Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2020

UN NOVO ACCIDENTE EN CASTRELO DEIXA UNHA MULLER FERIDA


Este mediodía en Castrelo, houbo un novo accidente o segundo nesa parroquia e o terceiro no concello en 24 horas. Eran algo menos das 12:30 horas.
o accidente aconteceu na PO-550 a altura de Castrelo dirección Cambados pouco antes do cruce de Sisán.
Como consecuencia resultou ferida unha muller, S. B. B. de 69 que foi evacuada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061, a vítima sufreu un ataque de ansiedade e dor torácico polo cinto. A muller saiúse da vía por causas que se descoñecen batendo contra o muro de peche dunha finca e levándose por diante unha sinal de tráfico.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Tráfico. No operativo participaron a Policía Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ambulancia do 061.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.