Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2018

CAMBADOS E RIBADUMIA PRESENTAN O PROXECTO DE DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DO SALNÉS




- O orzamento do proxecto ascende a 100.743,55€, correspondendo un 42,02% a Cambados e un 57,98% ao Concello de Ribadumia. - O Concello de Ribadumia vai ser o encargado da licitación que xa foi remitido ao portal de contratación da Xunta de Galicia para a súa publicación. O Concello de Cambados e o de Ribadumia veñen de presentar o proxecto de Dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Ao Proxecto foille concedido unha axuda por concorrencia competitiva estando subvencionadas ao 95% con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018. Os concellos de Cambados e Ribadumia, de maneira coordinada e conxunta, decidiron aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos. O importe do custe do proxecto é de 100.743,55 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 6 semanas, unha vez que remate o proceso de licitación.
Mellora do entorno industrial
O obxecto do presente proxecto é o de definir as obras a realizar para a mellora das infraestruturas do conxunto do Polígono Industrial do Salnés. Nas rúas principais dos polígonos hai un elevado deterioro da capa de rodadura, polo que se pretende a aplicación dunha capa de microaglomerado en frío para a súa conservación, mellorando as características de textura superficial e resistencia ao deslizamento. Posteriormente ao pavimentado procederase ao novo pintado das vías.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso A construción de varios tramos de novas beirarrúas, así como a pavimentación de dúas zonas para aparcamentos na rúa da horta e construción dunha cuneta e unha bionda de protección, para evitar o risco de caídas de vehículos nunha zona do polígono. Ademais da pintura, colocarase un cartel tipo TOTEM de información en cada polígono.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona. Tendo en conta que os traballos efectuaranse nos viais do Polígono, veranse afectados os accesos as naves industriais. A organización do traballo farase de maneira parcial, afectando soamente a un marxe do vial e mantendo a posibilidade de circulación polo resto do vial, coa sinalización adecuada. En ningún caso se producirá o corte total do acceso a os viais do polígono. Non se afecta ningún tipo de liña de telefonía nin de electricidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.