Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2019

INGRESA EN PRISIÓN A MULLER QUE PRENDEU LUME NA CASA COS SEUS PAIS DENTRO



O xulgado ordena o ingreso na cadea da muller que prendeu lume á casa de seus pais con eles dentro. 
Mentres, os dous anciáns continúan aloxados no asilo de Cambados e á falta do informe definitivo do peritos do Concello, todo parece indicar que a casa vai ser derrubada.

O Xulgado de Instrución número 2 de Cambados ordenou o ingreso en prisión da muller que prendeu lume no lugar da Laxe á vivenda dos seus pais octoxenarios, mentres eles estaban no interior da casa. O martes pasado, mentres as lapas deixaban inhabitable a vivenda familiar de Corvillón, a muller presentábase no cuartel da Garda Civil para confesar que fora ela a que prendera lume.

Declarou ao día seguinte no Xulgado de Instrución número 2 da localidade arousá e a muller quedou en liberdade sen fianza. Unha liberdade condicionada á entrada da detida nun centro hospitalario para a súa avaliación psiquiátrica, e de ser necesaria, a administración do tratamento que no seu caso lle correspondese.

A medida case era de esperar. Ao parecer, a muller atopábase nun estado de gran confusión cando se presentou na Garda Civil. Foi trasladada a un centro sanitario de Vigo, onde se lle practicaron diversas probas demandadas desde o xulgado. Volveu presentarse á xuíza, quen decretou prisión preventiva.

Mentres, os pais seguen aloxados no asilo de Cambados. O Concello está a revisar a vivenda e a buscar outro aloxamento, que, se non é definitivo, si que poida darlles estabilidade. Nos próximos días está previsto rematar o informe dos técnicos municipais, pero debido ao estado da vivenda o máis probable é que a derruben por seguridade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.