Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FOLCLORE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOLCLORE. Mostrar todas las entradas

13 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL DO PLANTEL SETE PÍAS


O Festival do Plantel Sete Pías de Vilariño, se celebrará o 21 de decembro as 19:00h..
Antes do comenzo celebrarase a Xunta de Socios as 18:00h no local do Plantel.



13 de agosto de 2019

PRESENTADO O XIX FESTIVAL XIRONSA

  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto                                                    
Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.
Este ano como anos anteriores contará con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.
Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.
A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.
Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das anteriores edicións e que este ano se batan todos os récords neste  XIX Festival Xironsa.



10 de agosto de 2018

HEREDEIROS DA CRUS E NOITE FECHADA ESTRELAS DO VIII FESTIVAL XIRONSA




A semana pasada presentouse o cartel completo do VIII FESTIVAL XIRONSA os días 24 e 25 de agosto. Contará con dous triunfadores da Festa do Albariño do 2017. Heredeiros da Crus e Noite Fechada.
A parte destes dous grupos de gran renome en Galicia, súmanse outros de gran prestixio. 

DAVIDE SALVADO

OS D'ABAIXO


LEIRABUXO


PETER PUNK


KANBAHIOTA

PARADANDA


SUSANA SEIVANE


HEREDEIROS DA CRUS


NOITE FECHADA


XIRONSA


Este ano entre as novidades do festival a firma de Albariño PACO & LOLA.
A partir de agora o escenario do mar, antes chamado Escenario A Seca, pasará a chamarse "ESPAZO PACO & LOLA". Ademáis todos os asistentes os concertos da tarde poderán degustar viños da marca a precios especiais na barra Paco & Lola alí habilitada.

Outra novidade será a Feira de artesanía que se celebrará durante a xornada do Sábado 25 de Agosto.
No FESTIVAL XIRONSA haberá zona de acampada con duchas e baños, totalmente gratuita hasta completar aforo!!! Si non te queres perder nada reserva sitio!!! Este ano o FESTIVAL XIRONSA está que se sale! xa non tendes excusa!
Xa está  á venda os tickets para o IX Xantar XIRONSA do sábado 25. 
Os puntos de venda son:
➡️ Supermercado Solymar
➡️ Alimentación Costa
➡️ Agro Ribeiro
➡️ Bar A Leria
➡️ Estanco Coronas
➡️ Super Borlet
➡️ Trafos
➡️ holaMOBI CAMBADOS
➡️ Libraría Cabanillas


 Ou por teléfono: 645827205 e Whastapp

Tamén haberá hamburguesas e bocadillos, durante o resto da xornada. 
Menú e prezos na imaxe.






27 de julio de 2018

PROGRAMA COMPLETO DA LXVI FESTA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS



Mércores 1 de agosto

12:00h Alborada a cargo do grupo de música tradicional Os Xeitosiños 

Biblioteca Luís Rei Amontonados por azar (circo) 

13:00h Casa do Concello Pregón a cargo de Mercedes Álvarez Fernández. 

13:30h Paseo da Calzada Inauguración da LXVI FESTA DO ALBARIÑO 
Apertura dos postos de degustación 

18:00h Monte da Pastora Avelino González (monólogos no solpor) 

Praza Alfredo Brañas Iván Barral Coa colaboración dos hostaleiros da praza 

SERÁN Paseo da Calzada Batukada 

20:00h Cemiterio de Santa Mariña Lulavai (música nos recunchos) 

22:00h Praza de Fefiñáns Kepa Junkera & Sorginak e convidados : Xaquín, Anxo e Roi Xesteira, Pedro Lamas, e a Banda de gaitas de Xironsa. 

22:30h Praza do Concello Orquestra Finisterre 





Xoves 2 de agosto

12:00h Alborada a cargo do grupo de música tradicional Carballeiras 

Biblioteca Luís Rei Fredi e compañía (circo, danza e teatro) 

12:00-14:30h / 19:00-21:00h Salón de Congresos J. Peña VIII Túnel do Viño Rías Baixas V Edición Catas Temáticas Rías Baixas organizados polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa)

14:00h Praza do Concello Eventum Vintage 

18:00h Monte da Pastora Lois Pérez (monólogos no solpor) 

SERÁN Paseo da Calzada Batukada e Os Jalácticos 

19:00h Praza de Alfredo Brañas Was e Tempo Norte Coa colaboración dos hostaleiros da praza 

20:00h Praza do Con Caxade (música nos recunchos) 

21:00h Praza de Fefiñáns Ana Bacalhau 


22:30h Praza do Concello Los Alkar e Discomóbil CDC 

Praza de Fefiñáns Guadi Galego 

Praza de Alfredo Brañas Los Antonis Coa colaboración dos hostaleiros da praza 


00:00h Praza de Fefiñáns Pauliña





Venres 3 de agosto

12:00h Alborada a cargo do grupo de música tradicional Volandeira 

Paseo da Calzada Os Jalácticos 

12:00-14:30h / 19:00-21:00h Salón de Congresos J. Peña VIII Túnel do Viño Rías Baixas V Edición Catas Temáticas Rías Baixas organizados polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa) 

13:00h Pazo Torrado Presentación do libro de Maribel Iglesias Baldonedo “Francisco Asorey, Escultor Galego” 

18:00h Monte da Pastora Vero Rilo (monólogos no solpor) 

Praza de Alfredo Brañas M80 Coa colaboración dos hostaleiros da praza 

SERÁN Paseo da Calzada Batukada e Os Jalacticos 

19:30h Escalinata de Santo Tomé Circo Chosco (circo) 

21:00h Biblioteca Luís Rei Clara Pino&Pablo Vidal (música nos recunchos) 

22:30h Praza do Concello Orquesta Suavecito e Discomóbil Mega 

Praza de Fefiñáns Orquesta de Jazz de Galicia e convidados: Martirio, Pedro Guerra e Uxía. Presentados por Xurxo Souto. 

Praza de Alfredo Brañas Flava Bowl Coa colaboración dos hostaleiros da praza 

23:00h Praza de Ramón Cabanillas Duendeneta




Sábado 4 de agosto

12:00h Alborada a cargo do grupo de música tradicional Con de Xido 

13:30h Baile a cargo do grupo de música tradicional Con de Xido 
Salón de Congresos J. Peña 11:00-15:00h VIII Túnel do Viño Rías Baixas 12:00-

14:30h V Edición Catas Temáticas Rías Baixas organizados polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa) 

SERÁN Paseo da Calzada Batukada 

Praza de Fefiñáns 
21:00h Leda Atómica 
22:00h Monolius Dop 
23:00h Toteking 
00:30h Dakidarría 



22:30h Praza do Concello Grupo Cibeles Discomóbil Euphoria 

Praza de Alfredo Brañas 
22:30h Treboada Rock 
00:00h Duendeneta Coa colaboración dos hostaleiros da praza



Domingo 5 de agosto

11:00h Salón Bazán do Parador de Cambados Cata Derradeira 

Salón de Congresos José Peña 11:00-15:00h VIII Túnel do Viño Rías Baixas 
12:00-14:30h V Edición Catas Temáticas Rías Baixas organizados polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa) 

12:00h Alborada a cargo do grupo de música tradicional Xironsa 

13:30h Praza do Concello Baile Rexional Xironsa 

14:00h Pazo Torrado Recepción de Autoridades Distinción de persoeiros e persoeiras 
14:00h Pazo Torrado Xantar do Albariño Apertura notarial do sobre cos nomes dos viños premiados na LXVI Festa do Albariño 

22:00h Praza de Fefiñáns Banda de Música de Castrelo e convidados: Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro. 

22:30h Praza do Concello Grupo Canela 

00:00h Peirao de Cambados Gran espectáculo pirotécnico 






6 de mayo de 2018

NOITE FECHADA I HEREDEIROS DA CRUS VOLVEN A CAMBADOS NESTE 2018


Xa podemos asegurar a un 100x100 que o FESTIVAL XIRONSA de agosto contará con dous triunfadores da Festa do Albariño do 2017. A parte destes dous grupos de gran renome en Galicia, súmanse outros de gran prestixio. Este festival celebrarase a finais de agosto con entrada gratuíta.
Os grupos e artistas confirmados a día de hoxe son........


DAVIDE SALVADO

OS D'ABAIXO

LEIRABUXO

PETER PUNK

KANBAHIOTA

PARADANDA

SUSANA SEIVANE

HEREDEIROS DA CRUS

NOITE FECHADA

XIRONSA

Máis adiante avanzaremos todas as actuacións e grupos presentes neste festival que pouca a pouco estase a converter nunha referencia a nivel Galicia e nacional.



30 de abril de 2018

MAÑÁN CELÉBRASE A FESTA DOS MAIOS EN CAMBADOS



O Concello de Cambados celebra un ano máis a tradicional Festa dos Maios.
Diferentes asociacións e entidades do municipio mostrarán os seus traballos. Mañán martes, día 1, e a concentración dos asistentes á festa será ao mediodía como novidade. na Praza do Concello, desde onde sairán ata o pazo de Torrado. Nos xardíns deTorrado terá lugar a festa. Ademais de poder contemplar as composicións florais dos diversos colectivos, trátase dunha cita para coñecer o seu traballo no campo da música e o baile tradicional.

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.



25 de abril de 2018

CONCERTO DA BANDA DE GAITAS DAS A.A. DA ETRAD EN CAMBADOS




A Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD foi convidada pola Asociación Cultural XIRONSA, de Corvillón (Cambados) para realizar un concerto dentro do programa das numerosas actividades que realiza esta asociación ao longo do ano. Será no AUDITORIO A XUVENTUDE o SÁBADO 28 de ABRIL, ás 21:00 hrs.

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.


10 de abril de 2018

VI SERÁN DE VOLANDEIRA



O vindeiro 28 de abril o OBRADOIRO VOLANDEIRA celebrarán o seu VI Serán e convidan a todos a pasar unha agradable tarde-noite con eles, disfrutando da música e o baile da nosa terra.
Será a partires das 21:30 da noite no Salón José Peña.
Animádevos a participar!!!


18 de diciembre de 2017

II FESTIVAL DE NADAL DO PLANTEL "SETE PÍAS"












O Plantel SETE PÍAS de Vilariño organiza o vindeiro sábado 23 de decembro na casa da Cultura de Vilariño en Cambados, dende as 19:00H, o seu segundo FESTIVAL DE NADAL con entrada libre ata completar aforo.
O festival contará cos seguintes artistas convidados:

ADRIAN CORES (cantor cambades) 
GONZALO ARCA ( finalista en LA VOZ) 
ZELTIA A CELTA (cantora a Irlanda) 
CAMBADOS CREW ( rap, hiphop) 
XAKELELE ( ukelele) 
OS CARBALLEIRAS (Música tradicional) 
DEMOS da PETACA (gaiteiros de taberna) 
Plantel SETE PÍAS ( guitarras, acordeón, gaitas, piano e pandereteiras) 
XIAN e SONSOLES.

As 21:00 haberá pinchos para todos e durante o festival sortearanse agasallos entre os asistentes. O Clube Ciclista Armenteira visitará o festival co seu desfile de Papa Noel.
Haberá unha monitora de tempo libre para xogar cos nenos e facer talleres durante o festival.

O sábado 30 de decembro ANDAINA CETREIRA dende o bar os Castaños en Barrantes ata a aldea das esculturas pola ruta da pedra, acompañados de aves rapaces. 
Organiza RAPIÑAS DO SALNÉS e colabora o Plantel SETE Pías

¡Quedades todos convidados!






25 de agosto de 2017

O FESTIVAL DE XIRONSA SERÁ MÁIS FAMILIAR CA NUNCA












O festival Xironsa de Corbillón, en Cambados, chega este ano 2017 á súa XVII edición cunha novidade, a súa aposta por ofrecer unha programación enfocada ao público familiar.
A cita, centrada na música tradicional e o folclore, presentouse este xoves na Casa do Concello de Cambados coa presenza de Ana Castro, José Luis González e Juan Maceira pola organización; o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño; e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O festival terá lugar os días 25 e 26 de agosto na parroquia de Corbillón. Este ano case toda a programación vai ser de día, terán unha zona familiar acotada dentro do propio recinto e en paralelo aos concertos, e tamén postos para a cea. Para o tradicional xantar do sábado, os bonos xa están á venda en 10 establecementos de Cambados. Para adultos o prezo é de 15 euros, para nenos de 6 a 14 anos é de 8 euros, e para menores de 6 anos é de balde. 
José Luis González explicou que "este non é un festival de grandes masas", senón que está concibido como un espazo para poñer en valor a esencia da música tradicional, nos formatos que lle son propios como por exemplo os seráns, e que aposta por darlle cabida a asociacións de base que traballan pola proxección da música galega.
venres 25 terá lugar o III Serán Xironsa coa actuación da Asociación Cultural Penaguda, na praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha Folidada Aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros. Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións do mago Dani García e do clown Rudi Dudi.
O evento conta coa colaboración da Deputación Provincial, con cargo ás liña de axudas creada especificamente para  festivais de música e de artes escénicas. Xosé Leal fixo fincapé en que esta liña de axudas "foi creada precisamente para apoiar propostas como o Xironsa, que ademais de apostar pola música galega e en galego, tamén ofrece un programa de actividades paralelas e para todos os públicos".





24 de mayo de 2017

XIRONSA CUMPRE 25 ANOS CON UNHA GRAN GALA













Este ano XIRONSA cumple 25 anos! 

Para elo están preparando un Festival-Gala moi especial con moitas actividades para celebralo como a ocasión merece. 
O día sábado 27, propio día do aniversario, celebrarán unha gala no Auditorio A Xuventude de Cambados. 
A gala servirá para homenaxear ao cura José Crespo e Montse Prado, precursores do que é hoxe Xironsa.
Para elo queren que tod@s os ex-alumnos e os ex-profes os acompañaran nesta gran data. Pregan que todas estas persoas se poñan en contacto con eles.









17 de mayo de 2017

FESTIVAL DE PRIMAVERA DO PLANTEL SETE PÍAS








O vindeiro Domingo, 28 de Maio dende as 11:30 ata as 14:30 celebrarase en Vilariño o Festival de Primavera.

O 1º Festival de Primavera que organiza o Plantel SETE PIAS de Vilariño está integrado na celebración da Festa do LABREGO de Vilariño. Pretende ser un escaparate Musical para as asociacións Culturales que teñen agrupacións musicales noveles. Habrá música e a comisión reparte chourizo con pan de millo e viño gratis para todos os asistentes. Poderás pasar unha mañan de domingo diferente, vai e anima a os teus amigos, apoia a música da terra coa tua presencia.

O Festival contará coas actuacións de....
- Os Carballeiras
- A.MC. Jorge Fariña
- Treboada Rock
- Escola de Acordeóns de Campelo
- A. Valle Inclán
- Os Demos da Petaca
- Clave de Sol
- Adrián Cores
- Plantel Sete Pías







1 de agosto de 2016

XVI FESTIVAL XIRONSA
















Nesta XVI edición o Festival Xironsa contará coas actuacións de:

- PEPE VAAMONDE GRUPO
OS MODERNOS
XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DA SALITRE
- DAKIDARRIA
OS MELIDAOS
PETER PUNK
VENDAVALADA QUINTETO TRADICIONAL
CIRCO CHOSCO
- AIRES DA COTRA
- EICHEDISIR

- Tamén actuarán diferentes grupos da propia Agrupación Xironsa

Haberá sesións vermú e de picadiscos


Nesta XVI edición do FESTIVAL XIRONSA, na II FOLIADA XIRONSA do venres 26 de Agosto, abrirá o serán OBRADOIRO VOLANDEIRA, compañeiros nosos de Cambados. Vinde cargados co voso instrumento que logo nos tocará a tod@s os que queiramos participar! 

NON FALTEDES!!!!








13 de junio de 2016

SAN XOÁN CON XIRONSA








O próximo 25 de Xuño, Xironsa celebrará o San Xoan na Praza da Seca de 

Corvillón. 

Para eso contarán coa actuación do GRUPO FOLCLÓRICO DOS 

AMIGOS DO CASTELO (Portugal), talleres para pequenos e grande de 

Espantallos e Papiroflexia, e a partir das 23:00 hrs. 

Encendido da fogueira e Sardiñada pan e viño para os asistentes!!!!!







2 de noviembre de 2015

O SÁBADO 7, MAGOSTO DE XIRONSA







O vindeiro sábado 7 de novembro, Xironsa celebra un Magosto na Casa da Cultura Xacobe Castro de Corvillón. O evento comezará ás 18:30h e haberá un taller de cabazas, un obradoiro de chulas para nenos e maiores e un concerto do grupo de gaitas Os Mecos de Ogrobe. Todo esto, acompañado de castañas e viño de balde, e un fin de festa, como non podía ser menos, con foliada e baile.











26 de agosto de 2015

XV FESTIVAL XIRONSA ESTA FIN DE SEMANA







AQUÍ TEDES A PROGRAMACIÓN DO XV FESTIVAL XIRONSA

Venres 28 de Agosto, neste xornada, previa á celebración do XV Festival Xironsa na parroquia de Corvillón, do municipio deCambados, os grupos folclóricos Aires dá CotraMecos de Ogrobe, Grupo Paradanda EichdisirAbiñadoiraNon Vale Furar e De Corbata percorrerán as rúas da vila de Cambados.

Sábado 29, comeza o Festival Xironsa ás 13.00 horas coa celebración da sesión vermú, amenizada pola Banda de Música Cultural de Ribadumia, e ás 14.00 horas os presentes poderán gozar dunha amena comida, cuxa sobremesa estará amenizada a partir das 15.30 horas por Peter PunkPandereteiras Xironsa e Bambalas Vaamonde, Lamas e Romeiro.

Entrada a noite, ás 21.00 horas, dará inicio o festival que este ano contará coas actuacións de:
-Xironsa
-Os Xeitosiños
-Zurrumalla
-Aires dá Cotra

-Fiandola
-Eichidisir
-Cuchufellos

Ademais os asistentes poderán gozar dunha zona de acampada gratuíta e de sesión picadiscos.







5 de agosto de 2015

XV FESTIVAL XIRONSA








PRIMICIA!!!! por fin aqui temos o cartel definitivo do XV FESTIVAL XIRONSA!!!! 
Compartide! compartide!!!! 
Xa queda menos dun mes! xa está aqui!... vémonos en breve. 
Pronto van poñer á venta os tickets do xantar... estade atentos!!!! 
Seguiremos informando







20 de julio de 2015

PIDEN QUE O LOCAL DO CAMPO DA FESTA DE CORBILLÓN LEVE O NOME DE XIRONSA







Un cambadés pide ao Concello de Cambados vía páxina web  que a obra que se está a construir no campo de festas de Corbillón leve o nome de XIRONSA. Aínda que que cree que a sua petición non será tomada en conta e así no lo fixo saber, cre que sería bo facerlle esa pequena homenxa ao grupo folc pola sua labor. Este veciño de Corbillón entende que o traballo desta agrupación como de outras está revitalizando a música galega no noso concello.
Tamén entende que "haberá celos" por parte doutras agrupacións pero que estas poden recibir a homenaxe vendo os seus nomes noutros centros.
Para o peticionario "....  Xironsa é un referente de Corbillón no que participan xente de toda clase de inquedanzas...." Xironsa conta con xente de todo Cambados.




9 de septiembre de 2014

DOUS CONCERTOS DE TREIXADURA SERVIRÁN PARA GRABAR O SEU PRÓXIMO DISCO







Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e aporta algunhas novidades.
A grabación deste traballo terá lugar no transcurso de dous concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebrarán no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro a partires das 21:30hrs os dous dias.
O acceso a estes concertos realizarase a través da taquilla Servinova e terá o prezo simbólico de 1 € (máis gastos do servizo) que será destinado íntegramente ao COMEDOR SOCIAL DE CANGAS DO MORRAZO (Asociación Santiago Apóstolo).


TREIXADURA:

Treixadura constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantiga e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música das súas 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo bastante para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos atardeceres, nos gaiteros, nos coros, nas bandas de música populares, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música son e serán a inspiración da música de Treixadura.

25 anos de grabaciones e concertos, 5 discos no mercado, un variado ramo de colaboracións discográficas e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Treixadura foi galardonado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.