Aparatoso accidente de tráfico ocorrido en Cambados na madrugada deste luns.
Eran sobre as cinco e cuarto da madrugada
cando nun choque prácticamente frontal entre dous turismos na avenida de Vilariño, no cruce coa variante do Salnés. Unha moza de 18 anos, A.T. B.J., resultou ferida. Foi trasladada ao Hospital do Salnés onde quedou ingresada ao presentar dor cervical e dorsal.Os dous vehículos quedaron seriamente danados, un deles rematou chocando contra un poste do tendido eléctrico.
Interviron no operativo, o Grupo de Emerxencias de Cambados, Gardia Civil de Tráfico e unha Ambulancia do 061.
Imaxes- Emerxencias de Cambados


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.