CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta A ILLA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A ILLA. Amosar todas as publicacións

21.8.17

DÚAS MEDALLAS ACADARON OS PALISTAS CAMBADESES NA ILLA ONTE








Na mañá de onte celebrouse na praia de O Bao na Illa de Arousa a quinta competición da liga Deputación de Pontevedra para as categorías Alevín e Benxamín, sobre a distancia de 1500 metros. A proba tivo que atrasarse debido ao forte vento á primeira hora da mañá. A competición contou con máis de 500 deportistas. Minutos antes da entrega de premio a organización da regata gardou un minuto de silencio polos atentados das Ramblas e Cambrils.

Ao termo das seis probas das que constaba a competición o Club Náutico Pontecesures sumou un total de 7994 puntos que lle deron a primeira posición do podio, o segundo posto con 5876 puntos levoullo o Club As Torres Romaría Viquinga , terceiro con 5203 puntos foi o Club Náutico O Muiño Stark Group . Con estes resultados, a clasificación xeral de liga queda encabezada polo Náutico Pontecesures (278 puntos), seguido polo Club Náutico O Muiño Stark Group e o Club As Torres empatados na segunda posición a 270 puntos.

As medallas individuais estiveron moi repartidas ao longo da mañá en todas as categorías. A primeira saída foi para as mulleres Benxamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Natalia Moreira-E.P. Cidade de Pontevedra, seguida pola súa compañeira de equipo Alcia Otero e Sabela Dacosta- Ría de Aldán.

Os seguintes en participar foron os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Iván Dovalo- Piragüismo Cambados, a prata sería para Daniel Torres- Piragüismo Portonovo e o bronce levaríallo Samuel Citoula-Náutico Pontecesures.

Iria Ludeña-Kaiak Tudense obtivo o primeiro posto na categoría muller Alevín B por diante de Daniela Álvarez-Río Verdugo e  Uxía Dabila-Ría de Aldán. Sería Brais Chan-As Torres Romaría Viquinga o campión masculino, chegando a meta por detrás del  Noé Moraña- Confraría Pescadores Portonovo e Marcos Estévez-Naval de Pontevedra.

As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Marta Guimarey- As Torres, Anxela Fontán- Piragüismo Verducido  e Érika Torres-Piragüismo Portonovo respectivamente. A carreira masculina gañábaa  Mario Santos- Náutico Pontecesures, en segunda e terceira posición cruzaban a liña de meta Anxo Eitor-Náutico Pontecesures e Pablo Domínguez-Piragüismo Cambados.

A seguinte competición da liga Deputación de Pontevedra celebrarase o próximo 9 de setembro na Illa de Arousa.










18.8.17

CONTRATACIÓN DUN TECNICO AMBIENTAL NOS CONCELLOS DE A ILLA DE AROUSA E CAMBADOS










É obxecto da presente convocatoria regular a contratación dun Técnico Medioambiental que prestará os seus servizos no Concello de A Illa de Arousa (dous días á semana) e no Concello de Cambados (3 días á semana), en réxime laboral temporal, a tempo completo (40 horas semanais), e na modalidade de contrato de duración determinada dende a sinatura do contrato ata o 14 de novembro de 2017 de conformidade co establecido no artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenrola o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada (Hoxe RDL 2/2015 TRLET).

A presente selección enmárcase dentro da Subvención concedida polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 19 de xullo de 2017 acordouse conceder ao Concello de A Illa de Arousa unha subvención de 26.964,24 euros para o proxecto denominado “Proxecto de concienciación e control ambiental nos concellos de A Illa de Arousa e Cambados” ao amparo do previsto na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartcición e se establecen as bases reguladoras e a convocatria de subvencións da liña en concorrencia non competitva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida destinada a entidades locais de Galicia.

Bases contratación dun Técnico Medioambiental.pdf 







27.7.17

ADXUDICADA A CONCESIÓN DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE VILAGARCÍA E O GROVE












A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, concluíu esta mañá o proceso de adxudicación de 11 novas concesións de transporte público de Galicia. Despois de analizar a documentación adicional achegada polas empresas en relación con eses 11 contratos, foi posible pechar o proceso de valoración das ofertas.
Estas novas adxudicacións súmanse ás 27 realizadas onte, de forma que, en total, son xa 38 os contratos de transporte adxudicados a unha empresa ou unión temporal de empresas.
A Administración autonómica completará o proceso de contratación do novo mapa de transporte público por estrada coa adxudicación das tres concesións restantes, que se prevé para os vindeiros días.
A continuación detállase a relación das novas adxudicacións:









22.6.17

DOUS FERIDOS EN SENLLOS ACCIDENTES NA COMARCA ESTA TARDE












Un garda civil, ferido nunha colisión na Illa de Arousa
Un axente da Garda Civil resultou ferido esta tarde nun choque entre a moto na que circulaba e un turismo. A vítima, que no momento do sinistro estaba fóra de servizo, foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.
O accidente produciuse na PO-299,  na rotonda de acceso á Illa.
Unha persoa particular alertou da situación ao 112 Galicia ás 16:30 horas desta tarde. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e á Garda Civil de Tráfico.
Accidente en Meis
Ademais, en Meis, unha muller resultou ferida despois de que o coche sen carné co que circulaba batese contra un poste.
O sinistro tivo lugar na estrada que conecta Pontenova con Cambados, preto do Mosteiro. Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia ás 16:50 horas desta tarde para explicar o ocorrido. Dende a central de emerxencias alertouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.





18.6.17

APARECE O CADÁVER DUNHA MULLER FLOTANDO NA ILLA










O corpo dunha persoa foi atopado esta mañá flotando na praia de Sucabirto, en Illa de Arousa. O 112 Galicia tiña constancia do ocorrido a través dun particular ás 10:15 horas. Indicaba no seu relato que o cadáver estaba preto da beira, boca abaixo e enganchado á boia dunha embarcación.
Decontado, o persoal do CAE 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas. Tamén, dende o 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas e a Salvamento Marítimo.
O corpo da muller foi trasladado pola embarcación Sargadelos ao porto de Xufre, onde foi identificado polos familiares.





16.6.17

PRESENTADO O "ATLANTIC FEST" DA ILLA













Esta mañán foi presentado o Atlantic Fest, que celebrará a súa segunda edición do 30 de xuño ao 2 de xullo na Illa de Arousa. Tras a boa experiencia do ano pasado, volven organizar conxuntamente o mercado GalicianTunes, unha carpa de expositores e showcases que de novo formará parte do programa de actividades.
A oferta completa foi presentada nun acto desenvolvido no Auditorio Municipal e no Centro de Interpretación da Conserva da localidade arousá coa participación do alcalde da Illa, Carlos Iglesias; a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director do festival, Antonio Caneda, e os representantes do resto das entidades patrocinadoras e colaboradoras.
Paisaxe e música
Na súa intervención, Sutil subliñou os ingredientes que fan deste festival unha iniciativa chamada a ter continuidade como cita destacada no mapa galego de festivais de música: “Un marco natural valioso paisaxística e culturalmente, unha organización e unha xestión altamente profesionalizada e unha carteleira artística de primeira liña, coa presenza de figuras de talle nacional e internacional, pero sen perder de vista a promoción da música que se está a facer na actualidade en Galicia e o apoio á difusión dos seus intérpretes”, asegurou.
Así, no cartel que se despregará tanto no escenario da praia do Bao, como noutros puntos da Illa como o Auditorio Municipal, a Praza de Abastos e as propias rúas da localidade, figuran Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, L.A., Annie B. Sweet, Joe Crepúsculo e Rosalía & Raül Refree, entre outras bandas, xunto cos galegos Os Amigos dos Músicos, Electric Feels, Sen Senra, Puma Pumku, Dois, Esposa, Mounqup e Kings of the Beach.
Espazo de encontro para o sector musical
O director da Agadic explicou que a colaboración da Xunta co Atlantic Fest materialízase a través de GalicianTunes, a marca para a difusión exterior da música feita en Galicia, que conta xa con 400 artistas e grupos rexistrados na súa plataforma dixital. “Seguimos a contribuír, deste xeito, á fundación dun novo espazo de encontro para o sector musical galego, no que se darán cita empresas e profesionais desde os stands que estarán dispostos nunha carpa no recinto do festival, carpa que este ano muda e mellora en situación e dimensións, e na que tamén haberá lugar para un programa de charlas e de showcases”, continuou.
Estas actuacións na carpa GalicianTunes estarán prortagonizadas por bandas emerxentes, como Komodo e Audionave –dúas das gañadoras do concurso de maquetas dos Estudios Mans–, xunto con Antilia, Doen, Víctor Coyote e Mecanismo Ruso.





5.5.16

XUNTANZA MUSICAL NA ILLA DE AROUSA










O vindeiro sábado 7 de Maio o Auditorio Municipal de A Illa de Arousa acollerá unha “Xuntanza” de escolas de música e grupos de gaitas.
Participan:
  • ESMU e CMUS Municipais de Cambados
  • ESMU Illa de Arousa
  • Grupo de Gaitas DORNA
Data: Sábado 7 de Maio
Hora: 19:00 horas
Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa