Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2019

DOUS CAMBADESES ASISTEN AO CONDUCTOR DUN CAMIÓN QUE ARDEU EN PADRÓN


Durante a pasada noite, o 112 Galicia tivo constancia dun incendio declarado na cabina dun tráiler, que deixou esta parte do vehículo totalmente calcinada e afectou tamén a un remolque do camión. Sucedeu na AP-9, tamén á altura de Padrón, en sentido Tui.
Foi a propia persoa que conducía o vehículo quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia uns minutos despois das 21:15 horas.
Dous cambadeses que pasaban polo lugar axudaron ao conductor a saires do vehículo e colaboraron tamén na extinción do lume o que evitou que o suceso adquirira maiores proporcións.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, ao GES de Padrón, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as labores de extinción do lume ao redor da 1:30 horas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.