Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2020

AVICOLA DE GALICIA ABRIRÁ UNHA PLANTA EN SETE PÍAS


- A empresa vai acondicionar a antiga nave de Conservas Guau en Cambados para Plataforma Loxística e de despezamento de polo, e ten previsto comezar a actividade no vindeiro mes de maio.

- Vanse crear entre 130 e 150 postos de traballo nas instalacións de Cambados, que se destinaran a almacén, despece, envasado, etiquetado e cámara de conservación.

- A Empresa pasou satisfactoriamente a declaración de impacto ambiental, nunha nave de 9.700 metros cadrados cunha capacidade produtiva de 10.000 Tn de polo despezado en bandexa ao ano.

A empresa Avícola de Galicia fíxose coa nave da antiga conserveira Guau no polígono industrial de Sete Pías no ano 2017 coa intención de abrir unha planta loxística. A propiedade foi adxudicada en 2015 a Abanca trala liquidación da mítica firma.

Esta sociedade naceu fai máis de medio século en Campañó (Pontevedra) da man do empresario Jaime Olmedo, pero pasou diferentes fases de crecemento e compra e desde 2008 forma parte do Grupo Vall Companys, de Lérida, que tamén se dedica á produción gandeira porcina, entre outros produtos. A firma ofrece aos seus clientes diferentes envasados e ata en conxelado e tamén de tipo gourmet. De feito, ten o selo Galicia Calidade.

No caso do polígono cambadés, a mercantil vai crear unha plataforma loxística de procesado dos seus produtos cárnicos, e xa tramitou a licencia de obra de 1ª fase do proxecto de acondicionamento da Nave para plataforma loxística de Carne,  en 2017 cun investimento de case 700.000 euros.

Na pasada Xunta de Goberno Local, déuselle luz verde a unha 2ª fase do proxecto de acondicionamento de nave para despezamento de polo, neste caso cun investimento de 600.000 euros, e na que se vai acondicionar as instalacións de 9.700 metros cadrados para realizar o proceso produtivo de recepción das canles de pito procedentes do matadoiro e almacenalos na cámara de conservación á espera de ser procesadas, para logo realizar o despezamento, envasado e etiquetaxe, na que os produtos obtidos envásanse en barquetas nunha termoselladora e etiquetadas na liña de etiquetaxe e unha vez realizado este proceso, rematar coa expedición, na que se almacenan na cámara de produto terminado en bandexa para ser conformados na zona de picking os diferentes pedidos dos clientes ou en caixas a granel na cámara de conxelado.

Este sistema de produción, un dos máis punteiros a nivel estatal, esta deseñado para o despece de carne de aves de 40.000 Kg ao día, e unha produción final de Polo despezado en bandexa 10.000 Tn/ano.

A empresa pasou satisfactoriamente a declaración de impacto ambiental, cumprindo a normativa vixente en materia de contaminación acústica, e en particular a ordenanza de ruídos do concello e a normativa de subprodutos de orixe animal, ademais de adoptar as medidas necesarias para a minimización da xeración de cheiros. 

O Polígono Industrial de Cambados como xerador de emprego

Tanto no anterior mandato coma neste, o goberno municipal realizou unha serie de investimentos no Polígono Industrial que superaron o medio millón de euros a través de distintas axudas de Fondos Europeos, o que permitiu rematar as beirarrúas en máis de 5.000 metros cadrados, que axudaron a mellorar a seguridade víal e a imaxe do Polígono, como o novo asfaltado e pintado dos viais, a posta en funcionamento do sistema de vídeo vixilancia, a creación dun viveiro de empresas ou a instalación dunha pantalla xigante na entrada do mesmo, así como dotalo de fibra óptica para que as empresas instaladas dispoñan dunha conexión a internet de alta velocidade. O que favorece sen dubida a instalación de novas empresas en Cambados e a súa vez a creación de novos postos de traballo no municipio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.