Unha moza de 15 anos de idade e veciña de Caldas tivo que ser evacuada e trasladada ao Hospital do Salnés por unha unidade do 061 tras sufrir un accidente na madrugada deste sábado.
A moza viaxaba cun mozo de 20 anos, veciño de Vilagarcía, que conducía o vehículo. Por causas que aínda están por determinar, o turismo saía da vía cando circulaba pola PO-300 á altura da parroquia de San Vicente de Oubiña, no municipio de Cambados.
Os servizos de emerxencia tiveron constancia da alerta do accidente ás 01.36 horas.
O turismo, tras saír da estrada, remataba sobrepasando a beirarrúa para caer nun viñedo dunha leira da localidade, debido ao impacto os sistemas de protección do airbag saltaban.
A moza ferida queixábase de dor cervical e torácica. Ao lugar acudiron os integrantes do servizo de Protección Civil.
Parte dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambados. colaboran na extinción do lume no Os traballos de extinción do incendio declarado a pasada madrugada nun estaleiro da parroquia de Lourizán, en Pontevedra, proseguen tras unha mañá na que os servizos de emerxencias se centraron na refrixeración e completa extinción dos puntos de combustión do recinto.
Deste xeito, os equipos de extinción seguen a actuar sobre a zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas, posiblemente, rematen ao longo das próximas horas.
Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Morrazo, Pontevedra, Salnés, Vigo, así como o Servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambados. Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.
Igualmente, cómpre salientar que, o servizo de Salvamento Marítimo colaborou co despregue de barreiras na zona, seguindo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia -Plan CAMGAL-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.