Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de junio de 2019
UN MENOR E A SUA NAI ATROPELADOS XUNTO AO COLEXIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS
Un menor foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario tras ser atropelado xunto á súa nai cando cruzaba este xoves un paso de peóns fronte a un colexio no termo municipal de Cambados. Segundo os datos facilitados pola Policía Local e o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 8,45 horas deste xoves fronte ao colexio Antonio Magariños Pastoriza, na avenida de Vilariño, en Cambados.
Ambos cruzaban un paso de peóns fronte ao centro de ensino, na rúa Vilariño, sobre as 8:45 horas, cando foron arrolados por un turismo cuxo conductor quedou supostamente deslumbrado polo sol e non se percatou da súa presencia.
Foron mobilizados o 061, os Bombeiros do Salnés, Protección Civil e a Policía Local, que confirmou que o menor e a súa nai foron atropelados nun paso de peóns cando se dirixían ao colexio. O 061 desprazou ao lugar un médico de Atención Primaria e unha ambulancia que levou ao menor ao Hospital do Salnés, sinalaron fontes sanitarias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.