
O xulgado de instrución número 2 de Cambados decretou a posta en liberdade sen fianza da muller detida onte tras recoñecer que prendeu lume á casa dos seus pais con eles dentro.
Segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a muller está investigada por dous delitos de homicidio en grao de tentativa.
O xuíz optou por deixala en liberdade porque ninguén solicitou o seu ingreso en prisión, aclarou o tribunal.
A súa posta en liberdade, en todo caso, está condicionada ao seu ingreso nun hospital para unha avaliación psiquiátrica.
A muller, duns 45 anos, entregouse á Garda Civil pouco despois de causar un incendio na vivenda unifamiliar na que residían os seus pais, en Corvillón (Cambados), e na que ela pasara a noite.
O incendio produciu danos estruturais importantes no inmoble e obrigou aos servizos de emerxencia a apontoar a planta baixa e unha habitación do piso superior.
O matrimonio, unha parella de octoxenarios, puido saír da vivenda polo seu propio pé e non resultaron feridos no incendio.
Esta mañán Axentes da Policía facían as últimas investigacións na vivenda calcinada polo lume.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.