Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de febrero de 2020

UNHA MULLER INTOXICADA LEVEMENTE NUN INCENDIO NA RÚA OURENSE DE CAMBADOS


Era a unha menos dez deste mediodía cando se encenderon as alarmas. Un incendio producíase nun piso da rúa Ourense.
Ata o lugar desprazáronse a Policía Local, Ambulancia do 061, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e Bombeiros do Salnés.

Foron os axentes da Policía Local os primeiros en chegar e lograron apagar as lapas no interior da vivenda. 
Os Bombeiros e o servizo de Emerxencias local encargáronse da ventilación da vivenda. A dona da vivenda, P.S.S., foi atendida polo médico da ambulancia medicalizada ao verse afectada pola inhalación de fume. Unha vez examinada polos servizos médicos decidiron non trasladar á muller a un centro hospitalario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.