Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
7 de abril de 2020
CONCELLOS DO SALNÉS CONTRATARÁN TRABALLADORES CON FONDOS DA DEPUTACIÓN
A Deputación de Pontevedra aprobou a novena concesión de subvencións do Plan Concellos 2020, correspondentes á Liña 3 de Emprego coa que os concellos da provincia reciben a financiación necesaria para poder contratar traballadoras e traballadores municipais. En concreto, aprobouse unha achega de 1.283.529,45 euros que beneficiarán os concellos de Agolada, Baiona, Bueu, A Cañiza, O Grove, O Porriño, Ribadumia e Silleda.
O Grove, recibe unha achega de 179.090,85 euros, contratará 19 persoas: 1 carpinteira ou carpinteiro, 9 peoas ou peóns de obras públicas, 3 forestais e 2 de xardinería, 1 auxiliar de administración, 1 condutora ou condutor e 2 auxiliares de cultura.
Ribadumia, que recibe unha achega de 106.310,40 euros, poderá contratar 12 persoas: 2 oficialas ou oficiais de albanelería, 1 encargada ou encargado de limpeza, 2 mozas ou mozos de recollida de lixo, 1 condutora ou condutor de camión, 1 peoa ou peón de obras públicas, 2 de albanelería, 1 de fontanería, 1 de carpintería e 1 de electricidade.
A selección deste persoal farase desde os concellos, buscando persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego, e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020. Co Plan Concellos 2020, a Deputación pon 42,2 millóns de euros á disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes. En concreto, para a Liña 3 de emprego achega 9,5 millóns de euros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.