Na mañán de hoxe mércores rexistrouse un accidente de tráfico en Cambados concretamente na PO-300 (Cambados-Oubiña), á altura de Vilariño, na subida cara ao polígono industrial.
No siniestro víronse implicados dous vehículos. Como consecuencia da colisión unha muller resultou ferida, D. C. B. C. de 20 anos, veciña de Cambados, que foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e dorsal pola ambulancia do 061, segundo informa o Servizo de Emerxencias Municipal de Cambados, que se desprazaron ao lugar xunto á Garda Civil.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.