Os servizos de extinción apagaron este mediodía un incendio que afectou á zona exterior dun recinto que alberga unha fábrica de embarcacións de poliéster. O incendio era visible en Cambados.
Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O lume afectou á zona exterior do recinto e calcinou un galpón anexo á nave con material de carpintería que almacenaba no seu interior. Unha embarcación tamén se viu afectada.
Varios particulares, ao fío das 14:15 horas, alertaban ao 112 Galicia de ver saír moito fume dunha nave situada no lugar dos Campos, preto do grupo escolar, no concello pontevedrés do Grove.
A partir de aí, púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros do Salnés, GES de Sanxenxo, Protección Civil do Grove, Garda Civil e a Policía Local. Tamén, foron informados os Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si fose precisa a súa intervención nalgún momento, así como o persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Unha vez extinguido, os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil procederon a refrixerar a zona.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.