Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SETE PIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SETE PIAS. Mostrar todas las entradas

17 de agosto de 2020

NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE CAMBADOS

A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) enviou unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica, o que podería provocar cortes de enerxía o 23 de agosto de 2020, no Polígono Industrial de Sete Pías.
Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración do Polígono Industrial Sete Pías, a empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) ven de informar que o próximo día 23 de agosto de 2020, de 10:30 a 12:30 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares: POLIGONO INDUSTRIAL SETE PIAS Parcelas Nº 1, 3, 5, 10, 30, 34, 35, 41, 50, 52, 55 A 58, 60, 63, 67, 86, 88, 90, 91, 9998.
A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) tamén informou que estes traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica do Polígono Industrial Sete Pías, van provocar interrupcións na subministración de electricidade nas parcelas 5 e 7 do Polígono Industrial o mesmo día 23 de agosto de 2020, pero en horario de 8:00 a 10:00 horas.
Tanto dende a empresa subministradora como dende o Concello de Cambados, rogamos desculpen as molestias e informáselle aos usuarios afectados que para calquera aclaración ao respecto poden poñerse en contacto coa empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) no telefono 900 333 999

3 de agosto de 2020

UN ACCIDENTE LABORAL NO POLÍGONO DE CAMBADOS SÁLDASE CON UN FERIDO

Hoxe producíase un accidente laboral no polígono cambadés de Sete Pías. Ao fío das 15 horas, un empregado da empresa  Dozen sufriu unha caída desde dous ou tres metros de altura, polo que foi evacuado ao Hospital Domínguez de Pontevedra pola ambulancia do 061.

O mozo, A. F. R., de 32 anos e veciño de Vilagarcía, queixábase de dor lumbar e, posiblemente segundo o Servizo de Emerxencias de Cambados, podería ter fracturado o nocello dereito.

O operativo de resposta á emerxencia incluíu ao 061, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, que instrúe as dilixencias.


15 de febrero de 2020

AVICOLA DE GALICIA ABRIRÁ UNHA PLANTA EN SETE PÍAS


- A empresa vai acondicionar a antiga nave de Conservas Guau en Cambados para Plataforma Loxística e de despezamento de polo, e ten previsto comezar a actividade no vindeiro mes de maio.

- Vanse crear entre 130 e 150 postos de traballo nas instalacións de Cambados, que se destinaran a almacén, despece, envasado, etiquetado e cámara de conservación.

- A Empresa pasou satisfactoriamente a declaración de impacto ambiental, nunha nave de 9.700 metros cadrados cunha capacidade produtiva de 10.000 Tn de polo despezado en bandexa ao ano.

A empresa Avícola de Galicia fíxose coa nave da antiga conserveira Guau no polígono industrial de Sete Pías no ano 2017 coa intención de abrir unha planta loxística. A propiedade foi adxudicada en 2015 a Abanca trala liquidación da mítica firma.

Esta sociedade naceu fai máis de medio século en Campañó (Pontevedra) da man do empresario Jaime Olmedo, pero pasou diferentes fases de crecemento e compra e desde 2008 forma parte do Grupo Vall Companys, de Lérida, que tamén se dedica á produción gandeira porcina, entre outros produtos. A firma ofrece aos seus clientes diferentes envasados e ata en conxelado e tamén de tipo gourmet. De feito, ten o selo Galicia Calidade.

No caso do polígono cambadés, a mercantil vai crear unha plataforma loxística de procesado dos seus produtos cárnicos, e xa tramitou a licencia de obra de 1ª fase do proxecto de acondicionamento da Nave para plataforma loxística de Carne,  en 2017 cun investimento de case 700.000 euros.

Na pasada Xunta de Goberno Local, déuselle luz verde a unha 2ª fase do proxecto de acondicionamento de nave para despezamento de polo, neste caso cun investimento de 600.000 euros, e na que se vai acondicionar as instalacións de 9.700 metros cadrados para realizar o proceso produtivo de recepción das canles de pito procedentes do matadoiro e almacenalos na cámara de conservación á espera de ser procesadas, para logo realizar o despezamento, envasado e etiquetaxe, na que os produtos obtidos envásanse en barquetas nunha termoselladora e etiquetadas na liña de etiquetaxe e unha vez realizado este proceso, rematar coa expedición, na que se almacenan na cámara de produto terminado en bandexa para ser conformados na zona de picking os diferentes pedidos dos clientes ou en caixas a granel na cámara de conxelado.

Este sistema de produción, un dos máis punteiros a nivel estatal, esta deseñado para o despece de carne de aves de 40.000 Kg ao día, e unha produción final de Polo despezado en bandexa 10.000 Tn/ano.

A empresa pasou satisfactoriamente a declaración de impacto ambiental, cumprindo a normativa vixente en materia de contaminación acústica, e en particular a ordenanza de ruídos do concello e a normativa de subprodutos de orixe animal, ademais de adoptar as medidas necesarias para a minimización da xeración de cheiros. 

O Polígono Industrial de Cambados como xerador de emprego

Tanto no anterior mandato coma neste, o goberno municipal realizou unha serie de investimentos no Polígono Industrial que superaron o medio millón de euros a través de distintas axudas de Fondos Europeos, o que permitiu rematar as beirarrúas en máis de 5.000 metros cadrados, que axudaron a mellorar a seguridade víal e a imaxe do Polígono, como o novo asfaltado e pintado dos viais, a posta en funcionamento do sistema de vídeo vixilancia, a creación dun viveiro de empresas ou a instalación dunha pantalla xigante na entrada do mesmo, así como dotalo de fibra óptica para que as empresas instaladas dispoñan dunha conexión a internet de alta velocidade. O que favorece sen dubida a instalación de novas empresas en Cambados e a súa vez a creación de novos postos de traballo no municipio.



13 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL DO PLANTEL SETE PÍAS


O Festival do Plantel Sete Pías de Vilariño, se celebrará o 21 de decembro as 19:00h..
Antes do comenzo celebrarase a Xunta de Socios as 18:00h no local do Plantel.



29 de noviembre de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS DISPÓN DUNHA NAVE DE 4 MILLÓNS DE EUROS QUE NON PODE UTILIZAR


A propósito do tema que onte publicábamos sobre o Salón Multiusos de Peña, so cabe decir que a xestión do PP naquel momento foi unha chapuza, unha máis das que fixo en Cambados e que agora estamos a pagar de novo.
Cambados precisaba e precisa dun auditorio de calidade e tamaño acorde co número de veciños e que servira tamén como lugar para albergar actos en días no que o tempo o impedise facer ao aire libre.
O mellor lugar que se dispoñia era o vello campo de fútbol da Merced.
Pero eses terreos serviron para pagar os caprichos musicais dos melómanos populares.

Unha vez especulado cos terreos, vendéronse por unha miseria, que adelgazou un chisco a lista de débedas contraídas por contratar grandes concertos que resultaron un auténtico fiasco económico as arcas municipais. A cambio fíxose o auditorio da Xuventude que a todas luces queda pequeno para albergar certos actos e logo dispúxose da nave da antigua fábrica de Peña para albergar todo tipo de eventos aínda que segundo Portos de Galicia, no eran para celebrar nese recinto, posto que nada tiñan que ver co mar e a pesca. Esto descubrímolo onte trala reunión entre concello e Portos.

Cabe suliñar que a concesión comezou contar desde o 18 de novembro do ano 2004 e rematou días pasados. Desde setembro o Concello ven de pedir a prórroga da concesión e a Xunta non contestou. Onte na reunión fíxoselle saber aos edís cambadeses que non se ía prorrogar. O Salón Multiusos foi inaugurado oficialmente o 25 de marzo do 2011. Sete anos tardaron en reformar a fábrica para convertila no que é hoxe en día. E aínda se queixan, desde o PP, da tardanza nas obras da nova Plaza de Abastos, na que a entes dependentes da Xunta van a paso de tartaruga. Daquela os dous governos (Xunta e Concello) máis a Deputación, estaban copados polo PP e o governo central estaba presidido por Rodríguez Zapatero. O Governo en Madrid concedera a Cambados máis de 500.000 euros do presuposto en Cultura que destinou a esa obra.


Pero todo esto cobra máis importancia despois de escoitar no pleno ao lider da oposición que Cambados tiña unha nave. Si sí, unha nave no polígono Sete Pías, valorada en 4.000.000 de euros máis unha deuda da empresa á quen se lle concedeu esa nave de máis de 300.000 euros. Presumía de ter aumentado o patrimonio dos cambadeses...  cunha nave!!!
E si non se cobran eses cartos?
E si esa nave queda sen alugar?
Como se recuperarán eses cartos?

Pero non pasa nada todos contentos, o patrimonio de Cambados conta cunha nave, que sabe Deus para que será utilizada. Porque polo de agora non se pode facer uso dela porque o asunto está en mans dos tribunais.
Pois agora cando as inclemencias do tempo así o requiran os nenos de Cambados poden ir a visitar aos Reis Magos, A NAVE.
Cando no Entroido chova, podemos celebrar os festivais ou concursos, NA NAVE.
Cando Zona Centro queira facer un desfile ou calquer acto, xa saben que teñen, A NAVE.
Cando o Refugio de Animais organice un acto benéfico, sabe que conta, coa NAVE.
Cando un clube organice unha festa para recadar cartos para a súa maltreita economía ten A NAVE.
Cando calquer grupo folclórico organice un serán ou un magosto sabe que ten que facelo, NA NAVE.


18 de octubre de 2019

OBRAS NO POLÍGONO DE "SETE PÍAS"


Os Concellos de Cambados e Ribadumia comezarán a partires do vindeiro mércores 23 das obras no acceso do polígono industrial de Sete Pías para mellorar a seguridade viaria. As obras contarán cun investimento de 120.000 euros, financiados con fondos europeos a través da Xunta. Os dous concellos terán que achegar un 20%.

Pavimentarase o vial dende a entrada do Polígono ata a nave do Viveiro de empresas, realizarase a sinalización viaria e instalaranse sumidoiros de pluviais para evitar os actuais anegamentos.
Os traballos afectarán a circulación rodada xa que durante as obras permanecerá cortado un carril de acceso. 
Os concelleiros de Obras e Servizos, Samuel Lago, e o de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, presentaron as obras esta mañán.


5 de noviembre de 2018

ATUNLO AUMENTA A LIÑA DE PRODUCCIÓN E O PERSOAL DA FÁBRICA DE CAMBADOS





A fábrica de peixe conxelado Atunlo, ubicada no Polígono Sete Pías de Cambados, aumentará a súa liña de producción, incrementando, ao tempo, o seu persoal.
Responsables da empresa expuséronlle á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, os seus plans de ampliación e captación de emprego, co fin de que o Concello poida contribuír á difusión dos postos de nova creación a través da Oficina de Emprego.
Concretamente, a empresa prevé contratar a 15 novos traballadores na planta de Cambados nunha nova liña de limpeza de lombos de atún.
A oferta laboral vai dirixida tanto a homes como a mulleres, a pesar de que, tradicionalmente, o emprego asociado a estas factorias foi eminentemente feminino.
Pola súa banda, Fátima Abal agradeceu a aposta de Atunlo pola súa planta de Cambados e os seus plans de emprego, e ofreceu toda a colaboración municipal.
A factoria de Atunlo en Cambados está centrada nos lombos de atún cru conxelado destinado a consumo directo e mercados de exportación e ten actualmente 170 empregados.
Ademáis de Cambados, tamén ten fábricas en O Grove, Vigo, Santoña, Cabo Verde e Asia e proxectan unha próxima apertura en Vilanova de Cerveira, no Norte de Portugal.





1 de octubre de 2018

UNHA MULLER PERDE PARTE DUN DEDO NUN ACCIDENTE LABORAL NO P. SETE PÍAS

Accidente laboral na empresa Cermar no polígono de 7 Pías de Cambados ás 17:20. A ferida E.P.M.de 48 anos e veciña de Vilagarcia sufrei un esmagamento dos dedos Indice e Corazón, con perdida da falanxe distal de este último da man dereita. É evacuada ao Hospital de Salnes por Ambulancia do 061. Garda Civil  e Protección Civil de Cambados colaboraron no operativo.


12 de septiembre de 2018

UNHA MULLER RESULTA FERIDA AO SER ATROPELADA EN FEFIÑÁNS


Esta mañán producíase un atropelo na Avenida de Villagarcia coa Avenida de Coruña.

Eran ás 09:17.
A ferida J.C.M. de 77 anos e veciña de Cambados sufreu un golpe na cabeza sen perda de coñecemento. Ademais prodúxose  diversas feridas diversas ao caer ao asfalto.
Foi trasladada ao Hospital de Salnes polo 061. Colaboran no dispositivo a Policía Local de Cambados, Protección Civil e unha ambulancia  do 061.


Doutra banda unha avaría mecánica dun tractor causou durante a mañá de onte unha importante vertedura de aceite no polígono industrial do Salnés, que obrigou a mobilizar á Policía Local e a Protección Civil de Cambados para limpar a calzada e evitar un eventual accidente.



O incidente produciuse pouco antes das 11 da mañá, cando ao vehículo agrícola rompéuselle un latiguillo. A mancha empezaba na estrada de Vilariño e seguía polo polígono industrial. Tras cortar o tráfico unha rúa do parque empresarial, procedeuse a limpara vía. Así, procedeuse á limpeza con auga e produtos absorbentes. A limpeza da vía rematou sobre ás 13.00 horas.



16 de agosto de 2018

CAMBADOS E RIBADUMIA PRESENTAN O PROXECTO DE DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DO SALNÉS




- O orzamento do proxecto ascende a 100.743,55€, correspondendo un 42,02% a Cambados e un 57,98% ao Concello de Ribadumia. - O Concello de Ribadumia vai ser o encargado da licitación que xa foi remitido ao portal de contratación da Xunta de Galicia para a súa publicación. O Concello de Cambados e o de Ribadumia veñen de presentar o proxecto de Dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Ao Proxecto foille concedido unha axuda por concorrencia competitiva estando subvencionadas ao 95% con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018. Os concellos de Cambados e Ribadumia, de maneira coordinada e conxunta, decidiron aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos. O importe do custe do proxecto é de 100.743,55 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 6 semanas, unha vez que remate o proceso de licitación.
Mellora do entorno industrial
O obxecto do presente proxecto é o de definir as obras a realizar para a mellora das infraestruturas do conxunto do Polígono Industrial do Salnés. Nas rúas principais dos polígonos hai un elevado deterioro da capa de rodadura, polo que se pretende a aplicación dunha capa de microaglomerado en frío para a súa conservación, mellorando as características de textura superficial e resistencia ao deslizamento. Posteriormente ao pavimentado procederase ao novo pintado das vías.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso A construción de varios tramos de novas beirarrúas, así como a pavimentación de dúas zonas para aparcamentos na rúa da horta e construción dunha cuneta e unha bionda de protección, para evitar o risco de caídas de vehículos nunha zona do polígono. Ademais da pintura, colocarase un cartel tipo TOTEM de información en cada polígono.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona. Tendo en conta que os traballos efectuaranse nos viais do Polígono, veranse afectados os accesos as naves industriais. A organización do traballo farase de maneira parcial, afectando soamente a un marxe do vial e mantendo a posibilidade de circulación polo resto do vial, coa sinalización adecuada. En ningún caso se producirá o corte total do acceso a os viais do polígono. Non se afecta ningún tipo de liña de telefonía nin de electricidade.




3 de mayo de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NO POLÍGONO SETE PÍAS




Esta tarde, pouco antes das 17:00 horas producíase un accidente no Polígono Industrial de Sete Pías en Cambados. Como resultado do choque frontolateral entre dous turismos producido por un conductor que se saltou un stop, saíron feridas dúas persoas.
O conductor dun dos vehículos, J.M.C.P. de Catoira de 36 anos con dor cervical e torácico.O outro ferido é C.C.N. de 47 anos e de Cambados. Ao igual que o anterior presentaba dor cervical e torácico. Os dous foron trasladados ao Hospital do Salnés por efectivos do 061.
Colaboraron na intervención a Policía Local de Cambados, G.C. de Tráfico (Atestados) Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Cambados. 


23 de febrero de 2018

O VIVEIRO INDUSTRIAL DE CAMBADOS ALUGA A PRIMEIRA NAVE Á UNHA CARPINTERÍA METÁLICA CON CATRO TRABALLADORES












O Concelleiro de Economía Xurxo Charlín, ratificaba a aposta de Somos Cambados polo emprendemento e a creación de emprego.

O Viveiro Industrial do Salnés, ubicado no Polígono de Sete Pías de Cambados, ten xa o primeiro inquilino.
O Concello de Cambados asinou esta mañá o contrato de aluguer da primeira nave coa empresa Estructuras RCL, adicada á carpintería metálica.
A firma bota a andar con catro postos de traballo pero coa previsión de aumentar a contratación para que ao final do segundo ano de actividade sexa de 12 persoas, tal como afirmaba o administrador da empresa trala rúbrica do contrato.
Fonte:Arousa Si Radio



18 de diciembre de 2017

II FESTIVAL DE NADAL DO PLANTEL "SETE PÍAS"












O Plantel SETE PÍAS de Vilariño organiza o vindeiro sábado 23 de decembro na casa da Cultura de Vilariño en Cambados, dende as 19:00H, o seu segundo FESTIVAL DE NADAL con entrada libre ata completar aforo.
O festival contará cos seguintes artistas convidados:

ADRIAN CORES (cantor cambades) 
GONZALO ARCA ( finalista en LA VOZ) 
ZELTIA A CELTA (cantora a Irlanda) 
CAMBADOS CREW ( rap, hiphop) 
XAKELELE ( ukelele) 
OS CARBALLEIRAS (Música tradicional) 
DEMOS da PETACA (gaiteiros de taberna) 
Plantel SETE PÍAS ( guitarras, acordeón, gaitas, piano e pandereteiras) 
XIAN e SONSOLES.

As 21:00 haberá pinchos para todos e durante o festival sortearanse agasallos entre os asistentes. O Clube Ciclista Armenteira visitará o festival co seu desfile de Papa Noel.
Haberá unha monitora de tempo libre para xogar cos nenos e facer talleres durante o festival.

O sábado 30 de decembro ANDAINA CETREIRA dende o bar os Castaños en Barrantes ata a aldea das esculturas pola ruta da pedra, acompañados de aves rapaces. 
Organiza RAPIÑAS DO SALNÉS e colabora o Plantel SETE Pías

¡Quedades todos convidados!






26 de septiembre de 2017

A TRANSPARENCIA NAS OBRAS DO POLIGONO CONSIGUEN GRANDES AFORROS











A oferta que maior puntuación obtivo das 15 presentadas nas obras do Polígono presenta unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€. O Concello de Cambados tamén licita as obras do Parque Infantil de Beleco por importe de 35.000€.
O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, a acta da mesa de contratación das obras de dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Para esta obra cun importe de licitación inicial de 172.740,00€ presentáronse un total de 15 empresas, sendo proposta pola mesa de contratación a oferta presentada pola mercantil Marconsa, xa que foi a que maior puntuación obtivo das 15 ofertas presentadas, e na que propón unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días na execución das obras e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€ que son a instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.
Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonasque pertencen aos dous concellos. Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

18 de septiembre de 2017

15 EMPRESAS OPTAN A FACER ÁS OBRAS DO POLÍGONO DO SALNÉS







15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

O concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín presidiu a mesa de contratación das obras subvencionadas ao 95% por ser un dos proxectos de maior valoración en concorrencia competitiva

PROXECTO DAS OBRAS

ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN, 18 DE SETEMBRO DE 2017. APERTURA SOBRES A) E CONVOCATORIA MESA PARA APERTURA SOBRES B) PARA O DÍA 22-09-2017, ÁS 13.30 HORAS.

Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas.
A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos.
O prezo de licitación das obras é de 172.740,00 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 2 meses, en canto o proceso de selección das ofertas, vanse valorar con 60 puntos a oferta máis económica, 40 puntos a redución do prazo na execución da obra, e 28,89 puntos as melloras valoradas que son instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

Mellora do entorno industrial

Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

Obras a realizar

No Concello de Cambados, procederase a execución das seguintes obras :
a) Pavimentado de zona en vial 1, con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
b) Pavimentación cunha capa de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70, do aparcamento da parcela onde está situado a edificación do Viveiro de empresas e a cafetería.
c) Remate de dous tramos de beirarrúas que quedaron pendentes da actuación realizada o ano pasado. Realizaranse con formigón en masa, con acabado semipulido, realizando a reposición de bordos rotos e a recolocación de outros.
d) Sinalización horizontal de todos os viais e cruces do polígono, salvo no vial 1, que se pintou o ano pasado. Nun tramo do vial 1, realizarase o pintado dun paso de peóns.
e) Sinalización vertical cos nomes das rúas do polígono e os pasos de peóns nos cruces dos viais.
f) Colocación na entrada do parque empresarial de 2 ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas instaladas no polígono.
No Concello de Ribadumia, procederase a execución das obras seguintes :
a) Desbroce de toda a zona de actuación para a construción da cuneta de seguridade e o paso peonil. Ademais, procederase ao desbroce e desarborado dun talude colindante cunha superficie de 3.100 m2.
b) Escavación e rasanteo do terreo para a construción da cuneta e a senda peonil.
c) Construción de senda peonil de 1,80 m. de ancho con capa de 15 cm. de formigón color, sobre capa de zahorra compactada.
d) Construción de cuneta de seguridade con capa de 10 cm. de formigón en masa, con pendente 1/6.
e) Instalación de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro para evacuación da auga da cuneta, coa construción de imbornais intermedios.
f) Desmontaxe, demolición de dados de cimentación, e construción de novos dados de cimentación nas farolas afectadas pola senda peonil. Colocación de nova canalización e conexión.
g) Construción de 2 tramos de beirarrúas, un deles na zona de enlace dos polígonos e outro na rúa do Pan, con bordo de formigón e capa de pavimento de formigón color de 15 cm.
h) Pavimentado de cruce da rúa da Horta coa estrada PO-300. Con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
i) Colocación de varanda de seguridade na beirarrúa que se construirá na rúa do Pan.
j) Colocación de bionda de seguridade na rúa Pequena e nun tramo da rúa Central.
k) Sinalización horizontal da rúa do Pan, da rúa Pequena e nun tramo da Rúa Central.
l) Colocación na entrada do parque empresarial dunha ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas.




6 de septiembre de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS MELLORA O MOBILIARIO DO VIVEIRO DE EMPRESAS













Cambados aposta pola mellora do Viveiro de Empresas - Vaise ampliar o equipamento existente, mellorando as instalacións e cun custe superior ós 12.000€ subvencionados integramente pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2017 O Concello de Cambados esta a renovar o mobiliario do Viveiro de Empresas do Concello de Cambados nos despachos individuais, zonas de usos comúns, e na aula de formación, xa que os mobles que se estaban sendo utilizados ata o de agora eran propiedade da asociación de Empresarios do Polígono do Salnés e que estaban cedidos o concello mentres que non se dispuxera do novo equipamento. Equipamento para o Viveiro de Empresas
O subministro e servizo a realizar, vai permitir dotar e ampliar o equipamento do viveiro de empresas do concello de Cambados sito no Polígono Sete Pías, equipándose os 4 despachos individuais con mesa de despacho en madeira e ala, caixonera, andel con armario baixo, 2 cadeiras de confidente e cadeira de despacho; nas zonas comúns vaise instalar un mostrador de recepción, 2 bancadas de espera e un novo sofá para a recepción, xunto con novo rotulo para a entrada do edificio; e na aula de formación vanse instalar unha mesa e cadeira de despacho para o formador, 8 mesas dobres e 16 cadeiras para os alumnos e un proxector interactivo con pizarra táctil. Desta maneira, cando están ocupados 6 dos 8 postos dispoñibles do viveiro de empresas municipal, antes de facer un ano dende a súa apertura, vaise ampliar o equipamento existente, mellorando as instalacións e cun custe superior aos 12.000€ subvencionados integramente pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2017. Melloras no entorno e atención as demandas dos usuarios
A maiores destas melloras que se están a realizar, tamén se vai a asfaltar a zona de estacionamento do edificio, de 2.120 metros cadrados de superficie, e vaise limitar o acceso a os vehículos pesados no mesmo, con carga a subvención que se atopa en proceso de licitación de Dotación de Infraestruturas do Polígono do Salnés xunto co concello de Ribadumia, mellorando substancialmente o entorno do Viveiro de Empresas. Por outra banda contratouse tamén a instalación de Fibra Óptica coa empresa R, para que unha vez que rematen as obras de instalación que están a acometer no Polígono de Sete Pías, doten o edificio do Viveiro de Empresas cunha conexión a internet de alta velocidade. A maiores destas obras, na visita realizada polo responsable da concellaría de Promoción Económica, Xurxo Charlín, para supervisar a instalación do mobiliario, a petición dos usuarios tamén se van a realizar pequenas reparacións no edificio e nos despachos e vaise establecer un sistema de control da limpeza do edificio, xunto coa realización dunha inspección tanto da empresa de control de pragas como do servicio de Prevención de Riscos Laborais, como a reparación do elevador do edificio.
Aposta polo Emprendemento Dende a Concellería de Economía, Facenda, Industria, Promoción Económica e Comercio, que dirixe Xurxo Charlín de Somos Cambados, explica que “entendemos que o emprendemento é o motor do desenvolvemento e a colaboración a enerxía que o move, polo que consideramos preciso impulsar estes espazos como é o Viveiro de Empresas do Concello de Cambados, e con tal motivo estase a traballar na súa mellora constante, sustentada en espazos de traballo inspiradores e comunidades de persoas apaixonadas polo que fan”. Estes novos espazos forman parte da aposta decidida no Concello de Cambados á hora de fomentar o emprego e crear espazos que favorezan o emprendemento, con asesoramento aos empresarios locais e aos futuros emprendedores, apoiando a súa formación específica e clarexando ás dúbidas que se lles poidan crear á hora de iniciarse na actividade, de modernizar ou aplicar ás Tic´s para mellorar e potenciar a venta dos produtos locais.








28 de julio de 2017

O DOGA FAI PÚBLICA A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DO PROXECTO DA SENDA PEONIL SAMEIRO-POLÍGONO DO SALNÉS



A senda iníciase na primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro e Vilariño
Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada e os correspondentes bordos de separación
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, entre Vilariño e o polígono do Salnés, concretamente entre os puntos quilométricos 9+310 e 10+270. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/szktLc.

A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que supera os 340.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados. 

A senda iníciase no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados.

A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación. 

A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.





5 de mayo de 2017

SAE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A SENDA PEONIL E CICLISTA DE VILARIÑO










O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou os Concellos de Cambados e Ribadumia, onde destacou que a Xunta inicia hoxe o procedemento polo que se somete a información pública o proxecto do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe este anuncio no que se establece un prazo para a presentación de alegacións que vai dende o 8 de maio ata o 20 de xuño. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar esta información: goo.gl/95ERNa
A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que supera os 340.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
A actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados.
Francisco Menéndez explicou que a senda se inicia no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. Precisou que esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados.
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.