Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2020

UNHA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS

Dado o pouco tráfico que hai polas estradas que percorren a nosa comarca non deixa de acontecer percances. O Concello de Cambados apagou algúns semáforos para evitar que os veciños teñan que agardar nos pasos de peóns innecesariamente ou os vehículos nos Stop sabendo dese pouco tráfico i evitar así permañecer máis tempo do necesario.

Pois ben, un novo accidente de tráfico tivo lugar esta tarde na avenida de Vilariño a altura do cruce coa avenida do Salnés. Un lugar que normalmente está regulado con semáforos e nestes días apagados polas causas antes descritas. Malia todo, os sinais verticais e na estrada seguen a estar. O suceso saldouse cunha muller ferida, M.E.S. de 48 anos, que foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061, con dor cervical e traumatismo no xeonllo dereito.

Colabora Ambulancia 061e o Grupo Municipal de Emerxencias. Instrúe dilixencias a Policía Local de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.