CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta CORVILLON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORVILLON. Amosar todas as publicacións

12.8.17

UN APARATOSO ACCIDENTE SÁLDASE CUN FERIDO











Sobre as 10.30 horas desta noite do venres 11 producíase un accidente de tráfico entre un turismo e unha motocicleta no Ribeiro, Corvillón, no municipio de Cambados. Un home de 63 anos, veciño deste concello, resultaba ferido con dores no costado esquerdo e unha brecha na cella dereita. 
Os servizos do 061 trasladaron ao home ata o Hospital do Salnés para unha exploración detallada e o tratamento das feridas.
Segundo informaba Protección Civil de Cambados ata o lugar trasladáronse membros desta agrupación, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Atestados. 




11.8.17

O FESTIVAL DE XIRONSA SERÁ MÁIS FAMILIAR CA NUNCA












O festival Xironsa de Corbillón, en Cambados, chega este ano 2017 á súa XVII edición cunha novidade, a súa aposta por ofrecer unha programación enfocada ao público familiar.
A cita, centrada na música tradicional e o folclore, presentouse este xoves na Casa do Concello de Cambados coa presenza de Ana Castro, José Luis González e Juan Maceira pola organización; o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño; e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O festival terá lugar os días 25 e 26 de agosto na parroquia de Corbillón. Este ano case toda a programación vai ser de día, terán unha zona familiar acotada dentro do propio recinto e en paralelo aos concertos, e tamén postos para a cea. Para o tradicional xantar do sábado, os bonos xa están á venda en 10 establecementos de Cambados. Para adultos o prezo é de 15 euros, para nenos de 6 a 14 anos é de 8 euros, e para menores de 6 anos é de balde. 
José Luis González explicou que "este non é un festival de grandes masas", senón que está concibido como un espazo para poñer en valor a esencia da música tradicional, nos formatos que lle son propios como por exemplo os seráns, e que aposta por darlle cabida a asociacións de base que traballan pola proxección da música galega.
venres 25 terá lugar o III Serán Xironsa coa actuación da Asociación Cultural Penaguda, na praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha Folidada Aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros. Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións do mago Dani García e do clown Rudi Dudi.
O evento conta coa colaboración da Deputación Provincial, con cargo ás liña de axudas creada especificamente para  festivais de música e de artes escénicas. Xosé Leal fixo fincapé en que esta liña de axudas "foi creada precisamente para apoiar propostas como o Xironsa, que ademais de apostar pola música galega e en galego, tamén ofrece un programa de actividades paralelas e para todos os públicos".





7.5.17

DOUS ACCIDENTES CON 4 FERIDOS EN CORBILLÓN











Tres mozos resultaron feridos tras un forte impacto que se rexistraba durante esta noite de domingo na estrada PO-549 ao seu paso por Corbillón, no municipio de Cambados. 
Por causas aínda por determinar, os dous turismos impactaban de maneira frontal. No Opel viaxaba un veciño de Cambados, de 27 anos, que sufría dor cervical, lumbar e queixábase dunha forte dor nunha das pernas, segundo fontes do servizo de Emerxencias.
No outro vehículo, un Seat, viaxaban dous irmáns. O condutor, de 21 anos, veciño de Cambados, doíase das cervicais e do tórax. Pola súa banda, a irmá, menor de idade e tamén veciña de Cambados, sufría dor torácica, lumbar e cervical.
Como consecuencia da violencia do impacto tamén se causaron danos nun terceiro vehículo e foi derrubada unha farola.

A poucos metros de alí, pasadas as oito e media da mañá rexistrouse outro accidente por unha saída de vía no que resultou ferido leve o condutor dun vehículo, un home de avanzada idade que foi trasladado en ambulancia.




21.3.17

CICLISTA FERIDO NUN ACCIDENTE EN CORBILLÓN











Esta tarde sobre as 8 producíase na parroquia cambadesa de Corbillón na estrada Po-549 un accidente.
Un ciclista de 46 anos veciño de Vilanova e con iniciais C.M.Z. resultou ferido tras un choque cunha furgoneta conducida por J.C.B.R. de 63 anos, segundo as primeiras informacións.
O ciclista sufría cortes e presentaba fortes dores cervical e lumbar. O conductor da furgoneta saleu ileso.
Ao parecer a furgoneta fixo un cambio de dirección e nese intre impactaron os dous vehículos.
No lugar do accidente presentouse unha ambulancia do 061, a Policía Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cambados tamén.

Imaxes: Protección Civil de Cambados









18.3.17

UN INCENDIO EN CORBILLÓN QUEIMA 4 COCHES















Un incendio rexistrado esta noite nun taller de Cambados queimou catro coches. Dous deles quedaron calcinados por completo. O lume tamén afectou ao teito do garaxe.
As instalacións nas que se produciron os feitos sitúanse na Avenida de Vilagarcía, na parroquia de Corbillón. Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 22:10 horas desta noite. Segundo indicou, vía saír fume do baixo dunha casa destinado a taller.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. A situación tamén foi posta en coñecemento dos efectivos de Urxencias Médicas, aínda que en ningún momento foi precisa a súa intervención. 
Polo de agora descoñécense as causas que causaron o incendio. 














24.8.16

DOUS MENORES E DOUS ADULTOS FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CORBILLÓN








Catro persoas, duas delas menores, resultaron feridas nunha colisión entre catro vehículos na VG 4.3, á altura do quilómetro 3, na localidade pontevedresa de Cambados, informa a central que coordina as emerxencias en Galicia.
Un dos condutores implicados alertou ao 112 sobre as 15.00 horas desta tarde, explicando que un dos vehículos comprometidos non detivo a circulación tras o sinistro.

Do suceso informouse a Urxencias Médicas, Bombeiros do Salnés, Protección Civil de Cambados e Garda Civil de Tráfico.
As catro persoas feridas- unha muller de 30 anos, un mozo, un neno e un bebé dun mes e medio- foron trasladadas en ambulancia ao Hospital do Salnés.
A consecuencia do choque, un dos carrís de circulación en dirección Vilagarcía permaneceu pechado mentres se procedía á súa limpeza.








3.8.16

4 FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CORVILLÓN






Imaxe de Protección Civil de Cambados




Unha colisión con dous vehículos implicados rexistrada este mércores no termo municipal de Cambados (Pontevedra) saldouse con catro persoas, dúas mulleres e dúas menores, trasladadas a un centro hospitalario.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 11,20 horas cando os dous vehículos circulaban á altura de Corbillón, en Cambados.
O CAE 112, tras a chamada de alerta do 061, requiriu a intervención dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Tamén informou os Bombeiros do Salnés e aos efectivos de Protección Civil de Cambados.
En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital do Salnés a dous menores e a dúas mulleres, S.M.M., de 38 anos; e M.A.V., de 62 anos.





1.8.16

XVI FESTIVAL XIRONSA
















Nesta XVI edición o Festival Xironsa contará coas actuacións de:

- PEPE VAAMONDE GRUPO
OS MODERNOS
XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DA SALITRE
- DAKIDARRIA
OS MELIDAOS
PETER PUNK
VENDAVALADA QUINTETO TRADICIONAL
CIRCO CHOSCO
- AIRES DA COTRA
- EICHEDISIR

- Tamén actuarán diferentes grupos da propia Agrupación Xironsa

Haberá sesións vermú e de picadiscos


Nesta XVI edición do FESTIVAL XIRONSA, na II FOLIADA XIRONSA do venres 26 de Agosto, abrirá o serán OBRADOIRO VOLANDEIRA, compañeiros nosos de Cambados. Vinde cargados co voso instrumento que logo nos tocará a tod@s os que queiramos participar! 

NON FALTEDES!!!!








30.7.16

INCENDIO EN CORVILLÓN













Esta tarde prodúxose un pequeno incendio en Corvillón, concretamente no lugar do Rio da Ucha.
Arderon 1000 metros aproximadamente de raso. A rápida intervención de Portección Civil de Cambados evitou que as lapas se extenderan a unha zona arbolada. Protección Civil de Cambados controlou e apagou o lume. Máis tarde foron apoidos polos compañeiros de Vilanova de Arousa e un camión da Xunta de Galicia e unha cuadrilla para mollar o perímetro e evitar que se reavivase o lume.








11.2.16

APARECE O PRESUNTO CONDUCTOR DO COCHE ACCIDENTADO ONTE EN CORVILLÓN







Un home presentouse este xoves ante a Garda Civil como o condutor que na madrugada do mércores ao xoves encaixou o seu turismo contra un edificio en Cambados, para posteriormente darse á fuga. 
A Garda Civil tiña aberto un operativo de procura desde a madrugada para localizar ao condutor e este home presentouse voluntariamente para recoñecer que era el, pero os investigadores aínda non puideron verificar que iso sexa certo e estase investigando se realmente era a persoa que conducía o coche ou non, segundo informa PontevedraViva
O servizo de Emerxencias de Cambados recibiu unha alerta sobre as cinco da madrugada na que se lles informaba dun accidente na rotonda do supermercado Eroski da zona de Corvillón
Cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar, o coche estaba encaixado no baixo dun edificio, pero o condutor non estaba nin dentro do vehículo nin na zona, de modo que a Garda Civil de Tráfico puxo en marcha un dispositivo de procura para localizar ao condutor.



5.8.15

XV FESTIVAL XIRONSA








PRIMICIA!!!! por fin aqui temos o cartel definitivo do XV FESTIVAL XIRONSA!!!! 
Compartide! compartide!!!! 
Xa queda menos dun mes! xa está aqui!... vémonos en breve. 
Pronto van poñer á venta os tickets do xantar... estade atentos!!!! 
Seguiremos informando







3.8.15

ADMISIÓN DE OFERTAS SUBSTITUCIÓN DE CARPINTEIRÍA EXTERIOR NO CEIP DE CORVILLÓN








PROGRAMA: Plan Provincial Obras e Servizos da Excma. Deputación 2015. 
EXPTE: PPOS/2015/00608/2015000318.


CONTRATO DE SUBMINISTRO: SUBSTITUCIÓN DE CARPINTEIRÍA EXTERIOR NO CEIP DE CORVILLÓN para mellora-lo rendemento enerxético e acústico da edificación.
PREZO DO CONTRATO: 17.328,42 €, IVE 3.638,97 € Presuposto total: 20.967,39 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:   Cinco días naturais a contar dende o día seguinte ao da inserción deste anuncio na páxina web.
Non se admitirán baixas e no caso de formularse melloras estas indicaranse sen IVE. 
DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA: Memoria-Valorada.
DATA DE INSERCIÓN DO ANUNCIO: 03 DE AGOSTO DE  2015.





14.5.15

PEQUENO INCENDIO EN CORBILLÓN





video
Esta tarde produceuse un pequeno incendio no Centro Social situado no Colexio vello de Corbillón. O lume prodúxose no exterior, ao parecer un curtocircito nun cables do tendido eléctrico. Nese momento dentro do local había rapaces dunha asociación ensaiando. Ningún deles sufreu danos pola intensa fumareda provocada. O aviso recibeuno o 112 Galicia as 20:15 hs. e ata alí desprazáronse Protección Civil e Policía Local que foron os encargados de apagar o lume.














12.3.15

DESPOIS DE 4 MESES UN VERTEDOIRO DE CORVILLÓN SEGUE ALÍ






O 13 de novembro do pasado ano, o BNG denunciou un vertedoiro incontrolado en Corvillón e solicitou ao concello a súa eliminación afirmando, nesa data, que “veciños/as de Corvillón puxéranse  en contacto co noso grupo municipal para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista  que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existía  un vertedoiro de lixo que estaba  sendo  utilizado, desde había algo máis dun mes,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo ía crecendo”. Ademais naquel momento, o BNG apuntaba que o  concello de Cambados tiña, tristemente, a experiencia de  comprobar como cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel. 
A día de hoxe esta afirmación queda demostrada pois, ante a desidia e desinterese do concello, o volume de residuos neste vertedoiro incrementouse
considerablemente e semella que non parará de crecer, a non ser que se actúe con celeridade. Ao BNG lle parece lamentable a falta de interese mostrada polo concello por solucionar esta situación e, polo tanto, solicita de novo que sexa, inmediatamente, eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e insiste en que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais. Igualmente, volve a solicitar, como fixo no pasado e sen que o concello fixera ningún caso, que se realice unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do  Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.



14.11.14

O BNG DENUNCIA UN NOVO VERTEDOIRO ILEGAL





Veciños/as de Corvillón veñen de poñerse en contacto co grupo municipal do BNG para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista  que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existe actualmente un vertedoiro de lixo que está sendo  utilizado, desde hai algo máis dun mes,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo vai crecendo.



Como o concello de Cambados ten, tristemente, a experiencia de  que cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel, e polo que os nacionalistas solicitan que sexa eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais.


Volven a solicitar, como fixeron no pasado e sen que o concello fixera caso, que se faga unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do noso Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.




4.11.14

VIOLENTA DISCUSIÓN EN CORVILLÓN






Imaxen: TVG
A Garda Civil busca cinco homes en Cambados como presuntos autores de agresións.
Supostamente chegaron armados cunha pistola, un bate de béisbol e un machado a un bar de Corvillón e discutiron cun cliente. A lea rematou fóra do local onde dúas persoas que tentaron defender o increpado acabaron feridas. Os veciños chamaron a Garda Civil.
Todo aconteceu na estrada que sae do cruzamento de Corvillón cara ás depuradoras de marisco de Tragove, en Cambados.Outros dous homes saíron na súa axuda e comezou unha liorta que acabou na rúa. A estrada quedou sementada de mesas e cadeiras do bar.

Na lea un dos homes sufriu un golpe nun ombreiro e outro un corte profundo nunha man, que lle fixo presuntamente un dos agresores co machado.
Pouco despois os agresores fuxiron do mesmo xeito que como chegaran, ao saber que os veciños alertaran a Garda Civil que se presentou rapidamente.

Agora investigan como e por que se produciu a liorta. Unha das hipóteses que se manexan é a de que se debe á reclamación dunha débeda económica, que os agresores intentaban cobrar. A Garda Civil tamén intenta determinar se o sucedido ten ou non algunha relación cun axuste de contas da venda de droga.
O ferido co machado na man foi trasladado en ambulancia ao hospital do Salnés, mentres que o veciño levou o golpe no ombreiro non quixo ir ao médico.




1.10.14

50.000 € PARA A REMODELACIÓN DO PARQUE DE CORBILLÓN






A Deputación de Pontevedra inviste 50.000 euros na mellora do parque de Corvillón, en Cambados. Faino por medio dunha subvención concedida ó Concello no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.
O peor de todo é que hai menos dun ano foi ampliado e remodelado e ao parecer xa estaba todo perfecto, a que se debe que agora xa non esté tan perfecto? Non negamos a necesidade de remodelalo, pero porque non fan todo dunha vez para abaratar custos?
Así o publicaba DIARIO DE AROUSA o 15 de decembro do 2013
Os traballos consistirán na adecuación e nivelación do terreo, na renovación do pavimento e na substitución dos xogos infantís e do mobiliario urbano, así como na instalación de nova iluminación pública.
O novo parque será similar ós que o Concello de Cambados xa instalou en diferentes puntos do núcleo urbano co obxectivo de ofrecerlles ós veciños e visitantes unha imaxe harmonizada e coherente do espazo urbano.

As obras están motivadas polas deficiencias e a escaseza de elementos, tanto de xogo coma de mobiliario, do parque, malia estar situado nun núcleo moi poboado e ser moi utilizado.



28.8.13

O SÁBADO 31 XI FESTVAL XIRONSA EN CORVILLÓN





NA PRAZA DA SECA EN CORVILLÓN.

O vindeiro sábado 31 de Agosto vai ter lugar o festival Xironsa na Praza da Seca en Corvillón. Os actos daran comenzo as 11 horas cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa. 

As 13 horas Sesión Vermouth que estará amenizada polo cuarteto de gaiteiros, nacidos da asociación “Bou de Bou”.
As 14 horas Xantar Popular, rematado o xantar sobre ás 16 horas haberá xogos de animación amenizados pola “Cé Orquestra Pantasma”.
As 17 horas os afeccionadas as cartas gozarán co campionato de Escoba, o mesmo tempo que tamén se celebrarán xogos de Rá Infantil e de Chave. 
As 17.30 horas máis xogos populares esta vez Carreiras de Sacos, Zancos, carrilana e tiro de corda. 
As 21 horas Festival Xironsa, a cargo de Xironsa e Tiruleque. As 23.30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. 
Remantando as 00.00 horas e ate que o corpo aguante coa sesión Dj “Disco Duendeneta”.

 Os actos están organizados por la Asociación Cultural Xironsa e están abertos a toda persoa ou colectivo que queira participar dun xeito ou doutro.


16.8.13

ACCIDENTE EN CORVILLÓN





Un mozo, segundo testigos presenciais, con síntomas de embriaguez resultou ferido ao impactar onte pola mañán o seu vehículo contra unha columna exterior dunha casa na parroquia de Corvillón.
Protección Civil desprazouse ata o lugar e trasladou a o mozo a un centro hospitalario. As feridas eran de carácter leve pero aínda así foi levado para un mellor diagnóstico.
O accidente producíase ás 10:40 horas desta xoves festivo e causou alarma entre os veciños da zona. A Garda Civil de Tráfico que se trasladou ata o lugar do accidente investiga as causas do sinistro.