Unha nai e o seu bebé foron evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio na súa vivenda.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a cociña encheuse de fume por mor dun aparato doméstico que comezaba a arder.
Foi o único que se viu afectado, iso si, o intenso fume provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ata o lugar, un domicilio situado na Rúa da Chanca, en Meaño, tamén se desprazaron os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros do Salnés, quen, despois de asegurarse que o aparato estaba apagado, realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire e descartar posibles fugas.
Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte logo de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que cun extintor tratou de sufocar as chamas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.