Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TRÁFICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRÁFICO. Mostrar todas las entradas

19 de febrero de 2020

RESTRICCIÓN AO TRÁFICO POR OBRAS EN CAMBADOS


Desde o o Concello de Cambados  poñen en aviso aos veciños da sinalización provisional do trafico na PO-549, EP-9004, EP-9005 polas obras que van a acometer na rotonda de Corvíllón pola empresa de servicios de sumidoiros do Concello de Cambados, Espina y Delfín. Estas obras que van causar incidencias no trafico, esta previsto que se realicen o vindeiro 21, 22 e 24 de Febreiro, e van provocar un desvío provisional dun carril de circulación na PO-549 e o sentido único na Rúa Tras do Río e na estrada EP-9004 en sentido Porto de Tragove. Para reducir os inconvenientes, o concello recomenda evitar a circulación nesa área na medida do posible e se solicita a máxima colaboración por parte dos veciños da zona.



28 de octubre de 2019

ARDE UN COCHE EN CORVILLÓN EN ESTRANAS CIRCUNSTANCIAS




Pasados uns minutos da media noite, un turismo ardeu por completo nun incendio no que as forzas da orde intentan esclarecer as circunstancias. O suceso rexistrouse nunha eira na parroquia de Corvillón, en Cambados.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil e Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
Finalizada a súa intervención despois de sufocar o lume, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o turismo afectado ardeu na súa totalidade.




30 de mayo de 2019

INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES EN CAMBADOS


A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de CAMBADOS nas seguintes datas e ubicacións:
  • -do 17/06/2019 ao 18/06/2019 Piscina municipal (Cambados)
O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:
  • 18/06/2019 que será horario só de mañá
Para solicitar cita previa:
  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa




12 de marzo de 2019

UNHA CAMBADESA DETIDA TRAS DAR POSITIVO POR ALCOL E DROGAS, SEN PUNTOS NO CARNÉ E UN MENOR NO COCHE


Unha condutora foi detida pola Garda Civil cando circulaba co seu coche ebria, drogada e sen puntos no carné acompañada polo seu fillo de dous anos, informaron fontes do instituto armado. A condutora, veciña de Cambados duns trinta anos, xa fora investigada penalmente a finais de 2018 ao ser sorprendida por efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra conducindo o seu vehículo co permiso sen puntos. Nesta ocasión a situación de risco foi maior ao comprobar que circulaba baixo os efectos do alcol -as probas ás que se someteu arroxaron senllas taxas de 0,36 e 0,33 miligramos por litro de aire expirado- e da cocaína. A Garda Civil, que investiga penalmente a esta muller por un delito contra a seguridade viaria, trasladou os feitos á Fiscalía de Menores por se procedese a adopción dalgunha medida cautelar ou de protección con respecto ao seu fillo menor.









15 de julio de 2018

ARDE O MOTOR DUN AUTOBÚS EN OURENSE CON 52 EXCURSIONISTAS PROCEDENTES DE CAMBADOS



Incendio no motor dun autobús na A-52, no alto de San Cibrao das Viñas
O vehículo, que transportaba un total de 52 pasaxeiros, realizaba a ruta Cambados-Madrid. 

Un autobús que leva 52 pasaxeiros de Cambados a Madrid sufriu un incendio no motor do vehículo. Aconteceu ás 16:30 hrs, na A-52 dirección Benavente, ao cumio do municipio de San Cibrao das Viñas.
O foco de lume foi controlado por outros condutores que circulaban pola mesma vía. Os bombeiros de Ourense, dúas patrullas de motoristas da Garda Civil do Tráfico interviñeron no incidente.

Ao redor das 17:40 horas a empresa de transporte enviou outro autobús ao lugar dos eventos para trasladar pasaxeiros e equipaxe e continuar co percorrido. Ningún pasaxeiro necesitou asistencia médica.



20 de enero de 2014

OS VECIÑOS DA AV. DA PASTORA PREVÉN MOBILIZACIÓNS





Os veciños de Santa Mariña, máis en concreto os da avenida da Pastora prevén mobilizarse ante a falta de respostas do Concello ou mellor dito ante as medias verdades coas que se respostou o alcalde Luís Aragunde. Un representante dos veciños dixo nun programa de radio que  " o Alcalde métese debaixo da cunha dunha tortuga de 4000 euros e non dá solucións nin nos recibe". Esta frase vai en relación ao pouco caso que fai aos veciños e a negativa a reunirse con eles. Nesa mesma intervención dito representante falou de incluso chegar a mobilizarse en caso de que o silencio por parte do Concello persista. 

Nestes dias os veciños van ter unha reunión para falar das medidas a tomar, e non desbotan ningunha posibilidade.
Foto "La Voz de Galicia"
Temos que recordar que todo esto ven polo trastorno que supón que os veciños teñan que dar unha volta inmensa para voltar as suas casas tras rematar as faenas do campo cos seus tractores, tras prohibir a circulación o Concello o tráfico nesa avenida cara o Pazo de Ulloa.

Nesta tesitura estiveron os veciños das rúas Albariño e Castelao cando ambas rúas pasaron a ser de dirección única. O Concello prometera a os veciños a apertura dun vial dende a rúa Castelao ata a rúa San Roque e o único que fixeron foi ampliar e asfaltar un tamo pequeno que vai dende a Castelao ata a Rúa Nova. 
Foto "Diario de Arousa"
I e que en ambos casos as alternativas dadas pasan por facer expropiacións de terreos a varios veciños e todos sabemos da complexidade que esto supón.
Pero o que non se pode é dicir que en poucos dias "así que pasen as choivas imos a arranxar o problema".
O noso Alcalde debería ter previstas alternativas antes de facer as cousas pero no Concello no están para eso. Aínda que neste caso a prolongación da Rua Pacheca estaba prevista moitos anos antes de cambiar a dirección única a av. da Pastora.

5 de marzo de 2013

UNHA MULLER DE 65 ANOS DA POSITIVO TRAS UN ACCIDENTE







Arredor das 10 da mañá producíase un accidente ao colisionar dous vehículos no Brexo, na estrada de Cambados ao Grove.
Un dos turismos, un Citroën C4, encontrábase estacionado aínda que co condutor no interior cando sufriu o impacto dun Ford Mondeo que se saía da vía.
Producíronse numerosos danos nos dous vehículos. Ata a zona desprazáronse membros de Protección Civil de Cambados, Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.
O condutor do Citroën tivo que ser trasladado ao centro de saúde de Cambados por precaución. A condutora do outro vehículo, que se saíra da vía, foi trasladada ao posto da policía local onde lle realizaron a proba de alcoholemia na que deu resultado positivo cando eran aproximadamente as 11 da mañá. A condutora de 65 anos é natural de Cambados.