Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta PROTECCION CIVIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROTECCION CIVIL. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2018

UNA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN VILARIÑO



Este mediodía producíase un accidente na estrada PO-307 na parroquia de Vilariño.
Como consecuencia dun choque entre un camión e un automóvil resultou ferida de carácter leve unha veciña de Ribadumia, O.M.B. con dores cervical e lumbar. Foi trasladada ao Hospital do Salnés pola Ambulancia do 061.
Participaron no operativo a Policía Local e Protección Civil de Cambados e a Garda Civil de Tráfico. 



14 de maio de 2018

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NA CABANA




Este mediodía producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilagarcia, unha  moto batía contra un coche. O vehículo abriu a porta e a moto que circulaba polo mesmo carríl non puido esquivala chocando contra ela. O ferido é A.C.F de 72 anos, veciño de Cambados e foi derivado ao Hospital do Salnés por dor cervical, lumbar e perda de coñecemento. A Policia Local, Garda Civil e Atestados xunto Protecc.ección Civil de Cambados participaron no operativo.


5 de maio de 2018

UN ACCIDENTE NA MODIA SÁLDASE CUNHA PERSOA FERIDA



Un home resultou ferido esta tarde nun accudente de tráfico ocurrido na EP-9002 preto da Capela de San Antón, na Modia Cambados). O ferido J.M.P. de 73 anos e veciño de Cambados, que conducía un ciclomotor.
Foi trasladado ao Hospital do Salnés, dor cervical e lumbar polo 061. 
cando chegaron as asistencias médicas e Protección Civil de Cambados so estaba o ferido ni chan e a motocicleta, polo que parece ser o accidente prodúxose por unha saída de vía do vehículo sin que intervira ninguén máis.

Na intervención colabora a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico e Atestados, e Protección Civil.



4 de maio de 2018

ALUMNOS E MESTRES DO CABANILLAS RECIBIRÁN CURSOS PARA UTILIZACIÓN DE DESFIBRILADORES



A principios de curso foi aprobada en xunta xeral da Anpa do Instituto R. Cabanillas a compra de un desfribilador (DESA) para dotar ó centro de este dispositivo, que en caso de emerxencia pode 
salvar vidas.

Tamén propuxeron a idea de formar ós alumnos e profesores para, en caso de emerxencia, precisen utilizar dito dispositivo saiban facelo.

Finalmente tras manter conversas con PROTECCION CIVIL de CAMBADOS para conseguir a súa colaboración para dar os cursos de formación tanto a alumnos de 4º da ESO e de  1º de Bach, como ó profesorado.

Estes cursos vanse realizar no salón de actos do instituto este luns dia 7 dende as 09:00 hasta as 11:40 para os alumnos da  ESO, dende as 16:30 hasta as 18:10 para os alumnos de Bach e a partir das 18:15 para o profesorado.

E o vindeiro xoves as 10:30 farase a entrega oficial ó instituto do  DESA, cumplindo así o acordado en xunta xeral, que foi aprobado por unanimidade.

Dende a ANPA queren agradecer a confianza que sempre depositan en eles as familias, a predisposición do profesorado para a formación e como non á Agrupación de Protección Civil
pola sua colaboración.

Tamen decir que a actividade da formación vaise a prolongar  co paso dos anos, desta maneira todos os anos daráselle este curso ós alumnos de 4º da ESO e os de 1º de Bach.



3 de maio de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NO POLÍGONO SETE PÍAS




Esta tarde, pouco antes das 17:00 horas producíase un accidente no Polígono Industrial de Sete Pías en Cambados. Como resultado do choque frontolateral entre dous turismos producido por un conductor que se saltou un stop, saíron feridas dúas persoas.
O conductor dun dos vehículos, J.M.C.P. de Catoira de 36 anos con dor cervical e torácico.O outro ferido é C.C.N. de 47 anos e de Cambados. Ao igual que o anterior presentaba dor cervical e torácico. Os dous foron trasladados ao Hospital do Salnés por efectivos do 061.
Colaboraron na intervención a Policía Local de Cambados, G.C. de Tráfico (Atestados) Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Cambados. 


18 de abril de 2018

UN UNCENDIO NA RUA NOVEDADES DE CAMBADOS OBRIGA A EVACUAR UN EDIFICIO



Un incendio causa a alarma entre os veciños dun inmoble da Rúa Novedades, en Cambados.

Un incendio nun inmoble situado na Rúa Novidades de Cambados causou a alarma entre os veciños debido á intensa fumareda provocada por un lume declarado nun cuarto de baño.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta do axentes da Garda Civil ás 6:30 horas desta mañá.
Ata o lugar acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, pois no interior do inmoble había varios veciños que tiñan dificultades para saír das súas vivendas debido ao intenso fume acumulado nas escaleiras.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, xa que a maioría dos veciños do inmoble abandonaron as vivendas en canto se decataron do lume. Só permaneceu o habitante do terceiro, cando xa estaban actuando os servizos de extinción e sufocaron as lapas.
Segundo indicaron os bombeiros de Ribadumia, o lume comezou nun aparato eléctrico instalado no cuarto de baño e estendeuse pola porta e outros obxectos.

A vítima do suceso foi realoxada polos servizos sociais municipais nun hotel.

Colaboran na intervención, Protección Civil, Policía Local, e Garda Civil de Cambados, Ambulancia do 061 e Bombeiros de Ribadumia.



13 de abril de 2018

ACCIDENTE EN CAMBADOS CON DOUS FERIDOS


Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada nun accidente no que se veu implicado un so coche.

Segundo indicou Emerxencias de Cambados non tiveron que excarcerar ás vítimas, xa que ao chegar ao lugar os ocupantes estaban fora do vehículo.
O sinistro produciuse na Avenida de Castrelo (Cambados). O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.
Ao parecer por causas que se descoñecen, o vehículo "voou" sobre un lateral para rematar contra unha finca aledaña a estrada.
Na intervención colabora a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil de Cambados.



21 de marzo de 2018

DASE Á FUGA TRAS UN ACCIDENTE CON TRES FERIDOS EN CAMBADOS







Esta tarde noite producíase un accidente na avenida de Vilariño frente a Boutique do Pan co resultado de tres persoas feridas.
Todos foron trasladados polo 061 ao Hospital do Salnés. A.M.T. de 50 anos e de Vilagarcía que
conducía un dos turismos implicados, con dor lumbar e cervical. Unha muller, M.T.C.S. tamén de 50 anos que o acompañaba e veciña de Caldas refería dor cervical, lumbar e dorsal. Dese mesmo turismo era a terceira persoa ferida, unha muller de 81 anos, M.V.S.A. veciña tamén de Caldascon dor cervical e lumbar. 

O conductor do outro vehículo deuse á fuga.
Ao parecer trataríase dun menor que colleu o coche dun amigo maior de idade. Abandonou o lugar a pé pero pouco tempo despois localizado e levado a dependencias policiais acompañado supostamente da sua nai.

Na intervención colaboran Protección Civil de Cambados, a Ambulancia do 061 e a Policía Local.

Nova relacionada- O MENOR QUE ONTE TIVO UN ACCIDENTE PODERÍASE ENFRENTAR A VARIOS DELITOS

15 de marzo de 2018

DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS HOXE






Dous accidentes nas últimas horas tiveron lugar en Cambados.
O primeiro deles tivo lugar as 11:20 da mañán en Castrelo concretamente na estrada de O Facho sin heridos. Duas furgonetas bateron  entre elas.
O segundo dos accidentes ocurreu
na EP -9506, no lugar de Cobas de Lobos na parroquia de Vilariño entorno as 18:00 desta tarde.
Neste accidente resultou unha persoa ferida que é evacuada ao Hospital do Salnes. S.P.R. de 58 anos e veciña de Cambados. Refire dor cervical, lumbar e dorsal.
Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e 061 participaron nos operativos.


11 de marzo de 2018

NUMEROSAS INCIDENCIAS POLO TEMPORAL EN GALICIA







O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia leva xestionadas dende o inicio do temporal ata as 12 da noite pasada un total de 378 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma, das cales 223 foron a partir das 18 horas.
En total, foron xestionadas 378 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 174 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 140; Ourense con 26 e Lugo con 38 incidencias xestionadas.
Os concellos máis afectados foron Bergondo, Boiro, Cee, Brión, Padrón, Rianxo, Rois e Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña; e Moaña, Pontevedra, O Rosal, Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.
Ata o paseo marítimo de Cambados chegou unha batea á deriva.

En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, e obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos. No concello de A Laracha, houbo dúas persoas feridas pola caída dunha árbore encima dun coche.


A Xunta recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes ante as malas condicións meteorolóxicas e recomenda consultar a web www.axega112.gal





8 de marzo de 2018

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE NA AVENIDA DE VILARIÑO







Accidente de tráfico na Avenida de Vilariño ás 22:40hrs de onte.

Como resultado do choque, dúas persoas resultaron feridas leves e foron trasladas ao Hospital do Salnés. Participaron no dispositivo Emerxencias de Cambados, Policía Local e e unha Ambulancia do 061.

O sinistro produciuse nos semáforos do cruzamento da avenida do Salnés coa de Vilariño, nun momento no que todos os semáforos están en ámbar.
Un dos automóbiles saíu da intersección para incorporarse á avenida de Vilariño, e nese momento produciuse a colisión, pois pola vía principal circulaba o outro vehículo implicado. O impacto foi frontolateral, quedando os dous vehículos seriamente danados. No caso do turismo, un Skoda Octavia, terminou subíndose a unha beirarrúa, e esnaquizado un pequeno valado publicitario e para rematar impactando contra unha vivenda. Os seus dous ocupantes, duns 40 anos, resultaron feridos leves.

A furgoneta, era unha Renault Kangoo, e o seu ocupante saíu ileso. Cambadés duns 50 anos, é funcionario do Concello, adscrito á área de deportes.




6 de marzo de 2018

NOVE PERSOAS AFECTADAS POR UN INCENDIO EN CAMBADOS





Trasladadas nove persoas despois de producirse un incendio nun edificio en Cambados
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a nove persoas despois de declararse un incendio nun edificio de cinco plantas en Cambados. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no interior do inmoble atopábanse entre quince e vinte persoas, que tiveron que ser desaloxadas.

Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o lume produciuse nunha habitación ao queimarse unha cadeira de brazos que se atopaba xunto a un radiador e o fume propagouse por todo o edificio.
Os feitos tiveron lugar no número 2 da  Rúa Celmencio Fernández Pulido. O 112 Galicia tivo constancia do lume ás 07:00 horas, a través da alerta de varios particulares. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, da Policía Local, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias.

Ao lugar o 061 enviou un médico e dúas ambulancias para atender a cinco persoas que foron levadas ao Hospital do Salnés, confirmaron fontes sanitarias. En concreto, unha persoa foi evacuada nunha ambulancia asistencial acompañada dun médico do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cambados, mentres que outra ambulancia levou ao mesmo centro hospitalario a un home de 57 anos e a tres mulleres de 45, 28 e 57 anos.





24 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS EN CASTRELO









Accidente de tráfico na  Po-550 a altura do Hotel O Cruceiro, en Castrelo. Unha colision fronto-lateral producida ao parecer porque un dos  vehículos que, viaxando en dirección Cambados, pretendía dirixirse cara á zona de O Facho non se decatou de que pola calzada circulaba, en sentido ao Grove, outro turismo. A colisión entre ambos os coches foi moi violenta, como evidencia o feito de que ambos quedaron a unha distancia duns cen metros tras o fenomenal golpe.
O ferido do vehículo Seat é o condutor E.A.A. de 42 anos e veciño de Cambados. Padece de dor cervical, lumbar e dorsal. A copiloto do Volkswagen é S.P.R. de 20 anos e veciña de Sanxenxo.  Dor cervical e Lumbar.
Garda Civil de Tráfico, Atestados e Ambulancia do 061 i Emerxencias de Cambados colaboraron no operativo. Ambos os feridos foron trasladados ao hospital do Salnes.










16 de febreiro de 2018

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE NO BREXO









Eran cerca da 1 e media da noite cando se producía un accidente na Avenida de Castrelo, pouco despois da curva do Brexo dirección Castrelo.



No suceso víronse implicados tres vehículos. A consecuencia do choque unha rapaza veciña de Cambados de 20 anos resultou ferida i evacuada ao Hospital do Salnés, con feridas leves.
Ao parecer o vehículo conducido pola moza saeuse da calzada batendo contra outros dous turismos aparcados e sin ninguén no interior.

Na intervención colaboran a Garda Civil de Cambados, Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados , Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do 061 e Bombeiros do Salnes.






10 de febreiro de 2018

UN FERIDO NUN RARO ACCIDENTE









Un home de 38 anos, B.M.C.P., veciño de Vilanova resultou ferido leve esta mañán nun accidente que se produxo sobre as 11 hrs na Via Rápida do Salnés. O sinistro prodúxose pouco antes da rotonda dos Castaños en Ribadumia.

O home conducía un camión que chocou contra un remolque que se desprendeu do vehículo que o levaba por razóns descoñecidas.
O ferido foi atendido polos membros de Protección Civil de Cambados.
Na intervención tamén participan a Garda Civil de Tráfico , Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes.







9 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS AO SEU PASO POR CAMBADOS












Tres feridos nun accidente na Autovía do Salnés en Cambados. Polo menos tres vehículos implicados e 2 feridos confirmados. O sinistro tivo lugar as 14:20 desta tarde.
Dous accidentes en un
Minutos despois das 2 e cuarto da tarde un vehículo, Renault Clio conducido por R.C.B. veciña de Meis de 28 anos colidía lateralmente ao invadir o carril contrario contra o vehículo Ford Focus ocupado por O.S.C. e o seu fillo de Cambados.
A conductora do Focus sufre de dor cervical, lumbar e dorsal. A cambadesa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros sendo trasladada pola ambulancia do 061.
O segundo accidente prodúxose polo despiste dos conductores cando, desatendendo á circulación, miraban para o primeiro incidente.
Foi un choque por alcance. A conductora do Corsa foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil. O ocupante do Puegeot saleu ileso.

Nestes intres están sendo atendidas no H. do Salnés.



Na intervención colabora a Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Ambulancia do 061, Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes. 






6 de febreiro de 2018

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE NA ROTONDA DA ILLA












Unha saída de vía na rotonda da Illa sáldase con tres mozos feridos.

Esta tarde sobre as 14:50 hrs. da tarde, producíase un accidente na Illa de Arousa, concretamente na rotonda de entrada despois da Ponte, no que resultaron feridos tres mozos de 21, 20 e 17 anos de idade de Madrid, Carril e Valga.
Os mozos resultaron feridos en mans e pernas ao saír do vehículo cos cristais e restos do coche.
Foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil de Cambados que colaborou no dispositivo coa Policía Local de A Illa e a Garda Civil de Tráfico.





3 de febreiro de 2018

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NOS CATRO CAMIÑOS










Sobre as 21:40 prodúxose un atropelo nos Catro Camiños. Un coche atropelou ao propietario da Pastelería Saremi.
O ferido B.P.C de Cambados foi trasladado a un centro hospitalario. Concretamente ao Hospital do Salnés con danos nunha clavícula, por unha ambulancia do 061.
A conductora do vehículo M.J.R.G. veciña da Illa resultou ilesa.





20 de xaneiro de 2018

ARDE UN COCHE QUE CIRCULABA POLA MODIA










Un coche quedou calcinado sobre as 10,00 horas este sábado tras un incendio que comezou mentres circulaba pola Modia, en Cambados, na estrada EP-9002. Segundo informaron fontes dos bombeiros do Salnés que acudiron ao lugar para extinguir o lume, non houbo feridos nin danos persoais. Os propietarios do automóbil explicaron aos bombeiros que crían que o vehículo, un Citroën Xsara, tivera un fallo eléctrico. A pesar de que o parque de bombeiros atópase próximo ao sitio do incidente, a rápida propagación das chamas queimou gran parte do coche. Na intervención colabora a Policia Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Bombeiros do Salnes e o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.




19 de xaneiro de 2018

UNHA MULLER FERIDA TRAS BATER NELA UN BOLARDO ARRANCADO POR UN COCHE












Unha muller resultou ferida de consideración esta mañá en Cambados (11:30hrs) tras recibir o impacto dun bolardo contra o que previamente chocara un turismo.
Os feitos sucederon ás 11.30 horas na Rúa Real, xunto a praza de Fefiñáns. Un vehículo golpeou un dos bolardos metálicos que separan a zona de circulación dos vehículos e a área peonil, e este saíu disparado batendo na muller. O bolardo golpeou nas costas a unha muller de 67 anos, P. P. C. Protección Civil de Cambados explica que a muller foi atendida por unha ambulancia do 061, que a trasladou ao Hospital do Salnés. Queixábase de dor lumbar e cervical.

Nun primeiro momento ao CIAE-112 chegara o aviso dun atropelo.
Participaron no efectivo o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, a Policia Local de Cambados e a Ambulancia do 061.