A oferta que maior puntuación obtivo das 15 presentadas nas obras do Polígono presenta unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€. O Concello de Cambados tamén licita as obras do Parque Infantil de Beleco por importe de 35.000€.
O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, a acta da mesa de contratación das obras de dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Para esta obra cun importe de licitación inicial de 172.740,00€ presentáronse un total de 15 empresas, sendo proposta pola mesa de contratación a oferta presentada pola mercantil Marconsa, xa que foi a que maior puntuación obtivo das 15 ofertas presentadas, e na que propón unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días na execución das obras e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€ que son a instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.