|
O departamento de Cultura do Concello quere seguir este verán con actividades que animen aos veciños de calquer idade a facer deporte e vida san. A partires de mañá día 3 de xullo, vaise ofertar un curso de iniciación ao Tai Chi. As clases serán impartidas polo experto en medicina chinesa Manuel Silva, ao que avalan máis de 20 anos de experiencia e que actualmente rexenta o Centro Lua en O Grove.
O Tai Chi é unha arte marcial orixinaria de China aínda que hoxe en día practícana millóns de persoas no mundo enteiro. Aqueles que se animen a introducirse no Tai Chi aprenderán a través de movementos pausados a respirar mellor e meditar, a manterunha posición centrada do seucorpo que lles permita estar activos e aforrar enerxía e aomesmo tempo aprenderán certasténicas da arte da defensa persoal.
O curso está subvencionado polo Concello e realizarase sempre que se cubra un mínimo de 20 prazas (máximo 30). Terá lugar no Salón José Peña,ás 20.30 horas, todos os martes e xoves de xullo e agosto. Para máis información e inscricións os interesados poderán achegarse á biblioteca Casa dos Fraga, ou chamar ao 986 520008.
Para máis información do tema poden contactar con Manuel Silva nos Telfs. 986733282 // 616591109
|
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.