Tres persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente na rotonda de Vilariño.

O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 16:41 horas. pola chamada dun particular.
Como resultado do accidente tres persoas resultaron feridas.
Un dos feridos, J.J.S.P. de 28 anos foi trasladado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061 con dores cervical e lumbar. Mentras os outros dous feridos, un matrimonio acudía ao centro hospitalario polos seus propios medios a pesares de ter fortes dores cervical e lumbar. No operativo colaboraron Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ambulancia do 061.
O suceso produxo retencións importantes nos viais de entrada e saída de Cambados. Pola mañán os efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiran a un accidente de tráfico na PO-300, en Sameiro na parroquia de Vilariño. Neste suceso non se produxeron feridos. Na intervención tamén participou a Policía Local de Cambados.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.