Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PEONALIZACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PEONALIZACIÓN. Mostrar todas las entradas

19 de septiembre de 2020

CAMBADOS ÚNESE Á SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Esta enquisa sobre a mobilidade das persoas residentes encádrase dentro dos traballos de redacción do Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) do Concello de Cambados e dentro do seu proceso de Participación Cidadá Cambados Móvete.

Con esta enquisa de mobilidade búscase coñecer cales son os patróns de mobilidade dos seus cidadáns, tanto respecto aos fluxos como aos modos de desprazamento e transporte empregados, coa finalidade de caracterizar a mobilidade global do Concello de Cambados e poder presentar as propostas máis axustadas ás necesidades identificadas a partir desta enquisa.

A enquisa é anónima e os seus datos non serán explotados de xeito individual senón que agrupada, e só cos fins derivados da elaboración do PMS do Concello de Cambados, cumprindo ademais coa vixente normativa de protección de datos.

Esta enquisa só debe ser realizada unha vez por persoa.

Podes realizar a enquisa neste enlace: https://tinyurl.com/terracambados



19 de agosto de 2020

CAMBADOS CAMBIARÁ O MODELO DE MOBILIDADE EN TODO O CONCELLO

Cambados debe cambiar o seu modelo de mobilidade ou polo menos darlle un envorco de importancia ao que rexe nestes momentos. Por iso o goberno municipal ha encargado a elaboración dun plan que documente os principais problemas que ten o termo municipal centro pero tamén os principais núcleos rurais. Diso vaise encargar a empresa Terravanza, un gabinete de estudos especializado na planificación territorial que deberá ter terminado o seu traballo en febreiro do próximo ano. Mañá manterán a primeira reunión as dúas partes, a concellería que se encarga do tema e técnicos da empresa para empezar a matizar ideas e conceptos. No caso do concello parece que teñen moi claro e considera que hai que protexer as áreas urbanas e núcleos rurais máis sensibles da presenza do automóbil, promover os desprazamentos mediante modos non motorizados, racionalizar o uso do coche privado, fomentar o estacionamento nos lugares acondicionados e máis adecuados e lograr unha distribución urbana das mercadorías máis eficaz e que interfira menos no uso do espazo público. A partir de aí a empresa fará o estudo para propoñer cambios que supoñan cambios para conseguir o máis cómodo e seguro posible por Cambados, reducindo os niveis de contaminación acústica á vez que reducir de forma importante emisións de co2 á atmosfera.


29 de junio de 2020

CAMBADOS RESTRINXE NO VERÁN O ACCESO A RÚAS DO CASCO HISTÓRICO DE FEFIÑÁNS E DO CENTRO A VEHÍCULOS DE RESIDENTES E SERVIZOS



A redución da velocidade no centro urbano cambadés a 30 km/h a partir do 1 de xullo virá acompañada doutras medidas destinadas a mellorar o tráfico de vehículos, a seguridade cidadá, a mobilidade e a circulación peonil. Con estas medidas o goberno municipal de Cambados pretende acadar un desenvolvemento urbano sostible, cunha mellora na calidade de vida e coa protección do medio ambiente. Iso implica a humanización de prazas e rúas da vila.
Así, dende o Concello de Cambados, anúnciase a prohibición do acceso a determinadas rúas do casco histórico de Fefiñáns e do centro de Cambados a vehículos que non pertenzan a residentes ou servizos. A chegada do verán supón que moitos turistas circulen cos seus coches por rúas estreitas do casco histórico que descoñecen na procura dun espazo para aparcar, que precisamente resulta escaso nas mesmas. O Concello considera que os poucos espazos de aparcamento existentes nesas rúas deben reservarse para residentes e servizos.
As rúas nas que só se permitirá o acceso a residentes e servizos son as seguintes: San Gregorio e Sevilla, en Fefiñáns; e, Ourense, Infantas e Isabel II no centro de Cambados. Para indicar as restricións nesas rúas instalaranse sinais coa lenda “agás residentes e servizos” a partir dos primeiros días do vindeiro mes de xullo. Farase unha avaliación continúa da implementación desta medida coa finalidade de estudar a extensión da mesma a outras rúas e prazas cambadesas, ou a súa ampliación temporal alén da época estival.  
O Concello cre que coa adopción desta decisión contribuirase a mellorar a calidade de vida da veciñanza, cunha maior seguridade e tranquilidade. Así, as rúas do casco histórico poderán recuperar a súa tradicional condición de punto de encontro, de convivencia e de intercambio entre a cidadanía; e deixar de ser lugares de tránsito de vehículos.
A posta en funcionamento desta medida faise pensando na calidade de vida e na seguridade da veciñanza, primando estas por riba de calquera outro tipo de interese. "Os Concellos estamos na obriga de velar por todo elo".

7 de mayo de 2020

CAMBADOS PECHA AO TRÁFICO O PASEO MARÍTIMO NAS FINS DE SEMANA

Con esta decisión o Concello continúa adoptando medidas motivadas polo inicio das fases de desescalada do estado de alarma. O paseo marítimo está sendo unha das zonas máis utilizadas pola cidadanía cambadesa para pasear e facer deporte.

O corte ao paso de vehículos realizarase dende a Casa do Mar ata a Alameda de San Tomé. Comezará o sábado a mediodía e rematará o domingo ás 23 horas.

O goberno municipal de Cambados segue a implementar medidas para acadar unha circulación peonil máis segura contra a enfermidade COVID-19, producida polo coronavirus SARS-CoV-2. Así, dende o Concello de Cambados procederase a pechar ao tráfico o paseo marítimo na fin de semana. Concretamente, dende a casa do Mar ata a Alameda de San Tomé, dende o sábado ás 12 do mediodía até o domingo ás 23 horas.
O paseo marítimo está a ser unha das zonas máis transitadas pola poboación cambadesa para pasear e facer deporte, sobre todo na fin de semana. A decisión de comezar o peche a mediodía do sábado débese fundamentalmente a que a partir das 12 horas iníciase o horario para que os menores de 14 anos poidan saír a xogar coa súa nai ou co seu pai, en moitas ocasións utilizando bicicletas e patinetes. Se esa parte do paseo marítimo está pechada ao tráfico de vehículos motorizados, gáñase máis espazo para a seguridade e o goce de nenas e nenos. Ademais, poderase manter o distanciamento preciso entre as persoas que circulen polo paseo marítimo.
É posible que nos vindeiros días se decida a extensión deste tipo de medidas a outras zonas de Cambados, en función das necesidades que se aprecien tendo en conta a densidade da circulación peonil nos espazos utilizados para camiñar, correr ou montar en bicicleta. Dende o goberno municipal cambadés seguen a insistir na súa petición á poboación para que respecte as normas e os horarios establecidos para pasear ou facer deporte. O comportamento maioritario da cidadanía cambadesa está a ser respectuoso, cando menos ata o de agora, e confíamos en que siga a ser así.


16 de enero de 2019

¿PRAZA DE FEFIÑANS PECHADA OU PRAZA DE FEFIÑANS PROSTITUIDA?


Quería comezar este relato cunha anécdota que me contou no seu dia un bo amigo que,  por desgraza, xa non está entre nos: o sempre recordado Luís Rei e que ven á perfección  para ilustrar o asunto do que quería falar hoxe.
Resulta que o grovense recibiu un dia a visita duns amigos italianos, mais concretamente, da cidade de Roma; os seus amigos, que estaban de vacacións na nosa comarca, querían coñecer un pouco a  cultura e arquitectura do lugar e preguntáronlle, ao entonces encargado da Casa da Cultura cambadesa, lugares que podían visitar, Luís Rei pensou ao onde carallo podería mandar aos habitantes dunha das cidades, probablemente, mais ricas en arquitectura e urbanismo do mundo e dándolle voltas ocorréuselle a Praza de Fefiñáns, así que doulle as indicacións precisas e para ala foron os veciños da Cidade Eterna; como me contaba o propio Luís, cando regresaron  preguntoulles a súa impresión e confesoume que non puido sentir mais vergoña allea: os seus amigos dixéronlle que si ben a praza non estaba mal, non puideron contemplala tanto como quixeran porque estaban mais pendentes de que non lles atropelara ningún coche e preguntábanlle ao grovense como era posible que un conxunto arquitectónico como aquel estivera aberto ao tráfico rodado.
Cando, periódicamente, salta en Cambados a polémica, alentada polos medios rancios,  de que a Praza de Fefiñáns debería estar aberta aos automóbiles non puido evitar lembrarme desta anécdota e pensar no grado de ignorancia ou manipulación no que caen algúns que seguen a defender esa idea tan desacertada.
Sexamos realistas e preguntémonos ¿alguén pode realmente  imaxinarse a Praza do Obradoiro en Compostela, a Praza de María Pita en  A Coruña ou a Praza Maior de Madrid, por poñer soamente tres casos, abertas ao tráfico?.
 Ocórrenseme moitos motivos i exemplos para defender que non se abra a Praza de Fefiñáns pero, soamente,  vou a expoñer dous casos moi clarificadores e levados a cabo, moi preto de Cambados, concretamente, en Pontevedra i en  Vilagarcía de Arousa.
No caso da capital da provincia xa fai tempo que apostaron por un modelo de cidade que,  a vista dos resultados, confirman que non puideron estar mais acertados; Pontevedra nestes últimos anos leva recibindo premios i eloxios pola  súa decidida aposta por facer unha cidade pensada sobre todo para as persoas e non para os coches; sen ir mais lonxe, fai pouco mais de dous meses,  en Barcelona, tivo lugar unha serie de charlas, nas que estiveron presentes unha nutrida representación da nosa comarca (incluída a alcaldesa de Cambados) e onde se puxo como exemplo a seguir  á cidade do Lerez.
No caso de Vilagarcía, aínda que mais recentemente, tamén veñen apostando, quizais, vistos os resultados de Pontevedra, por humanizar as súas rúas; eu vou a pararme nun lugar en concreto que coñezo moi ben porque vivín case catro anos alí: a rúa Alcalde Rei Daviña.
Para o que non se sitúe, a rúa Alcalde Rei Daviña de Vilagarcía é a que vai paralela, polo interior, a avenida da Mariña e onde se atopa, entre outras, a Casa da Cultura e a oficina de  correos; pois ben, como contaba, eu vivín nesa rúa, fai uns vinte anos, a finais dos noventa, cando xa se barallaba a posibilidade de peatonalizala e lembro que moitos comerciantes, por entonces,  daban as mesmas escusas que están dar agora os comerciantes de Cambados que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga a ser peatonal: que si pechaban a rúa ao tráfico seria a súa ruína, que baixarían as ventas etc…. Pois ben,  todos coñecedes a historia: O concello de Vilagarcía acabou pechando a rúa Alcalde Rei Daviña totalmente i eses malos augurios dos que falaban, entonces, os comerciantes non soamente non se cumpriron senón que, hoxe en dia, a rúa  Alcalde Rei Daviña é unha das rúas con mais actividade comercial da vila, chea de comercios e lugares de restauración.
Persoalmente penso que os comerciantes da rúa Real que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga pechada equivócanse e dígollo con todo o cariño; ademais si o seu razoamento fora certo, xente como Yayo Daporta xa se tería plantado lume fronte ao concello reclamando o mesmo, pois,  o recoñecido cociñeiro cambades, ten probablemente, o seu negocio no peor sitio do pobo: nunha rúa peatonal, con problemas para aparcar e sen ningún tipo de indicacións, seguro que se cambiaba gustosamente por mais de algún dos negocios que tanto se queixan.
Precisamente entre eses negocios hai un no que quería determe especialmente por que  o seu encargado é un dos que mais se está manifestando para pedir que se reabra a praza; pois ben fai uns días un amigo meu, que leva feito campaña publicamente   a favor de que a Praza de Fefiñáns permaneza pechada comentábame que, este individuo, sabedor de elo, cada vez que o atopa pola rúa bótalle unha mirada de “chulo de putas” como si o meu amigo non estivera no seu lexítimo dereito a expresar a súa opinión que para iso estamos en democracia; deste encargado non me resisto a contar una anécdota real como a vida mesma e que exemplifica  a súa catadura moral; resulta que fai un tempo este suxeito presentouse nunha depuradora para coller marisco para o seu negocio e un dos traballadores de alí, preguntoulle se non iria a manifestación que, por entonces, tería lugar en Compostela por parte dos mariñeiros do cerco para protestar polos acordos desastrosos acadados por parte da Xunta para os mariñeiros desta arte de pesca, a súa resposta xa o retrataba a perfección porque o que lle contestou textualmente foi: “bueno carallo, que vaian a tomar polo cú, por min como se afunden todos os barcos do cerco”; cando escoitas isto e, despois ves  a dito fulano falar, buscando o apoio para súa causa ¿Qué queres que vos diga? A este “tipiño” mellor iríalle en preocuparse polo seu negocio para non ter outra inspección de Sanidade como a que tivo e que, grazas as súas amizades con certos políticos locais, sacáronlle as castañas do lume e tal denuncia non chegou a mais.
Por certo outro dato interesante: neste local era onde o entonces  encargado de certa institución de Cambados, que a min, particularmente, dáme serta pena,  se presentaba, cando necesitaba xustificar facturas para cobrar as dietas que se metía no peto, quizais, por iso dito ex encargado ten alí unha parada obrigada  para tomar os viños (descoñezo se tamén segue tendo debilidade polos gin tonics).
Veremos como acaba a cousa pero, dende aquí, eu quero animar ao goberno do Concello de Cambados para que manteña a Praza de Fefiñáns pechada para disfrute de tódolos cambadeses e de tódolos foráneos que se decidan achegarse ao mellor pobo do mundo.
   
UN SAUDO A TODOS

RICARDO DOMINGUEZ REY
   Imaxes da Plaza:  Peonalización da Praza de Fefiñáns
   

19 de junio de 2018

A XUNTA INICIA A CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE VILARIÑO E O POLÍGONO DO SALNÉS



O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio dos traballos do novo itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés, que afecta aos concellos de Cambados e Ribadumia.
Na visita estivo acompañado do alcalde de Ribadumia, David Castro, así como do tenente alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez e do xefe provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Fausto Núñez.
A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que roldou os 265.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Tal e como explicou Cores Tourís, a actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, iniciándose no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. “Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo cunha lonxitude de case 1.100 metros, desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados, contando cunha sección tipo da senda de 3 metros de ancho, separada da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación”, engadiu o delegado territorial.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
Agárdase que os traballos teñan unha duración de oito meses. “Esta senda permitirá completar un itinerario peonil dende o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño e utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550, o que facilitará a accesibilidade aos veciños deste entorno, aumentando a seguridade viaria”, rematou o delegado territorial.



12 de junio de 2018

A PLAZA DE FEFIÑÁNS PERMANECERÁ CERRADA DURANTE XULLO E AGOSTO




A Praza de Fefiñáns e a Rúa Príncipe de Cambados quedarán pechadas ao tráfico rodado durante os meses de xullo e agosto.


O goberno municipal adoptou a decisión como medida de seguridade viaria en base a un informe da policia local e tras os dous accidentes rexistrados nesta zona o pasado mes de xaneiro.
A actuación non conta co respaldo unánime dos hosteleiros e comerciantes do entorno pero sí cun apoio que o Concelleiro do departamento, José Ramón Abal, considera suficiente para levala a cabo.
Paralelamente, o Concello habilita moi preto, na variante do Salnés, unha zona de aparcamento público gratuito durante todo o ano que dará cabida a 100 prazas de estacionamento.
Para tal fin, o Concello e o propietario da parcela, de 3.000 metros cadrados, asinaron un contrato de aluguer por catro anos por importe de 4.000 euros ao ano.
Os detalles explicábaos esta mañá o Concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Abal, acompañado do do Policía Local, Alejandro Falcón.


Escoitar a nova en ArousaSíRadio



21 de agosto de 2017

40.000€ PARA HUMANIZAR A AVENIDA DA CORUÑA











Cambados recibe máis de 40.000 euros do Plan Concellos para a humanización da avenida da Coruña

A institución provincial leva entregado o 79 % do total destinado a Cambados dentro do plan, cun investimento situado en preto de 730.000 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova axuda para o Concello de Cambados no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará un total de 40.198 euros para realizar a humanización da avenida da Coruña. As obras, con prazo de execución dun mes, incluirán a pavimentación do espazo, a realización de beirarrúas en pedra con remate en bordes, pasos peonís elevados e a instalación dunha nova iluminación.
Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 361.984,21 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, rematar as beirarrúas da avenida de Vilariño, dotar de mobiliario as oficinas municipais, mellorar os accesos aos colexios da vila, arranxar o servidor do concello, instalar sinalización turística e pintar o casco urbano, instalar colectores pluviais e realizar o saneamento entre Cortiñas e Vilariño e, ademais, dotar de infraestruturas a Veiga e Fonte do Couto. A maiores, outros 138.554,85 euros en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 euros cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 79 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 728.253,80 euros dun total de preto de 925.000 euros.







28 de julio de 2017

O DOGA FAI PÚBLICA A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DO PROXECTO DA SENDA PEONIL SAMEIRO-POLÍGONO DO SALNÉS



A senda iníciase na primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro e Vilariño
Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada e os correspondentes bordos de separación
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, entre Vilariño e o polígono do Salnés, concretamente entre os puntos quilométricos 9+310 e 10+270. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/szktLc.

A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que supera os 340.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados. 

A senda iníciase no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados.

A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación. 

A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.





19 de abril de 2016

O PLAN DE SENDAS DA XUNTA INCLÚE 5 NO SALNÉS








A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentou hoxe o Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, onde se levarán a cabo 5 novas sendas, de 16,7 quilómetros de lonxitude e que contarán cun investimento de 8,7 M€. Nunha primeira fase, executaranse actuacións tan importantes como as dúas sendas que se van facer na PO-308.
Vázquez remarcou que “no verán teremos redactados os proxectos destas sendas da comarca do Salnés, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo”. “En definitiva, tratamos de que os veciños da comarca do Salnés e da súa contorna poidan ter, canto antes, sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais”.
A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico subliñou tamén estas actuacións están dentro dun Plan global, planificado con diálogo e que ten os fondos consignados e, polo tanto, garantida a súa execución
Grazas a estas sendas acadaranse beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o noso medio natural, con menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gases contaminantes.
As accións iniciais corresponden ás senda entre O Covelo e Raxó, moi demandada polos veciños da zona, e que permitirá facer este itinerario a pé dun xeito seguro; e a que vai de Portonovo á Lanzada, de preto de 9 quilómetros lonxitude, que se desenvolverá en distintas fases, a primeira delas xa adxudicada.





1 de abril de 2016

CARTA ABERTA DE "PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑÁNS"








Onte celebrouse un pleno municipal, no que saiu a colación a cuestión do peche da praza. O ex-alcalde e actual xefe da oposición manifestou que a nivel persoal está a favor do peche ao tráfico, pero que non podía defendelo porque é malo para os comerciantes e hosteleiros. Vale a pena deterse nesto.
O argumento que se usa para opoñerse á peonalización é que, cando a praza se pecha, supostamente hai hosteleiros e comerciantes que facturan menos. En primeiro lugar, a praza non pertence a este ou aquel empresario, senón a todos. Son os particulares quenes se teñen que adaptar aos cambios, e non quedarnos os demáis estancados para privilexialos. Por exemplo; cando peonalizaron a zona de Huertas, en Madrid, pasou de ser un lugar de pubs e ocio nocturno a outra de restaurante e sitios de tapeo, preferentemente de ambiente diurno. Segundo varie a situación, pode que pechen uns negocios e abran outros máis adaptados á nova situación, é o normal.
Sen embargo, aquel prantexamenteo é unha falacia lóxica. Ningún empresario pode saber canto factura coa praza peonil, porque nunca o viveu. O único que coñecemos son cortes esporádicos que perturban o normal funcionamento. A peonalización non son os peches aleatorios que hai agora, senón unha nova normalidade, unha rutina diferente.
Non podemos sabelo, pero si supoñelo en base a outras peonalizacións; en todas partes vemos que hostelería e comercio xusto son os sectores que saen reforzados. Non fai falla ir máis lonxe que Vilagarcía. Haberá que preguntarse como é que a cadena Inditex instalou as súas tendas na peonil Rúa Rey Daviña, puidendo poñerse en calquera outra. Se vemos que tal, inda vai ter que ir algún dono de bar de Cambados a explicarlle a Amancio Ortega cómo facer negocios.


Peonalización da Praza de Fefiñáns


Por outra banda ofrecemos o resultado da enquisa que durante 3 semanas estivo exposta no noso blog.

Os resultados foron os seguintes:


A favor do peche total:  71%  


En contra do peche total: 23%


Peches puntuais: 6%


Como dixemos desde un principio non é unha enquisa científica pero pode servir para aportar claridade sobre que pensa a xente sobre a proposta.







5 de marzo de 2016

ENQUISA SOBRE PEONALIZAR A PRAZA DE FEFIÑÁNS







Vista a polémica que suscitou o cerre temporal, ou máis ben a idea do cerre temporal da Praza de Fefiñáns durante a Semana Santa, Cores de Cambados lanza unha enquisa e todos aqueles que queirades podedes opinar.

A enquisa pfrece tres posibles respostas:
1- Si 
2- No e 
3- Si en momentos puntuais

Manteremos a enquisa ata final de mes pero podedes consultar os resultados sempre que queirades, aquí.





25 de noviembre de 2015

A PRAZA DAS RODAS CERRARÁ NA PONTE DA CONSTITUCIÓN








Por parte de un representante dos Hosteleiros da Praza das Rodas, vense de interesar desta Alcaldía a posibilidade de pechar ó tráfico dita zona, durante a ponte da Constitución, ó igual que xa se ten efectuado noutras ocasións, co fin de garantizar a seguridade vial e o acceso a residentes e conciliar ó mesmo tempo o seu uso coa actividade comercial que se desenvolve na zona.
Tendo en conta que para elo resulta necesario manter un reparto equitativo do espazo público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía; visto o informe emitido no seu día polo Inspector-Xefe da Policía Local, no que se recollía que de acordo co disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e de Seguridade Vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, e entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario, e tendo en conta tamén a experiencia dos últimos meses, que resultou altamente positiva, esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle recoñece a vixente lexislación, por medio da presente ten a ben.




5 de agosto de 2015

A DEPUTACIÓN QUERE ESTENDER O MODELO MOBILIDADE DE PONTEVEDRA A TODA A PROVINCIA






A Deputación pretende estender o 'modelo Pontevedra' ó resto dos concellos da provincia en canto a mobilidade. Así o indicou onte o deputado provincial responsable de Infraestruturas, Uxío Benítez, na presentación das liñas de actuación da súa área, na que estivo acompañado do vicepresidente provincial, Cesáreo Mosquera; do director de Infraestruturas, Manuel González Juanatey; e do asesor en materia de mobilidade, Jesús Fole.
Benítez indicou que a Deputación provincial quere ir un paso máis alá de "simplemente atender ben as estradas provinciais" e dar unha dimensión máis ampla no servizo ós concellos, cun cambio profundo na concepción do que son as vías, no tratamento que se lles vai dar e no funcionamento de toda a área de Infraestruturas e do parque de maquinaria.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, neste sentido, explicou que "queremos introducir en toda a súa extensión o concepto de mobilidade, xa que hai moitos máis usuarios das vías públicas que os coches e, polo tanto, hai que ter en conta estas necesidades e actuar en cada vía segundo as prestacións que se demanden. Afortunadamente hoxe xa hai sensibilidade social e institucional dos concellos con respecto á seguranza viaria e outras mobilidades non motorizadas de vehículos".
Mosquera foi claro ó afirmar: "acabouse a política de chapapote de uso discrecional" e sinalou que a maquinaria e os fondos provinciais se destinarán unicamente ás estradas provinciais facendo convenios claros e transparentes cos concellos. De feito, o grupo nacionalista da Deputación está a concretar entrevistas cos municipios nas cabeceiras das comarcas para explicar a nova política de actuación. A vindeira semana haberá un encontro no Salnés.
Uxío Benítez tamén deixou claro que se abre unha etapa de "novos tempos políticos". Afirmou que nestas primeiras semanas xa visitou as instalacións provinciais da área de Infraestruturas para coñecer a situación do servizo e asegurou que tirou dúas conclusións: que o parque de maquinaria recibía ordes directas do anterior presidente (aínda que administrativamente dependía da área de Infraestruturas) e que o orzamento xa está esgotado a falta de cinco meses para rematar o ano. Só quedan uns 300.000 euros de nove millóns orzamentados e xa están comprometidos.
Por todo iso, Benítez salientou a importancia de democratizar o Servizo de Infraestruturas para que "non se faga un uso político e partidista" e de apostar pola mobilidade, a accesibilidade e a seguranza viaria. Lembrou que a sinistralidade é unha preocupación fundamental e que, desde a oposición, xa se levou adiante unha ordenanza de seguranza viaria.
Por outra banda, Benítez explicou que a transferencia das vías provinciais ós concellos será outro dos eixes a seguir. "Hai que ver os viarios que non teñen que estar nesta casa polo seu carácter municipal e urbano e verase tamén a posibilidade doutras transferencias á Xunta de Galiza", dixo.
Así mesmo, o deputado destacou a colaboración aberta para o financiamento conxunto cos concellos de obras en estradas provinciais seguindo a nova filosofía de actuación. Puntualizou que estas actuacións se incluirán no orzamento do ano que vén.
En canto ós compromisos adquiridos pola anterior presidencia da Deputación do Partido Popular cos alcaldes da provincia, César Mosquera indicou que "as promesas, ideas e acordos verbais que se fixeron en precampaña e campaña electoral darían para gastar sete orzamentos completos e dubido que chegaran". Así, confirmou que será "imposible" atender todos os requerimentos municipais e manifestou que se estudarán un por un "partindo de cero". "Hai que refacelo todo e ver que se pode facer", finalizou.


24 de junio de 2015

A RÚA RODAS CERRA AO TRÁFICO DURANTE O VERÁN






Por parte dalgúns usuarios da Praza Rodas, e de xeito especial por comerciantes de hostelería, tense plantexado a Alcaldía a posibilidade de efectuar o corte de tráfico de dita zona durante a época estival, ó igual que xa se fixo en anteriores ocasións, co fin de garantizar a seguridade vial e o acceso a residentes.
Tendo en conta que para elo resulta necesario facer un reparto equitativo do espazo público, que permita ser utilizado de xeito lóxico e proporcional por todos os usuarios da vía, é polo que, visto o informe emitido polo Inspector-Xefe da Policía Local, no que se recolle entre outros aspectos que, de acordo co disposto no artigo 7, apartado f, da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e de Seguridade Vial, Real Decreto 339/90, de 2 de marzo, polo que se atribuen aos concellos, no ámbito de dita Lei, e entre outras, a competencia para o peche de vías urbanas cando sexa necesario o corte levarase a cabo a partires do dia 1 de xullo nesta rúa da zona de Fefiñáns.



 

17 de junio de 2015

UN VECIÑO PRESENTA O PRIMEIRO DESAFÍO AO CUATRIPARTITO





Iago Pillado Losada administrador da páxina Peonalización da Praza de Fefiñáns ven de presentar un escrito non concello polo que solicita que se cerren ao tráfico a rúa Real e a Praza de Fefiñáns, algo que moitos vimos demandando desde hai anos.
Nun escrito de 14 páxinas da toda clase de explicacións en favor desta medida e que levaban algúns dos grupos políticos do goberno de Cambados no seu programa.


O obxetivo desta proposta é instar ao Ilustrísimo Concello de Cambados a peonalizar a Praza de Fefiñáns e a adxacente Rúa Real, na actualidade abertas ao tráfico. A anterior corporación municipal desaproveitou a declaración do Pazo de Fefiñáns como Ben de Interese cultural en 2012  para levar a cabo esta medida necesaria.

Ningúen se imaxina que a Praza do Obradoiro, a de María Pita ou a da Ferrería estivesen atravesadas por unha estrada, nin que servisen de aparcamento, en vez de preservar os seus valores históricos, artísticos e turísticos. Pola contra, en Cambados levamos atraso no proceso de recuperación do casco vello para os peóns, que hai décadas que se ven producindo en vilas e cidades de toda Galicia, promovidas por gobernos de todas as cores políticas.

No presente escrito expoño brevemente os motivos polos que considero útil e viable
acometer esa medida, así como sinalar posibles medidas para levar a cabo a adaptación.


Todo o escrito presentado no Concello-AQUÍ






25 de agosto de 2014

A PRAZA DE FEFIÑÁNS, ESA GRAN DESPROTEXIDA





Cada certo tempo uns camións de gran tonelaxe acceden a Plaza de Fefiñáns.
Unhas veces para instalar toda a infraestructura necesaria para os concertos que alí se celebran, sobre todo durante a Festa do Albariño e supoñemos que como é cousa do Concello non piden permiso ou si o piden concédeselle sen reparos.
Pero outras veces os camións que se ven na Plaza son para abastecer de material a negocios particulares. En concreto ás Bodegas Palacio de
Fefiñanes, chega cada certo tempo un camión para a descarga dunha cantidade de palets de botellas. Non podería o Concello indicarlle dunha vez, por medio da Policía Local, a prohibición de circular  por esa praza a camións? Acaso solicitan un permiso especial? Ou como é do presidente do CRDO Rias Baixas todo se permite? Decir que xa antes de ser presidente xa o facían.
Non sería mellor para a saúde da Praza de Fefiñáns que o camión quedase preto do cruce das avenidas Coruña e Vilagarcía e que se desprazase ata alí o "torito" para mover a mercaduría?