felices e con moitas gañas de cociñar". Ademáis confesa que a decisión do Xulgado "cóllenos nun momento no que estabamos xa ao límite, porque estabamos pensando en buscar outro sitio para poder cociñar".

Así o entende tamén a xuíza no seu auto que sinala que neste caso "ten que falarse de prexuízos de difícil ou imposible reparación, que ademais se causarían non só á entidade demandante, senón a terceiros vinculados a ela, como son, en primeiro lugar, os traballadores do establecemento, de forma que a eses prexuízos económicos engádese o custo social que peches deste tipo implican, e máis nun momento como o actual".


3 de enero de 2014

CONCENTRACIÓN DE APOIO A CULLER DE PAU





O peche do Culler de Pau, o restaurante do 'Estrela Michelín' Javier Olleros, desatou unha vaga de apoios que vai máis aló do seu O Grove natal. Nada máis coñecer o precinto do establecemento por problemas coa súa licenza de apertura milleiros de persoas expresaron a súa indignación a través das redes sociais. Tanto que xa se convocou unha manifestación de protesta ante esta decisión, executada para dar cumprimento a unha sentenza xudicial.
Será o vindeiro venres 10 de xaneiro ás 20.30 horas na Praza do Corgo, xusto diante da Casa do Concello. Invítase aos participantes a acudir a ela cunha culler de pau na man e con calquera outro utensilio culinario como un gorro de cociñeiro ou unha tarteira. O obxectivo é presionar ao goberno municipal para que axilice os trámites administrativos para que o restaurante poida volver abrir canto antes.
Esta concentración reunirá, a bo seguro, a un gran número de persoas. Será un reflexo do apoio que Javier Olleros está reunindo a través das redes sociais. Máis de 3.300 persoas uníronse xa ao grupo de FACEBOOK creado para mostrar a súa indignación polo precinto do restaurante. Aseguran que se está facendo un dano enorme non só ao seu propietario, senón ás dez familias que dependen do seu traballo e á imaxe de todo o municipio.

Os reproches son incesantes tanto cara ao goberno municipal do Grove como cara a Óscar Miniño, o empresario local que denunciou as supostas ilegalidades urbanísticas cometidas no establecemento. Presentou unha demanda contra o Culler de Pau ao entender que as obras realizadas non se axustaban á licenza recibida. O TSXG deulle a razón, obrigando ao precinto ata que se derrube unha parte do local e se obteña a licenza de actividade.
Novas relacionadas APOIO A O RESTAURANTE CULLER DE PAU  e




30 de diciembre de 2013

POR ORDEN DO SEÑOR ALCALDE ........................








O prestixioso Restaurante Grovense Culler de Pau ven de ser precintado polo Concello. O chef Javi Olleros ordeou ó seu plantel adiantar as vacacións a estes días namentres non se arranxan os problemas legais, xurdidos á raíz da denuncia dun constructor da zona. Na rúa ninguén entende como se está a ser tan duro neste caso cando noutros peores nin se repara.

O Grove non ten a día de hoxe ningún restaurante con Estrela Michelín; o único que había, o Culler de Pau, de Javi Olleros, ven de ser precintado nesta xornada polo Concello do Grove. O Consistorio meco dá así cumprimento á un dictame do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia interposto polo constructor local Oscar Miniño. Segundo se ven de publicar, o problema viríase arrastrando desde os tempos nos que gobernaba o socialista José Antonio Cacabelos, co irmán do propietario do antedito restaurante, Jorge Olleros, como edil. Daquela houbo varias denuncias cruzadas entre o goberno tripartito grovense e o constructor por temas urbanísticos. 
Unha destas denuncias, por vinganza, en verbas do exalcalde Cacabelos, era contra este local do lugar de Reboredo, en San Vicente do Mar, por abrir ó público cunha simple licencia provisional de actividade tendo unha parte dun alero fora da legalidade. Arestora, a dirección de Culler de Pau está á espera de que o Concello resolva os trámites administrativos precisos para a súa apertura definitiva para poder volver a abrir as súas portas. Polo de agora, adiantaron as vacacións de Nadal a estes días á espera de que todo se resolva favorablemente. Mentres tanto na rúa todo eran opinión favorables ó Chef: afirman que o local da prestixio ó Grove e que amais emprega a dez persoas e a denuncia non ten nada que ver ca súa actividade. 
E se de irregularidades urbanísticas se trata, aseguran que habería moito que tirar antes que este Restaurante. Javi Olleros traballa agora na procura de novos productos e proveedores. Está a espera da resolución do conflicto tralo que pensa volver con máis forzas. En caso contrario, veríase obrigado a trasladar o seu Restaurante de ubicación.